miércoles, 29 de abril de 2009

Horarios próximos encontros.


Temos dous encontros en 3 días.
O primeiro esta confirmadao. 33º Xornada de liga. SD Silleda - FC Lamela. Venres día 1 de Maio. 16.15 horas.

O segundo ainda non esta confirmado, pero case con seguridade será ás 18.00 horas.
Co cal sería 1/32 de Final da Copa do Sar. Partido Unico. Chayan - FC Lamela. Domingo día 3 de Maio. 18.00 horas.


Adestramento para hoxe Mércores día 29. 21.30 horas.


Saudos

lunes, 27 de abril de 2009

Xornada 32º. Chegou a hora. Salvación matemática. FC Lamela 5 - Sp. Zas 0


E chegou o gran día, a salvación matemática dun grupo que o merece. E como se produxo, con goleada sobre un mermado Zas, que veu a Lamela sen posibilidade algunha de acadar algo positivo. Con tan so 12 xogadores e con un cadete e un xuvenil neses 12, o Zas non contaba sacar algo positivo de terras dezanas.
Para este encontro contabamos coa baixa importante do capitan, Amosa, e con Cutrin.
A convocatoria formarona: Ivan, Pintiño, Yeiko, Mario, Porto, Oscar, Pibe, Gonzalo, Pampin, Neira, Orosa, Chicho, Fran, Baleiron, Rober e Sanchez.

A pesar de ver nas condicións nas que se presentaba o rival, o certo é que nunca as tes todas contigo, o mellor e que esos nervios iniciais, tan so duraron 35 segundos, os que tardou Gonzalo - tras unha brillante xogada persoal de Neira - enganchar un balón na frontal da area, que se envenenaba, e batendo no pao dereito da porteria visitante, encargabase de anotar o 1-0, o de abrir a lata, o da relativa tranquilidade.
Así, co marcador favorable, e tras ver que o Zas non daba sintomas de mellora, unha apertura en banda dereita, que controla Pibe, saindo hacia linea de fondo, e poñendo un gran centro, para que Pampin con algo de fortuna - o balon colase entre as pernas do porteiro- anotara o 2-0, a mala noticia, pois que tras o gol Pampo tivose que retirar por unhas molestias nun dos xeonllos. Partido encarrilado, e mais cando tras unha xogada por banda esquerda, que remata co porteiro no chan, Pibe colle o rechace e tras amagar por duas veces, senta de novo o porteiro, anotando o 3-0 co que se chegaria o descanso. Brillante primeira metade do equipo amarelo, que via como resolvia nos primeiros 45 minutos, ante un rival mermado polas baixas.
Na reanudación e tralos cambios, o equipo xogou co resultado, creando varias ocasións de merito. Os dous ultimos goles son para analizar especialmente, xa que anotanos os dous laterales do equipo. Primeiro tras un pase sobre Yeiko que gaña a espalda a defensa visitante, e de disparo cruzado anota o 4-0, e o quinto, tras un bo saque de corner de Chicho, que Pintoño "con todo" remata impecablemente coa testa para o definitivo 5-0, tarde placida en Mularedos, tarde da salvación matemática, tarde de goleada, tarde de felicitacións, tarde de pensar na copa do sar, e sobre todo tarde para disfrutar do traballo feito durante un longo longo ano.
Agora podemos ter premio, o premio de facer unha bonita copa do sar, premio que temos merecido durante estos meses. Agora si esta claro, a importancia do grupo, asi lle vou a chamar a todalas crónicas que faga da copa do sar. A espensas de cambiar o partido para o Venres día 1 - o Silleda reunese hoxe para decidilo, ainda que penso que a cordialidade entre directivas será un punto a favor - xogaremos o Domingo día 3 o primer partido de Copa fronte o Chayan, a partido unico, no campo do Chayan e con animo de facelo ben. Pois si rapaces, vamos a rematar esta boa tempada, mellorando a anterior, e esperemos que peor que a que ben.
E por todo isto vos dous as gracias unha vez mais. Bos xogadores, mellores persoas.Con esto remato e anunciovos a vindeira crónica.

