jueves, 30 de julio de 2009

Cambio de Tercio. Lino colle o testigo!


A pretempada empeza para o Lamela, agora vendo todo esto un pouco dende fora, dame algo de morriña! A miña andadura empeza tamen nuns días, pero non podo deixar de pensar no vivido estos anos, e no novo proxecto do Lamela 2010, parece o titulo futurista dunha boa pelicula. E o futuro si é, e unha gran pelicula tamen o será, unha pelicula como esa que chamou Valdano o Madrid de Florentino.
Superproduccións FC Lamela, despois dunha toma de contacto o Luns, o Mercores iniciose o rodaxe, con actores de renome invitados, ante a falta de outros que o deron todo estos ultimos anos. Agora so espero que tomes o relevo nesta locura de web, Lino, eres o encargado, e e un traballo que se fai de moi boa gana, e que te enche como colaborador dun clube.

Reservame un sabado pola tarde para poñerte o día de como vai esto, non nos levará toda a tarde, pero asi tamen e unha escusa para tomar unhas cervezas contigo.

Un saúdo e non vos vou a desexar sorte, vou a parafrasear a un intimo amigo meu que di:
" Sorte NON, XUSTIZA " , e si se fai xustiza o Lamela dará moitas alegrias esta tempada.



P.D: Sorte tamen!

lunes, 8 de junio de 2009

GRACIAS POR TODO RAPACES.!!!


Gracias por facerme participe de este gran grupo, durante estes dous magnificos anos. Gracias por tratarme como un máis, gracias a xente de Lamela, os aficionados, a directiva. Gracias por compartir conmigo tantos días, tantos adestramentos, tantos Domingos. Gracias por estar sempre ahi cando non se trataba so de fútbol. Gracias por considerarme amigos voso. Gracias por facerme mellor persoa. Gracias por facerme rir tantos dias. Gracias polo ascenso. Gracias pola permanencia. Gracias por dalo todo cada dia. Gracias por todos os momentos compartidos. Gracias por ser como sodes. Gracias a ti mister por confiarme este traballo tan magnifico. Gracias por facerme sentir tan valorado. Gracias por todolos cafés que compartimos fora do campo. En definitiva GRACIAS POR TODO!

Aqui pecho definitivamente o blog, 2 anos de crónicas, previas, dedicatorias, alusións a xogadores, a equipos, videos, fotos e demais. Aqui quedará este blog para a posteridade, para que cando dentro duns anos lle botemos un vistazo, recordemos tan grandes momentos.
Esto e unha despedida no deportivo, no persoal xa sabedes que aqui tendes un amigo.
Deixovos un pequeno video, MOI IMPORTANTE e que a parte de velo o poidades escoitar, a si que cascos ou altavoces encendidos por favor.

VOLTA dos 1/4 de Final da Copa do Sar. San Mamed 1 - FC Lamela 1. Doe moito rematar asi!


Un dia chuvioso, nin que o dia triste que estaba, nos deparará a eliminación da Copa do Sar. A toro pasado sería facil analizar, o cambio de encontro pola comida do clube, o intensidade do equipo de Pedreira, a derrota no primer partido. Sería facil achacarlle a derrota un cento de pais. Ainda que se soe dicir que a derrota e orfa e a victoria ten moitos pais, neste caso seria o revés. Este será a penultima "entrada" do blog no que levo escribindo dende fai dous anos, e será a ultima crónica. A mediados de semana despedireime de vos con unha sorpresa que teño preparada dende fai 15 días, pero non tiña previsto poñela tan cedo.

Coa intención de sacar o partido adiante, chegabamos a San Mamed, sen prisa pero sen pausa, e sabendo de sobra as armas rivais. Tras uns compases iniciais, os amarelos pegarian primeiro tras un balón interior sobre Pibe que remata a rede coa perna dereita. 0-1, acadabamos o máis dificil, abrir a lata. Coa eliminatoria empatada, o perigo do equipo local viria a balón parado. Antes na primeira metade, un balón franco para Gonzalo, que non logra anotar sería unha radiografia de todo o partido, un querer e non poder. Fisicamente non pasamos o noso mellor momento, e unha temporada tan dura como a pasada, tanto fisica como mentalmente, o equipo veuse fundido. Pero as gañas e o caracter de este equipo fixo sacar forzas de onde non as habia. Ibamos o descanso co premio do traballo ben feito, e sen pasar escesivos apuros.

