lunes, 24 de diciembre de 2007

Golpe de efecto para rematar a primeira volta.

Eran as 9.30 da mañá, de camiño o campo de San Mamed, para xogar cos nenos do Bandeira, pero non me saia da cabeza o partido das catro da tarde. Contra un equipo que foi capaz do mellor e do peor en toda a primeira volta. Un equipo que fora o unico que puido vencer o Grixoa, o noso máximo rival.
Despois de comer, e quedar con J. Antonio para vir para o campo, non notei os nervios no estomago que sempre teño os domingos, como se o partido de hoxe non tivese a importancia que realmente ten.
Xente coñecida e amiga no outro equipo, estivemos falando con Oscarin e Alfredo antes do partido, sobre todo do accidente que sufriu un ex xogador do Sporting Estrada, dende aqui o noso mais sentido pesame os compañeiros do Sporting.

Saindo cun equipo fisicamente fortisimo por bandas, e con dous puntas por 4 vez na temporada, buscabamos asentarnos no campo, e non cometer os erros de outras xornadas. E asi, Robert abriu o campo para Ruben, que este prolongou hacia Pampo, que como un verdadeiro extremo, lle puxo o balón a Lino, para que con esa sangue fria de dianteiro goleador, controlara o balón e anotara o 1-0. O Pino por medio de Rubén e Oscarin, intentabao, pero onte Pinto, Sanchez, Amosa e Ruben estiveron espectaculares, de principio a fin. Imos o descanso, pensando que non nos pode volver a suceder o mesmo que nos pasou contra o Grixoa e o Rodeiro.
Psicoloxicamente, penso que foi clave, a charla do mister antes do partido, e que de feito somos tan importantes todos, e un grupo tan bo, que non fai falta dicilo.

Comeza a segunda parte, e todo ese "medo" que tivemos en encontros anteriores, desapareceu, pareciamos un equipo, un equipo solidisimo, o mais solido da tempada. No ultimo partido da primeira volta, atopeime nunha situación que non me atopara en todo o ano. Debe ser o nadal, ou seria a cea do venres. Pero vin un grupo mais unido que nunca.

Pero non nos engañemos, queda moito, outro tanto, queda rematar a faena, e será compricado, todos veñen a por nos, pero agora e onde temos que demostrar do que estamos feitos, do porqué estamos onde estamos, e porqué somos o rival a batir.