A importancia do vestiario porriba de todo. Regalemonos un bonito final. 1/32 de Final "Copa do Sar" Chayan - FC LAMELA. !! A Copa empeza aqui !! Domingo día 3/Maio

domingo, 26 de abril de 2009

Resultado sorteo 42º Edicion da Copa do Sar

O pasado venres 24 de Abril, as 21.00 horas celebruse o sorteo para a 42º Edición da Copa do Sar. Agrego duas imaxes co resultado de dito sorteo. Primer rival Chayan!



lunes, 20 de abril de 2009

Xornada 31º. Nova derrota para un total de 4 consecutivas...a relaxación esta ben, pero tanta e excesivo! Union 2 - Lamela 1


Pois si que se nos da mal o Union de Asados eh?, outro que se nos da mal tamen e o Sr Piñeiro Prol, do colexio de Boiro. Creo que deben aforrar cartos no seu seguro, eu que traballo deso, penso que ten que ser mais barato, as razons? Tampouco as vou a poñer aqui, que non vai a ser que me "denuncie" por insultos.

Partido trabado, e como no anterior, sen o premio merecido, que pouco teñen que facer os equipos para gañarnos tres puntos. Seguimos sen chispa, esperemos que a vaiamos recuperando o baixar as exigencias no traballo.

Ivan, Pintiño, Yeiko, Amosa, Oscar, Mario, Persi, Neira, Orosa, Gonzalo e Pampo. Completan a convocatoria: Sanchez, Fran, Cutrin, Titi e Baleiron.

Faltaria a verdade si lle boto toda a culpa o arbitro, que ten un 80%. Pero ese 20%.... co partido gañando dende o minuto 25 da primeira metade, sendas ocasións por parte de Neira e Gonzalo, que por outra parte foron clarisimas, dariannos unha ventaxe mais que comoda, para puntuar en Rianxo, non puido ser, e viamos como o Union nos empataba a falta de 5 minutos para o descanso.

1-1 un resultado que nos valia, saiamos na segunda parte na mesma tónica, o Union volcado e nos a contra, ahi foi onde todo rematou, 40 faltas colgadas, e por tanto pitadas polo sr colexiado por chamarlle dalgunha maneira. E o igual que o bo, o malo parece que tamen se fai de rogar, e asi , no 94 unha falta inexistente, convirtese nun balón colgado a area, que tras varios rebotes, acaba entrando e negandonos cando menos 1 puntiño. Vamos en definitiva, non estamos tendo esa sorte, ou estamos ansiosos por rematar a tempada, ou simplemente escapaseme de que pode ser. Un mal arbitraxe, un partido de X ou 2... que remata con 1... Sp. Zas, esperemos que pagues os pratos rotos (deportivamente falando) e que o poidamos celebrar dunha vez por todas.

Por certo aqui vos deixo, as duas reportaxes do Dxt... que tan mal resultado deron, dende que sain no periodico 4 derrotas consecutivas.. puiden estar quieto.

jueves, 9 de abril de 2009

O vestiario do Lamela conta con un novo integrante. XOEL! Benvido!


Pois si...unha nova fichaxe fixemos esta semana. A posición, por xens, debe de ser a de central, como moi ben dixo Pampin. E polo dia do seu nacemento o catro do catro... Vamos, que en canto empece a andar a poñerlle a camiseta co 4; para que este na sua salsa.
Este "homenaxe" a Xoel, que apenas ten unha semana de vida, ainda que feito por min, considero que e en nome de toda a plantilla, que estivo pendiente do nacemento do fillo dun dos xogadores mais carismaticos da plantilla Rober ou Robert ou Otero ou Persi. Ou gran xogador e mellor persoa. Dende o noso blog, e dende o mais profundo do noso corazon, darlle a noraboa a Rober e Sandrina. Darlle a noraboa por que vivir este tipo de cousas son as que fan importante toda unha vida. Darvos a noraboa por que se vos ve radiantes na foto, e porque a partir do 4 do 4 todo será diferente.
E non me vou a olvidar do verdadeiro protagonista XOEL, benvido, e esperemos que algun dia teus pais che conten, que toda unha plantilla de fútbol estivo pendente do teu nacemento, e ata saiches en internet. jejejeje

Unha aperta, noraboa e moita sorte.

lunes, 6 de abril de 2009

Xornada 30º. FC Lamela 1 - O Val 2. Demasiado castigo.... dos de negro!


