lunes, 31 de marzo de 2008

Xornada 31º. A un paso do campionato. Cacheiras 0 - Lamela 1


Hoxe, como na última crónica, vou a comezar pola mañá, aproveitando o partido Bandeira - San Mamed. Xa que como dixen, non teño moita ocasión de presumir dos meus cativos,tamen vou a facelo de esta vez. Como chovia as 12 en Bandeira, vaia granizada caeu - parecia o partido do San Marcos- e como nese partido cando escampou, o Bandeira foi un rodillo, ante un San Mamed con xogadores con menos idade que os meus, o resultado final 11-1 o de menos, de feito foi excesivo para o meu gusto, xa que os outros nenos tamen merecen un respeto. Eu intentei que non fora tal e goleada, e ata quedei cun xogador menos que saquei, pero cando estas de gañar... GAÑAS!!

E pola tarde? Un partido precioso en Cacheiras, uns cantos compoñentes do equipo, volvemos o que foi a nosa casa durante anos, e iso sempre agrada, sobre todo si te reciben ben. Ademais, tes os recordos deses bos anos en Cacheiras, e a sensación de volver a que foi a tua casa, sempre e bonita.
Esa complicidade coa xente que leva o equipo, e cos propios xogadores rivais, que foron os teus compañeiros, e o mellor que pode ter o fútbol.
A verdade e que hoxe como crónica non hai moito que contar, por parte nosa, fixemos un mal partido, ainda que tivemos varias claras ocasións de gol, ainda que o partido do domingo non pasará a historia como o noso mellor encontro. E o Cacheiras, sen gol, ainda que intentando combinar, non tiña profundidade para facernos dano. Tivo unha moi clara nas botas de Gelo que errou, e nos en varias, con Jacobo, Pampo e Cutrín de protagonistas.
Un moi bo partido de Jacobo por banda esquerda, que foi o autor do gol, e o mais destacado dun partido sen moita mais historia, ainda que por suposto sumamos tres puntos importantes para conseguir o campionato. Quero crer que o partido feito o Domingo e cuestion de relaxación e de verse case co traballo feito. Pero case ter o traballo feito, NON E TELO FEITO DE TODO. A si que, e como veño dicindo dende a boa victoria fronte o Grixoa, hai que poñelo todo para rematar de unha vez. Non caiamos no pecado de relaxarnos, e vamos a pechar esto por todo grande. Vamos a conseguilo o Domingo? Seremos campións o domingo? Iso queridos amigos, so depende de vos e nada mais que de vos. E sei que o vades a lograr, sei que o vades a poñer todo, sei que agora non se nos pode escapar mais, e sei que con este grupo e con este vestiario conseguiremolo.

Como dixen en pasadas crónicas, noraboa a todos, porque este Grupo, este Vestiario...E O QUE REALMENTE MARCA AS DIFERENCIAS.

-Inciso-: Oxala para o ano que ben o equipo de Teo faga un equipo campión, por que as bases tenas moi ben asentadas. Un bo traballo dende a base o que estades a facer. Unha aperta moi forte e espero que me apreciedes como o fago eu con vos.

viernes, 28 de marzo de 2008

Quiniela Xornada 30º. Cun apasionante Cacheiras-Lamela


Bueno aqui vos deixo a quiniela de esta xornada 30º, cun partido importatisimo para nos, polo que significa xogar no Ignacio Varela, e porque podemos sair de ali un pouquiño mais preto do noso obxetivo.

Berres - Tordoia: Para o Berres todo o que non sexa a victoria, significaria xogar para o vindeiro ano na 3ª Autonomica, por contra, o equipo de Tordoia, puntuando en Berres, case pecharia a sua salvación, partido compricado para os locais contra un rival directo. (X)

Palmeira - San Mamed: O equipo da Ulla desplazase a Palmeira, en busca dos 3 puntos. Enfrente un equipo que xa e de 3ª Autonomica, e que so pelexará pola honra dos 3 puntos. En teoria, partido sinxelo para o San Mamed. (2)

Laro - Recesende: Encontro no que saltaran chispas, pola forma de xogar de ambas escadras, ambolos dous son moi fortes na casa, ainda que fora os resultados estan sendo irregulares. Precisamente por iso o equipo do Deza e favorito, xa que xoga diante dos seus siareiros, ainda que o Recesende buscará puntuar para estar matematicamente salvado. (1-X)

Villestro - Portomouro: O Villestro que pelexa polo podio, enfrontase a un Portomouro que si non quere pasar apuros de ultima hora, necesita puntuar en Roxos. Ainda que o Villestro e o 3º en discordia deste grupo 5 e será compricado que o portomouro que esta 6 pola cola, saque algo positivo no seu desprazamento. (1)

Grixoa - Praiña: Un partido facil na teoria para o equipo de Marcos Alvarez, que buscará presionar o líder nunha xornada propicia. Por outra banda o equipo de Teo, si non consigue puntuar, estará moi perto do descenso matemático, e non e o mellor campo para puntuar. (1)

San Marcos - Sionlla: Un partidazo pola zoa baixa da clasificación, un enfrontamento directo pola permanencia, un empate, condenaria os dous equipos a non sair do pozo, quen consiga sumar de 3, meterase na pelexa por non descender. Por contra o que saia derrotado, case con total seguridade será novo equipo de 3ª Autonomica.(1)

