viernes, 29 de mayo de 2009
Horarios vindeiros adestramentos e encontro oficial. Sancións para a semana do 25 ó 31de Maio.
Adestramentos: Martes día 26 de Maio - Venres día 29 de Maio.
1/4 de Final "Copa do Sar" (Partido de IDA)
Encontro: FC Lamela - San Mamed
Campo: Mularedos (Lamela)
Día: Domingo día 31 de Maio
Hora: 18.30 horas
//////////////////
SANCIÓNS
/////////////////
miércoles, 27 de mayo de 2009
¡¡ MONUMENTO O BO FÚTBOL !!
De todos vos e sabido que son aficionado o Real Madrid.
Pero cando hai que recoñecer méritos, ainos que recoñecer.
O de hoxe día 27 de Maio, foi un autentico MONUMENTO O FÚTBOL
NORABOA!
O de hoxe día 27 de Maio, foi un autentico MONUMENTO O FÚTBOL
NORABOA!
NORABOA A TODOS OS CULÉS, E A TODOS OS QUE LLE GUSTE O BO FÚTBOL.
P.D: Espero que para o ano cambie, e todo esto sexa mais blanco.
martes, 26 de mayo de 2009
Casamento...todo un show. 23-M. Pampin a sua "Liga" e como aguantar a presión.
Sábado movido para alguns dos integrantes da plantilla. Resulta que o día anterior o partido de volta dos oitavos de final, tiñamos outra final, ou neste caso tiña Ruben Dario, que casaría en Santa Mariña de Luci (si, Pampo, si; a capital do Concello de Teo)
Co paso das horas e do viño, todo elo facia mella na xente, ainda que o final a hora do baile todo o mundo se animou en maior ou menor medida.
A tuna ou o conxuro da queimada, tamen animaron a festa, que xa de por si, xa estaba animada, a moitos de nos so facia falta mirarlle para a cara para saber o "contentillos" que estabamos.
Chicho dou un autentico recital, de baile, cante e todo un pouco, foi unha das almas da festa por non dicir a alma! Tamen sensacional o video feito polos primos do noivo, no que o protagonista como non era... CHICHO! Crack CR7.
Todo trascurriria con normalidade, ata que o remate do banquete, un dos integrantes do FC Lamela, recibiria a Liga. Case o temos que levar arrastro... como sacaba os codos, debe de ser "defecto profesional" El non se tirou e acadou o premio, a Liga da noiva. Xa van unhas poucas, non tantas como o Barça e o Madrid, pero el na sua teima de seguir coleccionandoas, sigue e polo que di, seguirá aguantando a presión.
lunes, 25 de mayo de 2009
1/4 de Final da Copa do Sar. San Mamed vindeiro rival. Así chega o equipo da ulla.
O vindeiro rival na copa do sar, xa nos 1/4 de final, será un vello coñecido para o FC Lamela. O San Mamed xa e un clasico dos ultimos anos, tanto en liga como en copa, e antosaxe unha eliminatoria disputada e moi moi aberta. O equipo dirixido por pedreira, e que conta con xogadores moi coñecidos na comarca do sar como Carbajales, Orosa ou Touceda. Intentará ser o equipo máis copeiro xunto co Flavia.
O equipo blanquiazul acadou o podio porriba do Cacheiras, e por debaixo dos dous mellores equipos -Villestro e Grixoa-.
Un San Mamed, que e un dos máis laureados en esta competición, e o que esta Copa do Sar esta sendo a da confirmación como "Rey de Copas".
Na liga regular, foi o 3 conxunto, tralos intratables Grixoa e Villestro; e porriba dun maginifico equipo como e o Cacheiras. Así unha temporada moi regular, coa que rematan no podio, tras ser o segundo mellor equipo como local na segunda volta, a tan so 2 puntos do invicto Grixoa.
Así este equipo que como local tan so perdeu 3 encontros, dun total de 17, intentará sacar algo positivo no primer partido da eliminatoria para visitar con garantias Mularedos.
Nos ultimos 12 encontros de liga, o San Mamed so encaixou 2 derrotas. As victorias colleitadas, debemos sumarlle as 4 de 4 na Copa.
