lunes, 28 de enero de 2008

"O Rondo de Cutrin" - Crónica Xornada 21ª

Tarde soleada e apetecible para a práctica do deporte rei en Mularedos.Como sempre uns chegamos máis tarde q outros,nunca culpa miña,aínda q hai quen tarda en despertar unha vez empezado o partido...
Estabamos no pre-partido nunha roda formada pola xente veterana falando das aventuras do fin de semana do Pibe,cando Chicho, en claro fóra de xogo,intenta entrar na conversación...saleu de alí por pernas claro, xa q Óscar empezaba a atizar...
Eh,chavales!!! os números: 1.Fly, 2.Pinto, 3.Jaco, 4.San, 5.Amosa, 6.Oscar, 7.Chicho, 8.Rober, 9.Pampo, 10.Lino, 11.Orosa........12.Manolo, 12+1 Santi, 14.Cutrín, 15.Pibe, 16.Adri...
Empeza o partido,despois do quencemento e logo dos comentarios ante o estreno dunhas botas de última xeración dun suplente e de un ambiente de relaxación un tanto preocupante...
O partido era típico de esa hora,de siesta,pero os locatarios empezaron a desperezarse con unha clara ocasión de Lino, pero a falta de visión típica da nosa edade pasou factura e o balón foise fóra...pouco despois un barullo na área visitante aproveitouno Pampo para asistir a Orosa q acadaba o 1-0 co q se acabou prácticamente o partido, e máis cando pouco despois Jaco marcaba de falta e un xogador visitante de apellido Cutrín se volvía loco,co q foi expulsado,e co cal a partir de ahí o Lamela se dedicou a facelo fácil,sen forzar demasiado...
Na segunda parte máis do mesmo, e cos cambios atacouse máis,pero sen moito orden e sen a tensión necesaria...aínda así Pampo,logo de unha gran asitencia de Adri, e o propio Adri logo dun centro á area acadaban o claro resultado final de 4-0...partido sen historia, e oxalá foran todos así de fáciles no q queda,non?
Quedan 12+1 partidos,haberá q sufrir ata o final,xa q os demáis equipos,menos 2 ou 3 teñen falta de puntos e por outro lado parece q todo o mundo prefire q ascenda o Grixoa antes q nós,non entendo moi ben por qué (véxase sancionados no Villestro)
Bueno,xa paro,q vai arder o foro con tanta letra... a pensar en Domingo, q haberá q sudala gota gorda para sacar o partido adiante...Ánimo, q xa queda menos...

jueves, 24 de enero de 2008

Quiniela xornada 21º. Gonzalo vs Cutrin. Quen esta mais enterado?

Propusen fai unha semana, unha quiniela da xornada 21º, e dous dos integrantes do foro, animaronse a facer as suas prediccions. Mais ou menos acertadas aqui as tendes:


Cutrin:

1. O Pino -Praíña: a lóxica debe impoñerse e os locais necesitan gañar pa seguir non postos Uefa ( 1 )
2. Sionlla- Portoimbéciles: Espero q o Sionlla lles den tan forte como lle deron a Ruchi,pero non creo q gane ningún dos dous ( X )
3. Sp. Estrada- San Mamed: o Sporting está en racha e o San Mamed non aspira a nada, e vaise reservar para o partido contra nós ( 1 )
4. Rodeiro-Tordoia: os locais están en zona de nadie e o Tordoia está a ser o equipo revelación da segunda volta ( X )
5. A Baña-Berres: os locais levan tempo perdendo puntos e os visitantes non creo q se adapten ó xogo dos locais ( 1 )
6. Cacheiras- Palmeira: os de Teo tamén están en zona de nadie, e o Palmeira parece perder o ímpetu q parecía recuperar.Victoria local, pero non por moitos ( 1 )
7.San Marcos- Laro: os locais necesitan puntuar xa, e non poden fallar;por contra os trasdezanos estarán nunha nube por puntuar contra o Grixoa, e eso normalmente é malo ( 1 )
8.Grixoa- Villestro : os visitantes son capaces do mellor e do peor, pero motivados son perigosos ( X )
9. Lamela- Recesende: non podemos fallar contra este equipo,q ven de perder varios partidos seguidos e ten baixas importantes...aínda así non será fácil, pero Mularedos xa sufriu tódolos pinchazos q tiñamos de marxen ( 1 )

