miércoles, 25 de junio de 2008

As claves do éxito. Parte XX. José Antonio "O Mister"


Sei que me fun de "vacacions" do blog, a raiz de quedar fora da Copa do Sar, pero necesitaba un descanso de fútbol. Esta tempada será complicada e máis longa que a do ano pasado. E necesitaba coller forzas. Pero xa se achega Xullo e teremos que empezar a facer as cousas ben.
Enlazando a excelente Tempada 07/08 coa 08/09 utilizarei un "pegamente especial" e como suele pasar sempre o mellor deixase para o final.
A defenitiva clave do éxito tiñamola no banquillo. José conseguiu facer un equipo campión tanto o Domingo como pola semana. Tanto no deportivo como no persoal. E eso en calqueira categoria e moi dificil. Por coñecementos e no humano, atrevereime a dicir, co que coñezo da historia de este Lamela que se convertiu en parte da miña vida dende o ano pasado. Que o último adestrador campión, e novo adestrador para a presente tempada D. José Antonio Fernandez Reimundez, nacido a beira do mar, co corazon en calo, residente en Cacheiras, e adestrador ata a fecha do F.C Lamela, foi o mellor que pasou por estas terras.

E co funcionamento dun reloxo suizo, foi perfeccionando un grupo que de por si era magnifico, pulindo como o mellor dos escultores, un grupo que acabou marcando a diferencia.
Este ano as pretensions do mister son as mesmas que en anos anteriores, facer unha boa tempada, cun gran vestiario que dará os seus frutos o domingo nesa hora e media que nos dirá onde podremos chegar na taboa clasificatoria.
Todo iso de cara os xogadores, de cara a directiva e afeccionados. De cara o que escribe, por coñecementos por suposto infinitamente por debaixo do Mister, e intentando "recoller" todo o que poida, aprender todo o que me de a cabeza, e apoialo sempre e en cada momento para que non se sinta solo. Ainda que o cargo do que dispon e de pelexar en solitario contra todo tipo de problemas, espero poder axudalo en todo o que me encomende.

No aspecto persoal, non vou a dicir agora nada que non sepades. Considero un gran amigo, unha gran persoa, e teño claro de que me axudaria en problemas que estan porriba do fútbol. Como espero que sepas Mister, que eu sempre estarei ahi para o que dispoñas.

Si a toda a plantillas vos dei as grazas por este ano. A ti, Mister, estareiche eternamente agradecido por mellorarme como persoa, no traballo e no lecer.
19 irmans si! Un pai, un irman e un amigo gañei contigo.
Espero disfrutar tanto ou mais este ano que o pasado.
GRAZAS!!!