Na reanudación, e tras unha falta no medio do campo, un balón chovido que se convirte en corner, e este tras un remate certeiro dun dos dianteiros do San Mamed, convertiriase na tumba amarela, 1-1, o San Mamed poñiase por diante na eliminatoria, e ese foi o principio do fin, continuas interrupcións, cun xogo pausado, e interrumpindoo cada 3 ou 4 minutos, o Lamela foi incapaz de coller ritmo, a pesar de todo Pampin tivoo nas suas botas antes de lesionarse. Un par mais de balóns " a olla " que non puidemos aproveitar, seria todo o vagaxe de ocasións das que disporiamos. Sen faltar a verdade, e co equipo amarelo bolcado en busca da epica, o San Mamed nun par de ocasións a contra, tivo a posibilidade clara, de incluso levarse o partido, pero nun par de veces Fli, e outras o desacerto dos dianteiros locais, non moveria o resultado.
Quedamonos nos cuartos de final, apeados por un equipo que tivo fortuna no partido de Ida, e que supo xogar coas suas armas no de volta, nada que obxetar, o San Mamed, suxtifica o seu nome como "Rey de Copas" e enfrontarase por un posto na final o Dubra, dende aqui desexarlle a mellores da sortes. Un equipo duro e competitivo que consiguei superarnos, sen mais excusas.
So lle poño dous lunares (en critica totalmente constructiva), a actitude do seu Capitan tras a victoria, e do porteiro tras o empate a 1. Esas actitudes, o igual que pode ser compricado encaixar unha derrota, igualmente compricado e encaixar unha victoria, e ese saber gañar, ser cabaleiro en momentos nos que ves como o outro equipo o pasa mal, e de recibo xa que non debes de desexarlle a nadie, nada que non queiras que che suceda a ti.

Quedeime 2 ou 3 minutos sentado no banquillo, o meu ultimo partido co Lamela, o meu ultimo dia no banquillo amarelo, xurovos que me viñan as bagoas os ollos, ainda hoxe escribindo esto me veñen. Foron dous anos magnificos, nos que fixen grandes amigos, nos que vivien grandes momentos, e que nunca podrei olvidar. Gracias a todos, gracias por facerme mellor persoa, por mellorarme como individuo. Esta e a penultima entrada, na ultima si chorarei. Son un choron, SI. Pero seran lagrimas de ledicia, por deixarme compartir estes 700 días con vós. Gracias.

miércoles, 3 de junio de 2009

Horarios vindeiros adestramentos e encontro oficial. Sancións para a semana do 1 ó 7 de Xuño



Adestramentos: Mércores día 3 de Xuño - Venres día 5 de Xuño.



1/4 de Final "Copa do Sar" (Partido de VOLTA) Resultado IDA Lamela 0 - San Mamed 1)


Encontro: San Mamed - FC Lamela
Campo: San Mamed
Día: Domingo día 7 de Xuño
Hora: 18.00 horas

//////////////////
SANCIÓNS
/////////////////

lunes, 1 de junio de 2009

IDA dos 1/4 de Final da Copa do Sar. Lamela 0 - San Mamed 1. Toca remontar!


A previa do encontro e longa, tan longa como antoxan as 3 horas que estivemos na comida de socios. Cabe destacar a elección do novo presidente, en este caso presidenta. D. Teresa Fdez Pampin, xefa do Bar "O Pozo" de Lamela, e a cal acadaria a presidencia tras acadar un 40% dos votos.

Gran parte da plantilla estivo presente na comida de final de tempada, con unha calor de xustiza. Con todo, chegamos o campo con hora e media de antelación, dando un paseo e repousando a comida. Nun dia moi caluroso, o Lamela sairia a pola eliminatoria, sendo conciente de que o partido de volta será a vida ou morte.

