lunes, 10 de noviembre de 2008

Nubes e Claros. Lamela 3 - Dumbria 0


Xa sei que e ventaxista actualizar hoxe, despois de gañar 3-0, pero e que por suposto estase de mellor humor, sen olvidar que non conseguimos nada.
Tamen vou a cambiar a imaxe, porque me dixeron que a da choiva era algo triste. Pero tampouco vou a poñer un sol, por que ainda non se ve o sol, poño nubes e claros, a ver si o sol o vemos o domingo.

Once Inicial: Fli, Pinto, Jacobo, Oscar, Amosa, Rober, Mario, Baleiron, Pibe, Orosa e Pampin. Tamen xogaron: Neira, Chicho, Cutrin, Ruben e Adrian.

Primeira Parte: Goles de Pampin, e Pibe (de Penalty)
Segunda Parte: Gol de Baleiron.

Non vou a facer ningunha cronica, xa que intentarei cambiar a maneira de facelas a partires de esta semana, pero terei que pensar como o fago.

Hoxe estou pouco traballador. Felicidades pola victoria, pero a seguir traballando, sen ir mais lonxe, hoxe mesmo as 9,15.

Saudos.

lunes, 6 de octubre de 2008

Crónica 5ª Xornada. 3 Derrota consecutiva. Non choveu nunca que non escampara.


A pesar das malas sensacións vividas no previo do partido, que despois se chegaron a confirmar. A tarde estaba boa para xogar o deporte rei, dia de festa en Lamela, co que en teoria se dispoñia unha boa entrada.
Despois dos dous pinchazos anteriores o mister dispoñia un novo debuxo táctico para correxir antigos erros.

Once Inicial: Ivan, Mario, Ruben, Sanchez, Amosa, Oscar, Orosa, Neira, Pampo, Adrian e Jacobo.
Completan a convocatoria: Chicho, Alfonso, Raul, David e Cutrin

Con todo iso, comezaba o partido, despoid e estar charlando tanto com mister como co segundo do Mugardos, si chegan a leer esto un placer coñecervos, so espero que poidamos na segunda volta repetir resultado... 1-2.... :)

O Mugardos viña coa leccion ben aprendida, e sen compricarse nada. Con un xogo moi espeditivo, o que mais, ata o de agora nas 5 primeiras xornadas.
A media hora de xogo, e tras unha falta de 40 metros, o dianteiro do conxunto ferrolan, remataba compretamente so, para anotar o 0-1 outra vez tras un erro defensivo, compricabasenos o partido.

Temos ese defecto, que parece que nos teñen que anotar un gol, para que reaccionemos, e asi, 10 minutos despois, tras un bo saque de esquina de Neira, Pampo anticipando a sua marca, anota o seu primer tanto na categoria. Un bo gol.
Nesa mesma xogada, ibase a producir a expulsion dun xogador do Mugardos, que deberia marcar o encontro.

Así fomos o descanso, co 1-1 e en superioridade numerica.
Todo deberia estar a favor, e saimos na segunda metade a polo partido, pero outra falta de concentración, e outro erro, supoñianos perder cando menos un punto.
Tamen temos que ser conscientes que ainda que non se poida acadar os 3 puntos, nesta categoria todo o que sexa puntuar e moi importante.

So dicirvos, que ainda que doen estas derrotas, -3 consecutivas- podemos sair desta "minicrisis" aportando as nosas mellores armas, traballo, esforzo e sobre todo EQUIPO!!!.

Tamen pedirvos perdon, por que este tipo de derrotas doen tanto que as veces te enfadas, enfadaste con todo. Contigo, con vos, co todo o que se move, pero si somos conscientes de que si cando perdes tes esa sensación e porque sabes que se pode sair.

Saúdos e a ver si me facedes escribir a proxima crónica cunha alegria.!

miércoles, 1 de octubre de 2008

Segunda derrota consecutiva da tempada. Quen con nenos se deita, mexado se levanta.!


Antes de nada, perdon pola tardanza. Pero a ver si a proxima e unha victoria, e asi fagoa de mellor gana.

Camiño de Elviña, coa mente posta en recuperar 3 puntos perdidos na casa, un rival compricado polo que vai de liga. Orillamar, equipo invicto, que a postres saldria do partido como actual lider.

Comeza o partido na nosa linea, sendo dominados pero podendo sair con contras perigosas. Duas ocasións para poñerse porriba no marcador falladas, e na primeira que teñen eles anotan o 1-0.

O mellor que nos podia pasar, e que case a continuación empatabamos o partido, e o encontro volvia a comezar. Sen tempo para mais, chegamos o descanso.

O perigo era estar concentrado os primeiros 15 minutos, outro gran error, encaixando o 2-1 no primeiro minuto da reanudación. Outra vez a remar contra corrente. O mister cambiou o debuxo a falta de media hora, e pasamos a dominar o encontro, e eles a contra a intentar matar o partido.
E ahi empezou o espectaculo, primeiro un claro penalty cometido sobre Bechi, e despois un gol anulado a Neira, pecharonnos as portas de polo menos sacar 1 punto da nosa visita a Coruña.

Cometemos erros, eso esta claro... pero o que non pode ser e que os que manexan o partido, cometan unha infinidade deles, para tirar por terra o traballo de 21 xogadores, feito durante 3 días, de noite, pasando frio, perdendo horas de estar coa familia. E que chegues o domingo e 3 "mocosos" che quiten algo que por dereito mereces.
Acostumemonos a este tipo de actuacións, e o que esta claro e que ou eres infinitamente superior, ou senon "date por jodido"

Saúdos e ata a proxima crónica.

lunes, 22 de septiembre de 2008

Crónica 3ª Jornada. Lamela - Atl Riveira. Primeira derrota da tempada.


