viernes, 16 de mayo de 2008

As claves do éxito. Parte XIX. Pampo-Gol


Para rematar cos xogadores, fareio contigo Pampo, pola importancia que ten o Gol neste deporte, digamos que ti eres o "Matador" que calqueira equipo campión necesita. Ti eres o que culmina un excelente traballo colectivo. Eres a punta dunha flecha moi ben formada, e como en tantos anos, parece ser que eres a punta da flecha, pero unha punta moi afiada.

Outro ano mais acabas como máximo goleador, e como moi ben dixo algunha vez o Mister, eres o tipico xogador que si o tes no teu equipo non valores, pero si o tes enfronte, estas pendiente del, por que sabes que na primeira que teña, vaina meter na "cuevi"
Tamén estaras canso de que che pregunten, "e logo cantos metesches este domingo" xa que parece ser que si non hai gol, o teu traballo non valeu de nada. E en certa medida ti mesmo o tes dito, " de que vale correr 90 minutos? si cando teño a de matar o partido non a aproveito?" pois si, non vele de nada, si cando tes a ocasión non a metes e non sumamos de 3 en 3.
Acordome o primeiro dia que te coñecin, foi nun adestramento do Cacheiras, e eu por aquel enton xogador do Cacheiras "B". Puxemonos cun exercicio de centro e remate a porteria, e a verdade e que quedei gratamente sorprendido con ese novo fichaxe, asi llo fixen saber o un dos adestradores por aquel enton, " este Pampín, remataas todas por dentro, iran mais despacio, mais ou menos colocaas, pero sempre fai intervir o porteiro". Asi foi, nese corto periodo no Cacheiras foi un dos máximos anotadores do equipo.

Xogadores asi, son os que marcan a diferencia, os que fan de un equipo competitivo, un equipo campion, dos que convirten en excelencia un mal partido colectivo.
Rossi fixo a unha Italia simplona campiona do mundo. Centos de exemplos de xogadores coa porteria entre cella e cella, Pampo e un de estos xogadores.
De esos xogadores que se poden escribir centos e centos de páxinas, de como pode estar sempre no momento xusto e adecuado, de como cando hai un rechazo ahi esta para empurrala, de cando ven un balón polo aire, e antes de que lle toque a cabeza xa cantas o gol, ou a sensación de que darlle un simple metro dentro da area pode resultar tráxico para o equipo rival.
Ahi estan os numeros "Pam" que che quiten o "bailao".
Persoalmente, penso que manteño unha relación cordial, tampouco de intimos, pero si de amigos, e sei que podrei contar contigo para moitas cousas, como o reves sabes que tes aqui un bo amigo, que che botaria unha man (ainda que sexa o pescozo jejejeje) no momento que o precises.

E por todo iso fuches o último dos integrantes da plantilla, porque eres necesario, importante, eres o que fai as "muescas" no cinto, o que "apunta e dispara".
Porque un equipo Campión e máximo goleador, sempre ten un xogador Campión e máximo goleador.
Noraboa "Pam" e grazas por este ano.


Na vindeira entrada, espero contar que pasamos a eliminatoria. Senon rematarei coa peza mais importante de este grupo. As claves do éxito. Parte XX. José Antonio "Sempre será para todos nos O MISTER"

jueves, 15 de mayo de 2008

As claves do éxito. Parte XVIII. Lino "Young Heart "


O resto non vos celedes por que diga que Lino e a miña debilidade, -e ti Lino non te fagas ilusións non vai por ahi o conto, que tes moito vicio.-. Cando se fala da personalidade, da calidade humana de alguen, penso que non se fai dende un punto de vista obxetivo, falase dende un punto de vista do trato, do "roce" que tiveches coa persoa, e da cordialidade e confianza da que dispos con ela.

Podría ter tantas razons para a mia predilección, que escribiria unha Biblia. Ainda que non todas, si e de recibo poñer algunhas delas aqui.
Empezando polo futbolistico, alguen que ten vivido tanto no fútbol, que ten aguantado tanto, que ten disfrutado tanto, e que como se soe dicir, ten o "cú pelao" de andar polos terreos de xogo, animase a emprender un proxecto cun claro obxetivo, o ascenso. Coa ilusión dun rapaz, non co seu fisico pero si co seu corazon. Como ben di o mister "Eu non lle pido a ninguen o DNI para xogar", e grazas a deus, por que Lino ten ese "plus" que da a esperiencia vivida, o saber actuar en situacións que moita xente da plantilla non viviu.

