miércoles, 30 de abril de 2008

As claves do éxito. Parte XIII. Adrian "Rifle" Pandiani


O Pistolero de Arnois, encaraba este novo ano, como un xogador polifacetico, podendo ocupar case a totalidade dos postos, o seu estilo de "Fútbol Sala" pisando o balón con moita calidade, e con esos reflexos que fan falta en momentos puntuais foron determinantes en varios partidos. A pesar de precipitarse nunha toma de decisión o principio de tempada, volveu o equipo coas ganas intactas ou incluso aumentadas, e coon intención de demostrar que podia xogar neste equipo, e que o seu amago de abandoo soi era iso, un amago. Penso de corazon "rubio" que non te enganaches, e salta a vista que tomaches a decisión correcta.

Por outra banda, dicirche que sempre me quedará o recordo dese gol en Laro, que nos daba algo máis que tres puntos. Fixonos creer que todo isto sería posible, fixonos creer que este ano sería o bo. Que bueno que viniste Padiani!!!


A nivel persoal, que podo contar de ti, un cos que mellor me levo de toda a plantilla, xa que a moitos coñeciaos, pero empezando unha relación de amistade dende "0" penso que xunto con un par máis foi cos que mais "intimadades" tiven. Vamos que a parte de pasar un bo ano en Lamela, digamos que levo 1 amigo máis. Unha aperta. E noraboa polo campíonato!!!

As claves do éxito. Parte XII. Manolo Bello


A ver si algun de nos ten algo malo que dicir de Manolo, o meu mister de fai 2 anos, como cambia o conto eh! Manolo!. Penso que foi para mellor o cambio, xa que eu non lle apuntaba a pelota. Como moi ben di o Mister, eres dos poucos xogadores que poida coñecer na miña corta pero intensa "vida futbolistica" que ven mais facil o fútbol, na toma de decicións e raro que te enganes. Pode fallar un toque de balón, unha anticipación ou un regate, pero nas decisións importantes, na colocación sobre o campo, no saber estar, nese "don" que tes de non dicir unha cousa mais alta que a outra. Perfil dun autentico crack!

Acordome que sempre odiei xogar as pachangas en contra tua, por que e moi dificil quitarche o balón, escondelo escondelo, e cando parece que chegas... vas ti e "zas!" das o pase a un compañeiro. Lástima que este ano as lesións non te respetaran, esa dichosa espalda (xa somos uns velliños eh? jejejeje) Ainda con todo, unha peza máis dentro do funcionamento dun bo vestiario, digo eu que alguen terá que aguantar a teu cuñado non? jejejeje. Unha aperta Manolito! noraboa polo campionato e grazas por este magnifico ano.

martes, 29 de abril de 2008

Crónica da Xornada 34ª. Rematamos cunha derrota no Pino, despois de mil ocasións.


Si despois de ver o partido, me din que o perdemos, de veras non o creeria, despois do rosario de oportunidades das que dispuxemos. De feito e sendo sincero, o mellor noutros partidos tivemos esa "fortuna" dos campións, pero o Domingo pasado a verdade e que nos abandoou. Cun equipo moi ofensivo, saimos o terreo de xogo en busca do gol dende o primer minuto. Tivemos varias ocasións claras, pero como o fútbol ten estas cousas, os que deron primeiro foron eles, despois de "perdoarlles" a vida. E asi, nun fallo de marcaxe a saída nun corner (amosa estaba fora do campo por un golpe fortuito), eles anotaba o 1-0 de cabeza. A continuación poidemos acadar o empate, pero a sorte da que falamos volveunos a faltar. Nunha falta inexistente en tres cuartos de campo, o 7 do Pino de disparo potente, consigue sorprender a Fli, subindo o 2-0 o marcador. Ibamos o tempo de lecer, cun incomprensible 2-0 que non reflexaba os meritos de un e outro equipo.
Na reanudación todo seguiu igual, creando e chegando con moito perigo, ata que Matias en xogada persoal proboca un penalty que Pampo erra, no rechace Pibe remata de cabeza pero o porteiro fai unha moi boa parada. Non era o noso dia de cara o gol, e estaba claro que podiamos estar horas e horas que non o conseguiriamos.
A mediados da segunda parte, unha internada de Pibe pola banda, e cun disparo cruzado, remata por fin, no fondo das redes do equipo de Arca. Asi e con tempo por diante o Lamela buscou a porteria rival, pero a "pelotiña non queria entrar". Todo sea dito que o Pino a contra creou moito perigo, e ata un penalty (que para min e claro) de Fli o dianteiro do Pino, que o colexiado non pita.
En definitiva non puidemos rematar a tempada como nos gustaria, pero penso que debemos sentirnos orgullosos do feito nestas 34 xornadas. Xa que ahi estan os números. E como di moi ben o Mister: " O medible non e opinable"