Nunha primeira metade sen moita historia, cabe destacar sendas oportunidades de Pampo, Orosa e Neira, que non se lograron anotar, en algunhas polo desacerto da dianteira amarela, e outras polas grandes intervencións do porteiro do San Mamed, que onte realizou un gran partido. A tónica a seguir na segunda parte seria a mesma, cun 5-4-1 que evidenciaba que o San Mamed viña o 0-0 a Lamela, e ese resultado interesaballe para a volta. Así, Titi, Pampo, Orosa, Neira e Robert tiveron as ocasións amarelas, case todas resoltas con gran acerto polo gardameta visitante que estivo sobervio. E cando iba media hora do segundo tempo, unha xogada desafortunada, tras un despexe sin intención de xogar o balón do central e capitán Carbajales, atopariase cun campo duro, un sol en contra, e despistando a Ivan colariase na porteria local, gol dende 70 metros, que deixaria, -a pesar da calor- fria a afección local. Despois ataques con mais corazon que cabeza, e algun que outro susto a contra. Seria a tónica do encontro, e ainda que o xogar como locais, como dende faia anos atrás, o campo non axudaba a crear o equipo Dezano.

Así tocará sair a heroica, os antecedentes son para ser optimista, o ano pasado cun resultado adverso (1-2) logrouse dar a volta a eliminatoria cun 2-0 en San Mamed, ainda que desta volta antosaxe compricado, non morreu que non pelexará, e creo que a derrota nos pode facer fortes. Sen traballo e esforzo pasaremolo mal, pero sei que todos daran o 150% para poder acadar a remontada que nos daria unha praza nas semifinais, todo un premio a temporada realizada na competición ligueira.

Imos a dar o do de peito, seino, sei que nas adversidades nos crecemos, como levamos facendo todo o ano, e sei que o intentaremos. Non aseguro que o consigamos, pero que si o intentamos como todos queremos, teremos moito gañado, o resto? O resto sabremolo o rematar o partido.

Saudos e animo! Que somo un grupo forte, e cando veñen mal dadas sei que nos crecemos.

Cronica Ida dos 1/4 de Final da Copa do Sar. Lamela 0 - San Mamed 1

Tocará remontar a eliminatoria.

Como non teño internet no meu posto de traballo, deixovos aqui duas lineas, e hoxe mesmo pola tarde queda pendiente de facervos a crónica.

So poñer, que o San Mamed nun golpe de fortuna levouse o partido por 0-1 e pensamos en remontar na volta.

Saudos.

viernes, 29 de mayo de 2009

Horarios vindeiros adestramentos e encontro oficial. Sancións para a semana do 25 ó 31de Maio.



Adestramentos: Martes día 26 de Maio - Venres día 29 de Maio.



1/4 de Final "Copa do Sar" (Partido de IDA)


Encontro: FC Lamela - San Mamed
Campo: Mularedos (Lamela)
Día: Domingo día 31 de Maio
Hora: 18.30 horas

//////////////////
SANCIÓNS
/////////////////

miércoles, 27 de mayo de 2009

¡¡ MONUMENTO O BO FÚTBOL !!

De todos vos e sabido que son aficionado o Real Madrid.
Pero cando hai que recoñecer méritos, ainos que recoñecer.
O de hoxe día 27 de Maio, foi un autentico MONUMENTO O FÚTBOL

NORABOA!



NORABOA A TODOS OS CULÉS, E A TODOS OS QUE LLE GUSTE O BO FÚTBOL.




P.D: Espero que para o ano cambie, e todo esto sexa mais blanco.

Os 30 fallos mais clamorosos na historia do fútbol.

martes, 26 de mayo de 2009

Casamento...todo un show. 23-M. Pampin a sua "Liga" e como aguantar a presión.

Os integrantes da plantilla coas suas respectivas parellas

Sábado movido para alguns dos integrantes da plantilla. Resulta que o día anterior o partido de volta dos oitavos de final, tiñamos outra final, ou neste caso tiña Ruben Dario, que casaría en Santa Mariña de Luci (si, Pampo, si; a capital do Concello de Teo)


Co paso das horas e do viño, todo elo facia mella na xente, ainda que o final a hora do baile todo o mundo se animou en maior ou menor medida.

Nin que nos puxeramos dacordo para ir un de branco e negro, e outro de negro e branco...

A tuna ou o conxuro da queimada, tamen animaron a festa, que xa de por si, xa estaba animada, a moitos de nos so facia falta mirarlle para a cara para saber o "contentillos" que estabamos.

Xa o banquete iba moi avanzado -fixadevos nos olliños de Lino, Pinto e Amosa...-

Chicho dou un autentico recital, de baile, cante e todo un pouco, foi unha das almas da festa por non dicir a alma! Tamen sensacional o video feito polos primos do noivo, no que o protagonista como non era... CHICHO! Crack CR7.