Unha frase que me dixo un dia José Antonio, que me quedou moi gardadiña no recordo, e a seguinte: "Facemonos mellores uns a outros", pois si, todos melloramos, pero melloramos estando o caron de persoas como Lino.
E normal que nalgun momento estes enfadado, por non xogar mais, pero iso e normal, de alguen que quere gañar, que compite por un obxetivo, que pelexa por ser o mellor. O malo seria que che derá igual non?
E con todo iso, sempre estiveches ahi para darnos puntos moi importantes, e ese roll de salvador, cando sucede 1 vez, e unha casualidade, cando suceden 2 veces, son duas casualidades... pero sabemos todos de sobra, que si sucede durante toda unha temporada, e fruto dun excelente traballo, dunha excelente visión do fútbol.

E si como futbolista nos aportaches todo iso e mais, como persoa non che digo nada. En xeral, creo que lle deches veterania, saber estar, empaque a este vestiario. E no particular, tantas e tantas conversas, tantas e tantas risas, tantas e tantas cousas que me levo de ti este ano, un cento delas. Dende o das troitas, ata o de tomar nota, pasando por conversacións menos ociosas sobre relacións persoais coa familia, ou simplemente comer un churrasco xuntos, e ter unha conversa agradable.

E de serio... creo que xa esta ben non? jejejeje. Digamos que eres o Abue"Lino" do equipo, que como teñamos que esperar polas troitas tuas e de Amosa... que pasaremos moita fame. Que lle des paso a Pedrito!! que ti xa estas maior. Que: "Foi un placer terte neste equipo, sempre te recordaremos polos teus goles de cabeza" jejejeje, ou "sentadevos e poñede o cinto", "esta o Mister rapartindo, coidado Orosa" jejejeje, e tantas e tantas que me quedarán como anecdotas para outros anos. E nun anos, cando este grupo este por ahi, e me pregunten sobre esta magnifica temporada, e este magnifico grupo, eu sempre lles direi, "tiñamos un dianteiro que se chamaba Lino, que era a miña debilidade"

Grazas Lino.

Mañan (Venres 16 de Maio) As claves do éxito. Parte XIX. Pampo-Gol!

miércoles, 14 de mayo de 2008

As claves do éxito. Parte XVII. "Yaya" Oscar "Touré"


E por fin che tocou...! Mira que levaba tempo esperando o momento para escribir algo de ti "Yaya". Para min o xogador mais completo da segunda autonómica, o tema de dar "ostias" non o vou nin mencionar por que xa esta moi gastado, pero a verdade e que... Digamos que tamen che axuda o corpo, grande eres un cacho largo.
Vaia "fichaxe" fixo o Lamela contigo, si ata teño entendido que te queren de directivo jejejeje.

Vouche recordar algun momento memorable, empezando pola colgadura de botas no partido de A Baña - que por certo non tardaches moito en volver a descolgalas - como ben di un gran amigo teu... "eu sei de un que se leva retirando 10 anos, e non se retira mais".
O "6" amarelo, encaixaas bastante ben, pero sempre collendo matriculas - e como os radares, e coma sempre o peor non e pasarse de velocidade, senon cando chega a multa - e Oscar e un autentico especialiasta en "cobrar esas multas". O xogador que si o tes no equipo contrario odias, e si o tes no teu adoralo polo seu compromiso, pola sua solidaridade nos esforzos dentro do terreo de xogo.
Por poñervos un exemplo, si Pampo e a gasolina (por que somos un equipo a gasolina), Amosa e Sancho son as rodas - de tacos, que en Lamela fai moito frio - e o Mister e a carroceria, Oscar e sen dubida o motor que fai funcionar o equipo. (Sen olvidar a outros xogadores por suposto)

Ese motor a gasolina, que parece un diesel, como moi ben dixo o sair do campo de A Baña na primeira volta... "son un tractor, en autopista anda lento, pero na braña.... ".
Quedoume pena este ano de que non sairas o campo pintandote como os indios cando van a guerra, ou como os xogadores de rugby.
En definitiva un luxo para o Lamela, dispoñer de un xogador de esta categoria, ainda que tamen recoñecer que en 2ª non tivo moita competencia, ainda a vai ter en algun adestramento (non me olvido de ti, que che debo unha!!!)
Si calificamos a plantillad de 10 o noso "Yaya Touré" e de rigor poñerlle un "11".
No persoal so dicirche gracias, por que eres unha persoa polas que merece estar neste tipo de grupos.

