jueves, 29 de noviembre de 2007

Empezamos o mes de Decembro cun partido moi compricado. Xornada 14º

O último mes do ano presentasenos compricado, con duas saídas moi compricadas A Baña e Sp. Estrada. E dous rivais da zona alta na casa, Rodeiro e O Pino, si o mes pasado era un mes compricado, non menos o é este.



BERRES - O PINO: O Berres esta sendo un equipo moi irregular, e ainda que O Pino tampouco gaña con soltura, neste partido o equipo de Casal deberia acadar os 3 puntos. (X-2)

PALMEIRA - TORDOIA: O Palmeira e un equipo totalmente desauciado, o Tordoia ainda que non acada resultados favorables, este partido deberia gañalo,senon quere meterse no pozo da clasificación (2)

LARO - SAN MAMED:
Partido de rivalidade, o San Mamed leva unha tempada de menos a mais, e parece que esta acertado de cara a porteria nos ultimos encontros. Mentres, o Laro e un equipo irregular que pelexará por non descender. (2)

VILLESTRO - RECESENDE: O Villestro como local e un equipo que da unha de cal e outra de area, gañou 3 partidos, empatou 2 e perdeu outros 2. Pero despois da derrota como local frente o Praiña, querenlle dar unha alegria os seus afecionados. Non será un partido comodo para os de Roxos. (1)

GRIXOA - PORTOUMOURO: O Grixoa e segundo na taboa a tan so 5 puntos do líder, mentres o Portomouro e un serio candidato o descenso. Unha clara victoria local. (1)

SAN MARCOS - PRAIÑA: Si hai un equipo que non lle fai xustiza a clasificación ese e o San Marcos, penultimo clasificado. O Praiña acadou puntos que non contaba con eles (Villestro) e o campo de San Marcos será un problema para os de Reis, acostumados a "alfombra verde" do campo do Ignacio Varela. (1)

CACHEIRAS - SIONLLA:
A pesar de perder a condición de invicto a semana pasada, o Cacheiras e claro favorito, entre outras cousas, por xogar como local, e as ganas de volver a puntuar. Recuperan o central Toño para este encontro. O Sionlla por contra, disputará un partido que non e da "súa liga" xa que anda polo fondo da clasificación.

RODEIRO - SP. ESTRADA: O Rodeiro e dos equipos mais irregulares da categoria, capaz do mellor (debido os seus grandes xogadores) e tamen do peor (a falta de concentración e acerto pasoulles factura en varias ocasións). O Sporting, esta en alza, debido a que pouco a pouco aclimatase a categoria. (1-X)

A BAÑA - LAMELA: Nos últimos cinco partidos, o Lamela estivo en 4 encontros da xornada, este e un deles, un dos desprazamentos mais compricados de toda a temporada, un partido que será fisicamente moi esixente, e que demostrará de que pasta esta feita o lider. A Baña por contra intentará aferrarse os primeiros postos, e conseguir destronar, o que ata o de agora e o equipo mais en forma da categoria. (1-X-2)

lunes, 26 de noviembre de 2007

Un mes importante. ( II Parte )

Fai mais ou menos un mes, escribia neste blog, o que nos esperaba de cara o mes de novembro.
Catro semanas despois, e enfrentamentos co 2º, 3º e 4º clasificado, podemos facer un balance positivo deste mes de novembro, ainda que por suposto puido ser mellor. Dos 12 puntos en xogo, acadamos 8, con 2 victorias e 2 empates. 11 goles a favor e 5 en contra. Empezando polo Villestro, ata nos supo a gloria o punto, despois de como foi o partido. A semana seguinte, suponos a pouco cando nos empata o Grixoa despois de ir gañando 2-0. Na terceira semana do mes, volvemos a senda da victoria, goleando a un peleon San Marcos. E este mesmo domingo dabamos boa conta do Cacheiras, que ata ese momento era o 3º Clasificado e invicto.
Un mes de novembro que nos confirma como un dos dous (o outro será o Grixoa) que pelexarán polo ansiado ascenso a primeira rexional, pero o que pense que esto esta feito esta moi enganado, esto so acaba de empezar.

jueves, 22 de noviembre de 2007

Xornada 13; un autentico partidazo: Lamela - Cacheiras

TORDOIA - BERRES: Non hai un claro favorito, o xogar como local deberia ser clave (1-X)

SAN MAMED - PALMEIRA:
Extrañariame que o Palmeira se presenntará, penso que non ira o partido e retirarano da competicion, ainda que aparezca a xogar o San Mamed e claro favorito (1)