A Baña - Sp Estrada: Desprazamento compricado para o equipo de Pena, A Baña na casa esta sendo un dos equipos mais fortes durante todo o ano, e tamen un dos xuices da competición. O equipo da Estrada, que competirá para o ano en 2ª buscará puntuar nunha das saídas mais dificiles da tempada. (1-X)

Rodeiro - O Pino: Un bo partido que enfrontará a dous dos candidatos a ocupar a 4 e 5 plaza na taboa. O Rodeiro tras perder a Estrella por lesión, ten menos potencial ofensivo, O Pino por contra, ben de eliminar o Grixoa na Copa e virá a por todas a Rodeiro, para acadar os tres puntos. Partido con resultado incerto. (1-X-2)

Cacheiras - Lamela: O partidazo da xornada. Polo tres puntos en xogo, que a estas alturas son máis importantes para o equipo do Deza que para o de Teo. Ainda asi, a rivalidade entre ambos equipos, xa que varios xogadores coincidiron no Cacheiras; dalle un toque de morbo o encontro. Partido no que pode pasar de todo, debido a esa rivalidade. Ainda que por proximidade non se pode falar de derbi; digamos que realmente pola proximidade dos seus xogadores podemolo considerar como tal. (1-X-2)

jueves, 27 de marzo de 2008

No baúl dos recordos II Parte. A 4 días do Cacheiras - Lamela

Pois hoxe, nesta semana de "Derbi" por que o final parece iso, un Derbi, ainda que historicamente os dous equipos non tiveran esa rivalidade, agora coa inclusión no Lamela de varios ex integrantes do corpo técnico, directiva e xogadores do Cacheiras, pois isto toma un cariz moito mais interesante.
Pois como vos anunciei o sair de adestrar, hoxe a foto vai, para este que escribe, e o irmán bo, da saga Cutrín, o meu amigo Chiño, irman de David Cutrín, que sei que non se enfada si afirmo, que foi moito mellor futbolista :) jejejejejeje. Bueno, para ser xustos direi que fan un fútbol totalmente diferente.

Esta foto, sacada en Cacheiras, antes dun partido Cacheiras B - Cordeiro B, e os fenomenos que saen eran as duas "Zurdas de Ouro" do equipo filial, que tempos, como nos temos rido... e o ben que o temos pasado.



Quen me iba a dicir a min, que 2 anos despois, iba a estar en Lamela... pero alegrome, sodes un gran grupo. E o que estou aprendendo do que "Maneja o Cotarro" eso so o sei eu.
Na seguinte entrada, farei unha quiniela... a ver si vos mollades un pouco no foro, que o final non hai que faga competencia, eu aqui son moi politicamente correcto, pero vos no foro "rajade" o que queirades.

miércoles, 26 de marzo de 2008

No baúl dos recordos I Parte. A 5 días do Cacheiras - Lamela

Antes de nada propoñervos un pequeno "xogo", seriades capaces de atopar as 9 diferencias entre estas dúas fotos?? Eu atopo polo menos 3 ou 4 ducias xD.


Solución: So hai un erro... na primeira Manolo esta de pé, e na segunda e o Mister o que esta de pé....


Sigo co baúl dos recordos:

Unha foto para recordo, esto si que eran os Tres Tenores!!! Non fai falta que vos diga quenes son non?


Aqui vouno compricar un pouco máis... QUEN E ESTE XOGADOR TAN TRANQUILO?

Pista: Vai na "P.... LLAMA" Animo campión!!

A ver si caen nas miñas mans algunha por ahi... e vos pego un repasiño a todos!!!

martes, 25 de marzo de 2008

Fotos da xornada 28º. O partido da tempada. Grixoa 1 - Lamela 2

Aqui vos deixo unhas fotos para que recordemos ese dia feliz (pola victoria) e tamen triste (pola lesión de Chicho)
Agradecerlle a seccion de Deportes de "El Correo Gallego" e a www.elcorreogallego.es pola cesión das fotos, e grazas a quen corresponda que se molestou en enviarmas.