Boa tarde para xogar o fútbol, algo de bochorno pero a auga respetounos. O campo ainda que de terra... pois parece que pouco a pouco mellora. Comezamos o encontro cun once que varia nunha soa peza con respecto a do partido de Meiras, faltaba un xogador neste caso por unha causa obrigada, unha microrotura. Enton sacando a Rober do once inicial, os que comenzaron foron os seguintes:

Alfonso, Orosa, Jacobo, Sanchez, Amosa, Mario, Oscar, Gonzalo, Cutrin, Bechi e Neira.
Compretan a convocatoria: Pampo, Adrian, Fli, Ruben e Raúl

O Riveira comezaba forte asediando a porteria amarela, e o balón non parecia querer sair da area do equipo local. Nun balón que non conseguimos despexar, Mario fai un penalti claro sobre o dianteiro Riveirense, nada que obxetar, sobre todo por que Alfonso de magnifica estirada detivo para evitar o 0-1 no marcador.
Non dabamos sensación e perigo, ainda que coa calidade individual de cada xogador puidemos aproveitar varias xogadas a contra. Pero cando estabamos intentando safarnos do dominio do Riveira, encaixamos o 0-1 dun lanzamento dende fora da area do equipo visitante. Un bo gol que nos poñia en disposición de ir a polo partido. En canto nos demos conta o colexiado pitaba o camiño os vestiarios, sen poder creer o que nos estaba a pasar.
Pareciamos unha caricatura do encontro do domingo anterior, pero tampouco vamos a estar tan atinados domingo a domingo.

Saimos na segunda metade, dispostos a ir a polo partido, e arriscando a que o Riveira nos matara nunha contra. Tivemos algunha ocasión para empatar, unha de Pampo que chega moi forzado e outra de Neira que remata fora despois de un bo centro de Sanchez. A pelotiña non quixo entrar, e non acadabamos o premio que estivemos buscando durante toda a segunda metade.

Ata ahi pode ser unha crónica un tanto sosa... pero como sempre dixen o blog e algo un tanto persoal. E cando se perde xa se sabe que non se fan coas mesmas gañas.
Despois sucederon un par de cousas das que se falaran hoxe no adestramento.

Pero sabedes o que vos digo? Ayer perderonse tres puntos! E cando sain do vestiario de darvos a todos a man como acostumo a facer, e felicitarvos polo traballo (que as veces non ten a sua recompensa) sain para fora e disenlle o mister: "José encantame ver asi os rapaces"

E non e que me guste vervos mal, ou cabizbaixos. Simplemente que ainda que sei que despois de unha derrota as caras son longas por que teñen que selo, notei que non so era por eso, senon por que sabemos que todos podemos dar mais, que non competimos en primeira rexional como unha mera comparsa, porque queremos facer grandes cousas (ainda que descendamos) por que como moi ben apunta Oscar no foro... presumimos de ser o mellor vestiario da Segunda do ano pasado. E sabedes que vos digo? ESTE ANO VAMOS A PRESUMIR, NON DE SER O MELLOR EQUIPO, NON DE TER OS MELLORES XOGADORES, SENON DE SER O MELLOR VESTIARIO DA PRIMEIRA, O MELLOR GRUPO DE AMIGOS E A MELLOR FAMILIA!

Din que nos queren janar... seika me jodes? Non vin eu que ninguen individualmente lle gañara a FAMILIA que comparte Luns, Mercores, Venres e Domingo. Eu con meu pai e miña nai discuto moi a menudo... pero que ninguen mos toque... pois o mesmo vos digo, tamen podo discutir con vos a diario... pero que ninguen me os meus xogadores queridos. Os meus porteiros que son como o dia e a noite (na variedade esta o gusto), que ninguen me toque os meus dous "tucos", Rober e Mario. Ou os meus defensas preferidos Amosa e Sancho, o o meu querido señor dos anillos Pintiño, ou o dos codazos e pipas... Ruben jejejeje, os meus gnomos...que van na puta llama, Cotri e Chichiño!!! o do maquillaxe...e os brazos, Yeiko! a parella titular do truco (Pampo) e o suplente (raúl.... jejejejejeje non te celes!!!!). Tamen o que non me da vendido un movil movistar... ten delito! Scholes como o boutizou "FON", o de Queiruga que cando se poña ben vai a dar moita guerra, David. Os globertrotter, os magos do balon Neira e Bechi! O "tripode" do equipo Adrian! como o jocker no poker un comodin. "O Pelat" Gonzalo!!! como te añorabamos gonsalooooo :). O meu "pekeno" preferido... que ainda lle debo un par de rascadas RIBEIRA!!! E creo que me falta un... mmmmm, o que pasa e como non xogou nada ainda... o fichaxe galactico que xa parece Ronaldo, festa en tenerife en londres.... pero como ben dixo Cutrin: "Quen dixo que Baleiron non viña a nada" rebautizado como o home do churrasco ou GAucho-man, Baleiron.

Pois a todos a todos, por que ten razon José, todos necesario ninguen imprescindible. TODOS NECESARIOS! Vaia vestiario... si somos a envexa da primeira, por favor rapaces... sigamos sendo a envexa!

Un abrazo a todas e hoxe a adestrar panda de vagos (non todo iban a ser piropos jejeje)

lunes, 15 de septiembre de 2008

O Lamela ponse lider na segunda xornada. 6 puntos de 6 dispusputados. E a seguir traballando.


Pois si...recen ascendidos e lideres. Para min unha anecdota. Unha anecdota bonita, por aquelo de que ainda que so sexa por unha xornadas estemos lideres. Como eu sempre digo, son 6 puntos menos que nos faltan para acadar a permanencia.

As 2 da tarde saia a espedicion amarela de Lamela, para coller a maioria dos xogadores en Santiago. Poñendo rumbo o Misael Prieto, campo do Meiras, ou deberia decir campazo.

Nada mais chegar notouse a organizacion meirense, xa que considero de que aparte de ter unhas instalacions envidiables, teñen un grupo de xente que traballa ali que sabe tratar os equipos que os visitan. Gracias a Mesas e Borja por facernos sentir como na casa.