Saúdos e ata aqui as crónicas desta excelente tempada, espero que me fagades escribir na Copa do Sar.

sábado, 26 de abril de 2008

Detalle para Gonzalo!


Non sei si todos tivestes a oportunidade de ver o cadro. Aqui vos deixo o personalizado para Topillo. Será modificado pero para eso hai que rematar a liga como deus manda. GAÑANDO!!!!

viernes, 25 de abril de 2008

As claves do éxito. Parte XI . "Diego"


Diego ou Julio, Julito Baptista, como cariñosamente lle chamo eu. Ais... si ti quixeras e eu me deixara. Ou si te quixeras soamente. Sei que este ano foi duro para ti, e o que máis me jode, e que si non lle apuntaras a pelota vale... pero eres un bo xogador! Coa tua forza e a miña cabeza eramos un xogador de primeira división jajajaja.
Pensa que eres un dos "culpables" do ascenso, pensa nos partidos fronte o San Mamed, Tordoia, Berres e Ponteceso (neste último estiveches moi participativo, ainda que o final os goles sempre os meten os mesmos). Olvida todolos momentos compricados da tempada, e quedate co magnifico grupo que somos, 19 xogadores o mister e máis eu, que compartimos tanto tempo pola semana, pasando frio e mollandonos. Pensa en que ti eres parte de ese grupo, unha parte fundamental como as demais. E que toda axuda a remar na mesma dirección e importante.
Pero claro, un PERO... voucho a poñer. Por que non todo vai a ser flores nesta tempada. E sabes que teño razon cando che digo.....: Aprende a xogar o truco... por que non tes nin media ostia, jejejeje. Unha aperta XULIO!!
P.D: Para atopar unha foto tua no archivo que teño.... vinme negro!! A ver si non lle escapas as camaras!!!

As claves do éxito. Parte X. "Matias"


A "Eterna Promesa" licenciouse este ano "Honoris Causa" na universidade de Lamela. Cunhas cualidades espectaculares para a practica do fútbol. Matias "meu primo" realizou unha sensacional primeira volta. Con actuacións de mérito na maioria de partidos. A sua situación persoal, estudiando na Coruña, e con varios viaxes e compromisos, mermaron o seu rendemento na segunda volta. A pesares de todo iso, o noso Matigol! foi unha peza importante no ascenso conseguido este ano.

A súa salida o campo dabanos un plús en ataque que moi poucos xogadores poden aportar. Xunta velocidade con calidade, para facer uns regates electricos que no un contra un son garantia de perigo. Agora Mati falta o "mellor partido da tempada" cando, - como moi ben di Mariño - fagamos a "Retotal", vente preparado para saltar de cabeza e meter o codo se fai falta. Unha aperta primo, e noraboa polo ascenso.

As claves do éxito. Parte IX. "Jacobo"


Con esa planta de futbolista que tes, saes o campo todo preparadito... so che falta maquillarte. UPS! Non nin eso. (esta vai polo mote que me puxeches lambón!!) Con unha zurda privilexiada (din que non hai zurdos malos), Jacobo foi dos máis utilizados polo mister nestes 10 meses, podendo xogar tanto de interior como de lateral. Facendo da banda esquerda do Lamela un autentico puñal coa axuda de Rubén.

Penso que ademais, este ano aprendeu unha importante lección que o fixo mellorar como futbolista e como persoa. E el sabeo e creo que esta orgulloso de que foxe asi. So a lástima da sua lesión no empeine, que non lle permitiu disputaro o partido que nos facia campións e os posteriores. Esperemos recuperalo para a Copa do Sar, xa que este portento físico vainos facer falta si queremos eliminar o Oleiros.
Un saúdo e aqui che deixo un video en honor a ti (onde as dan tomanas jejejeje)

jueves, 24 de abril de 2008

NOTICIA: ! Cea 25 de Abril.!