Tamen cabe destacar que nos ultimos 12 encontros ligueiros, tan só perdeu 2. Os seus resultados na copa son simplemente perfectos. Para un total de 4 encontros disputados, 4 victorias, con 10 goles a favor e tan so 1 en contra, fala moi ben do equipo blanquiazul.
domingo, 24 de mayo de 2009
VOLTA dos 1/8 de Final Copa do Sar. Sigüeiro 0 - FC Lamela 2. Despois do casamento tocaba dar a cara. Espera o San Mamed.
Foi un día largo, un deses no que non che pasan as horas, no que non che dan pasado os minutos. Costabanos a moitos de nos, non recordar o do día pasado, a festa do casamento de Rubén pasou factura. A auga non chegaba a nada, e estabamos algo espesos.
Con todo iso a eliminatoria en ningun momento correu perigo, e xa nos primeiros 5 minutos, Pampin en duas ocasións e Orosa noutra, puideron sentenciar, mais se cabe, a eliminatoria. Pero a "festa" previa tamen pasou factura na punteria.
Sen oportunidades claras para o Sigueiro, dedicamonos a ver como pasaban os minutos sen máis que esperar a que o arbitro pitará. E asi, pitou o descanso, sairia Amosa, por Porto cun golpe no pulgar do seu pé dereito. Cando os 15 minutos, unha combinacion por banda dereita, remataba en centro, que un dos defensas locais interceptaba coa man. Neira foi o encargado de anotar 0-1, (con 4 goles no que vai de Copa, e o pichichi do equipo, Chicho -con 3- sigueo moi de perto.
E hoxe non tivo minutos para intentar acadar o empate na cabeza dos goleadores.) Despois gardar a roupa, sairia Titi por un Pampín que levaba a "liga" ainda na cabeza (Pola semana fareivos un "especial" Pampin su "Liga" y como aguantar la presión). E no "toma e daca" o Sigueiro estrelaria un balón no longueiro, o se número 10, seria neste partido a baza mais importante do conxunto dirixido na tarde de hoxe por Marcial. Pero foi o equipo amarelo o que dou a puntilla o partido. Titi, gañalle a espalda o seu par, e poñendo o balon para a sua perna boa, engancha un dereitazo que se cola perto da escadra defendida de novo por un magnifico Alex, outra vez o porteiro de Oroso foi o mellor do seu equipo.
Trala victoria pola minima, novamente do San Mamed fronte o Praiña, (2-1), será o conxunto de Pedreira o seguinte rival, xa nos cuartos de final. Un case considerado derbi (nos ultimos 3 anos, 4 partidos de Liga, e outros 4 de Copa) Esta seria a 9 vez que nos enfrontamos en tan so 3 anos. Equipo o que coñecemos ben, e tamen que nos coñece ben, será unha eliminatoria disputadisima, para lograr unha praza nas semifinais.
Unhas semifinais que estan máis perto para un dos candidatos a chegar a final, o Dubra, logrou pasar a cuartos de final, non sen atrancos, ante un peleón Portomouro, que perdeu pola minima en Dubra, e empatou a ceros, no seu propio campo.
Cabe destacar no resto da xornada copeira, a remontada que fixo o Cordeiro sobre o Ciudad "B", o equipo de santiago, levaba unha renta de 3 goles a 1. Pero o equipo de campaña, logrou empatar a eliminatoria o delvolverlle o mesmo tanteo. Asi, e tralos lanzamentos de penalti, o Ciudad "B" acedia a cuartos, onde o esperará un brillante Bertamirans; que vencia claramente a un desauciado Silleda (3-1), o equipo dezano di adeus a unha tempada para olvidar.
Máis arriba no cadro, o Flavia que xa resolveu a eliminatoria na ida (6-0), visitará Abanqueiro que gañou a domicilio por 1-3, un equipo este, que esta plagado de grande xogadores, e que teran a pedra de toque ante o Flavia de Camilo Perol, o actual campión, e máximo candidato a revalidad o titulo.
Saúdos, e desexandolle o Ruben e Ana un feliz viaxe de noivos, despidome agradecendo novamente o traballo realizado por todos vos.
Aqui vos deixo o primer gol do partido a cargo de Neira, e de penalty.
Crónica do partido polo Colectivo Esloveno:
Asi queda o cadro:
viernes, 22 de mayo de 2009
Historias Antigas do Blog | 5 PARTE | - Neste blog tivemos unha unica colaboración. Titulamola "O Rondo de Cutrin".
Fai xa máis de un ano. Cutrin animouse cunha crónica. Aqui esta a xoia.