Orosa encarando a Chenel

lunes, 24 de marzo de 2008

Crónica da Xornada 29º. Despaciño e boa letra. Lamela 4 - San Marcos 0


Vaia frio facia onte en Lamela. E iso que non se vian moitas nubes, polo menos o comezo... mais tarde xa foi un desproposito.
O partido estaba marcado, pola importacia dos tres puntos, e pola "mini" homenaxe a Chicho, que viña unha semana despois, a grada a animar os compañeiros, e nos dedicamoslle o encontro xa dende o comezo. Saimos a sacarnos unha foto cunha camiseta que rezaba: ¡Ánimo Chicho!. E iso e o que esperamos darlle todos, un pouco de animo, ainda que polo que se ve, el estache moi animado.
Once Inicial: Fli, Jacobo, Ruben, Sanchez, Amosa, Oscar, Orosa, Cutrin, Pampo, Manolo e Adrian. Completan a convocatoria: Diego, Mariño, Pibe, Matias e Lino.
Recibiamos o San Marcos, con demasiada relaxación antes do comezo do partido. E resulta que ainda que despois todo saiu ben, debemos aprender unha valiosa lección, da falta de tensión antes do comezo de calqueira partido, sexa quen sexa o rival, e sexa a que sexa a nosa situación. Non se pode sair a un campo de xogo, a pachanguear... ou polo menos non antes de ter atado o obxetivo matemáticamente.
Así, e ainda creando numerosas ocasións de gol, ibamos o descanso con un inquietante 0-0 que nos cambio a cara de risa que tiñamos antes do partido. Notabase a tensión por que non entrara a pelotiña. O problema e que comezou a segunda parte na mesma tónica. Entón José Antonio reaccionou para dar entrada no campo, a Pibe (por Adrian), Diego (por Manolo), Matias (por Orosa) e Lino (por Cutrin). Seguiamos chegando, pero a pelotiña seguia sen querer entrar.
Enton unha intensa pero corta granizada, obligou o colexiado a suspender o partido durante non máis de 4 ou 5 minutos. E como si de outro partido se tratase, na reanudación do encontro, saimos enchufados, saimos a polos tres puntos que necesitabamos, saimos a polo rival, sen importarnos quenes eran e que posto ocupaban.
O San Marcos por contra, debeunos de coller o frio, xa que sairon a defender o 0-0 e nun sensacionales 15 minutos, cun bo futbol de combinación e velocidade por bandas, Lino en duas ocasións (15 goles esta tempada), Pampo, cun espectacular tanto coa dereita, e Matias (Benvido Matías, "te echabamos de menos nene") cunha boa vaselina; certificaba a victoria local, por un contundente 4-0 que deixaba as claras a superioridade do equipo de Mularedos.
Vamos... que son tres puntos máis, e tres puntos menos que quedan para rematar a tempada. Agora temos que ir a Cacheiras a dalo todo, sen confianzas, e arrimarnos un pouquiño máis o que todos buscamos.

Como ben dixo o mister "aqui non hai ainda ningun campion de liga", pois o dito, ainda non fixemos nada. Despaciño e boa letra. E xa pensando no seguinte encontro.

Un saúdo e noraboa pola victoria.


Antes de rematar tres puntualizacións: O Palmeira matemáticamente e novo equipo de 3 rexional. Por outra banda, o Berres e o Sionlla se perden este vindeiro domingo, tamen serán equipos de terceira.
Tamén felicitar e Pena e o seu Sporting Estrada, que acadaron a falta de 5 xornadas a salvación matemática, e andan por un mais que meritorio 7 posto. Noraboa.

sábado, 22 de marzo de 2008

Quiniela Xornada 29º. Agora sabremos a verdade.

Chegou a hora de confirmar pronosticos, quinielas, cabalas ou como lle queirades chamar. Non queda outra que ganar. Vamos a poñer o "webiño" como se soe dicir. Ou que me dicides?
Aqui vos deixo a quiniela rapaces, esperando de que polo menos acerte o noso pronostico.
Saúdos.

O Pino - Tordoia: O Pino buscara acadar o cuarto posto, ainda que o Tordoia na pelexa por manter a categoria xogase moito mais. Un punto podrialle valer o equipo visitante, para seguir sumando e distanciarse dos seus rivais. (X)

San Mamed - Berres: O San Mamed ainda sen xogarse nada, buscará os tres puntos para non compricarse a vida daqui o final da tempada, ainda que espero que o Berres acade os tres puntos para buscar a salvación, penso que será o partido definitivo para as suas aspiracions. (1)

Recesende - Palmeira: O Palmeira podria rematar a matematicamente en terceira rexional, por contra o equipo de Teo, si acada a victoria, mantendriase en segunda un ano mais. (1)

Portomouro - Laro: O Laro podria acadar a salvación esta semana, ainda que a visita a Portomouro non e a mais propicia, o conxunto de Francis deberiase impoñer, e meter na pelexa directa polo descenso o equipo local. (2)

Praiña - Villestro: Ainda que na primeira volta o equipo de Teo, dou a sorpresa o impoñerse o Villestro por 2-3, non creo que soe a flauta outra vez, e o Villestro sumará de 3 para manterse no podio da categoria. Podria ser un duro golpe para o equipo local, xa que de aqui o final, enfrentase a equipos superiores. (2)

Sionlla - Grixoa: Outro dos serios candidatos a baixar de categoria, recibe o segundo clasificado. Na retina a goleada da primeira volta, que si todo vai ben repetirase. O Grixoa sumará tres puntos faciles ante o vicecolista. Pode ser a goleada da temporada. (2)

Sp. Estrada - Cacheiras: Dous equipos moi parellos, o local podria salvarse matematicamente da caida a terceira, os de Teo, sen obxetivos, pelexarán pola honra dos tres puntos, pensando na visita do Lamela o Ignacio Varela da vindeira xornada. (1)

Rodeiro - A Baña: Uns dos partidos máis atractivos da xornada, o Rodeiro querrá adicarlle a victoria a Estrella, gravemente lesionado no partido contra o Cacheiras, po contra A Baña busca sumar os tres puntos que o manteñan na parte noble da taboa. Partido sen claro favorito. (1-X-2)

Lamela - San Marcos: Os de Mularedos, buscarán os tres puntos para facer boa a victoria da xornada pasada frente o Grixoa, e tamen adicarlla a Chicho, que se lesionou, probocando o penalty da victoria de fai 7 dias. O San Marcos en plena pelexa pola salvación, ben de menos a máis e non descarta puntuar en terra do líder. (1-X)

viernes, 21 de marzo de 2008

Treintadosavos de final da Copa Do Sar. San Mamed - Lamela , tocaba remontar un 1-2

Saltamos da Liga a Copa do Sar, despois da "resaca" do pasado domingo en Grixoa. Pensando en remontar un 1-2 que encaixaramos en Mularedos. A tarde e o campo de xogo en perfectas condicions. Por contra nos con numerosas baixas, pero tirando de unha plantilla amplia e de garantias, xa que visto o visto, xogue quen xogue e onde xogue, podemos acadar victorias como a de onte en San Mamed.
O Pre-partido caracterizouse por un tono distendido entre xogadores, que o mister, quixo zanxar cun: "cando levedes a primeira ostia, daquela, sabredes que estades xogando un partido e non unha pachanga"

Once Inicial: Fli, Ruben, Amosa, Sanchez, Oscar, Manolo, Adrian, Orosa, Jacobo, Pampo e Lino. Completan a convocatoria: Diego, Matias e Cutrin.