Chicho nun dos momentos grandes da festa, dando un recital coa guitarra española.

Todo trascurriria con normalidade, ata que o remate do banquete, un dos integrantes do FC Lamela, recibiria a Liga. Case o temos que levar arrastro... como sacaba os codos, debe de ser "defecto profesional" El non se tirou e acadou o premio, a Liga da noiva. Xa van unhas poucas, non tantas como o Barça e o Madrid, pero el na sua teima de seguir coleccionandoas, sigue e polo que di, seguirá aguantando a presión.

Pampo, "perro viejo" en este tipo de convites, non daba credito...



O final tivo que claudicar e con gran "maña" sacarialle a liga a noiva



So quedaba que o noivo lla puxera a Naty, para completar o ritual e achegar a "Pam" un pouquiño o altar.

lunes, 25 de mayo de 2009

1/4 de Final da Copa do Sar. San Mamed vindeiro rival. Así chega o equipo da ulla.


O vindeiro rival na copa do sar, xa nos 1/4 de final, será un vello coñecido para o FC Lamela. O San Mamed xa e un clasico dos ultimos anos, tanto en liga como en copa, e antosaxe unha eliminatoria disputada e moi moi aberta. O equipo dirixido por pedreira, e que conta con xogadores moi coñecidos na comarca do sar como Carbajales, Orosa ou Touceda. Intentará ser o equipo máis copeiro xunto co Flavia.

O equipo blanquiazul acadou o podio porriba do Cacheiras, e por debaixo dos dous mellores equipos -Villestro e Grixoa-.

Un San Mamed, que e un dos máis laureados en esta competición, e o que esta Copa do Sar esta sendo a da confirmación como "Rey de Copas".

Tamen acadou o podio como equipo local. A tan só 5 puntos do invicto Grixoa

Na liga regular, foi o 3 conxunto, tralos intratables Grixoa e Villestro; e porriba dun maginifico equipo como e o Cacheiras. Así unha temporada moi regular, coa que rematan no podio, tras ser o segundo mellor equipo como local na segunda volta, a tan so 2 puntos do invicto Grixoa.
Así este equipo que como local tan so perdeu 3 encontros, dun total de 17, intentará sacar algo positivo no primer partido da eliminatoria para visitar con garantias Mularedos.

Nos ultimos 12 encontros de liga, o San Mamed so encaixou 2 derrotas. As victorias colleitadas, debemos sumarlle as 4 de 4 na Copa.

Tamen cabe destacar que nos ultimos 12 encontros ligueiros, tan só perdeu 2. Os seus resultados na copa son simplemente perfectos. Para un total de 4 encontros disputados, 4 victorias, con 10 goles a favor e tan so 1 en contra, fala moi ben do equipo blanquiazul.

O tercer posto acadado, foi un premio a regularidade de este competitivo equipo

domingo, 24 de mayo de 2009

VOLTA dos 1/8 de Final Copa do Sar. Sigüeiro 0 - FC Lamela 2. Despois do casamento tocaba dar a cara. Espera o San Mamed.

Once Inicial da Volta dos 1/8 de Final da Copa do Sar. Sigüeiro - FC Lamela

Foi un día largo, un deses no que non che pasan as horas, no que non che dan pasado os minutos. Costabanos a moitos de nos, non recordar o do día pasado, a festa do casamento de Rubén pasou factura. A auga non chegaba a nada, e estabamos algo espesos.
Con todo iso a eliminatoria en ningun momento correu perigo, e xa nos primeiros 5 minutos, Pampin en duas ocasións e Orosa noutra, puideron sentenciar, mais se cabe, a eliminatoria. Pero a "festa" previa tamen pasou factura na punteria.

Sen oportunidades claras para o Sigueiro, dedicamonos a ver como pasaban os minutos sen máis que esperar a que o arbitro pitará. E asi, pitou o descanso, sairia Amosa, por Porto cun golpe no pulgar do seu pé dereito. Cando os 15 minutos, unha combinacion por banda dereita, remataba en centro, que un dos defensas locais interceptaba coa man. Neira foi o encargado de anotar 0-1, (con 4 goles no que vai de Copa, e o pichichi do equipo, Chicho -con 3- sigueo moi de perto.