Tarde soleada e apetecible para a práctica do deporte rei en Mularedos.Como sempre uns chegamos máis tarde q outros,nunca culpa miña,aínda q hai quen tarda en despertar unha vez empezado o partido...
Estabamos no pre-partido nunha roda formada pola xente veterana falando das aventuras do fin de semana do Pibe,cando Chicho, en claro fóra de xogo,intenta entrar na conversación...saleu de alí por pernas claro, xa q Óscar empezaba a atizar...
Eh,chavales!!! os números: 1.Fly, 2.Pinto, 3.Jaco, 4.San, 5.Amosa, 6.Oscar, 7.Chicho, 8.Rober, 9.Pampo, 10.Lino, 11.Orosa........12.Manolo, 12+1 Santi, 14.Cutrín, 15.Pibe, 16.Adri...
Empeza o partido,despois do quencemento e logo dos comentarios ante o estreno dunhas botas de última xeración dun suplente e de un ambiente de relaxación un tanto preocupante...
O partido era típico de esa hora,de siesta,pero os locatarios empezaron a desperezarse con unha clara ocasión de Lino, pero a falta de visión típica da nosa edade pasou factura e o balón foise fóra...pouco despois un barullo na área visitante aproveitouno Pampo para asistir a Orosa q acadaba o 1-0 co q se acabou prácticamente o partido, e máis cando pouco despois Jaco marcaba de falta e un xogador visitante de apellido Cutrín se volvía loco,co q foi expulsado,e co cal a partir de ahí o Lamela se dedicou a facelo fácil,sen forzar demasiado...
Na segunda parte máis do mesmo, e cos cambios atacouse máis,pero sen moito orden e sen a tensión necesaria...aínda así Pampo,logo de unha gran asitencia de Adri, e o propio Adri logo dun centro á area acadaban o claro resultado final de 4-0...partido sen historia, e oxalá foran todos así de fáciles no q queda,non?
Quedan 12+1 partidos,haberá q sufrir ata o final,xa q os demáis equipos,menos 2 ou 3 teñen falta de puntos e por outro lado parece q todo o mundo prefire q ascenda o Grixoa antes q nós,non entendo moi ben por qué (véxase sancionados no Villestro)
Bueno,xa paro,q vai arder o foro con tanta letra... a pensar en Domingo, q haberá q sudala gota gorda para sacar o partido adiante...Ánimo, q xa queda menos...
Tarde soleada e apetecible para a práctica do deporte rei en Mularedos.Como sempre uns chegamos máis tarde q outros,nunca culpa miña,aínda q hai quen tarda en despertar unha vez empezado o partido...
Estabamos no pre-partido nunha roda formada pola xente veterana falando das aventuras do fin de semana do Pibe,cando Chicho, en claro fóra de xogo,intenta entrar na conversación...saleu de alí por pernas claro, xa q Óscar empezaba a atizar...
Eh,chavales!!! os números: 1.Fly, 2.Pinto, 3.Jaco, 4.San, 5.Amosa, 6.Oscar, 7.Chicho, 8.Rober, 9.Pampo, 10.Lino, 11.Orosa........12.Manolo, 12+1 Santi, 14.Cutrín, 15.Pibe, 16.Adri...
Empeza o partido,despois do quencemento e logo dos comentarios ante o estreno dunhas botas de última xeración dun suplente e de un ambiente de relaxación un tanto preocupante...
O partido era típico de esa hora,de siesta,pero os locatarios empezaron a desperezarse con unha clara ocasión de Lino, pero a falta de visión típica da nosa edade pasou factura e o balón foise fóra...pouco despois un barullo na área visitante aproveitouno Pampo para asistir a Orosa q acadaba o 1-0 co q se acabou prácticamente o partido, e máis cando pouco despois Jaco marcaba de falta e un xogador visitante de apellido Cutrín se volvía loco,co q foi expulsado,e co cal a partir de ahí o Lamela se dedicou a facelo fácil,sen forzar demasiado...
Na segunda parte máis do mesmo, e cos cambios atacouse máis,pero sen moito orden e sen a tensión necesaria...aínda así Pampo,logo de unha gran asitencia de Adri, e o propio Adri logo dun centro á area acadaban o claro resultado final de 4-0...partido sen historia, e oxalá foran todos así de fáciles no q queda,non?