Comezaba o encontro cun encontronazo entre Orosa e o xogador do San Mamed Hugo, como xa vaticinara o mister, ahi foi cando os propios xogadores se deron conta de que xa comenzara o partido e isto non iba ser ningunha pachanga.
A verdade e que inlcuso nos dende fora non tiñamos a mesma intensidade, o xogo tampouco foi nin moito menos vistoso, pero ibamos o descanso cun 0-1 que nos metia na eliminatoria, tras un "cañonazo" de Jacobo que rechazou o porteiro, Adrian co cana preparada empurraba para poñernos en vantaxe.
Como varios compañeiros me comentaron, teño que facer unha mencion especial a Fli, xa que nunca o remaquei moito en crónicas pasadas, pero a verdade e que onte fixo, varias intervencions de merito. Esa importancia de ter un bo porteiro, preparado para cando lle toca actuar, merito añadido ten, que non suele ter moito traballo, pero cando o ten e en "frio" suelee raccinar sensacionalmente. Onte e na segunda metade, salvou 3 disparos consecutivos, cando o marcador reflexaba o 0-1, logo mais tarde, un penalty a favor, anotado por Pampín -rematou a mala racha- dabanos o 0-2 e a eliminatiria. O San Mamed intentaba dar o arreon final, pero nos, como ben sendo habitual, estamos moi seguros en defensa.
En definitiva, eliminamos a un San Mamed, con tradicion copeira, creo que debe ser das poucas veces que o vexo caer en primeira ronda no torneo do KO. E nos accedemos a 1/16 pensando xa no partido do Domingo que nos enfrenta o San Marcos. Necesitamos a vitoria para facer boa a victoria fronte o Grixoa, senon todo o feito non vale para nada.

Saúdos e Chichiño mellorate pronto.

miércoles, 19 de marzo de 2008

Un par de videos para amenizar o blog

Ainda que sei que non deberia poñer esto... que despois apiroladesvos, e pensades que sodes capaces de facelo.

O noso e facelo simple e sen compricarse. Esto... cousa de profesionales (e miña claro jejejeje)




Aps e tamen vos deixo este... so e un ensayo do que habria que facer nas gradas de Mularedos... quen veria o personal, jejejeje!!

lunes, 17 de marzo de 2008

Xornada 28º. Non foi unha xornada máis. Foi "A XORNADA"


Antes de empezar con esta crónica, mandarlle unha aperta a Chicho, que hoxe as 6.30 operase, e en breve xa estará con nos. O final parece que dentro do malo, foi a posibilidade menos mala. Animo neno, a victoria foi para ti, por ti, e en gran medida a ese caracter que tes, que pelexas un balón sen dalo por perdido. Gracias Chichiño!!!

O caso e que este Domingo 16, non era un Domingo máis, non era un partido máis, ainda que puido selo en funcion do resultado. Enfrotabamonos o único equipo que nos pode facer dano, o único que ten posibilidades matemáticas de arrebatarnos un primeiro posto (que por certo, conservamos dende a PRIMEIRA XORNADA!!!!).

Hoxe aparte de facervos a crónica, vou empezar o día dende o comezo, vamos un resumiño de como foi o día, un bo día, un gran día.
As 10 da maña, xa estaba en Silleda, xogaba co Bandeira de Alevins. A miña sorpresa foi atopar a Angel Penela no campo...mellor non comentar nada, verdade?. O resultado 1-3 a favor nosa - teño que recoñecer que empezarei esta crónica con este resultado por que non teño ocasión de presumir moito de victorias cos meus cativos- Despois de tomar algo con Alfredo, tirei hacia Cacheiras, para relaxarme e tomar un par de vermouths. Chamei o Mister e quedamos en ir xuntos. Notei moi tranquilo, seguro das nosas posibilidades, hoxe podo recoñecer, que non e que non confiara, pero si que son pesimista por natureza, e digamos que non as tiña todas conmigo. Pero a tranquilidade de José Antonio a verdade e que e contaxiosa, e cunha solvencia extrema, confiaba en todos e cada un dos xogadores dos que dispon.
Coma sempre, fumos os primeiros en chegar o campo de fútbol, entre risas, e sacando presión con conversacións ociosas, dispoñiamonos a esperar pola totalidade dos xogadores. Unha vez dentro, e vendo a relaxación dos xogadores, a cordialidade coa que se saludaban cos xogadores do Grixoa, nese momento eu entendin o Mister, entendín que eles tiñanos moito respeto, ata un punto de medo, que sabian que os podiamos matar en calqueira momento, de que podiamos sair con 9 puntos de renta, en ese momento debin de darlle a razón o Mister e confiar, confiar en que ese partido seria noso. Tras as bromas iniciais, con varios futbolistas do Grixoa, cada un, e cun ritual que se repite domingo a domingo, foi tomando posicións, e facendo o que tamen cada domingo, repiten unha e outra vez. Colocación de fichas, seguimento e cordialidade co arbitro, e os xogadores o seu. Que un venda os tobillos, outro empapase en Reflex e outro en cremas, entrega de dorsais, sudaderas, petos... un mundo en media hora, que como un ritual relixioso se tratase, repitese cada domingo entre as 16.30 e as 17.00.