Agora a revalidad o titulo que tes como campión da Copa do Sar.


Mañan (Xoves 15 de Maio): As claves do éxito. Parte XVIII. Lino "Young Heart"

martes, 13 de mayo de 2008

As claves do éxito. Parte XVI. Martin "10" Javier Aguirre


Xenio e figura, e capaz do peor e do mellor. Para o meu gusto imprescindible e o que mais marca as diferencias dentro do campo. (Por suposto si esta adestrado, e fisicamente ben) E a pesar de non andar ben, e capaz de dar 20 minutos de escandalo. Este ano si chegas a estar ben "pibito" saimonos da taboa. Ainda asi, o xogador mais desequilibrante de toda a segunda rexional! Como puxen nunha crónica de fai meses, un "0" defendendo que o compensa con un 20 atacando.

Cun caracter gañador, e a quen todos os compañeiros buscan cando esta no terreo de xogo, ainda na retina un par de xogadas que fixo en Unión. Cando sae o campo, parece que o propio equipo cree ainda máis nas suas posibilidades, e cando toca o balón oese un "runrun" nas gradas, esperando a que faga unha das moitas que fai. Encara, desborda, cara dentro, cara fora, pisa, toca, remata. Un autentico luxo para o Lamela 2007/2008, calidade arxentina, e caracter arxentino para a banda dereita do equipo amarelo.

O seu caracter tenlle pasado malas facturas, pero como moi ben di el "calentura papa" e despois pronto se lle pasa. Autentico "idolo" en Mularedos, o noso "Pibe de ouro" conseguiu o obxetivo marcado fai duas tempadas, sair campión co Lamela. E vaia si o logrou.

Parece que foi onte, cando meteu ese golazo no campo da Baña. Ou cando volvia tola a defensa do Grixoa. O gol de cabeza contra o Villestro, o seu partidazo contra o Sporting Estrada (case metes o gol do teu querido Diego).

En definitiva un superclase, do que disfrutamos como nenos este ano, un dos dous integrantes dos famosos 101 anos que tan bo resultado nos deron. Eu de maior quero ter a tua calidade. "No pregunten a nadieeee, no quieran saber......" jejejeje.
Noraboa Pibito, ese plus que nos das, fixonos CAMPIÓNS!!!

E sei que coas tuas diabluras eliminaremos o UNION!!

VAMOSS LAMELAA!!


Mañan (Mércores 14 de Maio) : As claves do éxito. Parte XVII. "Yaya" Oscar "Touré"

lunes, 12 de mayo de 2008

Crónica 1/8 de final Copa do Sar. Partido de Ida. Union 1 - Lamela 1


Hoxe na crónica poñer, para os que non estiveron ali, o resultado, un valioso 1-1 (visto o visto). Un gran resultado a pesar de xogar con 10 os ultimos minutos. E despois dun arbitraxe bastante casero. Fumos superiores, ainda que o final tamen e certo que eles teñen o seu oficion de 1ª Autonómica. O sair de Rianxo, parece ser que van a vir a Lamela co equipo "titular" ainda que non sei que mais poden ter. A miña crónica remata aqui. Un resultado 1-1 que manten a eliminatoria totalmente aberta para o partido de Mularedos.

E agora empeza o realmente importante. Partido de Volta Lamela-Union.
Temos que conseguir que Mularedos sexa un inferno, tal e como o foi Rianxo. Temos que apretar, e sumar todos, remar na mesma dirección, e para iso necesitamos o apoio da grada e da afección. Hai que apretar dende o primer minuto, todos, a grada ten que berrar, tense que facer notar, para que os xogadores teñan ese "plus" que nos fai falla para pasar a eliminatoria.

E vos os xogadores, sair a morrer no campo, vamos a deixar que nos elimine o Union? Son superiores a nós? Hai unha eliminatoria bonita despois, vamos a perdela? Eu creo que nestes partidos e onde realmente se nota de que pasta esta feita un verdadeiro equipo, e xa nos podran eliminar por que sexan mellores, pero non por que non o houberamos intentado. Vamos a sair a por eles, pero con cabeza (o 0-0 favorecenos), pero vamos a darlle 2 partidos máis o noso querido Sanchez verdade?