Quedan 12+1 partidos,haberá q sufrir ata o final,xa q os demáis equipos,menos 2 ou 3 teñen falta de puntos e por outro lado parece q todo o mundo prefire q ascenda o Grixoa antes q nós,non entendo moi ben por qué (véxase sancionados no Villestro)
Bueno,xa paro,q vai arder o foro con tanta letra... a pensar en Domingo, q haberá q sudala gota gorda para sacar o partido adiante...Ánimo, q xa queda menos...
jueves, 21 de mayo de 2009
Historias Antigas do Blog | 4 PARTE | - Un equipo campión.
Era un 8 de Abril do 2008, asi viviamos as publicacións feitas sobre o equipo, na semana na que saiamos campións. Queda xa lonxe, e sen embargo parece que foi onte. Asi era a entrada que recordamos hoxe:
A parte de www.lamela.ya.st tamen outras webs se fixeron eco do ascenso do Lamela, en breve espero poder ter no meu poder máis fotos da celebración.
Mentres aqui vos deixo como varios xornais escriben sobre o campión!
El Correo Gallego - Tierras de Santiago
Faro de Vigo
La Voz de Galicia
Aqui vos deixo unha mostra do que se fixo este ano...creo que esto non se veu nunca. Lideres dende a primeira xornada ata a última.
Xornada 1ª
Xornada 31ª
miércoles, 20 de mayo de 2009
Horarios vindeiros adestramentos e encontro oficial. Sancións para a semana do 18 ó 24 de Maio.
Adestramentos: Mércores día 20 de Maio - Venres día 22 de Maio.
1/8 de Final "Copa do Sar" (Partido de Volta)
Resultado na Ida FC Lamela 4 - Sigüeiro FC 0
Encontro: Sigüeiro FC - FC Lamela
Campo: Lino Balado (Sigüeiro)
Día: Domingo día 24 de Maio
Hora: 18.00 horas
//////////////////
SANCIÓNS
/////////////////
martes, 19 de mayo de 2009
Casamento na plantilla do FC Lamela, Ruben Dario abandoa o status de solteiro. 23-M
O vindeiro sábado 23 de Maio, un dos integrantes da plantilla, pasará o club dos "casados". Xa o finado D. Santiago Bernabeu casaba os seus xogadores, e o noso Mister, vai case a boda por ano dos seus pupilos. O que se di nestes casos, moitas felicidades a esta parella, e que a mesa a que chamaron "Lamela" onde estaremos ese gran dia, darao todo para animar a festa.
O dito, Ruben e Ana; Ana e Rubén moitas felicidades da familia do FC Lamela.
lunes, 18 de mayo de 2009
Resultados dos partidos de IDA, dos 1/8 de Final da Copa do Sar
Así foron os resultados dos partidos de Ida dos oitavos de final.
O Abanqueiro gañou pola minima, e como local (2-1) a un Sálvora que ten opcións de levantar a eliminatoria no encontro a disputar o 24 de maio.
O que quedou sen elas foi un Vila de Ordes que foi goleado (6-0) por un Flavia que se postula como o máximo favorito para revalidar o título.
Pola sua parte o Silleda, anotouse un disputado encontro, nun dualo de equipos de Primeira Autonomica (1-0), con gol novamente en propia porta de Chacho. O Bertamiráns terá na sua man, e na sua casa, a chave para os cuartos de final.
O Ciudad "B", salvo hecatombe estará en cuartos de final, trala comoda victoria sobre o Cordeiro (3-1). Esperará rival, que sairá do enfrontamento entre o equipo dezano e o santiagues.
O San Mamed, meteu un pé e medio, tras gañar a domicilio a un dificil Praiña, que lle vendeu cara a derrota fronte o equipo de Pedreira. Irá cunha minima vantaxe (0-1) ó partido de volta. Antoxase dificil a remontada, xa que no campo da Ulla e compricado sacar algo positivo.
No derbi entre Dubra e Portomouro, o equipo da capital, levouse o encontro pola minima. (2-1). Non deberá relaxarse o Dubra si quere pasar a eliminatoria, xa que o Portomouro e un rival compricadisimo no seu terreo de xogo.
O Agrón, tamens superou pola minima a un sorpredente Tordoia, que tralo descenso a terceira rexinal, esta a dar o do de peito na copa do sar (1-0)
Pola nosa parte, case resolta a eliminatoria tras un contudente 4-0, sobre un bo Sigüeiro que dou sempre a cara. Deberá o equipo de Jose Antonio, certificar o seu pase a cuartos o vindeiro Domingo no Lino Balado.
domingo, 17 de mayo de 2009
IDA dos 1/8 de Final Copa do Sar. FC Lamela 4 - Sigueiro 0. Victoria contundente ante un bo equipo. Eliminatoria case resolta.