Chicho e Gonzalo sen animo nin para posar... porque será?

E hoxe non tivo minutos para intentar acadar o empate na cabeza dos goleadores.) Despois gardar a roupa, sairia Titi por un Pampín que levaba a "liga" ainda na cabeza (Pola semana fareivos un "especial" Pampin su "Liga" y como aguantar la presión). E no "toma e daca" o Sigueiro estrelaria un balón no longueiro, o se número 10, seria neste partido a baza mais importante do conxunto dirixido na tarde de hoxe por Marcial. Pero foi o equipo amarelo o que dou a puntilla o partido. Titi, gañalle a espalda o seu par, e poñendo o balon para a sua perna boa, engancha un dereitazo que se cola perto da escadra defendida de novo por un magnifico Alex, outra vez o porteiro de Oroso foi o mellor do seu equipo.

No banquiño podiase notar as "secuelas" do día anterior

Trala victoria pola minima, novamente do San Mamed fronte o Praiña, (2-1), será o conxunto de Pedreira o seguinte rival, xa nos cuartos de final. Un case considerado derbi (nos ultimos 3 anos, 4 partidos de Liga, e outros 4 de Copa) Esta seria a 9 vez que nos enfrontamos en tan so 3 anos. Equipo o que coñecemos ben, e tamen que nos coñece ben, será unha eliminatoria disputadisima, para lograr unha praza nas semifinais.

Oscar disputando un balón sacado por Álex

Unhas semifinais que estan máis perto para un dos candidatos a chegar a final, o Dubra, logrou pasar a cuartos de final, non sen atrancos, ante un peleón Portomouro, que perdeu pola minima en Dubra, e empatou a ceros, no seu propio campo.

Unha das moitas internadas de Pibe, por banda dereita.

Cabe destacar no resto da xornada copeira, a remontada que fixo o Cordeiro sobre o Ciudad "B", o equipo de santiago, levaba unha renta de 3 goles a 1. Pero o equipo de campaña, logrou empatar a eliminatoria o delvolverlle o mesmo tanteo. Asi, e tralos lanzamentos de penalti, o Ciudad "B" acedia a cuartos, onde o esperará un brillante Bertamirans; que vencia claramente a un desauciado Silleda (3-1), o equipo dezano di adeus a unha tempada para olvidar.
Máis arriba no cadro, o Flavia que xa resolveu a eliminatoria na ida (6-0), visitará Abanqueiro que gañou a domicilio por 1-3, un equipo este, que esta plagado de grande xogadores, e que teran a pedra de toque ante o Flavia de Camilo Perol, o actual campión, e máximo candidato a revalidad o titulo.

A mellor zurda, e a mellor diestra do equipo, Cutrín e Raúl

Saúdos, e desexandolle o Ruben e Ana un feliz viaxe de noivos, despidome agradecendo novamente o traballo realizado por todos vos.

Aqui vos deixo o primer gol do partido a cargo de Neira, e de penalty.



Crónica do partido polo Colectivo Esloveno:

Asi queda o cadro:



viernes, 22 de mayo de 2009

Historias Antigas do Blog | 5 PARTE | - Neste blog tivemos unha unica colaboración. Titulamola "O Rondo de Cutrin".

Fai xa máis de un ano. Cutrin animouse cunha crónica. Aqui esta a xoia.