Once Inicial: Fli, Pinto, Rubén, Amosa, Sanchez, Robert, Oscar, Orosa, Pibe, Cutrin e Lino. Interviron: Chicho, Pampo, Jacobo, Adrian e Matias.

Partido intenso, partido de homes, partido so apto para valentes. A grada... a reventar, afección do Grixoa, do Lamela, e moita xente de fútbol en xeral. O final o traballo realizado por José Antonio dou os frutos que buscaba, e o Pibe, foi unha autentica pesadilla para a defensa rival. Defensivamente, explendidos, sempre con axudas sobre xogadores importantes do contrario. Notase cando un equipo funciona que os compañeiros son solidarios nos esforzos, si o meu compañeiro-amigo, non chega, pois chego eu para axudalo, foi unha tónica en todo o encontro. Ainda que o Grixoa tivo un par de chegadas, o domingo era do líder, que a pesar de xogar fora de Mularedos, intimidou a un Grixoa que via como si iba descaradamente a polo partido, podia levar un severo correctivo. Asi con todo, fomos o tempo de lecer, cun resultado de 0-0. E coa sensación de estar a facer as cousas ben. Na reanudación, e como un golpe de autoridade, Lino que pelexou todo o encontro, controlaba un coiro de espaldas a porteria, mandaballe un bo balón a Cutrín, que despois de irse do central, encaraba a Ares -porteiro do Grixoa-, tras un magnifico amago, quedabase solo para empuxar o balón o fondo da rede. 0-1 que facia xusto o visto ata entón. Gol que aproveitou "Cotri" para dedicarllo a Chicho pola sua reciente paternidade. Ainda faltaban 40 minutos de encontro, pero nos pegaramos primeiro. Ainda asi o Grixoa non se veu abaixo, pero agora si tiñan que vir a polo partido. Máis por empuxe que por chegadas, unha xogada desafortunada, nun balón que se "empantana" dentro da area pequena, aproveitao Martin Marquez, para anotar o 1-1 de tacón. Faltaban 5 minutos, máis o desconto. E tocaba sufrir, ainda sendo conscientes de que para nos tamén era un bo resultado. Eles seguian a colgar balóns a nosa area, pero Robert, Oscar, Sanchez, Amosa, Pintiño e Rúben, despexabanas sen maiores problemas. Por outra parte, e a contra, puidemos incrementar o resultado, pero non estivemos atinados de cara o gol. Minuto 90, 1-1, o arbitro dirixese os seus lineas para indicarlles que descontará 5 minutos. Tiñamos que apretar. Asi no minuto 93, Chicho encara dende banda esquerda, vaise hacia o medio, e intenta tirarlle un autopase o central do Grixoa, este anticipa e consigue sair co balón, pero Chicho, que non da un balón por perdido, quixo pelexalo polo costado esquerdo do defensa, o porteiro que saira a controlar ese balón veuse sorprendido pola chegada de Chicho, e incomprensiblemente derrivouno medio metro dentro da area. Penalty!! Faltaba 1 minuto para o remate e tiñamos a posibilidade de levar os 3 puntos, celebramolo, ata que Adrian pediu auxilio para o pobre Chicho, que nesa xogada fortuita, rompera o Peroné. A ledicia previa, convirteuse en preocupación, e despois de ter o xogo parado uns 5 minutos, e retirar a chicho os vestuarios, volvia a ledicia, tras anotar o Penalty Robert. 1-2 e sen tempo para reaccionar o conxunto local. Acadabamos os 3 puntos que van adicados para ese fenómeno chamado Chicho.
Despois e na recollida hacia os vestiarios, unhas verbas entre aficionados do "Grixoa" e poñoo entre "" por que non sei si son do Grixoa, do Recesende, do Portoumouro ou simplmente Anti-Lamela, xa que en todos esos encontros nos temos que atopar sempre cos mesmos energumenos que non merecen nin ser nombrados.
25 minutos tardou en chegar a ambulancia, e hoxe sabendo que Chicho se recuperará en breve, podemos dicir que onte foi unha victoria importantisima.
Evidentemente nin que dicir ten, que non valeu de nada, si chega o Domingo e pinchamos, xa que agora que estamos tan cerca, o que temos e que rematala para que non se nos escape.
Euforia? Non porfavor, ledicia por estar mais perto, pero a euforia e mala conselleira, e ainda que cerca, non conseguimos nada esta tempada. Sexamos sensatos, e manteñamos a cabeza fria.
Como me acaba de dicir alguen que entende de esto, sabedes que hay que facer despois de gañar o domingo? Gañar o vindeiro Domingo.

Noraboa a todos polo encontro. Demostramos por que estamos ahi, desmotramos a importancia dun vestiario unido, e iso chavales, e o que realmente MARCA A DIFERENCIA!

Saúdos e unha aperta a todos.
Vindeiro partido Lamela-San Marcos...non fai falta que diga que son claves estes 3 puntos.

miércoles, 12 de marzo de 2008

Non e o partido da xornada. E o partido da tempada.