Sen tempo para mais comenzaba o partido con un once que non tiña nada que ver sobre o do primer partido contra o Cee.

Once Inicial: Alfonso, Orosa, Jacobo, Sanchez, Amosa, Oscar, Bechi, Mario, Neira, Rober e Gonzalo.
Completan o equipo: Ruben, Fli, Cutrin, Raul e Adrian.

O obxetivo era non encaixar, e asi se fixo nunha primeira parte, marcada polos bos contragolpes amarelos. Nun deles e despois dunha clara falta da defensa ferrolana, Orosa poñialle un balón dentro da area a Neira, para que este revolvendose moi ben, anotara con perna esquerda, cun lanzamento o pao corto. 0-1 e o partido onde o queria José Antonio (as veces penso que eres algo meigo). O Meiras tocaba e tocaba, pero sen a profundidade suficiente, asi noutra saída da "cova" do lamela, no minuto 44 da primeira metade. Bechi recibe un balón entre os centrales e fusila o porteiro local. 0-2 antes do descanso, eu fregaba os ollos para crelo, pero resulta que cando se traballa como traballastes onte...o final ten que dar os seus frutos.
Final da primeira metade e para os vestiarios.
A segunda parte foi un calco dos ultimos 20 minutos da primeira, o Meiras tocaba e tocaba e metia os amarelos na area. Ou tamen, ibamos tapando a entrada da cova, para o sair poder matar o partido. Pero cando se toca tanto, sempre se pode ter un despiste, e asi o mais listo da clase, "Bechi", intueu un mal control dun central, para facerlle -con un toque sutil- un autopase, e na saida do porteiro, e dende 30 metros, anotar o 0-3... vaia golazo Bechi... o Iceman do equipo. Mentres Alfonso na porteria parecia tararear esa cancion que sempre lle cantas. Faltaba media hora, pero parecia que o propio resultado iba a mermar as ganas Meirenses, non foi asi, e agora si cun futbol mais directo, un futbol de mais corazon que cabeza, intentaban recortar distancias no marcador. A falta de 4 minutos anotaban o gol que pondria o 1-3 final. Ainda que anecdotico como o liderato, e ese gol, pero xa postos a pedir, non seria mellor rematar coa porteria a cero?

Despois a ledicia propia dunha victoria, que so son tres puntos, que non se olvide ninguen. Algunha carallada de Mario, ou o Chef! Baleiron... que como ben dixo Cutrin... "Quen dixo que Baleiron non viña a nada" (despois de traernos 3 pratos de churrasco) Vaia fenomeno... case mais fora do campo que dentro.

Pampo, Baleiron, Pinto... xa vedes que este ano esta o equipo engrasado. Recuperadevos pronto... e poñedevos a adestrar si queredes xogar algo jejejeje.

Para rematar... so dicirvos que cabeciña, seguide pelexando, lamedevos as fridas, que o domingo temos outro importante partido. Tan importante como os anteriores, e tamen como o vindeiros, xa que ver o periodico e bonito esta semana... pero o mais bonito será velo o final da tempada. Traballo, traballo e traballo! E como din alguns titulares... "QUE NOS QUITEN O BAILAO".

Gran grupo e gran equipo.!

Grazas!!!!

domingo, 7 de septiembre de 2008

Debut do Lamela en primeira rexional con unha victoria traballada.

Antes de comezar coa crónica, e para que vexades que cumpro coa miña palabra de cando empezara a liga, actualizar por fin. Dicirvos que en canto teñas as fotos irei pouco a pouco metendoas no blog... non sexades impacientes.
Primeiro dicirvos o resultado que xa todos sabedes Lamela 1 - Cee 0. Nun partido que se traballou a victoria dende o principio.
Once Inicial: Alfonso, Pinto, Jacobo, Sanchez, Amosa, Robert, Oscar, Gonzalo, Cutrin, Orosa e Pampo.
Estaban no banco: Balerion, Fli, Adrian, Ruben e Bechi.

Antes de comezar a xa mencionada cronica, darlle as grazas a Manolín pola noraboa que me dou por este blog, si nalgun momento lees estas letras, que sepas que quedei moi contento de coñecerte xa que me pareces unha persoa moi sensata, de fútbol e sempre e de agredecer que alguen do teu nivel lle de a noraboa a alguen que empeza nesto do fútbol.

Sen máis, comeza o partido. E o Cee, un novato o igual que nos na categoria, achuchaba en busca do 0-1, estabamos atras, intentando sacurdirnos o dominio Ceense, os azuis apretaban e apretaban sen que o Lamela poidera liberarse desa forza imposta nos primeiros minutos de partido. Pouco a pouco os amarelos foron collendo o ritmo de partido, con varios centros o interior da area, que por un lado Orosa, e por outro Pampo non souberon materializar. A continuacion e nun centro medido de Pinto, Pampo remataba de cabeza para enviar o longueiro un balón que podese considerar a ocasión mais clara da primeira parte. Na segunda metade o Lamela saiu consciente de que esta categoria non e a pasada, e intentou imprimir un ritmo de xogo mais forte. Manolín intentou ir a polos tres puntos, cuns sensacionais cambios, os que respondeu José Antonio de maneira sensacional. E así nunha pelexa de Pampo, un rechace caialle a Orosa, para convertirse vinte anos depois no goleador amarelo que a postre darialle os tres puntos o equipo de Silleda.
En definitiva, un bo debut, contra un equipo este do Cee, que me parece un equipo cunha ilusion máxima, que non debe de perdela, xa que esa ilusión do equipo de Manolin daralle moitos puntos e moitas alegrias o equipo Ceense.

Noraboa rapaces pola victoria traballada, sodes un gran grupo, sodes uns grandes xogadores, quero que me fagades disfrutar polo menos tanto como o ano pasado. Grazas.

