lunes, 8 de junio de 2009
GRACIAS POR TODO RAPACES.!!!
Gracias por facerme participe de este gran grupo, durante estes dous magnificos anos. Gracias por tratarme como un máis, gracias a xente de Lamela, os aficionados, a directiva. Gracias por compartir conmigo tantos días, tantos adestramentos, tantos Domingos. Gracias por estar sempre ahi cando non se trataba so de fútbol. Gracias por considerarme amigos voso. Gracias por facerme mellor persoa. Gracias por facerme rir tantos dias. Gracias polo ascenso. Gracias pola permanencia. Gracias por dalo todo cada dia. Gracias por todos os momentos compartidos. Gracias por ser como sodes. Gracias a ti mister por confiarme este traballo tan magnifico. Gracias por facerme sentir tan valorado. Gracias por todolos cafés que compartimos fora do campo. En definitiva GRACIAS POR TODO!
Aqui pecho definitivamente o blog, 2 anos de crónicas, previas, dedicatorias, alusións a xogadores, a equipos, videos, fotos e demais. Aqui quedará este blog para a posteridade, para que cando dentro duns anos lle botemos un vistazo, recordemos tan grandes momentos.
Esto e unha despedida no deportivo, no persoal xa sabedes que aqui tendes un amigo.
Deixovos un pequeno video, MOI IMPORTANTE e que a parte de velo o poidades escoitar, a si que cascos ou altavoces encendidos por favor.
VOLTA dos 1/4 de Final da Copa do Sar. San Mamed 1 - FC Lamela 1. Doe moito rematar asi!
Un dia chuvioso, nin que o dia triste que estaba, nos deparará a eliminación da Copa do Sar. A toro pasado sería facil analizar, o cambio de encontro pola comida do clube, o intensidade do equipo de Pedreira, a derrota no primer partido. Sería facil achacarlle a derrota un cento de pais. Ainda que se soe dicir que a derrota e orfa e a victoria ten moitos pais, neste caso seria o revés. Este será a penultima "entrada" do blog no que levo escribindo dende fai dous anos, e será a ultima crónica. A mediados de semana despedireime de vos con unha sorpresa que teño preparada dende fai 15 días, pero non tiña previsto poñela tan cedo.
Coa intención de sacar o partido adiante, chegabamos a San Mamed, sen prisa pero sen pausa, e sabendo de sobra as armas rivais. Tras uns compases iniciais, os amarelos pegarian primeiro tras un balón interior sobre Pibe que remata a rede coa perna dereita. 0-1, acadabamos o máis dificil, abrir a lata. Coa eliminatoria empatada, o perigo do equipo local viria a balón parado. Antes na primeira metade, un balón franco para Gonzalo, que non logra anotar sería unha radiografia de todo o partido, un querer e non poder. Fisicamente non pasamos o noso mellor momento, e unha temporada tan dura como a pasada, tanto fisica como mentalmente, o equipo veuse fundido. Pero as gañas e o caracter de este equipo fixo sacar forzas de onde non as habia. Ibamos o descanso co premio do traballo ben feito, e sen pasar escesivos apuros.
Na reanudación, e tras unha falta no medio do campo, un balón chovido que se convirte en corner, e este tras un remate certeiro dun dos dianteiros do San Mamed, convertiriase na tumba amarela, 1-1, o San Mamed poñiase por diante na eliminatoria, e ese foi o principio do fin, continuas interrupcións, cun xogo pausado, e interrumpindoo cada 3 ou 4 minutos, o Lamela foi incapaz de coller ritmo, a pesar de todo Pampin tivoo nas suas botas antes de lesionarse. Un par mais de balóns " a olla " que non puidemos aproveitar, seria todo o vagaxe de ocasións das que disporiamos. Sen faltar a verdade, e co equipo amarelo bolcado en busca da epica, o San Mamed nun par de ocasións a contra, tivo a posibilidade clara, de incluso levarse o partido, pero nun par de veces Fli, e outras o desacerto dos dianteiros locais, non moveria o resultado.
Quedamonos nos cuartos de final, apeados por un equipo que tivo fortuna no partido de Ida, e que supo xogar coas suas armas no de volta, nada que obxetar, o San Mamed, suxtifica o seu nome como "Rey de Copas" e enfrontarase por un posto na final o Dubra, dende aqui desexarlle a mellores da sortes. Un equipo duro e competitivo que consiguei superarnos, sen mais excusas.
So lle poño dous lunares (en critica totalmente constructiva), a actitude do seu Capitan tras a victoria, e do porteiro tras o empate a 1. Esas actitudes, o igual que pode ser compricado encaixar unha derrota, igualmente compricado e encaixar unha victoria, e ese saber gañar, ser cabaleiro en momentos nos que ves como o outro equipo o pasa mal, e de recibo xa que non debes de desexarlle a nadie, nada que non queiras que che suceda a ti.