Para os non enterados aqui vos deixo a noticia da cea de mañan.

O saír de adestrar, temos unha cea na de America.
Supoño que todos estades enterados, pero por si as moscas, que como di o mister algun anda aboiado :)

As claves do éxito. Parte VIII "Rubén"


Podria dicirvos quen e o "3" do Lamela, e todos me identificariades a un xogador. Este e Rúben, ou como o coñecin eu sempre, dende que xogaba no Vedra, RUBEN DARIO, asi si que eres inconfundible. O outro día de rebote, vou e enterome de que en 2 anos en Lamela ainda non meteras un gol, eu penso que deberias pedirlle un penalty a Pampin (ou a Robert jejejeje) e animarte, non te podes quedar de vacio en 2 tempadas non? Agora en serio, o teu traballo cumpliclelo a perfección xa que defensivmente xunto a Amosa, eres dos que con máis intensidade pasa os 90 minutos. Tamén me da, que puxeches toda a carne no asador, so para celebralo, jejejeje. Moi amigo dos seus amigos, e tamen moi inimigo dos seus inimigos, visceral e con "xenio" todo forza e potencia pola banda zurda do ataque amarelo. So unha pregunta para ti Rubén despois de dous ano... a que mereceu a pena estar neste grupo? Seguramente a tua resposta será SI, e este grupo dende fai 2 tempadas e como é en gran parte gracias a ti. (Teño que facerche un video quee eres dos poucos que non te dou pillado despistao..)

As claves do éxito. Parte VII "O Juvenil"


So con esa foto, de espaldas, e do dorsal dunha das camisetas do Lamela, xa sabedes todos a quen me refiro. O noso "Sergio Ramos" particular, claro que non ten a melena do madridista, nin os cartos. Pero despois... o noso eterno juvenil, como di el...e o que hai, e logo non hai outro 2? Pode ser que si, pero a solvencia deste lateral dereito con espiritu de extremo, foi espectacular en toda a tempada. Con anti-baixos como en todo xogador que compite 10 meses. Un dos dous xogadores que se "casan" conmigo durante os 90 minutos que dura o partido, xa que a sua alianza e un amuleto máis, unha clave máis. En definitiva, todo un crack! que merece o aprecio, e a admiración de todos nos, e tamén dos afeccionados.
Non dixen o seu nome por que todos vos sabedes quen é!!!
Como non, o eterno xuvenil PINTINHO!!

lunes, 21 de abril de 2008

Xornada 33ª. Festa no campo do Campión! Lamela - Sporting Estrada.


Penúltima xornada do campionato de liga, xa con todo decidido dende fai un par delas. Recibiamos ó Sporting da Estrada, dirixido maxistralmente por Pena, un ano no que despois dos problemas persoais que tiveron, tras varios accidentes de xogadores do equpipo da Estrada, superonse refacer de todo iso, e acadaron a salvación xa fai varias xornadas, sendo un dos equipos revelacións da tempada.
Con numerosas baixas por ambas escadras, o partido comezaba cun dominio do Lamela, que non se veu refrexado.
O Sporting coas suas opcións adiantabase no marcador. 0 - 1 e o líder tocaballe remontar. E asi sucedeu cando un balón aberto a banda de Pampo, aproveitouno Pibe para dibrar o porteiro e poñer o 1-1 co que ser iria o tempo de lecer.
E nese tempo de lecer chearia a noticia. Aqui vos deixo un video de Fli, vestido "de corto" e que empezaba a dar o recital que dou en todo o día. Realmente foi o Xogador Fantastico da xornada, con moita diferencia sobre os demais. Ademais Fli, para cando vexas esto, espero que a música de fondo que lle puxen sexa do teu agrado.
Seguindo coa crónica, comezaba a segunda parte na mesma tónica que a primeira. Os 15 minutos da reanudación, unha falta de entendemento entre Sanchez e Mariño, (por certo a única falta de entendemento de todo o día, despois demostrouse que estan moi compenetrados). Daballe a oportunidade nun libre indirecto o Sporting, que a aproveitaba despois de tocar na barreira do equipo amarelo. 1-2 e outra vez tocaba ir a contra corrente.
Ahi apareceu o de case sempre, Lino, para empatar o partido antes de ser sustituido, e uns minutos despois, tras un erro defensivo do equipo da Estrada, Oscar anotaba o 3-2 que daba a victoria o líder, nun partido pouco brillante do equipo do Deza, pero que conseguia os 3 puntos novamente, para sumar un total de 90.
A xornada que ben, a parte de querer acadar os tres puntos, o Lamela tamen buscará chegar os 100 goles na presente tempada, xa que leva a escalofriante cifra de 100.
Animo rapaces para o próximo Domingo, e vamos a pechar como deus manda a tempada.
E agora aqui vos deixo o maginifico video de Fli. Co seu "Himno" particular.