RECESENDE - LARO: O Recesende por xogar como local, ten algunha posibilidade mais, partido moi aberto (1-X)

PORTOMOURO - VILLESTRO: O Villestro despois do pinchazo da semana pasada, debe gañar para seguir nos postos nobles da taboa. (2)

PRAIÑA - GRIXOA: O Grixoa deberá sacar os tres puntos, ainda que o Praiña ven de gañar na casa do Villestro, ten duas baixas importantes. (2)

SIONLLA - SAN MARCOS: O Sionlla ven de encaixar a goleada da tempada, e o San Marcos pese a perder tamen por un tanteo abultado, pareceme un equipo xoven que pode sair da zoa de descenso. (2)

Sp ESTRADA - A BAÑA: Ainda que poida parecer un 2 claro, o Sporting pode sacar un puntiño na casa, xa que A Baña fora do seu campo baixa o rendimento. (X)

O PINO - RODEIRO: Un gran partido, que non se pode anticipar o que vai a pasar. O Pino foi o unico equipo que venceu o Grixoa, e o Rodeiro ainda que a sua tempada e irregular sempre e moi perigoso. (1-X)

LAMELA - CACHEIRAS:
O partidazo da xornada, o pasado azul de moitos dos integrantes do Lamela dalle un toque especial a este encontro, Pampin, Cutrin, Ruben, Manolo, Chicho, Pibe e o propio mister, con pasado no equipo de Teo. O Cacheiras un equipo novo que compite coas suas armas, moita velocidade e agresividade, e dirixidos moi ben por Manuel Caiño, estan facendo unha gran tempada. Un bo partido polo propiamente deportivo ( 1º contra 3º ) e no extradeportivo por todo o que rodea a este partido. Resultado incerto. (1-X-2)

lunes, 19 de noviembre de 2007

Os favoritos gañan, e salta a sorpresa no Villestro - Praiña


Con moito frio, e en alguns casos unha choiva fina, comezaba a xornada 12 da Segunda Autonómica.
Empezando polo líder, que chegaba a San Marcos, consciente de que non sería un partido facil,un partido "trampa". Os primeiros compases do partido foron freneticos, cun San Marcos cheo de rapaces, que impoñian un forte ritmo de partido. O Lamela por outra parte, parecia sufrir o sindrome da segunda parte contra o Grixoa, e parecia sentirse dominado. O equipo santiagues, adiantouse no marcador, pero dous minutos despois o lider reaccionaba, cun gol de Matías a saída dun corner. Antes do descanso, e nunha falta o borde da area, Robert, adiantaba o conxunto trasdezano, e poñia o 1-2.

Na reanudación o Lamela xogando a contra, anotaria o terceiro por medio de Pampín, ou iso foi o que anotou o colexiado, xa que realmente creo que o gol foi de Cutrín, despois de un espetacular dereitazo, que pegou na cruceta e botou dentro, para que non houbera polemicas, Pampo remachou o balón as mallas da porteria do San Marcos.
Co partido xa resolto, empezaron os cambios, nun deles saiu Pibe, que nunha magnifica xogada, poñia un bo centro, que o central do San Marcos, intentando desesperadamente sacar o balón, introduciao na sua propia porteria.

Con todo esto, o líder, Lamela, continua unha semana mais o fronte do grupo 5 da Segunda Autonómica.

O resto da xornada foi a seguinte:

Tordoia - O Pino (1-2): O equipo dirixido por Casal, tivo incontables ocasións de gol, Oscarin mandou 3 balóns o pao, e Alfredo anotou o gol da victoria a saída dun corner. Tres puntos mais para O Pino que o manteñen na zona noble da taboa.

Berres - San Mamed (2-1): Unha das sorpresas da xornada, xa que o Berres viña de perder varios partidos consecutivos, e o San Mamed parecia que despertaba e se encaramaba a parte alta. O Berres consigue 3 puntos importantisimos para intantar acadar a permanecia.

Palmeira - Recesende (Susp): Non temos datos deste partido, pero o parecer o Palmeira leva unhas xornadas nas que non conta con xogadores suficientes.

Laro - Portomouro (0-2): O Portomouro sumou 3 puntos importantisimos para sair do pozo, no que parece que se pode volver a meter o Laro.

Villestro - Praiña (1-2): A gran sorpresa da xornada, o Praiña e un dos que pelexará polo descenso, e o Villestro quedará entre os primeiros este ano, tres puntos máis para o equipo de Reis, que non contaban con sumar, pero que lles axuda para estar con unha minima diferencia sobre os seus perseguidores.