A falta de 5 días para o partido máis importante da tempada, un Grixoa - Lamela, que despertará moito interés. Notonos, nerviosos, con ganas de que empece xa, con ganas de pelexar, con ganas de facer as cousas ben. Para nos evidentemente non se acaba ahi a tempada, para eles pode ser que si o faga. Imos con menos presión pero non por eso con medo. Con un respeto que merece calqueira equipo da categoria, pero sempre tendo presente que nos somos o líder, conscientes de que nos valen 2 resultados dos 3 posibles, sen renunciar a nada, pero sen dar nada por feito, por que non esta nada feito, e si moito camiño recorrido. Faltan 7 xornadas, 21 puntos, moito tempo atras, gustarianos chegar como chegamos, pero non firmamos nada, porque somos conscientes do que nos xogamos. Estamos no sós dende fai moito tempo, tanto como 6 meses ou 27 xornadas, e nos sós estamos ahi por meritos propios, non temos dereito a tirar o traballo feito, ainda que si se tratase de dereito xa remataría esto. Merecemolo máis que eles? ou Separannos decisions e resultados puntuais? Teñen mellores xogadores? Todo pode ser, pero nos merecemolo tanto ou mais que ninguen, os nosos resultados cantan por si mesmos, e pode ser que xogodor a xogador nos gañen, pero a EQUIPO non nos gaña ninguen. A VESTIARIO non nos gaña ninguen, a CARACTER non nos gaña ninguen, e sobre todo a AMISTADE non nos gaña ninguen.

Un esforzo máis para o obxetivo, sen medo, pero con respeto, sen prisa, pero sen pausa, sen chuleria, pero con caracter. Aqui estamos por que o gañamos e eso non no lo vai a sacar ninguen.

Queremos facer a moita xente feliz? NON. Pelexaremos por sentirnos ben con nos mesmos. Non lle vamos a dar ese gustazo.

Unha aperta a todos, e VAMOS A POLO OBXETIVO!!

Aqui vos deixo outro video para entretervos un pouco.

Estiveno vendo todo, e con respecto o anterior non se repite nada. E BOISIMO!

lunes, 10 de marzo de 2008

Xornada 27º Empate que nos sabe a pouco. Todo esta moi igualado polo ascenso

Antes de nada, darlle dicirlle o noso querido Amosa, que estamos todos con el, e que sexa fuerte nestes momentos compricados.
Este domingo empezaba o "bo" a falta de 8 xornadas e con 8 puntos de ventaxa, antoxabase que si podiamos vencer iriamos moi moi comodos a visitar o campo do Grixoa.

Once Inicial: Fli, Pinto, Robert, Ruben, Jacobo, Oscar, Adrian, Orosa, Cutrin, Diego e Matias. Completan o equipo: Manolo, Mariño, Pibe, Lino e Chiho.

Empezamos ben a primeira parte, cunha ocasion a balón parado de Robert que deten moi seguro o porteiro santiagues. Despois varias ocasions de Matias, un lanzamento cruzado e un intento de vaselina.

Xa na segunda parte, Lino por duas ocasións, Adrian e Pibe -coa punteira- puideronnos dar os 3 puntos, que nos mantendrian a 8.

Mencion especial teñen os colexiados do colexio de Lalín, pero non vou a dicir nada por que o certo é que si entrara algunha ocasión non pasaba nada.

Perdoade pola crónica tan escasa, pero e que hoxe non teño moitas gañas de escribir.
So dicirvos que ainda que eu son pesimista por natureza, temos potencial para acadar o noso obxetivo, e como vos dixen en crónicas pasadas estamos solos en esto. Pero somos capaces de sacar esto adiante a vamolo demostrar.
Animo chavales e xa pensando no Domingo.!!!

viernes, 7 de marzo de 2008

Homenaxe a Chicho, felicidades pola paternidade.

Bueno a parte de este video que vos comparto, tamen actualicei unha quiniela, e unhas frases curiosas, para que non vos "aburrades" cando estedes no traballo.

Este primeiro comentario vai en honor de Chicho que o pasado mércores foi pai, noraboa tio e que todo vaia moi ben coa pequecha.

E agora aqui che queda este video en honor a ti. Chicho 4ever. (Conectade o son cando o vaiades a ver, NON TEN DESPERDICIO)

"Perlas do fútbol"

Ahi vos deixo unhas "perlas" que atopei por internet:

"Todos los entrenadores son despedidos, pero es mejor ser echado por el Real Madrid que por otro club" John Benjamin Toshack

"El fútbol es imprevisible porque todos partidos empiezan cero a cero" Vujadin Boskov

"Ganar es mejor que empatar. Y empatar es mejor que perder" Vujadin Boskov

"Perder es mejor que descender" Vujadin Boskov

"Prefiero perder un partido por nueve goles que nueve partidos por un gol" Vujadin Boskov

"En ningún sitio aprendí tanto de mí y de los demás como en una cancha" Jorge Valdano

"Es más hermoso que yo, pero yo soy mejor futbolista" Frase de Samuel Eto'o, en referencia a David Beckham.

"Nadie duda que Zidane es un jugador tremendo, pero lo que Zidane hace con una pelota, Maradona lo hace con un naranja" Michel Platini

Quiniela Xornada 27ª. Pode ser clave para as aspiracions de uns e de outros.