Rematemos a "faena", non podemos fallar agora.
Xogadores 1x1:
Fli: Un seguro de vida, moita concentración. E moi compricado non recibir ningun tiro a porteria, e estar preparado para momentos puntuais do partido.
Ruben: Todo pundonor, corre, pelexa non da un balón por perdido, exemplo de garra.
Amosa: Central espeditivo, sempre concentrado, anticipación, velocidade e defensivamente perfecto.
Sanchez: O mariscal, vai o cruce con solvencia, e saca o balón con moito criterio, desplazamento en longo sensacional.
Pinto: Exemplo de veterania, lateral dereito solventisimo, acostumado a defender a lateral e interior. Sempre ben colocado, moi ben por arriba, e con internadas en ataque de merito.
Orosa: Fixo un traballo defensivo espectacular. Correu, pelexou, e anotou un gol olimpico de moi bela factura.
Jacobo: Un autentica bala pola banda esquerda, axudando en defensa a Ruben, e saindo con moita velocidade en ataque, ben por arriba. Ten na sua perna esquerda un guante.
Oscar: O autentico pulmón do equipo, un motor diesel, con rendimiento gasolina. Sensacional por arriba, no desprazamento en longo, e defensivamente sobresainte.
Robert: Exemplo de colocación, veterania e saber estar nun campo de fútbol, cando vai sempre chega, xogador imprescindible, polo importante que e falar dentro dun campo de fútbol.
Lino: Sempre preocupado por aclimatarse a categoria, podese dicir que se doctorou o domingo, sensacional na media punta, ou como segundo punta con Pampo. Anotou o primer gol, como un autentico dianteiro centro. E actuou como un centrocampista mais, cando habia que defender, sensacional por arriba, pundonor e caracter do numero 11 do Lamela.
Pampo: Impresionante, doulle o primeiro a Lino, despois de un gran centro. Xa na segunda parte puxo terra de por medio, cun sensacional tanto, rematando un balón que peinara Orosa, sen moito angulo e o balón botando moi alto, empalou coa perna dereita para axustalo ao pao esquerdo da porteria de O Pino.
Adrian: Dende a media punta, creou moito perigo na zaga de O Pino, xogando con criterio, o equipo notou o aire fresco do Rifle.
Matias: Desmarque, velocidade, ten un pouco punto debil. A punteria de cara a porteria rival. O resto... expectacular, regatea, da, conduce, despraza. Notable. O sobresainte cando atine de cara a porteria.
Diego: Portento fisico, compricadisimo sacarlle o balón dos pes, ten que ir entrando na dinamica do equipo, un medio centro con moita chegada, un autentico toro. O Batista do Lamela.
Chicho: Velocidade, entrega e caracter, Chicho e un xogador de grupo, con moitisimo caracter e sempre incorformista. Como sempre digo eu... si ten o corpo de Oscar, Chicho estaria encarcelado. Todo xenio. Un fenomeno.
Pibe: Mencion especial para o arxentino, regatea como ninguen, con balón ou sen balón sempre perigoso. E como di el... "GOLASO", para rubricar o resultado. Defensivamente un "0" que compensao cun "20" atacando.

E sempre para o final os mais importantes: Mariño, Miguel, Manolo e Cutrin. En corpo e alma con nos, como cada vez que quedan outros 4 compañeiros distintos. Importantes, por que sen os que quedan fora, seriamos unha mesa de 3 patas.

Cada día mais contento con vos, e coa situacion do equipo. Desexarvos un BO NADAL! e que sexades moi felices nestas festas. Tan felices como me facedes a min.

Unha aperta!!!

lunes, 17 de diciembre de 2007

Volta a senda da victoria, e por arriba todo segue igual.

Tarde fria na Estrada, tarde friiiisima na Estrada. Chegamos feridos no orgullo, polo acontecido facia 7 dias en Mularedos. Estaba claro que sairiamos o campo motivados, con ganas de demostrar por que estamos na posición na que estamos. Saimos con todo o armamento, e cun banco de luxo, que en caso de revirarse o partido, tiñamos argumentos para que eles foran importantes no encontro. Nunha primeira parte de rabia, adiantamonos no marcador con dous magnificos goles dos "abuelos" do equipo. O primeiro nunha saque de esquina, que o mister mandou sacar en corto, e no que un centro medido de Cutrín (este home ten un autentico guante), remataba Pintinho como si se tratase dun autentico dianteiro centro. Pasaba o tempo, e insistiamos na porteria do Sporting, que pouco a pouco se sentia dominado. Asi, unha moi boa presion de Orosa, acababa nos pes de Pibe, que coa calidade que o caracteriza, definia a esquerda do porteiro, poñendo terra de por medio.
Comeza a segunda parte, e como si de unha repetición se tratará, ibamos recuando, ainda que sainda a contra con moito perigo. O arbitro non pitou un claro penalty por man na area do Sporting. Controlando o partido, e tendo ocasións de ampliar a diferencia, Matias e un par de ocasións, Pampin cruzando un bo balón, Cutrin e Oscar en sendos disparos dende fora da area. Pero chega o minuto 87, e tras un claro plantillazo por parte de un dos xogadores estradenses, chega un penalty que trasnformaba o equipo de Pena. Tres minutos e desconto para sufrir, nun partido que realmente non tivo mais historia da que nos lle quixemos dar.
En definitiva, temos que aprender a xogar co resultado, non meter o cuarto gol, antes que o terceiro. E pensar que un 2-0 e unha victoria comoda, que as veces, as intensas ganas de facelo mellor, perxudicannos.
Non queria acabar esta crónica, sen mencionar o explendido grupo que temos, e este domingo destacar a Mariño, Lino, Adrian, Diego e Matias, que tanto antes do encontro como no descanso, deron mostras do grandes que son, e da importancia que teñen neste equipo. Gracias chavales, por ser como sodes.