O Cee desexarlle sorte ata que os visitemos, e animalos a seguir con esa ilusión, xa que esa ilusión será a que vos leve o exito. Noraboa a vos tamen polo debut.

A estas horas, so podo darvos tres resultados.

Bertamirans 2 - Silleda 1
Lamela 1 - Cee 0
Soneira 1 - Zas 1

P.D: Mister coma sempre un 10 na posta en escena e un 11 no plantexamento! Crack!

lunes, 4 de agosto de 2008

Primer pa partido de Pretempada FC Lamela - SD Negreira (1-0)


Comezamos a competición ainda que de maneira "amistosa", facendo unha bo preparación para o que nos ven enriba a partir de setembro.
Como os bos estudiantes, deberemos ter os deberes feitos, para o asalto a unha nova e compricada categoria como e a 1ª Autonómica.
Presentamonos no primeiro encontro da pretempada, con varias caras novas. Alfonso, Porteiro procedente do Estradense, Mario (Chayan), Gonzalo (Lamela 06/07), Raúl (Calo), Oscar Baleirón (Soneira), Santi e Edson (Estudiantil) e David (Oleiros)
Con esas novas caras, e algunha baixa por cuestions de vacacións e eventos familiais, fumos a disputar o primeiro partido de preparación. O rival un durisimo equipo de Terceira División, o SD Negreira, dirixido por Julian.
Na primeira parte xogamos cun equipo formado por:
Alfonso, Pinto, Ruben, Amosa, Sanchez, Rober, Santi, Adrian, Edson, Raúl e Amosa. Boa primeira parte do Lamela, que ainda que dominado polo Negreira, pola sua superioridade fisica e tecnica, tiña problemas a hora de crear ocasións de gol. O Lamela nun erro defensivo do conxunto nicrariense, adiantabase no marcador por medio dun gol de Rober de pelanlty, discutido polo conxunto visitante, xa que o parecer tocou duas veces o balón antes de anotar o 1-0 que a postre seria definitivo.
Na segunda parte o equipo cambiou radicalmente, debido a que Jose Antonio, cambio tanto pezas como maneira de xogar. Nuns cambios propios de partidos de preparación e que usas para facer probas, tanto de xogadores como de sistema. O Mister pasou dun 4-1-4-1 na primeira metade a un 3-4-2-1, algo mais ofensivo. Varios golpes fortuitos e a falta de posta a punto a estas alturas de ano, supuxeron algun retoque durante a segunda metade, ainda que sin incidencias.
Como resultado unha victoria que nos da confianza en nos mesmos, aida que cos pes na terra deberemos pensar en cotas mais humildes para as que estamos configurados.
Salientar a rapida integración das novas caras, asi como a labor de anfitrions dos que xa contabades con "galons" dentro do vestiario.


Luns 4 de Agosto: Adestramento no Campo "Do Coto" (Val do Ulla) 21.00 horas.
Mercores 6 de Agosto: Partido de Adestramento fronte o Santa Comba. Campo "Do Coto" (Val do Ulla) 20.30 horas
Venres 8 de Agosto: Adestramento en "Mularedos" (Lamela) as 21.00 horas.
Domingo 10 de Agosto: Partido Amigable. FC Lamela - Santiago de Compostela (Preferente) Hora 19.30 (Campo ainda por determinar)

martes, 15 de julio de 2008

Presentación Tempada 2008/2009 - Martes, 22-X ás 21.00 horas.


O vindeiro Martes 22 de Xullo, será a presentacióon oficial do plantel do Lamela 2008/2009. A presentación será as 21.00 horas, polo que vos informo que veñades un pouco antes para cambiarvos, xa que se realizará un suave adestramento, para desentumecer os musculos despois de 2 meses de vacaciones.
Tamen aproveitarase a presentación para darvos as normas internas do clube asi como poñervos o día sobre a pretempada prevista para estes ultimos dias de Xullo, e o mes de Agosto.

Ata o 22!!!

miércoles, 25 de junio de 2008

As claves do éxito. Parte XX. José Antonio "O Mister"


Sei que me fun de "vacacions" do blog, a raiz de quedar fora da Copa do Sar, pero necesitaba un descanso de fútbol. Esta tempada será complicada e máis longa que a do ano pasado. E necesitaba coller forzas. Pero xa se achega Xullo e teremos que empezar a facer as cousas ben.
Enlazando a excelente Tempada 07/08 coa 08/09 utilizarei un "pegamente especial" e como suele pasar sempre o mellor deixase para o final.
A defenitiva clave do éxito tiñamola no banquillo. José conseguiu facer un equipo campión tanto o Domingo como pola semana. Tanto no deportivo como no persoal. E eso en calqueira categoria e moi dificil. Por coñecementos e no humano, atrevereime a dicir, co que coñezo da historia de este Lamela que se convertiu en parte da miña vida dende o ano pasado. Que o último adestrador campión, e novo adestrador para a presente tempada D. José Antonio Fernandez Reimundez, nacido a beira do mar, co corazon en calo, residente en Cacheiras, e adestrador ata a fecha do F.C Lamela, foi o mellor que pasou por estas terras.

E co funcionamento dun reloxo suizo, foi perfeccionando un grupo que de por si era magnifico, pulindo como o mellor dos escultores, un grupo que acabou marcando a diferencia.
Este ano as pretensions do mister son as mesmas que en anos anteriores, facer unha boa tempada, cun gran vestiario que dará os seus frutos o domingo nesa hora e media que nos dirá onde podremos chegar na taboa clasificatoria.
Todo iso de cara os xogadores, de cara a directiva e afeccionados. De cara o que escribe, por coñecementos por suposto infinitamente por debaixo do Mister, e intentando "recoller" todo o que poida, aprender todo o que me de a cabeza, e apoialo sempre e en cada momento para que non se sinta solo. Ainda que o cargo do que dispon e de pelexar en solitario contra todo tipo de problemas, espero poder axudalo en todo o que me encomende.