sábado, 19 de abril de 2008

Video homenaxe!!!!!

Aqui vos deixo un video que fixen para que teñades un bonito recordo.
Espero que non sea o unico, xa que estou pendente de mais material gráfico.

A ver si sodes capaces de aguantar as bagoas...

jueves, 17 de abril de 2008

As claves do éxito. Parte VI. "Orosa"


Agora e o turno de Orosa, incansable pola banda, e pola barra. E un autentico portento fisico, tanto en vertical como en horizontal. A min polo que me teñen dito e Orosa!!! jejejeje. O xogador de fútbol máis duro que vin na miña vida, e como bater contra unha pedra e el nin se inmuta. Non e un 10 en ningunha das cualidades dun futbolista, pero e un 6 en todas. Portento fisico dende aqui rebautizote a Correcamiños, o noso Correcamiños particular.

A principio de tempada tivo un baixón que supo rectificar, e despois dun "pequeno castigo" volveu a xogar con asiduidade para ser unha peza importantisima no equipo. Sempre preparado para a batalla, Orosa apuntase a un bombardeo. Espero que alguen te grabara ese Domingo da celebración, porque tiñas que estar moi pavero.

miércoles, 16 de abril de 2008

As claves do éxito. Parte V . Fli e Mariño, Mariño e Fli


Non vou a ser eu quen diga a estas alturas, a importancia de dous grandes porteiros. Da sua compenetración de que asuman cada un o seu rol, de que se leven ben, e de que sexan duas boas persoas. Fli e Mariño, Mariño e Fli, como sempre lles digo, unha mezcla entre ambos podria ser explosiva. Fli, moito che queda que aprender do Sr. Santiago. Ainda que parece que o final da tempada vaste poñendo "o rego". So me quedou a pena de darvos unha pequena vareada este ano.

Ainda que me da a pinta que sodes de taco de aluminio e espinilleras como ben di Pampo, e non teriades ningunh problema en calquer tipo de situación. De Santi estou totalmente convencido, e de ti Fli, seguro que tamen, que as matas calando. En definitiva, o equipo menos goleado, como porteiros que son, son diferentes o resto, e ben que esta a diversidade que? jejeje
Deixovos unha das fotos mais bonitas que me mandou Pili, a min polo menos foi das que máis me gustou. Aqui vola deixo para que teñades un bo recordo de dous porteirazos.

As claves do éxito. Parte IV. "Sanchez"


Na 4 parte de estas crónicas, como non tocalle o noso "Capi" ese que nunca di nada, ese que nunca se mete en nada, pero eso si... cando fala senta catedra. O que lle tocou falar na cea de celebración e o que lle tocará falar na de final de tempada. Fai tempo que non vexo a un xogador que este tan metido no partido como o noso capitan, ata o punto de que pode entrar o noso querido Mariño no campo, e el chamarlle Fli, por que nin se enterou do cambio. Iso e estar concentrado, ainda indo gañando, e ainda sabendo que era o partido que nos facia campións. E sei que a todos nos fai moita ilusión, a todos nos gustou sair campións este ano... pero o noso Sancho, o noso home dos galóns, estou seguro que foi senon o que máis, si dos que máis ilusión lle fixo.
Capi para cando leas esto, acordate de gardar ben o brazalete, e ese numero 4 que tanto che gusta, que nunca se sabe si se podrá repetir este magnifico ano.
Por suposto despois de falar ben de ti, vouche a deixar aqui un video que che grabaron, non che vou a dicir quen por que Fli queres permanecer no anonimato... jejejeje