NON ME CABE NINGUNHA DUBIDA.

P.D: Noraboa polo partido de onte, demostrastes ser homes da cabeza os pes. E demostrastes que canto mais dificil esta a situación máis damos de nos. Ese e o Pampo que necesitamos nos momentos importantes, ese Oscar e Robert poñendo o motor amarelo a punto, Pinto, Ruben, Sanchez Amosa, ese pundonor, ese saber estar e defender e pelexar ata quedar sen folgos. Ese Fli que esta ahi para manternos no partido. Orosa e Adrian traballando ata o fin defendendo pero chegando arriba con perigo. Cutrín o máis listo da clase, 3 de esas en Mularedos e cantamos Gol seguro!. Pibe, sair o campo e meterlle o medo no corpo os rivais, todo e un. Lastima que non estes para 45 minutos e so para 20, CRACK!!! Manolo que no momento mais compricado do partido e con 10 saimos a dalo todo na medular, defendendo e contendo as acometidas rivais. Matias, Matias si ti quixeras!!! Eres a nosa arma secreta e ti darasnos a clasificación. Mariño!!! Como se sufre verdade? Esa impotencia, pero ti, ti eres o que marca a diferencia cos teus compañeiros ali sentados. E a ti!! Si a ti, voute a deixar para o final, pero non por menos importante, senon por que onte estiveches inconmensurable, saindo, mandando, defendendo, creando perigo, pelexando, correndo. Eseee, ese e o que nos fai falta, o que mete o "caracolillo" dos tres puntos, o que pode marcar a diferencia por que e o que mellor ve o fútbol dende fora. Mentres outros mirar para a grada ti miras onde facerlles dano. UN 10.
Mister a ti nada que non che dixera antes, coma sempre, un fenomeno no plantexamento, na execución e na improvisación despois de quedar en inferioridade. Un autentico extratega.
Queda moito que pelexar, e o que esta claro e que Mularedos ten que ser un fortín, unha autentica caldeira a presión. NON SE NOS PODEN ESCAPAR VIVOS!!!

VAMOS LAMELA!!!!!!!!!!

Outros Resultados:

Vea 3 - Sp. Lampon 0

Ciudad 5 - O Pino 1

Calo 3 - Praiña 1

Dep. Sar 0 - Silleda 2

At. Furia 1 - San Marcos 0

Rodeiro 2 - Villestro 2

Flavia 5 - Portomouro 0


Mañan (Martes 13 de Maio) : As claves do éxito. Parte XVI. Martin "10" Javier Aguirre

viernes, 9 de mayo de 2008

As claves do éxito. Parte XV. Rober "Persi"


Como xa che dixen vaime costar moito escribir esta crónica, porque para poñer algo bo... teño que ir o libro, e non me dan datos de anteriores clubes.
O que non consigo entender e con que armas,(supoño que tirou de chantaxe emocional) te conseguiu traer o mister para Lamela.

Jose, quen e este Rober? Preguntaballe eu o día que te vin, ala me explicou, pero co que me quedei e que lle pegabas moi ben o balón. E tamen que estiveras no partido Cacheiras-Noia que se suspendera. 9 meses despois e como si de un parto se tratará agora xa sei quen e Roberto Otero. E o que lle pega "tan mal o balón" Berres, Laro, Rodeiro. O que se pon "nervioso" en partidos importantes. Penalty de Grixoa. Tamen o que mira polo clube e intenta aforrar un peso (Penalty contra o Sporting jejejeje). Aquel que se preocupa polos compañeiros como se foxen irmans (Vesaxe o caso de Chicho).

O que manda os correos que nos entreteñen as tardes, con esos videos de paxaros intentando coller vuelo. Aquel que xoga onde o poñan, aquel que o "6" lle queda "grande", e o "10" pequeno, jejejeje. Xunto con Oscar os dous "carniceiros", o motor que move o equipo dentro do campo. No vestiario, dos máis sensatos, senon o que máis.