No aspecto persoal, non vou a dicir agora nada que non sepades. Considero un gran amigo, unha gran persoa, e teño claro de que me axudaria en problemas que estan porriba do fútbol. Como espero que sepas Mister, que eu sempre estarei ahi para o que dispoñas.

Si a toda a plantillas vos dei as grazas por este ano. A ti, Mister, estareiche eternamente agradecido por mellorarme como persoa, no traballo e no lecer.
19 irmans si! Un pai, un irman e un amigo gañei contigo.
Espero disfrutar tanto ou mais este ano que o pasado.
GRAZAS!!!

viernes, 16 de mayo de 2008

As claves do éxito. Parte XIX. Pampo-Gol


Para rematar cos xogadores, fareio contigo Pampo, pola importancia que ten o Gol neste deporte, digamos que ti eres o "Matador" que calqueira equipo campión necesita. Ti eres o que culmina un excelente traballo colectivo. Eres a punta dunha flecha moi ben formada, e como en tantos anos, parece ser que eres a punta da flecha, pero unha punta moi afiada.

Outro ano mais acabas como máximo goleador, e como moi ben dixo algunha vez o Mister, eres o tipico xogador que si o tes no teu equipo non valores, pero si o tes enfronte, estas pendiente del, por que sabes que na primeira que teña, vaina meter na "cuevi"
Tamén estaras canso de que che pregunten, "e logo cantos metesches este domingo" xa que parece ser que si non hai gol, o teu traballo non valeu de nada. E en certa medida ti mesmo o tes dito, " de que vale correr 90 minutos? si cando teño a de matar o partido non a aproveito?" pois si, non vele de nada, si cando tes a ocasión non a metes e non sumamos de 3 en 3.
Acordome o primeiro dia que te coñecin, foi nun adestramento do Cacheiras, e eu por aquel enton xogador do Cacheiras "B". Puxemonos cun exercicio de centro e remate a porteria, e a verdade e que quedei gratamente sorprendido con ese novo fichaxe, asi llo fixen saber o un dos adestradores por aquel enton, " este Pampín, remataas todas por dentro, iran mais despacio, mais ou menos colocaas, pero sempre fai intervir o porteiro". Asi foi, nese corto periodo no Cacheiras foi un dos máximos anotadores do equipo.

Xogadores asi, son os que marcan a diferencia, os que fan de un equipo competitivo, un equipo campion, dos que convirten en excelencia un mal partido colectivo.
Rossi fixo a unha Italia simplona campiona do mundo. Centos de exemplos de xogadores coa porteria entre cella e cella, Pampo e un de estos xogadores.
De esos xogadores que se poden escribir centos e centos de páxinas, de como pode estar sempre no momento xusto e adecuado, de como cando hai un rechazo ahi esta para empurrala, de cando ven un balón polo aire, e antes de que lle toque a cabeza xa cantas o gol, ou a sensación de que darlle un simple metro dentro da area pode resultar tráxico para o equipo rival.
Ahi estan os numeros "Pam" que che quiten o "bailao".
Persoalmente, penso que manteño unha relación cordial, tampouco de intimos, pero si de amigos, e sei que podrei contar contigo para moitas cousas, como o reves sabes que tes aqui un bo amigo, que che botaria unha man (ainda que sexa o pescozo jejejeje) no momento que o precises.

E por todo iso fuches o último dos integrantes da plantilla, porque eres necesario, importante, eres o que fai as "muescas" no cinto, o que "apunta e dispara".
Porque un equipo Campión e máximo goleador, sempre ten un xogador Campión e máximo goleador.
Noraboa "Pam" e grazas por este ano.


Na vindeira entrada, espero contar que pasamos a eliminatoria. Senon rematarei coa peza mais importante de este grupo. As claves do éxito. Parte XX. José Antonio "Sempre será para todos nos O MISTER"

jueves, 15 de mayo de 2008

As claves do éxito. Parte XVIII. Lino "Young Heart "


O resto non vos celedes por que diga que Lino e a miña debilidade, -e ti Lino non te fagas ilusións non vai por ahi o conto, que tes moito vicio.-. Cando se fala da personalidade, da calidade humana de alguen, penso que non se fai dende un punto de vista obxetivo, falase dende un punto de vista do trato, do "roce" que tiveches coa persoa, e da cordialidade e confianza da que dispos con ela.

Podría ter tantas razons para a mia predilección, que escribiria unha Biblia. Ainda que non todas, si e de recibo poñer algunhas delas aqui.
Empezando polo futbolistico, alguen que ten vivido tanto no fútbol, que ten aguantado tanto, que ten disfrutado tanto, e que como se soe dicir, ten o "cú pelao" de andar polos terreos de xogo, animase a emprender un proxecto cun claro obxetivo, o ascenso. Coa ilusión dun rapaz, non co seu fisico pero si co seu corazon. Como ben di o mister "Eu non lle pido a ninguen o DNI para xogar", e grazas a deus, por que Lino ten ese "plus" que da a esperiencia vivida, o saber actuar en situacións que moita xente da plantilla non viviu.

Unha frase que me dixo un dia José Antonio, que me quedou moi gardadiña no recordo, e a seguinte: "Facemonos mellores uns a outros", pois si, todos melloramos, pero melloramos estando o caron de persoas como Lino.
E normal que nalgun momento estes enfadado, por non xogar mais, pero iso e normal, de alguen que quere gañar, que compite por un obxetivo, que pelexa por ser o mellor. O malo seria que che derá igual non?
E con todo iso, sempre estiveches ahi para darnos puntos moi importantes, e ese roll de salvador, cando sucede 1 vez, e unha casualidade, cando suceden 2 veces, son duas casualidades... pero sabemos todos de sobra, que si sucede durante toda unha temporada, e fruto dun excelente traballo, dunha excelente visión do fútbol.