Visitaba Mularedos un dos equipos mais en forma da categoria, e asi o reflexa a clasificación, cun partido menos e a catro puntos do ansiado ascenso. O Val, e o unico da clasifición que o ano pasado xogaba en Preferente, a priori o equipo que partia con mais posibilidades de ascender e recuperar a categoria perdida.

Tras uns comezos algo dubitativos, encadeou unha xeira de resultados e xogo que o lanzaron ata os primeiros postos, e mais concretamente ata o terceiro posto que ocupa actualmente, tamen e certo que dende fai unhas xornadas non e ese equipo que gaña xogando ben o fútbol, e por moito equipo ou nivel que teñas, ese vertigo, ese medo o fracaso penso que pode pasar factura, pero non so a eles, o Mugardos ou o Mesón (xa lle pasaou esta semana co Zas). Tamen nos esta pasando a nos, cando case podiamos cantar victoria, e a falta de so tres puntos para a salvación, resulta que encadeamos a peor racha de derrotas da tempada (igualando a da primeira volta). Tamen e certo que dos tres partidos perdidos (4 goles en contra, e tan so un a favor) ningun equipo foi superior, pero eso mesmo diciamos na primeira volta e chegamos a estar no farolillo vermello.

Son tres puntos, pero esa ansiedade por acadalos canto antes, estanos a pasar factura, xunto con determinadas baixas de xogadores importantes, e por que non dicilo, os erros arbitrales, e digoo so neste ultimo partido. Dos anteriores mellor non falar.

Entendo a actitude do Val, solicitando arbitro neutral, eu estou no seu pelexo e fago o mesmo, pero unha cousa e que non arbitren os de santiago (que son moi malos), que non arbitren os de lalin (que tamen son moi malos), os de ferrol (idem idem...) ou os da coruña (como os seus compañeiros de outras delegacións.)

Pero chegou un do colexio de Vigo, o Sr, Jorge Fojo, un autentico personaxe, que ainda que como arbitro e asistentes, te podes equivocar por que somos humanos. A arrogancia, prepotencia e chuleria mostradas onte no campo de Lamela son dignas de mencion.

Ameazando a xogadores, a afecionados e a min mesmo, cando escribe algo nunha acta coa que falta a verdade, como pode ser que todo o que se escriba ahi vaia a misa? Si escribe que fun eu o que matei a JFK, seguro que me meten no carcere.

Tampouco digo que foramos merecedores dunha victoria que tal vez non seria xusta (ainda que visto os meritos de un e de outros...) si os partidos foran por meritos e non por goles, e se disputaran os 3 puntos, digamos que onte nos levariamos 2 por 1 dos visitantes.
Duas decisión puntuais dunha persoa que ben literamente a roubar os cartos, e a xogar co traballo de 23 persoas durante toda a semana, ese colexiado chulesco, e prepotente, que decide en 5 minutos un partido que non era dificil de arbitrar.

Primer Acto:

Mermados polas baixas, José Antonio, logrou facer un once competivo, que importantes somos todos dentro do equipo.
Ivan, Pintiño, Ruben (Titi min. 60), Porto, Amosa, Oscar, Pibe (Cutrin min. 79), Gonzalo, Pampo (Chicho min. 87), Neira e Yeiko. Compretan a convocatoria Sanchez e Fran.
Iniciabamos o encontro cun dominio abrumador sober o equipo ferrolan. Vinte minutos nos que tras 3 oportunidades de gol, viamos como O Val, se adiantaba tras unha falta na frontal.
Bruno anotaba o 0-1 no que ata enton era totalmente inxusto, xa influira o arbitro nese partido, cunha tarxeta amarela a Oscar que condicionou o traballo deste durante todo o encontro.