Tarde soleada e apetecible para a práctica do deporte rei en Mularedos.Como sempre uns chegamos máis tarde q outros,nunca culpa miña,aínda q hai quen tarda en despertar unha vez empezado o partido...
Estabamos no pre-partido nunha roda formada pola xente veterana falando das aventuras do fin de semana do Pibe,cando Chicho, en claro fóra de xogo,intenta entrar na conversación...saleu de alí por pernas claro, xa q Óscar empezaba a atizar...
Eh,chavales!!! os números: 1.Fly, 2.Pinto, 3.Jaco, 4.San, 5.Amosa, 6.Oscar, 7.Chicho, 8.Rober, 9.Pampo, 10.Lino, 11.Orosa........12.Manolo, 12+1 Santi, 14.Cutrín, 15.Pibe, 16.Adri...
Empeza o partido,despois do quencemento e logo dos comentarios ante o estreno dunhas botas de última xeración dun suplente e de un ambiente de relaxación un tanto preocupante...
O partido era típico de esa hora,de siesta,pero os locatarios empezaron a desperezarse con unha clara ocasión de Lino, pero a falta de visión típica da nosa edade pasou factura e o balón foise fóra...pouco despois un barullo na área visitante aproveitouno Pampo para asistir a Orosa q acadaba o 1-0 co q se acabou prácticamente o partido, e máis cando pouco despois Jaco marcaba de falta e un xogador visitante de apellido Cutrín se volvía loco,co q foi expulsado,e co cal a partir de ahí o Lamela se dedicou a facelo fácil,sen forzar demasiado...
Na segunda parte máis do mesmo, e cos cambios atacouse máis,pero sen moito orden e sen a tensión necesaria...aínda así Pampo,logo de unha gran asitencia de Adri, e o propio Adri logo dun centro á area acadaban o claro resultado final de 4-0...partido sen historia, e oxalá foran todos así de fáciles no q queda,non?
Quedan 12+1 partidos,haberá q sufrir ata o final,xa q os demáis equipos,menos 2 ou 3 teñen falta de puntos e por outro lado parece q todo o mundo prefire q ascenda o Grixoa antes q nós,non entendo moi ben por qué (véxase sancionados no Villestro)
Bueno,xa paro,q vai arder o foro con tanta letra... a pensar en Domingo, q haberá q sudala gota gorda para sacar o partido adiante...Ánimo, q xa queda menos...

jueves, 21 de mayo de 2009

Historias Antigas do Blog | 4 PARTE | - Un equipo campión.



Era un 8 de Abril do 2008, asi viviamos as publicacións feitas sobre o equipo, na semana na que saiamos campións. Queda xa lonxe, e sen embargo parece que foi onte. Asi era a entrada que recordamos hoxe:




A parte de www.lamela.ya.st tamen outras webs se fixeron eco do ascenso do Lamela, en breve espero poder ter no meu poder máis fotos da celebración.
Mentres aqui vos deixo como varios xornais escriben sobre o campión!


El Correo Gallego - Tierras de Santiago

Faro de Vigo

La Voz de Galicia

Aqui vos deixo unha mostra do que se fixo este ano...creo que esto non se veu nunca. Lideres dende a primeira xornada ata a última.

Xornada 1ª


Xornada 31ª

miércoles, 20 de mayo de 2009

Horarios vindeiros adestramentos e encontro oficial. Sancións para a semana do 18 ó 24 de Maio.



Adestramentos: Mércores día 20 de Maio - Venres día 22 de Maio.



1/8 de Final "Copa do Sar" (Partido de Volta)
Resultado na Ida FC Lamela 4 - Sigüeiro FC 0

Encontro: Sigüeiro FC - FC Lamela
Campo: Lino Balado (Sigüeiro)
Día: Domingo día 24 de Maio
Hora: 18.00 horas

//////////////////
SANCIÓNS
/////////////////

martes, 19 de mayo de 2009

Casamento na plantilla do FC Lamela, Ruben Dario abandoa o status de solteiro. 23-M



O vindeiro sábado 23 de Maio, un dos integrantes da plantilla, pasará o club dos "casados". Xa o finado D. Santiago Bernabeu casaba os seus xogadores, e o noso Mister, vai case a boda por ano dos seus pupilos. O que se di nestes casos, moitas felicidades a esta parella, e que a mesa a que chamaron "Lamela" onde estaremos ese gran dia, darao todo para animar a festa.

O dito, Ruben e Ana; Ana e Rubén moitas felicidades da familia do FC Lamela.