E si como futbolista nos aportaches todo iso e mais, como persoa non che digo nada. En xeral, creo que lle deches veterania, saber estar, empaque a este vestiario. E no particular, tantas e tantas conversas, tantas e tantas risas, tantas e tantas cousas que me levo de ti este ano, un cento delas. Dende o das troitas, ata o de tomar nota, pasando por conversacións menos ociosas sobre relacións persoais coa familia, ou simplemente comer un churrasco xuntos, e ter unha conversa agradable.

E de serio... creo que xa esta ben non? jejejeje. Digamos que eres o Abue"Lino" do equipo, que como teñamos que esperar polas troitas tuas e de Amosa... que pasaremos moita fame. Que lle des paso a Pedrito!! que ti xa estas maior. Que: "Foi un placer terte neste equipo, sempre te recordaremos polos teus goles de cabeza" jejejeje, ou "sentadevos e poñede o cinto", "esta o Mister rapartindo, coidado Orosa" jejejeje, e tantas e tantas que me quedarán como anecdotas para outros anos. E nun anos, cando este grupo este por ahi, e me pregunten sobre esta magnifica temporada, e este magnifico grupo, eu sempre lles direi, "tiñamos un dianteiro que se chamaba Lino, que era a miña debilidade"

Grazas Lino.

Mañan (Venres 16 de Maio) As claves do éxito. Parte XIX. Pampo-Gol!

miércoles, 14 de mayo de 2008

As claves do éxito. Parte XVII. "Yaya" Oscar "Touré"


E por fin che tocou...! Mira que levaba tempo esperando o momento para escribir algo de ti "Yaya". Para min o xogador mais completo da segunda autonómica, o tema de dar "ostias" non o vou nin mencionar por que xa esta moi gastado, pero a verdade e que... Digamos que tamen che axuda o corpo, grande eres un cacho largo.
Vaia "fichaxe" fixo o Lamela contigo, si ata teño entendido que te queren de directivo jejejeje.

Vouche recordar algun momento memorable, empezando pola colgadura de botas no partido de A Baña - que por certo non tardaches moito en volver a descolgalas - como ben di un gran amigo teu... "eu sei de un que se leva retirando 10 anos, e non se retira mais".
O "6" amarelo, encaixaas bastante ben, pero sempre collendo matriculas - e como os radares, e coma sempre o peor non e pasarse de velocidade, senon cando chega a multa - e Oscar e un autentico especialiasta en "cobrar esas multas". O xogador que si o tes no equipo contrario odias, e si o tes no teu adoralo polo seu compromiso, pola sua solidaridade nos esforzos dentro do terreo de xogo.
Por poñervos un exemplo, si Pampo e a gasolina (por que somos un equipo a gasolina), Amosa e Sancho son as rodas - de tacos, que en Lamela fai moito frio - e o Mister e a carroceria, Oscar e sen dubida o motor que fai funcionar o equipo. (Sen olvidar a outros xogadores por suposto)

Ese motor a gasolina, que parece un diesel, como moi ben dixo o sair do campo de A Baña na primeira volta... "son un tractor, en autopista anda lento, pero na braña.... ".
Quedoume pena este ano de que non sairas o campo pintandote como os indios cando van a guerra, ou como os xogadores de rugby.
En definitiva un luxo para o Lamela, dispoñer de un xogador de esta categoria, ainda que tamen recoñecer que en 2ª non tivo moita competencia, ainda a vai ter en algun adestramento (non me olvido de ti, que che debo unha!!!)
Si calificamos a plantillad de 10 o noso "Yaya Touré" e de rigor poñerlle un "11".
No persoal so dicirche gracias, por que eres unha persoa polas que merece estar neste tipo de grupos.

Agora a revalidad o titulo que tes como campión da Copa do Sar.


Mañan (Xoves 15 de Maio): As claves do éxito. Parte XVIII. Lino "Young Heart"

martes, 13 de mayo de 2008

As claves do éxito. Parte XVI. Martin "10" Javier Aguirre


Xenio e figura, e capaz do peor e do mellor. Para o meu gusto imprescindible e o que mais marca as diferencias dentro do campo. (Por suposto si esta adestrado, e fisicamente ben) E a pesar de non andar ben, e capaz de dar 20 minutos de escandalo. Este ano si chegas a estar ben "pibito" saimonos da taboa. Ainda asi, o xogador mais desequilibrante de toda a segunda rexional! Como puxen nunha crónica de fai meses, un "0" defendendo que o compensa con un 20 atacando.

Cun caracter gañador, e a quen todos os compañeiros buscan cando esta no terreo de xogo, ainda na retina un par de xogadas que fixo en Unión. Cando sae o campo, parece que o propio equipo cree ainda máis nas suas posibilidades, e cando toca o balón oese un "runrun" nas gradas, esperando a que faga unha das moitas que fai. Encara, desborda, cara dentro, cara fora, pisa, toca, remata. Un autentico luxo para o Lamela 2007/2008, calidade arxentina, e caracter arxentino para a banda dereita do equipo amarelo.

O seu caracter tenlle pasado malas facturas, pero como moi ben di el "calentura papa" e despois pronto se lle pasa. Autentico "idolo" en Mularedos, o noso "Pibe de ouro" conseguiu o obxetivo marcado fai duas tempadas, sair campión co Lamela. E vaia si o logrou.

Parece que foi onte, cando meteu ese golazo no campo da Baña. Ou cando volvia tola a defensa do Grixoa. O gol de cabeza contra o Villestro, o seu partidazo contra o Sporting Estrada (case metes o gol do teu querido Diego).

En definitiva un superclase, do que disfrutamos como nenos este ano, un dos dous integrantes dos famosos 101 anos que tan bo resultado nos deron. Eu de maior quero ter a tua calidade. "No pregunten a nadieeee, no quieran saber......" jejejeje.
Noraboa Pibito, ese plus que nos das, fixonos CAMPIÓNS!!!