O vindeiro Domingo dia 9 de Marzo, disputase a 27ª Xornada. Con varios partidos interesantes, tanto polo título, como por acadar salvarse de categoria. Estos son os seguintes pronósticos:

O Pino - San Mamed: Dous equipos que a principio de tempada estarian mais perto dos postos de privilexio, pero que co paso dos encontros foron deixandose levar. O factor campo deberia ser importante, e ademais O Pino pretende disputarlle o podio o Villestro. (1)

Recesende - Tordoia: O conxunto de Teo, e un equipo de duas caras, unha como local, e outra como visitante. Ainda que o Tordoia ben de menos a máis, e esta perto da salvación, o factor campo, e a afeccion do Recesende deberia ser clave para o discorrer do encontro. Cos tres puntos, o Recesende estaría a un paso da salvación. (1)

Portomouro - Berres: Interesantisimo encontro pola permanencia, o Berres ten o último tren para aspirar a manter a categoria, e o Portomouro deberá sumar, senon quere verse en apuros, xa que o seu máximo perseguidor esta apretando. Ainda que os dous equipos teñen a presion pola victoria, e estan moi necesitados de puntos, espero que o resultado sexa favorable o conxunto visitante. (2)

Praiña - Pamlmeira: Ainda que co corazón me gustaria que o conxunto de Reis non descendera de categoria, penso que este Domingo será a confirmación de que o vindeiro ano competirá na Terceira Autonómica. O equipo do Barbanza, con varios fichaxes novos, e o colista do campionato, pero penso que acadará a victoria no Ignacio Varela. (2)

Sionlla - Laro: O Laro ben de perder no ultimo suspiro frente o líder e querrá resarcirse do mal trago, si estan atinados os do Deza, pode ser incluso unha victoria por goleada. O Sionlla pola sua parte, con varios brasileiros no seu plantel, irá con moitas baixas polos sancionados que ten. (2)

A Baña - Cacheiras: Un dos bos partidos que se podrán ver o Domingo, A Baña na casa e un equipo moi rocoso, ainda que ese tipo de xogo tamen lle vai moi ben o Cacheiras, que ten en Bouzon o seu referente para combatir as envestidas do equipo local. Partido disputado que se decidirá nalgunha acción puntual. (1)

Rodeiro - San Marcos: O Rodeiro, ben de encaixar unha goleada no campo do Grixoa, e querrá facer as cousas ben diante dos seus siareiros, pero ollo!! O San Marcos que ata fai unha xornada ocupaba o penultimo posto, leva 9 puntos de 9 posibles, nos 3 ultimos encontros. O cambio de adestrador do conxunto de Santiago esta dando os seus frutos, e non se pode dalos por mortos. (X)

Sporting Estrada - Grixoa: O Grixoa visita A Estrada, coa intención de que sexa unha xornada propicia para recortarlle algun punto o líder, pero os locais non teñen intención de poñerlle as cousas sinxelas o equipo de Marcos Alvarez. Xa na primeira volta o resultado de 1-0 para o Grixoa, reflexou que o equipo que dirixe sensacionalmente Pena, non foi nin moito menos inferior. (X-2)

Lamela - Villestro: O partidazo da xornada, o Villestro - tercer clasificado - , visita Mularedos, coa intención de cortar a racha de 11 victorias consecutivas do conxunto de Jose Antonio. O equipo de Roxos, foi o que logrou ainda pola primeira volta, facer empatar o seu primer partido o Lamela. O líder deberá tirar de casta e orgullo para "tomarse a revancha" da primeira volta, e tamen para manterse firme de cara o seu obxetivo. Resultado incerto. (1-X-2)


Alguen da máis?

lunes, 3 de marzo de 2008

Videos de un Domingo diferente. I Parte

PROXIMAMENTE!!

Por problemas que xa vos explicarei, non puiden subir estes videos, xa estou "traballando" en como agregalos a web.
Gonzalo a ti xa che farei un crokis de por que non vai jejejeje.

Xa os teño todos pasado a un cd. So me falta un soporte web para poder subilos con garantias.

Para abrir boca, aqui vos deixo unha recopilacion que non ten desperdicio.

Estade atentos o ultimo SKECH! non vos recorda a Pampo? Xa me diredes. (Pampo un abrazo tio)

26 Xornadas... ¿Quen dixo que iba a ser sinxelo?


¿Quen dixo que iba a ser sinxelo? ¿Quen foi o que dicia esto esta feito?... Pois moita xente rapaces, moita xente, que por suposto o dirá coa boca pequena (sempre hai de todo na viña do señor) E rapaces, como ben dixo o mister fai uns dias... estamos sos nesto, e con esa premisa, tiraremos para diante ata que nos den as forzas. Ata que non se poida mais, ata que caiamos rendidos polo esforzo, e ten que merecer a pena, si falabamos da importancia do grupo, e do pouco tempo que quedaba para o remate... rapaces, cada dia queda menos, e cada dia somos un grupo mais unido.
Despois de esta pastelada (cada dia costame mais escribir unha introduccion) paso o realmente importante.

A BATALLA DE LARO

Soa a film bélico, pero e que se pareceu moito, con batallas en todolos frentes, e un remate épico.
Once Inicial: Fli, Pintiño, Ruben, Sanchez, Amosa, Oscar, Chicho, Cutrin, Pampo, Robert e Orosa. Claves foron os cambios, completan a convocatoria: Diego, Jacobo, Pibe, Lino e Adrian.