Grixoa - Sionlla (8-1): Expectacular a goleada do Grixoa, no seu feudo e ante un Sionlla que e un dos recien ascendidos. Parece que o equipo de Luisito esta empezando a carburar, e con animo despois do empate acadado no campo do Lamela. Martin Marquez acadou o seu primeiro hattrick, e acabou o encontro tocado da sua perna dereita, co que será duda para o seguinte partido.

Cacheiras - Sp. Estrada (0-0): Un resultado que era de esperar, o Cacheiras e o rei do empate,- 12 partidos; 7 empates- e e o equipo menos goleado, pero tamen o menos goleador da categoria, empate sen goles, antes de visitar o campo do lider. Xa que a vindeira semana hai un apasionante Lamela - Cacheiras.

A Baña - Rodeiro (2-0): O partidazo da xornada, o Rodeiro cun puñado de bos xogadores, visitaba A Baña, que e o conxunto revelación desta temporada, era un partido totalmente aberto.

sábado, 17 de noviembre de 2007

Xornada 12 - Partidos trampa, e a necesidade de volver o camiño da victoria

TORDOIA - O PINO: Visita sen problemas para O Pino, que ainda que leva unhas xornadas sen acadar uns bos resultados, debería sacar os tres puntos. (2)

BERRES - SAN MAMED: Partido de rivalidade no que pode pasar calqueira cousa, ainda que en vista dos ultimos resultados acadados por ambos equipos o San Mamed deberia conseguir os 3 puntos para manterse na cabeza, o Berres se non saca algo positivo podria meterse nun apreto nas posicions de cola. (2)

PALMEIRA - RECESENDE:
O Recesende pegarase unha viaxe de hora e media, e deberá gañarlle o colista, nos partidos clasificados "da sua liga" ainda que o desauciado Palmeira non se lle ve reacción de ningun tipo, e cada dia da mais a sensación de que non comezara a segunda volta. (2)

LARO - PORTOMOURO: O factor campo deberá marcar o enfrontamento, ainda que o Laro non anda fino, nestas ultimas semanas parece que reaccióna, enfrente, un equipo de similares caracteristicas pero que lle deberia pasar factura a visita o campo do Laro. (1-X)

VILLESTRO - PRAIÑA:
A priori, partido facil para o equipo de Roxos, o Praiña esta nunha liga "diferente", e non son puntos que pensen conseguir, o Villestro recupera efectivos para este encontro, e na casa deberia impoñer a sua ley. (1)

GRIXOA - SIONLLA: O segundo clasificado o Grixoa, debería conseguir sen problemas os tres puntos en xogo, ante un debil Sionlla que estará pelexando polo descenso ata o final da tempada.(1)

CACHEIRAS - SP ESTRADA: Un partido compricado para o Cacheiras, no que a sua falta de gol podrialle pasar factura, o que parece claro e que seguiran sen perder ningun partido, o Sporting, podria conformarse con un empate, ainda que o Cacheiras xogando na casa deberia sacar os tres en xogo. (1-X)

A BAÑA - RODEIRO: O partidazo da xornada, a Baña e ata o de agora a sorpresa da competición, ainda que leva dous partidos seguidos sen puntuar, sigue nos postos de arriba, o Rodeiro estaba entre os favoritos o ascenso pero por distintas circustancias foi deixando puntos que a postre distanciaos da pelexa polo ascenso. Un partido totalmente aberto, ainda que o local a priori ten algo de vantaxe. (1-X-2)

SAN MARCOS - LAMELA: Un partido trampa para o lider, nun campo na que non se pode practicar un bo fútbol. O lider deberia impoñer a sua calidade sobre un dos candidatos a descender, todo o que non sexa gañar seria un desastre para o Lamela. (2)

lunes, 12 de noviembre de 2007

¿Gañamos un punto ou perdemos dous?

Todos tiñamos claro que era un partido dos mais importantes da tempada, ainda que evidentemente non iba a decidir nada, xa que quedan xornadas.

Empezamos o partido con imprecisions, e realmente notabasenos nerviosos, e con ganas de facer as cousas ben pero precipitandonos. En un par de xogadas do Pibe, unha que lle pon a Cutrin o borde da area, para que anote maxistralmente cruzandolla o porteiro do Grixoa. O segundo nunha boa xogada do arxentino, na que se vai pola banda de dou xogadores, pon moi ben o balón o segundo pao, na que Pampin co acerto anotador que o caracteriza, mete o balón na escadra dereita da porteria de Ares, cun remate de cabeza sensacional.