Tarde placida para xogar o fútbol. A nosa sospresa foi o chegar o campo, o terreo de xogo de Mularedos pola choiva e o pasarlle o pisón, quedou en lamentables condicións. Nos dous anos que levo en Lamela nunca o vin tan mal para disputar un partido.
Chegabamos coa intención de non encaixar, o importante era manter a porteria a cero para o partido de volta, e si tiñamos ocasións e podiamos levarnos unha victoria pois mellor que mellor.
O encontro comezou cun Sigueiro que viña a defenderse, que viña a plantexar un partido fisico. Tardou o Lamela en poñerse por diante media hora, cando tras un disparo de Neira, Chicho anota o primeiro da tarde. 1-0, e os nervios iniciais parecian calmarse.
Con todo eso o Sigueiro cunha gran primeira parte no aspecto defensivo, deixaba o equpo dezano con tan so un gol de vantaxe. Ibamos o tempo de lecer co 1-0 de Chicho, e de novo a mala sorte en forma de lesión sobrevoaba o vestiario, desta volta Raúl, era o que caia lesianado. Xa no adestramento do Venres, Fran (un dos dous porteiros que integran a plantilla, sufria unha grabe lesión na sua perna dereita, que o deixa fora da Copa.
A seria primeira parte do equipo de Oroso, veuse truncada os 3 minutos da reanudación, cando Neira cun gran disparo, sorprendia a Alex, e anotaba o 2-0. A partires de ahi o Sigueiro deixou mais ocos, e o equipo amarelo puido combinar e chegar con mais claridade a porteria vermella. Así, chegarian dous tantos mais, o 3 obra novamente de Neira (segunda no sua conta particular) e o 4 dun reconvertido a dianteiro Porto. Pola falta de efectivos ocupou esa demarcadión os ultimos 20 minutos.
En definitiva, unha victoria comoda (que para nada sinxela) sobre un rival, que xogaria os ultimos 25 minutos (co 4-0 no marcador) con 10 xogadores, e os ultimos 15 con 9, polas expulsión de dous xogadores do Sigueiro (Fran e Xabi).
A vindeira semana, novamento co posto, tocara visitar o Lino Balado, coa intención de certificar o pase a cuartos de final.
Entre os posibles rivais, o San Mamed, adiantase na sua eliminatoria, tras vencer pola minima (0-1) en Pontevea, fronte o Praiña.
Gran labor a feita novamente rapaces, noraboa, e a seguir traballado que queda o mellor.
jueves, 14 de mayo de 2009
Historias Antigas do Blog | 3 PARTE | - O ano pasado vivimos momentos tales como estos.
Estas eran as palabras e o video co que rematei no blog o ano pasado. Un gran ano, tan bo ou mellor que este. Non sabria dicir cal dos dous foi mellor, pero si dous dos mellores anos que pasei no fútbol. Asi o contaba e asi o viamos fixo o mes pasado un ano exactamente.
Aqui vos deixo un video que fixen para que teñades un bonito recordo.
Espero que non sea o unico, xa que estou pendente de mais material gráfico.
A ver si sodes capaces de aguantar as bagoas...
miércoles, 13 de mayo de 2009
Horarios vindeiros adestramentos e encontro oficial. Sancións para a semana do 11 ó 17 de Maio.
Adestramentos: Martes día 12 de Maio - Venres día 15 de Maio.
1/8 de Final "Copa do Sar" (Partido de Ida)
Encontro: FC Lamela - Sigüeiro FC
Campo: Mularedos (Lamela)
Día: Domingo día 17 de Maio
Hora: 18.00 horas
//////////////////
SANCIÓNS
/////////////////
martes, 12 de mayo de 2009
En cadro, coa enfermeria chea.! Para a ida dos Oitavos.
O partido do domingo, non será nada facil. A dureza do equipo rival, unense as numerosas baixas do equipo. O non dispoñer de "B" nin xuvenis. O equipo dezano, disputará a ida dos oitavos de final, en cadro. E contando tan so con 11 xogadores de campo e dous porteiros. As númerosas lesións de gravidade, e compromisos persoais de varios xogadores, debilitarannos moito de cara o Domingo.