Comezaba o partido polo horario novo 16:30, e ainda que con moi bo tempo, Laro e un lugar frio, polo que tiñamos que tornalo como puideramos. A primeira parte, so foi un anticipo do que sería a segunda, batallas individuais, Orosa co seu lateral (ORO mira que eres duriño, outro calqueira acabaria mazao), o Laro facia o seu xogo, mandando balons longos, para que os seus dous media puntas, e o seu punta, llos disputaran a defensa amarela. Ainda que estabamos ben plantados no campo, o Laro que coa fichase de Enrique antoxabase un rival moito mais duro do que en realidade é, non chegabamos con perigo sobre a porteria local. A pesar de todo, e nunha vision que polo que parece non compartian nin o arbitro nin os siareiros do conxunto da casa, deixouse sen sinalar dous pelantis claros, e varias entradas duras, que puideron deixar o equipo locarl en inferioridade.
Notabase a tensión no camiño os vestiarios, e o veciños e "amigos" non querian dar o brazo a torcer.
Como no fútbol, a obxetividade e unha cousa que e relativa, digamos que tiñamos puntos de vista enfrontados, por aquelo de darlles algo de chance.

Unhas das cousas que non se lle pode negar o equipo de Francis, e que como di o mister, so fan 2 cousiñas, pero as 2 que fan... fanas de cine.
E con esas armas, que poden gustar mais ou menos, o equipo local, adiantariase no marcador o comezo da segunda metade.
Co marcador en contra, e como en outros tantos partidos (estase a converter nunha mala costume empezar perdendo) parece que ese gol, que tantas outras veces encaixamos antes de anotar nos o primeiro, espoleounos, e como tantas outras veces, demonos conta do que nos estabamos a xogar.
Chicho deixoulle paso a Pibe na banda dereita, e Pampo cun pinchazo na parte posterior da sua perna dereita, deixaballe paso a Lino. E ainda que todo o mundo lles gusta xogar de titular (incluido o que escribe lle gustaba xogar de cara), en concreto estes dous xogadores, dan moito mais, saindo dende o banco.
Pouco a pouco o Lamela iba arrinconando o Laro, que se sacudia a presion, da unica maneira posible, balóns longos para intentar collernos a contra.
Pero nese momento apareceu a figura de Robert, que en dous "fogonazos" poñia o 1-2 ante a incredulidade da afeccion local. Como bromeei eu o final do encontro, "Robert dixeranme que lle pegabas moi ben o balón, pero ata esta xornada non o puiden comprobar por min mesmo", evidentemente nun tono distendido, xa que Mister Otero, e un antentico fenomeno a balón parado. Robert tio! coa tua diestra, e a miña siniestra.... eso seria un espectaculo.
En todo caso o Laro, lonxe de virse abaixo, buscou a porteria de Fli, con mais forza, e despois de varias xogadas de saque de banda, concediamoslle un corner. Un balón que foi peinado o segundo pao, e que de ali, viña o punto de penalty para que o Laro anotara o empate a dous.
Volta a empezar, ainda con tempo por diante. Varias xogadas de Pibe por banda dereita, nas que non logra dar o "pase da morte" e varios centros dende a esquerda de Cutrin, Adrian e Jacobo, pecharian o Laro en area propia.
Cando todo parecia que remataria en taboas, Adrian coa cana, e en boca de gol, anotaba o 2-3 cando pasaban 4 minutos do tempo regulamentado. A continuación o extasis da celebración. Que contarvos que non viviramos nese intenso final? Ese tipo de cousas (como diria o mister) non se compran nas Farmacias.

En definitiva 3 puntos mais perto do obxetivo, ante un rival que utilizou sensacionalmente as suas armas. Un equipo este Laro, que non penso que perda mais encontros no seu terreo, xa que son moi rocosos e moi dificiles de gañar. Noraboa a eles tamen polo encontro realizado.

Ainda que o teño feito en varias crónicas, non e habitual que señale a alguen como clave, ou algun tipo de accion en concreto, pero creo que e de mencion un par de cousiñas.

A dedicación do primeiro dos goles: A parte de gran fútbolista Persi, eres unha boa persoa, e ahi queda a demostración dedicandolle o primeiro dos goles, a un compañeiro que quedara sen vestir (Manolo) Este e outro fenomeno, pero quedará para outra cronica.
A "Resurrección" de Adrian, rubio eu non digo con isto que non estiveras ata o de agora, pero... e o ben que che prestou meter o gol da victoria?? Estaremos dacordo en que iso non ten prezo non?
Mister...a ti non che digo nada, o día que te equivoques, a parte de unha gran sorpresa, estará ahi a xente para recordarcho, como ti mesmo dirias... ISO VAI CO CARGO! - Crack! -

Despois de toda esta "coba", como fago en todalas crónicas, farei un pouquiño de Pepito Grillo, para dicirvos que quedan moitos puntos, un total de 24, e agora ben o compricado, agora vamos a demostrar de que pasta estamos feitos verdade?
8 Finales, 8 Guerras, 8 Domingos para o remate, para a meta. Seguinte no punto de mira... Villestro, ¿temos algunha conta pendiente? ¿Creo que teñen dous puntos que nos corresponden verdade? ¿Imos a poñer a carne no asador? NON ME CABE NINGUNHA DUBIDA DE QUE SI.

Un abrazo, e noraboa polo partido de hoxe.