E sei que coas tuas diabluras eliminaremos o UNION!!

VAMOSS LAMELAA!!


Mañan (Mércores 14 de Maio) : As claves do éxito. Parte XVII. "Yaya" Oscar "Touré"

lunes, 12 de mayo de 2008

Crónica 1/8 de final Copa do Sar. Partido de Ida. Union 1 - Lamela 1


Hoxe na crónica poñer, para os que non estiveron ali, o resultado, un valioso 1-1 (visto o visto). Un gran resultado a pesar de xogar con 10 os ultimos minutos. E despois dun arbitraxe bastante casero. Fumos superiores, ainda que o final tamen e certo que eles teñen o seu oficion de 1ª Autonómica. O sair de Rianxo, parece ser que van a vir a Lamela co equipo "titular" ainda que non sei que mais poden ter. A miña crónica remata aqui. Un resultado 1-1 que manten a eliminatoria totalmente aberta para o partido de Mularedos.

E agora empeza o realmente importante. Partido de Volta Lamela-Union.
Temos que conseguir que Mularedos sexa un inferno, tal e como o foi Rianxo. Temos que apretar, e sumar todos, remar na mesma dirección, e para iso necesitamos o apoio da grada e da afección. Hai que apretar dende o primer minuto, todos, a grada ten que berrar, tense que facer notar, para que os xogadores teñan ese "plus" que nos fai falla para pasar a eliminatoria.

E vos os xogadores, sair a morrer no campo, vamos a deixar que nos elimine o Union? Son superiores a nós? Hai unha eliminatoria bonita despois, vamos a perdela? Eu creo que nestes partidos e onde realmente se nota de que pasta esta feita un verdadeiro equipo, e xa nos podran eliminar por que sexan mellores, pero non por que non o houberamos intentado. Vamos a sair a por eles, pero con cabeza (o 0-0 favorecenos), pero vamos a darlle 2 partidos máis o noso querido Sanchez verdade?

NON ME CABE NINGUNHA DUBIDA.

P.D: Noraboa polo partido de onte, demostrastes ser homes da cabeza os pes. E demostrastes que canto mais dificil esta a situación máis damos de nos. Ese e o Pampo que necesitamos nos momentos importantes, ese Oscar e Robert poñendo o motor amarelo a punto, Pinto, Ruben, Sanchez Amosa, ese pundonor, ese saber estar e defender e pelexar ata quedar sen folgos. Ese Fli que esta ahi para manternos no partido. Orosa e Adrian traballando ata o fin defendendo pero chegando arriba con perigo. Cutrín o máis listo da clase, 3 de esas en Mularedos e cantamos Gol seguro!. Pibe, sair o campo e meterlle o medo no corpo os rivais, todo e un. Lastima que non estes para 45 minutos e so para 20, CRACK!!! Manolo que no momento mais compricado do partido e con 10 saimos a dalo todo na medular, defendendo e contendo as acometidas rivais. Matias, Matias si ti quixeras!!! Eres a nosa arma secreta e ti darasnos a clasificación. Mariño!!! Como se sufre verdade? Esa impotencia, pero ti, ti eres o que marca a diferencia cos teus compañeiros ali sentados. E a ti!! Si a ti, voute a deixar para o final, pero non por menos importante, senon por que onte estiveches inconmensurable, saindo, mandando, defendendo, creando perigo, pelexando, correndo. Eseee, ese e o que nos fai falta, o que mete o "caracolillo" dos tres puntos, o que pode marcar a diferencia por que e o que mellor ve o fútbol dende fora. Mentres outros mirar para a grada ti miras onde facerlles dano. UN 10.
Mister a ti nada que non che dixera antes, coma sempre, un fenomeno no plantexamento, na execución e na improvisación despois de quedar en inferioridade. Un autentico extratega.
Queda moito que pelexar, e o que esta claro e que Mularedos ten que ser un fortín, unha autentica caldeira a presión. NON SE NOS PODEN ESCAPAR VIVOS!!!

VAMOS LAMELA!!!!!!!!!!

Outros Resultados:

Vea 3 - Sp. Lampon 0

Ciudad 5 - O Pino 1

Calo 3 - Praiña 1

Dep. Sar 0 - Silleda 2

At. Furia 1 - San Marcos 0

Rodeiro 2 - Villestro 2

Flavia 5 - Portomouro 0


Mañan (Martes 13 de Maio) : As claves do éxito. Parte XVI. Martin "10" Javier Aguirre

viernes, 9 de mayo de 2008

As claves do éxito. Parte XV. Rober "Persi"


Como xa che dixen vaime costar moito escribir esta crónica, porque para poñer algo bo... teño que ir o libro, e non me dan datos de anteriores clubes.
O que non consigo entender e con que armas,(supoño que tirou de chantaxe emocional) te conseguiu traer o mister para Lamela.

Jose, quen e este Rober? Preguntaballe eu o día que te vin, ala me explicou, pero co que me quedei e que lle pegabas moi ben o balón. E tamen que estiveras no partido Cacheiras-Noia que se suspendera. 9 meses despois e como si de un parto se tratará agora xa sei quen e Roberto Otero. E o que lle pega "tan mal o balón" Berres, Laro, Rodeiro. O que se pon "nervioso" en partidos importantes. Penalty de Grixoa. Tamen o que mira polo clube e intenta aforrar un peso (Penalty contra o Sporting jejejeje). Aquel que se preocupa polos compañeiros como se foxen irmans (Vesaxe o caso de Chicho).

O que manda os correos que nos entreteñen as tardes, con esos videos de paxaros intentando coller vuelo. Aquel que xoga onde o poñan, aquel que o "6" lle queda "grande", e o "10" pequeno, jejejeje. Xunto con Oscar os dous "carniceiros", o motor que move o equipo dentro do campo. No vestiario, dos máis sensatos, senon o que máis.