Segundo Acto:

Volviamos a sair o campo como na primeira metade, esta vez co premio merecido do gol a balón parado, Neira de novo, anotaba o gol do empate. Enton e gardando a roupa, procuramos manter o punto que tiñamos, xa que non tiñamos presa, eran eles os que necesitaban os tres puntos. Resulta que a contra somos un equipo perigoso, e sentiamonos na nosa "salsa".
Enton era cando de novo (e tras un partido para olvidar pola sua parte) o colexiado, non marcaba falta, primeiro cometida sobre o noso central Amosa, e a continuación sobre Jacobo, e asi un balón colgado, non atopaba a nadie para despexalo, e Bruno de novo anotaba o 1-2, minuto 85, outra decisión arbitral non nos permitia puntuar. Pero ese caracter do que podemos estar orgullosos, permitianos dar o arreon final, e asi no 92, Gonzalo tras controlar un balón dentro da area, saca un disparo, que o porteiro visitante non pode reter, e asi, Cutrín anticipando sobre os centrales, anotaba o 2-2, que nunca chegou a subir o marcador, xa que incomprensiblemente o linea, anulaba un gol totalmente legar o 14 do Lamela.
Duas decisións nos ultimos 5 minutos, que cambia un marcador por completo, eu non digo os tres puntos, pero merecidamente tiñamos gañado 1.
D. Jorge Fojo, arbitro do FC Lamela - O Val, do colexio de Vigo, vai vostede a devolvernos ese punto? Vai vostede a devolvernos o que tan descaradamente nos roubou? Ou vai vostede a devolvernos o traballo realizado durante toda a semana, un traballo feito de cara a puntuar o pasado Domingo?
Un amigo meu co seu traballo da semana...(o igual que nos), puxolle a pedra a fachada da sua casa, levoulle moito traballo (o igual que nos preparar o partido do domingo). Pois o Domingo mentres os seus irmans o felicitaban polo traballo feito e o bonita que lle quedara a casa, un ENERGUMENO, chegaba e estanpaba o coche contra a fachada, deixandoa feita polvo. Ese ENERGUMENO tivo que pagar o traballo, e tivo que facerse cargo do que fixo. Sr Fojo... esto non queda asi, xa que non podedes vir sempre pensando en que sodes os SEÑORES FEUDAIS, e nos uns simples paletos que tragamos por que asi esta concevido este desporte. Pois non, si nos pagamos cunha derrota, vostede deberá pagar sen poder arbitrar (e LUCRARSE POR ELO) durante un mes, ou o tempo que se estipule. Pois non, o vindeiro domingo vostede estará GAÑANDO DE NOVO OS SEUS CARTIÑOS en outro campo, e cobrando por un traballo que non sabe facer.

Unha vez desafogado, dicirvos rapaces, que como nos ultimos dous partidos, a verdade e que non fixeramos meritos (inda que o equipo contrario tampouco), en esta ocasión fixestes un gran traballo, un traballo do que temos que estar orgullosos, un traballo que seguindo asi terá o premio da salvación.
Esta semana será de vacacións, so mañan Martes, tocará adestrar, a ver si me dades unha alegria e somos os 21. Despois toca descansar a semana santa, disfrutade das vosas familias (que o teñen ben gañado), desconectade do fútbol, tanto mental como fisicamente. E cargade as pilas, con ganas, para volver o vindeiro Luns, Mercores e Venres, xa que o Domingo pode ser un gran dia para nos pode ser o dia no que confirmemos unha boa tempada, non será facil, todos sabemos como apretan en Rianxo, pero debemos manter esta categoria, xa que despois de todo, sen nos quedaria coxa.

Un saúdo rapaces, gran taballo o de onte, e arriba que falta 1 mes :)

Galeria de fotos do partido a finales de semana. (Pasaramos Ruben Garcia en breve)

jueves, 2 de abril de 2009

Feliz Cumpreanos "Amosa" (-ou Heinze, como prefirades)


Un 3 de Abril do '83 nacia un rapaz de nome Andres, por aquel enton Andresito, e despois de máis de 1/4 de siglo, ahi o tendes, esta feito todo un veterano, o noso querido central Andres Amosa - tamen coñecido por Heinze- fai hoxe 3 de Abril do 2009, nada mais e nada menos que 26 aniños. Estas feito un yogurin "Amo"!!!!, non me estraña que andes tan ben.
.

Sen máis desexarche un bo dia e Felicidades polo teu 26 cumpreanos!, dende aqui xeneralizo por todolos compañeiros do Lamela que che desexan un bo 3 de Abril.