Tamen vos deixo aqui unha foto do día da celebración por cortesia de Pili Jr. que sacou o noso Capitán afeitadiño, Sanchez xa sabias que ascenderiamos e por eso viñeches preparado non? Sempre fuches un tipo previsor para "A Batalla".

martes, 15 de abril de 2008

As claves do éxito. Parte III. "Cutrín"


Pois si...vou a seguir polo noso querido Cutrín, a verdade e que podria escribir ata maña do noso "Cotri", empezando polo fútbolistico, no que, dou todo o que tiña pola camisola amarela, asi como por todalas que puxo durante a sua dilatada carreira futbolistica, a verdade e que sona a moitos anos David, pero estas feito un chaval. Eu de maior querolle pegar o balón como lle pegas ti, e ter o teu caracter gañador. Creo que non fará falta recordar de que nos partidos clave da tempada ahi o tivemos tirando do barco... Grixoa? Gol na ida e gol na volta, e que GOles...!!!!! Pois si de como futbolista podemos falar maravillas del, non vos digo nada como persoa. Sempre correcto, atento, vamos todo un exemplo para a nova fornada. Para que vos fagades unha idea, tiñadelo que ver botando a suas cremiñas antes do partido. Si algun dia non o fas, fagocho eu!!, o das cremas por suposto.
Unha forte aperta para o noso "8"

lunes, 14 de abril de 2008

Crónica da Xornada 32º. Outra victoria máis. Rodeiro 2 - Lamela 3


Como nas últimas crónicas, comezo o dia as 9 da mañá, indo para Bandeira, partido contra o 5 clasificado o Lalin "B", despois do partidazo dos nenos en Lalín, presentabase unha ocasión de certificar que non fora casualidade. Un 4-4, co cal acadabamos 1 punto cando durante todo o encontro merecemos os 3. Doulles un sobresainte os alevins do Bandeira, que ainda que empezamos tarde, como se suele dicir, "nunca es tarde si la dicha es buena".
Despois do partido fun a xantar con Lino, un bo xantar, e unha agradable compañia, cunha moi boa charla en definitiva unha boa comida.
Despois dun café na Adega, tiramos para Rodeiro sen a presión de outros encontros, e coa mente posta no pasillo que farian os xogadores de Marolas.
Ainda que cun tempo regular o terreo de xogo aguantou perfectamente, e todo estaba disposto para ver un bo partido de fútbol. Como suele ser habitual, despois de que un equipo che faga o pasillo, tende a sair a morder o rival. E así foi, despois de un erro defensivo, Ovidio adiantaba o conxunto local cun lanzamento cruzado. 1-0, e coma sempre o mellor que nos puido pasar para despertar. A continuación e con dous "zarpazos" de Robert, adiantabamonos no marcador. Persy...pois vaia a ser verdade que "lle pegas mal" jejeje. Antes do descanso e tras un fora de xogo de varios metros que non veu o colexiado, o Rodeiro poñia as taboas no marcador.
E de aqui vou a facer un pequeno parentesis, e vou saltar directamente o gol de Pampín. A un amaños en defensa, con Lino o mais puro estilo Puyol. E pouco mais, xa que o tema de que quedamos con 9 xogadores e mellor deixalo para outra crónica, para outro día, para outra vez.
3 puntos máis para un total duns incribles 87. Pero... e o bonito que seria rematar con 93? En principio vamos a polo 90 que e unha cifra moi redonda e bonita.
Bo partido rapazes, ainda que sin a tensión de outros encontros, notabaselle a gana que lle tiñades o Rodeiro, que hai que recordar que foi o unico que nos gañou esta tempada.
Vamos a seguir disfrutando estas dúas xornadas que quedan, e a seguir afianzando este magnifico grupo.
Gracias a todos rapazes