A lesión de Pampin producida fai 3 semanas, non mellora. Rober puido dicir adeus a tempada, xunto con Cutrin e Baleiron (os tres con sendas lesións musculares de larga duración). O media punta Gonzalo e o central Amosa, por motivos persoais non podrán disputar o encontro. O dianteiro Titi, podría chegar para dentro de 15 días, pero esta descartado para o partido de ida debido a un forte esguince producido no partido contrao Chayan. Outra baixa importante pode ser a de Pibe (por motivos laborais), e Oscar cunha lesión cronica nos tobillos, que en funcion da mellora estará ou non para Domingo. En definitiva unha desfeita, e un rosario de mala sorte esta acontecendo por Lamela. Chicho cun forte golpe na espalda tamen e dubida ata ultima hora.
Así e todo, a amplia plantilla do Lamela, contará con 11 xogadores para o domingo, con 1 cambio e un porteiro suplente. Agora e cando temos que demostrar a importancia dun vestiario amplio e competitivo, ainda que agora xoguen os menos habituais durante a tempada, penso que coa ilusión e o traballo feito durante todo o ano, daredes o do de peito. Pero ollo que o Sigüeiro non regalará nada.
¿O capitán de marcha antes de un partido? Habrá que tomar medidas....
O capitán o sábado día 2 de Maio, non estaba durmindo a sua hora. Estaba de copas pola estrada, e ainda porriba poñendose diante dos focos. O día antes de xogar a primeira eliminatoria da copa, mirade como estaba.
Esta noticia será borrada o Mércores dia 13, despois de que o Capitán de as suas explicacións. (Onde estaba Angeles?)
ANEXO A NOTICIA: Despois de varias pesquisas, realizadas polo CSI de Lamela. Atopamos o noso capitán dando todo por outros lugares da Galicia.
E resulta que sempre estaba nas mesmas condicións. Adxuntamos probas gráficas do individuo en cuestión, a sanción pode chegar a ser exemplar por reiteración. jejejeje. Sanchez CRACK!!
O carisma do noso capitán, chega a tal punto, que outros membros da plantilla intentaron imitalo sen o exito do que leva o brazalete.
O que mais se achega sen dúbida e o noso porteiro Ivan (na foto abaixo na esquina), esta facendo meritos para coller a capitania.
En definitiva, GRAN EQUIPO+GRANDES AMIGOS = EXITO ASEGURADO.
Seguinte Entrega: Fli, "Diario de un gardameta"
Esta noticia será borrada o Mércores dia 13, despois de que o Capitán de as suas explicacións. (Onde estaba Angeles?)
ANEXO A NOTICIA: Despois de varias pesquisas, realizadas polo CSI de Lamela. Atopamos o noso capitán dando todo por outros lugares da Galicia.
E resulta que sempre estaba nas mesmas condicións. Adxuntamos probas gráficas do individuo en cuestión, a sanción pode chegar a ser exemplar por reiteración. jejejeje. Sanchez CRACK!!
O carisma do noso capitán, chega a tal punto, que outros membros da plantilla intentaron imitalo sen o exito do que leva o brazalete.
O que mais se achega sen dúbida e o noso porteiro Ivan (na foto abaixo na esquina), esta facendo meritos para coller a capitania.
En definitiva, GRAN EQUIPO+GRANDES AMIGOS = EXITO ASEGURADO.
Seguinte Entrega: Fli, "Diario de un gardameta"
lunes, 11 de mayo de 2009
1/8 de Final Copa do Sar. Así chega o noso rival. Sigüeiro Fútbol Clube
O vindeiro rival na Copa do Sar, será o Sigüeiro FC. Un equipo que dende a chegada do adestrador José Manuel e outro. José Manuel, ex do Dubra, caracterizase por facer equipos rocosos, dificiles de gañar, que encaixan poucos goles, e aproveitan as oportunidades que teñen. En definitiva, equipos os que sempre e incomodo xogarlles.
A man do novo mister notouse, e así dos ultimos 10 encontros de liga, tan só perderon 3. Ante rivais dificiles como Laro (equipo que como local e moi compricado), Grixoa (Campión da categoria e invicto) e Cacheiras (bo equipo con grandes individualidades, e ademais o Sigüeiro reservou pensando na primeira eliminatoria contra o Montaos). Dito esto, os números falan por si sós, e este equipo, leva 9 victorias nos seus ultimos 12 encontros (sumando a que acadou fronte o Montaos -2-0- e fronte o Brión, por un contundente 3-0)
Ultimos 10 encontros de liga do Sigüeiro.