ANIMO E QUE PASE O SEGUINTE!!!!!!

lunes, 10 de diciembre de 2007

Unha dura derrota

Tarde de domingo, e cun partido importante en Lamela. Lamela contra Rodeiro, derbi, e partido de rivalidade. Empezo unha crónica de un partido que non puiden ver, co cal falo de oidas.
Partido dominado 2-0, e tres decisions arbitrais truncan a racha de invatilidade. Outra xente opinou que entre o arbitro e a falta de actitude... outros que xogadores clave non estiveron... vamos tantas interpretacións como xente veu o partido.

Eu sen velo opino o seguinte. Despois de falar con varios compañeiros, e unha derrota dura, de esas que doen por como se producen, e tamen por ser a primeira da tempada. E agora e cando se demostrará do que estamos feitos, somos homes para levantar esto, non pasou nada, e de cada derrota se saca sempre algo positivo. De todo esto podremos aprender, baixar da nube, ainda que personalmente penso que estabamos moi asentados, e que será un accidente sen máis. Pero que non se podrá volver a repetir, todos xuntos, todos tirando na mesma dirección. Somos o suficientemente fortes como para que non nos afecte.

Animo rapaces, so teño a pena, de non poder compartir esos momentos con vos pola tarde. Pero espero que entre todos saquemos esto adiante.
Somos un grupo moi unido, e eso vai a dar os seus frutos. (De feito xa os estta a dar.)
Todos a unha!!!!

viernes, 7 de diciembre de 2007

Primeira derrota da tempada

Chega a Copa do Sar, unha competición moi bonita, que queda "estropeada" pola participación de equipos de Preferente, na que, a excepción de algunha gran sorpresa gañaran. Compostela, Santiago, Flavia e Dubra son os máximos candidatos polo seu potencial, ainda que todolos anos salta a sorpresa e chega algun da segunda rexional. Sobre o papel, unha competición totalmente inxusta, que busca premiar o traballo afecionado, pero que a hora da verdade sempre gañan case os mesmos.
Lamela contra San Mamed, todo un clásico nas últimas tepadas nesta competición, ambos equipos que se teñen moitas ganas. O resultado final 1-2 a favor do San Mamed, e primeira derrota do lider da 2ª Autonómica.
Razonandoa, mellor que sexa este xoves e non o vindeiro Domingo, xa que friamente o importante e polo que pelexamos este ano e o ansiado ascenso.
Ainda con todo, o equipo dou a cara, e pudo empatar e incluso gañar. Entre as ocasións mais claras, un gol anulado a Pampin por presunto fora de xogo, dende a miña modesta opinion enganouse pero non vou a ser eu o que critique o colectivo arbitral.
Sen máis e sen tempo de analizar a derrota en Copa, cheganos o Rodeiro, un duro rival, con un potencial ofensivo importante, e que nos compricará moito o partido do domingo, entre outras cousas pola condición de derbi do encontro.
Nin que dicir ten, que seria tres puntos vitais para seguir mantendo a distancia co máximo rival, o Grixoa.

miércoles, 5 de diciembre de 2007

Especial curiosidades de fútbol.


Aqui vos deixo un par de enlaces con imaxes curiosas sobre fútbol.
Empezando por Arxentina.... e despois teñen fama de duros?

Curiosidades I Parte
Curiosidades II Parte

lunes, 3 de diciembre de 2007

Tres puntos nun campo dificil e conservamos a ventaxa.

