TORDOIA - BERRES: Non hai un claro favorito, o xogar como local deberia ser clave (1-X)
SAN MAMED - PALMEIRA: Extrañariame que o Palmeira se presenntará, penso que non ira o partido e retirarano da competicion, ainda que aparezca a xogar o San Mamed e claro favorito (1)
RECESENDE - LARO: O Recesende por xogar como local, ten algunha posibilidade mais, partido moi aberto (1-X)
PORTOMOURO - VILLESTRO: O Villestro despois do pinchazo da semana pasada, debe gañar para seguir nos postos nobles da taboa. (2)
PRAIÑA - GRIXOA: O Grixoa deberá sacar os tres puntos, ainda que o Praiña ven de gañar na casa do Villestro, ten duas baixas importantes. (2)
SIONLLA - SAN MARCOS: O Sionlla ven de encaixar a goleada da tempada, e o San Marcos pese a perder tamen por un tanteo abultado, pareceme un equipo xoven que pode sair da zoa de descenso. (2)
Sp ESTRADA - A BAÑA: Ainda que poida parecer un 2 claro, o Sporting pode sacar un puntiño na casa, xa que A Baña fora do seu campo baixa o rendimento. (X)
O PINO - RODEIRO: Un gran partido, que non se pode anticipar o que vai a pasar. O Pino foi o unico equipo que venceu o Grixoa, e o Rodeiro ainda que a sua tempada e irregular sempre e moi perigoso. (1-X)
LAMELA - CACHEIRAS: O partidazo da xornada, o pasado azul de moitos dos integrantes do Lamela dalle un toque especial a este encontro, Pampin, Cutrin, Ruben, Manolo, Chicho, Pibe e o propio mister, con pasado no equipo de Teo. O Cacheiras un equipo novo que compite coas suas armas, moita velocidade e agresividade, e dirixidos moi ben por Manuel Caiño, estan facendo unha gran tempada. Un bo partido polo propiamente deportivo ( 1º contra 3º ) e no extradeportivo por todo o que rodea a este partido. Resultado incerto. (1-X-2)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
A gañar e punto
ResponderEliminar