E ademais este ano non dixo nada de deixalo... ainda vai a ser este ano o que o deixes? jejejeje, non teremos tan mala sorte digo eu. E ainda me falta por coñecerte na festa do ascenso, que teño informes de que como en todo, tamen eres un "espectaculo". Tiñas que oir os teus compañeiros falar de ti, e ruborizariaste, ata che caerian as lagrimas do ben que falan. Ou terialos que oir no banquillo cando hay unha falta o borde da area. Xa cantando o gol, (si esta Lino no campo tamen os meto eu, apartando como chos aparta) So espero que nos des o alegron de disfrutarte polo menos un ano máis.

Outro acerto máis tanto no deportivo como no persoal. En todolos equipos o "10" marca a diferencia, e neste caso moito máis.
Eu dareiche un "10" en todo, que o domingo o encargado de poñercho na espalda e o Mister.
Gracias!

jueves, 8 de mayo de 2008

As claves do éxito. Parte XIV. Andrés "Heinze" Amosa


Hoxe tocalle o noso querido central. De feito non apostaba en todo o ano en que non rompera nada, con esas patadas de Karate que se gasta. Andres!!! amodo que calquer dia as romper algo, ou a alguen jejejeje. O que nos vai a dar de cear xunto con Lino, cando pillen entre os dous unhas 50 troitas, rapaces ide preparando 10 euros para ir comer o churrasco, por que si esperamos polas troitas jejeje.
No deportivo nada que reprocharlle o noso querido Amosa, preparación, concentración e anticipación son as suas señas de identidade. No campo dao todo, un gañador nato. E si no deportivo nada que obxetar, no persoal que vou a dicir eu, un dos cos que mellor encaixei en Lamela, si o final vai a ser certo que non hai mala xente en Cira :).

Nos momentos dificiles ahi estivo el para apoiarme, e ata nas vacacions coincidimos ala por terras asturianas. So por coñecer a alguen desa calidade humana, merece pasar un ano adestrando lonxe da tua casa.

Despois o pobriño e do Barça pero bueno, tampouco vai a ser perfecto, e disculpoo por que e él. Aqui che vou a deixar unhas fotos para que xa que sei que ti non vas a ver o blog... ou polo menos en breve, si o verá tua irmá. Pois para que poida ver a seu irman, ahi lle deixo uns retratos do noso 2º Argentino!


miércoles, 7 de mayo de 2008

Cadro da "Copa do Sar"


Aqui vos deixo o cadro en PDF da Copa do Sar, ide botando as vosas contas a ver si vos dan... non estaría ben rematar a tempada facendo unha boa copa?
Pensade que despois ata dentro duns meses, non hai mais domingos de fútbol...

Descargadeo pinchando aquí

martes, 6 de mayo de 2008

Partido de volta dos 1/16 de final da Copa do Sar. Victoria contundente en Mularedos

Presentabase un bonito dia, coa mellor previa que tivemos en todo o ano. A comida dos socios do Lamela, na que a mayoria do plantel comeu a caron do campo. Era a 13:30 e xa estabamos en Lamela, "concentrandonos" para o partido de esa mesma tarde en frote o "Grixoa" do grupo 4 - O Atletico Oleiros-.
Coñecedores da nosa superioridade, saimos o campo a resolver a eliminatoria, para non pasar apuros o final, e asi anotabamos o primeiro, por medio de Pampo (Benvido) jejeje, nun sensacional remate coa testa, a saida dun corner. Nese mesmo momento o At. Oleiros desapareceu do campo, e nos seguimos apretando.
A pesar de ter ocasións máis claras nos 180 minutos, o segundo gol, acadariamolo despois dunha saida en falso do porteiro visitante. Unha falta botada por pintiño, cabeceabaa Orosa, para establecer o 2-0 antes do descanso. E deixar a eliminatoria vista para sentencia, despois do 0-0 en terras Ribeirenses.
A pesar do resultado favorable, saimos moi enchufados na segunda parte, e a pesar de que fisicamente non andamos ben, conseguimos anotar un tercer tanto, por medio do noso "Cotri" de disparo cruzado. 3-0 e Mularedos era unha festa, xa que nos acompañaban todolos comensales cos que compartimos plato e mantel unhas horas antes.
A pesar das numerosas baixas, cabe destacar que o equipo esta tan compensado, que pode faltar calquera, e a dinamica de competición seguirá intacta.
Agora imos a Rianxo, Union mais concretamente, un equipo de 1ª Autonómica, agora e cando se pon bonita a competición. E por que non vamos a pasar? Vamos a por eles, que a ainda nos queda moita Copa do Sar.