Imos o descanso coa sensación do traballo ben feito, e pensando en que se no nos anotan un gol antes dos 15-20 minutos da segunda parte, o partido non se nos escapa.
Con tan mala sorte que no minuto 50 encaixamos un gol, que nos fai presa dos nervios. O Grixoa insistia e insistia acadando o empate a falta de 10 minutos.

O mellor de todo pode ser os 5 puntos que lle seguimos sacando o segundo clasificado, que nos deixa coas mesmas opcions. E tamen a cara dos nosos xogadores, o final do partido, os cales o empate lles parecia pouco resultado tal e como foi o partido. Eso quere dicir que somos un grupo campión, e imolo a seguir demostrando, por onde vaiamos.

Animo rapaces, que seguimos facendo historia, a base de traballar, traballar e traballar. E que sexamos conscientes de que todos (ata eu jejeje) somos importantes.


Ademais debemos de estar orgullosos, de que todos esten pendientes de nos, ata xente que non ten nada que ver co equipo. E por eso busquei esta frase que o di todo...:

"Se ha alcanzado la excelencia como líder cuando la gente lo sigue a uno a todas partes, aunque sólo sea por curiosidad"

sábado, 10 de noviembre de 2007

Xornada 11 - Partidos importantes para todos, e 3 partidazos pola parte alta



SAN MAMED - TORDOIA: O San Mamed ven de gañar O Pino con bastante facilidade, e ainda que na xornada pasada o Tordoia tamen acadou os 3 puntos frente o Recesende, o equipo da Ulla, non deberia ter problemas para gañar o encontro que xoga como local. (1)

RECESENDE - BERRES: O conxuto de Teo, pese a perder a semana pasada e favorito, entre outras cousas por que xoga na casa, e e un equipo moi duro como local. Mentres o Berres e un equipo irregular, capaz de xogar bos partidos frente os candidatos o ascenso, e pinchar con candidatos a descender. (1)

PORTOMOURO - PALMEIRA:
O Palmeira ten pinta de equipo de 3 Rexional, e fora da casa será compricado que saque os tres puntos. Por contra o Portomouro se sair dos postos de descenso deberá conseguir os 3 puntos en xogo. (1)

PRAIÑA - LARO: Dous equipos irregulares, o equipo de Teo deberia aproveitar o seu campo para ir a polos tres puntos, que lle darian moita tranquilidade. No caso do Laro se non quere compricarse a vida terá que sumar na sua visita o Ignacio Varela de Reis. (1-X)

SIONLLA - VILLESTRO:
O Villestro recupera dous importantes xogadores para este partido, e para manterse na zoa alta deberia gañar este partido con solvencia. O Sionlla empezou mal a tempada, pero parece que esta a despertar. (1)

SP.ESTRADA - SAN MARCOS:
O equipo estradense, esta cada semana que pasa en mellor forma, e o penultimo clasificado tamen esta mellorando dun tempo hacia aqui. (X)

RODEIRO - CACHEIRAS: Dous equipos chamados a estar na parte alta da taboa, o Rodeiro o xogar de local deberia impoñerse, pero calqueira pode pasar. Por contra o Cacheiras segue sen perder un partido, ainda que neste desprazamento pode perder os tres puntos. (1)

O PINO - A BAÑA:
Outro partidazo, o Pino ven de perder contra o San Mamed, e depende de homes como Oscarin e Rubén, pola contra A Baña leva duas derrotas consecutivas e deberá puntuar no campo de O Pino. (X-2)

LAMELA - GRIXOA:
O partidazo da semana e posiblemente da tempada, o segundo clasificado o Grixoa, con un plantel con xogadores extraordinario; visita o lider invicto da categoria. O Lamela deberia impoñerse o xogar como local, pero esta semana o rival será un duro oso de roer. Resultado aberto. (1-X-2)

jueves, 8 de noviembre de 2007

De Luns a Domingo...

Este articulo so se compón de unha soa frase, a mellor das que atopei por internet. Seguro que estaremos todos dacordo...



"Los lunes siempre pienso en cambiar a diez jugadores, los martes a siete u ocho, los jueves a cuatro, el viernes a dos, y el sábado ya pienso que tienen que jugar los mismos cabrones" (J.B.Toshack)

domingo, 4 de noviembre de 2007

Cronica 10ª Xornada.

"El problema con los árbitros es que conocen las reglas, pero no el juego
Bill Shankly, jugador y entrenador de fútbol británico.


Hoxe foi un día diferente, xa que perdemos os nosos primeiros puntos nesta tempada. (ou tal e como se presentou o partido, máis ben gañamos 1 puntiño)
Chegamos a Villestro, con tempo de sobra para meternos no partido. A hora para o partido esta establecida ás 16.00 horas, pero resulta que como esto e fútbol aficionado, incluso as persoas que dirixen todo esto se poden permitir, chegar case unha hora tarde e aqui paz e despois gloria.