lunes, 18 de mayo de 2009

Resultados dos partidos de IDA, dos 1/8 de Final da Copa do Sar







Así foron os resultados dos partidos de Ida dos oitavos de final.
O Abanqueiro gañou pola minima, e como local (2-1) a un Sálvora que ten opcións de levantar a eliminatoria no encontro a disputar o 24 de maio.
O que quedou sen elas foi un Vila de Ordes que foi goleado (6-0) por un Flavia que se postula como o máximo favorito para revalidar o título.
Pola sua parte o Silleda, anotouse un disputado encontro, nun dualo de equipos de Primeira Autonomica (1-0), con gol novamente en propia porta de Chacho. O Bertamiráns terá na sua man, e na sua casa, a chave para os cuartos de final.
O Ciudad "B", salvo hecatombe estará en cuartos de final, trala comoda victoria sobre o Cordeiro (3-1). Esperará rival, que sairá do enfrontamento entre o equipo dezano e o santiagues.
O San Mamed, meteu un pé e medio, tras gañar a domicilio a un dificil Praiña, que lle vendeu cara a derrota fronte o equipo de Pedreira. Irá cunha minima vantaxe (0-1) ó partido de volta. Antoxase dificil a remontada, xa que no campo da Ulla e compricado sacar algo positivo.
No derbi entre Dubra e Portomouro, o equipo da capital, levouse o encontro pola minima. (2-1). Non deberá relaxarse o Dubra si quere pasar a eliminatoria, xa que o Portomouro e un rival compricadisimo no seu terreo de xogo.
O Agrón, tamens superou pola minima a un sorpredente Tordoia, que tralo descenso a terceira rexinal, esta a dar o do de peito na copa do sar (1-0)
Pola nosa parte, case resolta a eliminatoria tras un contudente 4-0, sobre un bo Sigüeiro que dou sempre a cara. Deberá o equipo de Jose Antonio, certificar o seu pase a cuartos o vindeiro Domingo no Lino Balado.

domingo, 17 de mayo de 2009

IDA dos 1/8 de Final Copa do Sar. FC Lamela 4 - Sigueiro 0. Victoria contundente ante un bo equipo. Eliminatoria case resolta.

Once Incial da Ida dos Oitavos de Final da Copa do Sar. FC Lamela - Sigueiro

Tarde placida para xogar o fútbol. A nosa sospresa foi o chegar o campo, o terreo de xogo de Mularedos pola choiva e o pasarlle o pisón, quedou en lamentables condicións. Nos dous anos que levo en Lamela nunca o vin tan mal para disputar un partido.

O Mister (José Antonio), pensativo antes de comezar o partido

Chegabamos coa intención de non encaixar, o importante era manter a porteria a cero para o partido de volta, e si tiñamos ocasións e podiamos levarnos unha victoria pois mellor que mellor.
O encontro comezou cun Sigueiro que viña a defenderse, que viña a plantexar un partido fisico. Tardou o Lamela en poñerse por diante media hora, cando tras un disparo de Neira, Chicho anota o primeiro da tarde. 1-0, e os nervios iniciais parecian calmarse.

Yeiko estirando antes do encontro.

Con todo eso o Sigueiro cunha gran primeira parte no aspecto defensivo, deixaba o equpo dezano con tan so un gol de vantaxe. Ibamos o tempo de lecer co 1-0 de Chicho, e de novo a mala sorte en forma de lesión sobrevoaba o vestiario, desta volta Raúl, era o que caia lesianado. Xa no adestramento do Venres, Fran (un dos dous porteiros que integran a plantilla, sufria unha grabe lesión na sua perna dereita, que o deixa fora da Copa.

Raúl no once inicial no partido contra o Sigueiro, tivo que retirarse por lesión

A seria primeira parte do equipo de Oroso, veuse truncada os 3 minutos da reanudación, cando Neira cun gran disparo, sorprendia a Alex, e anotaba o 2-0. A partires de ahi o Sigueiro deixou mais ocos, e o equipo amarelo puido combinar e chegar con mais claridade a porteria vermella. Así, chegarian dous tantos mais, o 3 obra novamente de Neira (segunda no sua conta particular) e o 4 dun reconvertido a dianteiro Porto. Pola falta de efectivos ocupou esa demarcadión os ultimos 20 minutos.
Neira, o gran protagonista da tarde, anotando 2 dos 4 goles do equipo amarelo

En definitiva, unha victoria comoda (que para nada sinxela) sobre un rival, que xogaria os ultimos 25 minutos (co 4-0 no marcador) con 10 xogadores, e os ultimos 15 con 9, polas expulsión de dous xogadores do Sigueiro (Fran e Xabi).

Jose Manuel, o Vicepresidente do FC Lamela, sorrinte tralo triunfo do seu equipo.

A vindeira semana, novamento co posto, tocara visitar o Lino Balado, coa intención de certificar o pase a cuartos de final.
Entre os posibles rivais, o San Mamed, adiantase na sua eliminatoria, tras vencer pola minima (0-1) en Pontevea, fronte o Praiña.

Gran labor a feita novamente rapaces, noraboa, e a seguir traballado que queda o mellor.