O campo de A Baña caracterizase por ser un dos campos mais dificiles da categoria, polas suas condicions(corto, moi estreito e pesado)
Tendo claro que sufririamos, presentamonos na Baña, con un equipo moi fisico, para que o seu xogo non nos fixera dano. Fly, Pinto, Ruben, Sanchez, Amosa, Oscar, Robert, Orosa, Jacobo, Lino e Pampo.
Os primeiros 45 minutos foron trabados, sen claras ocasións e na que o balón chegaba dun campo a outro coa facilidade que da un campo tan pequeno. A Baña fixo un gran desgaste intentando parar o lider da categoria.
A mediados da segunda parte José Antonio decide que e o momento de ir a polo partido, e realiza 4 cambios. Entran Adrian por Robert, Pibe por Jacobo, Matias por Orosa e Cutrín por Lino. Bo partido dos sustituidos que pelexarón durante case 1 hora, nun campo no que se facia imposible case ata manterse de pe.
Un punto de inflexión que tivo lugar cos cambios, o mister marcando moi ben o tempo do partido, fixo as sustitucións que a postre darianos a victoria.
As ocasións empezaron a sucederse, Pampo man a man co gardameta rival, Pibe nun disparo que atallou o bo porteiro de A Baña, e unha xogada entre Oscar, Matias e Cutrin, que acabou co balón dentro, e que incomprensiblemente foi anulado polo arbitro. O tempo botabasenos enriba, e a falta de 3 minutos para o remate, Matias deixa sentado a un xogador na banda dereita e pon un centro medido, para que o Pibe, a controle co peito e con un escorzo espectacular anote o tanto que nos dan 3 puntos vitais, que nos deixan con 5 puntos de ventaxa, e que en certa maneira tamen desestabiliza os rivais, xa que semana tras semana ven que non pinchamos.
E agora a polo Rodeiro (Con cabeciña...)


Berres - O Pino:(0-2) Resultado comodo do equipo de Casal, que se manteñen na zona noble da clasificación. Problemas para o equipo do Berres, que se mete no pozo.

Palmeira - Tordoia:(2-0) Sorpresa a do Palmeira, xa que aventurabamos que en breve desapareceria da clasificación, pode ser que antes de facelo, lle "roubara" tres puntos importantes para o Tordoia. Un Tordoia que pelexa por non descender.

Laro - San Mamed: (0-0) Reparto de puntos, que non deixa contentos a ningun dos dous, o Laro deberá sumar de 3 en 3 si quere sair das ultimas posicions, e o San Mamed o mesmo si quere achegarse os postos altos.

Villestro - Recesende: (6-2) A goleada da xornada, o Villestro sigue arriba, o Recesende ainda que no medio da taboa, non deberia despistarse se non quere sufrir o final. O Recesende acabou con 8 xogadores.

Grixoa - Portomouro: (2-0) Partido sen historia, o Grixoa mantense na segunda praza, e o Portomouro pelexará ata o final por non descender.

San Marcos - Praiña: (4-2) O San Marcos podría chegar a salvarse si gaña os partidos da "sua liga" de feito dame a sensación que de esos equipos e o que mellor futbol practica, a pesar de so levar 9 puntos. Por outra parte o Praiña, tera que andar con ollo e sumar o antes posible si quere salvarse este ano.

Cacheiras - Sionlla: (3-1) O Cacheiras volve a senda da victoria, anotando por primeira vez 3 goles na tempada. Por contra o Sionlla e o segundo equipo mais goleado da categoria, e non da a sensación de que lle colla a medida a categoria.

Rodeiro - Sp. Estrada: O Rodeiro suma para intentar acadar os Top 5 da categoria, por outra parte o Sp. Estrada sigue perdende tan so pola minima, e eso quere dicir que e un equipo que pelexa todos los partidos. Deberia chegar a salvarse si sigue asi de concentrado.