Eu sempre o comparo con calqueira traballador, por que o fin e o cabo o arbitro non ven a facer o seu "traballo" gratis, pois o dito, que probe calqueira traballador a chegar case unha hora tarde o traballo, a ver que lle di o xefe.
Pero non so contento con eso, tira unha semana de traballo pola borda, dun equipo que ten un claro obxetivo.

Empezando o partido con ese retraso, e tras os compases iniciais, e despois de sacar varias faltas e cornes a favor, nun deles Matias pon o balón o primer pao para que Pampo remate dunha maneira certeira. 0-1 (min.20), o partido parecia encauzarse, e o Villestro non daba sensación de perigo. Pero que resulta que o persoaxe que dirixe o partido, inventase unha falta o borde da area, nun pelotazo do Villestro, un xogador local coloca o balón pegado o pao, onde Fly non pode chegar. 1-1 (min. 35). Volta a empezar.

Asi chegamos o descanso, coa sensación de que en calqueira momento teriamos as ocasions para irnos no marcador. Pero resulta que de novo este persoaxe, expulsa a Oscar (min. 49), con dez, toca facer unha azaña para intentar ir a polos tres puntos.
Cando mais achuchabamos, un balón perdido o borde da area do rival, convirtese nun contragolpe, que acaba con Pintiño expulsado inexplicablemente con vermella directa, na que o arbitro considera que e o ultimo home e ocasión clara de gol.... con 9 xogadores, o único que podiamos aspirar era a un punto. Pero esa falta, convirtese en gol, tras un fallo da barreira que deixa totalmente vendido a Fly.

Con 9 xogadores e perdendo 2-1 faltando 10 minutos, so se trataba de corazon e coraxe, pasando 1 minuto, Matias saca un bo corner que remata Pibe de cabeza. A locura chega a todos que o celebramos no banquillo como un verdadeiro equipo.

Pese a todo o ocurrido, seguimos lideres con 5 puntos de ventaxa, e a sensación do equipo nos minutos finales, incluso pode reforzarnos, sen confiarnos, para o partido desta semá contra o Grixoa.

Para rematar so 3 cousiñas:

A primeira que teño claro que o arbitro que dirixiu o encontro, non o fixo con maldade, pero o que esta claro, que cando alguen o fai tan mal, debe de ser apartado un tempo para que pense no que fixo mal.

A segunda e que esta crónica como puxen en outras opinions e totalmente subxetiva, e como sempre digo, si todos escribiramos sobre o partido veriamos cada un o noso.

E a terceira e mais importante, o grito de "guerra" do final do partido no propio campo, demostra de ante todo somos un equipo, un gran equipo, e si alguen nos quere pasar porriba, vai a ter que sudar sangue.

VAMOS CHAVALES!!!! A ROELOS!!!

sábado, 3 de noviembre de 2007

Un mes importante. ( I Parte )



Partido a partido. Domingo a domingo. Este e un dos secretos de levar 9 victorias en outros tantos partidos. Pero o certo é, que nos ven enriba un mes importantisimo de cara o futuro inmediato do equipo. Catro partidos fundamentais.

Empezando por mañan, Villestro - Lamela, uns 3 puntos vitais para poder seguir mantendo distancias, un partido compricado fora da casa no que teremos que demostrar por que estamos onde estamos.

Continuamos co partido no que estarán todalas miradas, Lamela - Grixoa, se o da semana anterior era compricado, este ainda o é máis. Recibimos a un claro candidato o ascenso. O Grixoa plagado de grandes xogadores, podría achegarse o liderato se vence no noso campo. Pero novamente teremos que demostrar por que somos lideres.

Despois de dous osos duros, non menos duro, pode ser o San Marcos, un equipo que esta moi abaixo a taboa, pero que e moi dificil de bater, xa que os partidos que perdeu foron pola minima, e recentemente impuxose A Baña por un condundente 1-4. Un partido trampa, que teremos que xogar con moito tino.

E si todo esto xa sería un mes compricado, recibimos no ultimo partido de novembro, o Cacheiras. Un equipo renobado, con unha media de idade de 22 anos. Con moitas gañas. O equipo de Manuel Caiño esta na zoa noble da clasificacion por meritos propios e a dia de hoxe ainda non perdeu ningun partido. Outro enfrentamento compricadisimo que a esas alturas de mes, aclarará moitos postos na clasificación.