Quedeime 2 ou 3 minutos sentado no banquillo, o meu ultimo partido co Lamela, o meu ultimo dia no banquillo amarelo, xurovos que me viñan as bagoas os ollos, ainda hoxe escribindo esto me veñen. Foron dous anos magnificos, nos que fixen grandes amigos, nos que vivien grandes momentos, e que nunca podrei olvidar. Gracias a todos, gracias por facerme mellor persoa, por mellorarme como individuo. Esta e a penultima entrada, na ultima si chorarei. Son un choron, SI. Pero seran lagrimas de ledicia, por deixarme compartir estes 700 días con vós. Gracias.
miércoles, 3 de junio de 2009
Horarios vindeiros adestramentos e encontro oficial. Sancións para a semana do 1 ó 7 de Xuño
Adestramentos: Mércores día 3 de Xuño - Venres día 5 de Xuño.
1/4 de Final "Copa do Sar" (Partido de VOLTA) Resultado IDA Lamela 0 - San Mamed 1)
Encontro: San Mamed - FC Lamela
Campo: San Mamed
Día: Domingo día 7 de Xuño
Hora: 18.00 horas
//////////////////
SANCIÓNS
/////////////////
lunes, 1 de junio de 2009
IDA dos 1/4 de Final da Copa do Sar. Lamela 0 - San Mamed 1. Toca remontar!
A previa do encontro e longa, tan longa como antoxan as 3 horas que estivemos na comida de socios. Cabe destacar a elección do novo presidente, en este caso presidenta. D. Teresa Fdez Pampin, xefa do Bar "O Pozo" de Lamela, e a cal acadaria a presidencia tras acadar un 40% dos votos.
Gran parte da plantilla estivo presente na comida de final de tempada, con unha calor de xustiza. Con todo, chegamos o campo con hora e media de antelación, dando un paseo e repousando a comida. Nun dia moi caluroso, o Lamela sairia a pola eliminatoria, sendo conciente de que o partido de volta será a vida ou morte.
Nunha primeira metade sen moita historia, cabe destacar sendas oportunidades de Pampo, Orosa e Neira, que non se lograron anotar, en algunhas polo desacerto da dianteira amarela, e outras polas grandes intervencións do porteiro do San Mamed, que onte realizou un gran partido. A tónica a seguir na segunda parte seria a mesma, cun 5-4-1 que evidenciaba que o San Mamed viña o 0-0 a Lamela, e ese resultado interesaballe para a volta. Así, Titi, Pampo, Orosa, Neira e Robert tiveron as ocasións amarelas, case todas resoltas con gran acerto polo gardameta visitante que estivo sobervio. E cando iba media hora do segundo tempo, unha xogada desafortunada, tras un despexe sin intención de xogar o balón do central e capitán Carbajales, atopariase cun campo duro, un sol en contra, e despistando a Ivan colariase na porteria local, gol dende 70 metros, que deixaria, -a pesar da calor- fria a afección local. Despois ataques con mais corazon que cabeza, e algun que outro susto a contra. Seria a tónica do encontro, e ainda que o xogar como locais, como dende faia anos atrás, o campo non axudaba a crear o equipo Dezano.
Así tocará sair a heroica, os antecedentes son para ser optimista, o ano pasado cun resultado adverso (1-2) logrouse dar a volta a eliminatoria cun 2-0 en San Mamed, ainda que desta volta antosaxe compricado, non morreu que non pelexará, e creo que a derrota nos pode facer fortes. Sen traballo e esforzo pasaremolo mal, pero sei que todos daran o 150% para poder acadar a remontada que nos daria unha praza nas semifinais, todo un premio a temporada realizada na competición ligueira.
Imos a dar o do de peito, seino, sei que nas adversidades nos crecemos, como levamos facendo todo o ano, e sei que o intentaremos. Non aseguro que o consigamos, pero que si o intentamos como todos queremos, teremos moito gañado, o resto? O resto sabremolo o rematar o partido.
Saudos e animo! Que somo un grupo forte, e cando veñen mal dadas sei que nos crecemos.
Cronica Ida dos 1/4 de Final da Copa do Sar. Lamela 0 - San Mamed 1
Tocará remontar a eliminatoria.
Como non teño internet no meu posto de traballo, deixovos aqui duas lineas, e hoxe mesmo pola tarde queda pendiente de facervos a crónica.
So poñer, que o San Mamed nun golpe de fortuna levouse o partido por 0-1 e pensamos en remontar na volta.
Saudos.
Como non teño internet no meu posto de traballo, deixovos aqui duas lineas, e hoxe mesmo pola tarde queda pendiente de facervos a crónica.
So poñer, que o San Mamed nun golpe de fortuna levouse o partido por 0-1 e pensamos en remontar na volta.
Saudos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)