Tras unha primeira volta titubeante, o Sigüeiro encadeou unha xeira de resultados que o levaron ata ser o 4 mellor equipo da segunda volta (30 ptos), a tan so 2 puntos do segundo mellor equipo (San Mamed, 32 ptos).
Cabe destacar a fortaleza do equipo vermello, fora do Lino Balado. Xa que foi o 5º mellor equipo como visitante.
Cabe destacar a fortaleza do equipo vermello, fora do Lino Balado. Xa que foi o 5º mellor equipo como visitante.
O Sigüeiro foi o 5 mellor equipo como visitante.
Rematando a liga regular como 7º Clasificado. Porriba de ilustres equipos na categoria como O Pino, Laro ou A Baña. Un gran traballo o realizado por este equipo.Indo de menos a máis, nunha gran proxección, parece que o equipo de Oroso, esta no seu mellor momento da tempada. E a pesar de enfrontarse a un equipo de Primeira Autonómica, visitaran Mularedos coa intención de pasar a eliminatoria.
Así quedan os Oitavos de Final. 42º Edición Copa do Sar.
Asi quedan os 1/8 de Final.
O noso seguinte rival será un Sigüeiro que ben de menos a mais, tras realizar unha meritoria segunda volta, coa chegada de Jose Manuel (Ex do Dubra). O equipo xoga como un bloque. Dúas victorias, sobre Montaos e Brion (esta ultima contundente) Dan fé do bo momento de forma que atravesan. Mais información sobre o vindeiro rival, e sobre os seus ultimos encontros en: www.colectivoesloveno.com
O noso seguinte rival será un Sigüeiro que ben de menos a mais, tras realizar unha meritoria segunda volta, coa chegada de Jose Manuel (Ex do Dubra). O equipo xoga como un bloque. Dúas victorias, sobre Montaos e Brion (esta ultima contundente) Dan fé do bo momento de forma que atravesan. Mais información sobre o vindeiro rival, e sobre os seus ultimos encontros en: www.colectivoesloveno.com
1/16 de Final da Copa do sar. 2 dias, 2 partidos. 17 dispoñibles, un campo en mal estado. Toca pasar sufrindo. FC Lamel 2 - Taragoña 1
Tocaría sufrir desta volta, ante un equipo este Taragoña, que o dou todo, que se quedou con 9 homes pola expulsión dos dorsais 7 e 9. E que dou a cara en todo momento no campo de Mularedos. Ante un rival desta volta o Lamela, que notaria en esceso a carga de partidos, nos ultimos 11 días 4 encontros.
As baixas de Pampin, Robert, Cutrin, Titi e Baleiron, chegarian no peor momento da tempada, en total 17 xogadores dispoñibles para disputar os dous encontros.
O de onte, intenso, ainda que intrascendente. O de Domingo, a vida ou morte, ante un equipo mais descansado fisicamente e que chegou a estar 0-1.
Sairía o Taragoña a buscarnos a contra, e conseguiriao os 15 minutos, unha contra que remata nunha vaselina sobre Fli. Refixose pronto o equipo amarela, e no 25 empataria o partido. Non foi o noso mellor encotro, e a pesar de todo, tivemos varias ocasións para matar o partido.
Duas decisións arbitrais, deixarian o Taragoña con 9 xogadores. E ese seria o comezo do fin. A pesar de todo o pundonor do equipo de Rianxo permitirialle chegar a prorroga, pero unha vez iniciada, no segundo minuto da primeira metade, o gol de Orosa, faria xustiza o ofrecido, ainda que non cun xogo vistoso, si as intencións de ambolos dous equipos.
A partir de ahi, o Taragoña, quedaria con 7, o finxir duas lesións, e remataria ahi o partido, coa marcha do equipo visitante en "retirada". Ante a posibilidade de incrementar a conta de goles.
Agora a pensar no Sigueiro, un bo equipo, que fixo unha segunda volta espectacular, para ser o 3 ou 4 mellor equipo do seu grupo nesta segunda volta.
Teremos unha ventaxa, que por fin rematamos a liga, e podremos centrarnos na competición copeira, con todos os nosos efectivos. De todos modos, como levamos demostrando ata o de agora, non somos mellores que ninguen, pero tampouco inferiores. Sigamos traballando para intentar vencer o Sigueiro.
Saúdos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)