E ademais este ano non dixo nada de deixalo... ainda vai a ser este ano o que o deixes? jejejeje, non teremos tan mala sorte digo eu. E ainda me falta por coñecerte na festa do ascenso, que teño informes de que como en todo, tamen eres un "espectaculo". Tiñas que oir os teus compañeiros falar de ti, e ruborizariaste, ata che caerian as lagrimas do ben que falan. Ou terialos que oir no banquillo cando hay unha falta o borde da area. Xa cantando o gol, (si esta Lino no campo tamen os meto eu, apartando como chos aparta) So espero que nos des o alegron de disfrutarte polo menos un ano máis.

Outro acerto máis tanto no deportivo como no persoal. En todolos equipos o "10" marca a diferencia, e neste caso moito máis.
Eu dareiche un "10" en todo, que o domingo o encargado de poñercho na espalda e o Mister.
Gracias!

jueves, 8 de mayo de 2008

As claves do éxito. Parte XIV. Andrés "Heinze" Amosa


Hoxe tocalle o noso querido central. De feito non apostaba en todo o ano en que non rompera nada, con esas patadas de Karate que se gasta. Andres!!! amodo que calquer dia as romper algo, ou a alguen jejejeje. O que nos vai a dar de cear xunto con Lino, cando pillen entre os dous unhas 50 troitas, rapaces ide preparando 10 euros para ir comer o churrasco, por que si esperamos polas troitas jejeje.
No deportivo nada que reprocharlle o noso querido Amosa, preparación, concentración e anticipación son as suas señas de identidade. No campo dao todo, un gañador nato. E si no deportivo nada que obxetar, no persoal que vou a dicir eu, un dos cos que mellor encaixei en Lamela, si o final vai a ser certo que non hai mala xente en Cira :).

Nos momentos dificiles ahi estivo el para apoiarme, e ata nas vacacions coincidimos ala por terras asturianas. So por coñecer a alguen desa calidade humana, merece pasar un ano adestrando lonxe da tua casa.

Despois o pobriño e do Barça pero bueno, tampouco vai a ser perfecto, e disculpoo por que e él. Aqui che vou a deixar unhas fotos para que xa que sei que ti non vas a ver o blog... ou polo menos en breve, si o verá tua irmá. Pois para que poida ver a seu irman, ahi lle deixo uns retratos do noso 2º Argentino!


miércoles, 7 de mayo de 2008

Cadro da "Copa do Sar"


Aqui vos deixo o cadro en PDF da Copa do Sar, ide botando as vosas contas a ver si vos dan... non estaría ben rematar a tempada facendo unha boa copa?
Pensade que despois ata dentro duns meses, non hai mais domingos de fútbol...

Descargadeo pinchando aquí

martes, 6 de mayo de 2008

Partido de volta dos 1/16 de final da Copa do Sar. Victoria contundente en Mularedos

Presentabase un bonito dia, coa mellor previa que tivemos en todo o ano. A comida dos socios do Lamela, na que a mayoria do plantel comeu a caron do campo. Era a 13:30 e xa estabamos en Lamela, "concentrandonos" para o partido de esa mesma tarde en frote o "Grixoa" do grupo 4 - O Atletico Oleiros-.
Coñecedores da nosa superioridade, saimos o campo a resolver a eliminatoria, para non pasar apuros o final, e asi anotabamos o primeiro, por medio de Pampo (Benvido) jejeje, nun sensacional remate coa testa, a saida dun corner. Nese mesmo momento o At. Oleiros desapareceu do campo, e nos seguimos apretando.
A pesar de ter ocasións máis claras nos 180 minutos, o segundo gol, acadariamolo despois dunha saida en falso do porteiro visitante. Unha falta botada por pintiño, cabeceabaa Orosa, para establecer o 2-0 antes do descanso. E deixar a eliminatoria vista para sentencia, despois do 0-0 en terras Ribeirenses.
A pesar do resultado favorable, saimos moi enchufados na segunda parte, e a pesar de que fisicamente non andamos ben, conseguimos anotar un tercer tanto, por medio do noso "Cotri" de disparo cruzado. 3-0 e Mularedos era unha festa, xa que nos acompañaban todolos comensales cos que compartimos plato e mantel unhas horas antes.
A pesar das numerosas baixas, cabe destacar que o equipo esta tan compensado, que pode faltar calquera, e a dinamica de competición seguirá intacta.
Agora imos a Rianxo, Union mais concretamente, un equipo de 1ª Autonómica, agora e cando se pon bonita a competición. E por que non vamos a pasar? Vamos a por eles, que a ainda nos queda moita Copa do Sar.

miércoles, 30 de abril de 2008

As claves do éxito. Parte XIII. Adrian "Rifle" Pandiani


O Pistolero de Arnois, encaraba este novo ano, como un xogador polifacetico, podendo ocupar case a totalidade dos postos, o seu estilo de "Fútbol Sala" pisando o balón con moita calidade, e con esos reflexos que fan falta en momentos puntuais foron determinantes en varios partidos. A pesar de precipitarse nunha toma de decisión o principio de tempada, volveu o equipo coas ganas intactas ou incluso aumentadas, e coon intención de demostrar que podia xogar neste equipo, e que o seu amago de abandoo soi era iso, un amago. Penso de corazon "rubio" que non te enganaches, e salta a vista que tomaches a decisión correcta.

Por outra banda, dicirche que sempre me quedará o recordo dese gol en Laro, que nos daba algo máis que tres puntos. Fixonos creer que todo isto sería posible, fixonos creer que este ano sería o bo. Que bueno que viniste Padiani!!!


A nivel persoal, que podo contar de ti, un cos que mellor me levo de toda a plantilla, xa que a moitos coñeciaos, pero empezando unha relación de amistade dende "0" penso que xunto con un par máis foi cos que mais "intimadades" tiven. Vamos que a parte de pasar un bo ano en Lamela, digamos que levo 1 amigo máis. Unha aperta. E noraboa polo campíonato!!!