P.D:
Chicho sempre atento a todo, deixanos esta perla de video, no que a pesar de que a miña persoa non sae moi favorecida nin moito menos, vouvolo poñer para que vexades que o final tanto esforzo valeu a pena.
Saúdos ( e non vos metades conmigo, porque estabamos todos parecidos)

viernes, 11 de abril de 2008

As claves do éxito. Parte II. Gonzalo



Eu sigo cumprindo promesas, hoxe tocalle o "omnipresente" GONZALO! Unha proba máis de que este e un vestuario unido e que nos puxemos dacordo en que foi clave a sua marcha...jejejeje. Agora falando en serio, o teu apoio dende a distancia, clave como un cento de cousas máis, pero que tamen e das que suman. Pendiente dos compañeiros, senon era no foro, chamando por teléfono, preocupado por como iba o Lamela, vamos o xogador número 20 do equipo. Unha pena que non poideras disfrutalo "in situ" pero creo que teremos tempo este 19 para facelo.

Bo futbolista e mellor persoa, aqui estamos todo o vestiario agardandote cos brazos abertos.
Unha aperta e un saúdo dende Lamela

jueves, 10 de abril de 2008

As claves do éxito. Parte I . Chicho


Unha vez conseguido o ansiado ascenso, comezarei cunha serie de crónicas do porque deste éxito rotundo. Por suposto debemos celebralo, e o seu traballo costou, molladuras, pasar frio, calor... sacarlle horas a familia e achegados. Pero creo que a estas alturas, estaremos de acordo en que mereceu a pena. Mereceu a pena, por conseguir o que conseguimos, e tamen por coñecernos todos un pouco máis. Quedome cunha frase de Robert, que mais ou menos di: "alegrome de participar neste grupo, por que coñecin a xente maravillosa, e os propios amigos que xa coñecia, fixenos máis amigos ainda se cabe".
E que toda esta "pastelada" que estou a escribir, que non por selo, e menos verdade, me sirva para presantarvos algo que vos tiña prometido dende fai tempo. (Os videos ainda estan por subir).

Unhas fotos dun dos "heroes" de esta tempada, Chicho, que metendo a sua perna sumou para conseguir ser campións. Todo sumou esta tempada, e tamen houbo cousas que restaron. Pero como se soe dicir: "todo o que ben a rede e peixe". Chicho, si algun dia lees esto, vai para ti. O noso particular heroe de Grixoa. ANIMO CHICHO!! E QUE VAIAS MOITOS ANOS NA PUTA LLAMA!

Aproveitarei estes 5 partidos, para ir pouco a pouco dandovos un "repasiño" a todos. Para que quede para a posteridade.
Saúdos.




martes, 8 de abril de 2008

CAMPIONS!!! A prensa faise eco, da importante victoria fronte A Baña


A parte de www.lamela.ya.st tamen outras webs se fixeron eco do ascenso do Lamela, en breve espero poder ter no meu poder máis fotos da celebración.
Mentres aqui vos deixo como varios xornais escriben sobre o campión!


El Correo Gallego - Tierras de Santiago

Faro de Vigo

La Voz de Galicia

Aqui vos deixo unha mostra do que se fixo este ano...creo que esto non se veu nunca. Lideres dende a primeira xornada ata a última.

Xornada 1ª


Xornada 31ª

CAMPIONS !! Agora xa o podo dicir. Crónica Xornada 31º. Para a historia


Teñovos unha sorpresa, por cortesia de Pili Jr. Que me pasou unhas fotos da celebración para que as poña aqui e vexades a cariña de contentos que tiñades.
Recibiamos A Baña, coa mente posta en acadar os tres puntos que nos derán o título.
Hoxe tampouco vou a facer unha crónica extensa nin aburrirvos por que todo o que tendes que saber xa o sabedes, e todo o que somos tamen o tendes claro.
Como dixen onte, despois de estes 10 meses, teño 19 irmáns mais. E 1 pai máis. GRACIAS A TODOS!!! So vou a puntualizar nunha persoa en concreto, e ese e o MISTER!. GRACIAS JOSE ANTONIO, gracias por uns 10 meses maravillosos, gracias por ser como eres, e gracias por levarme contigo.

E como unha imaxe vale mais que mil palabras, aqui vos deixo as fotos que nos sacou Pili, gracias a ti tamen pequecha.









CAMPIONS!! E LIDERES DE PRINCIPIO A FIN.
UN PRACER CHAVALES!!!