Gonzalo:

O Pino-Praíña: creo k claramenta vai ser un 1 polo k teño entendido, ademáis nese campo e moi difícil puntuar
Sionlla-Portomouro: aínda k creo k será un X polo k se ve o longo da tempada, espero k sexa 1111111 moi grande pa joder a eses fillos de putaaaa
Lamela - Recesende: creo k claramente un 2 ou digo un un 1 jajajaja (nohay nada k decir al respeto, si perdéis os corto los guevos)
Spt. Estrada- S. Mamede: creo k será un 2 xa que como di cutrín vanse preparar pa xogar contra nos e k mellor maneira k ganando, e estes campos dánselle ven o san mamede( espero k algún parta a nariz nese partido ou lle abran a cabeza.....pero sin desexarlle mal a ninguén e?)jejejeje
Rodeiro- Tordoia: creo, e espero k perda o rodeiro, xa que a única aspiración de este ekipo e ganarnos a nos os 2 partidos da tempada e jodernos o ascenso ou axudar os nosos contrincantes asik non creo k lles preocupe moitoeste partido.... (por certo, moi pobres aspiracións pardillos)
A Baña- Berres: ainda k creo k será un 1 claro, espero k sexa un 2, xa que aínda os xogadores do berres danme igual , os entrenadores son amigos meus e kero k ganen. difícil partido pero noito ánimo desde akí
Cacheiras- Palmeira: este partido simplemente dame igual, os do cacheiras xa se deron conta k non teñen nada k facer con nos, e os outros son un grupo de amigosnon? .... pois k se maten!!!
San Marcos-Laro: a min tamén me gustaría un 1, xa que estes veciños nosos tamén lles gusta "axudarnos" moito nos nosos logros, asik eu tamén lle desexo "axuda" para o seu viaxa de cara á terceira, jeje PRINGAAAAAAAOOOOOOS
Grixoa-Villestro: sen dúbida o partido da xornada, que ainda k desexo un 2 ou unha X creo k vai a ser un 1 xa que o grixoa salirá a morder dp do tropezón do outro día e non se pode permitir máis fallos se quere seguir a nosa estela,,, pork é o único k poden seguir,,,, a estela.....jajajaja


Non modifiquei nada do que puxeron tanto Cutrin como Gonzalo, e ainda que este último me berres despois, debo dicir, que o Juvenil de Cacheiras, e moito mais ordeado, e máis serio nos seus planteamentos.
Aqui vos deixo a quiniela da semana que ben, con so poñer os signos valeme, e asi incluirei todas as que me poñades no foro.

PORTOMOURO - PRAIÑA
RECESENDE - SIONLLA
SAN MAMED - LAMELA
TORDOIA - SP. ESTRADA
BERRES - RODEIRO
PALMEIRA - A BAÑA
LARO - CACHEIRAS
VILLESTRO - SAN MARCOS
GRIXOA - O PINO

lunes, 21 de enero de 2008

O fútbol según Matías. Crónica Xornada 20º. Portomouro - Lamela

Todo comeza un domingo de xaneiro dos maís calurosos dos ultimos anos. Un domingo moi moi quente no que os amarillos de Mularedos dan un paso definitivo e moi importante cara o seu obxetivo!

Presentamonos en Portomouro cada un como puido! uns coa comida aínda na boca e outros sin comer......! todo eran risas e bo ambiente, sobre todo cando chegou un famoso cantante americano co seu puro entre os seus labios!

alineción visitante posto que a local e irrelevante:
FLI, PINTO, AMOSA, SANCHO, RUBÉN, OROSA, ROBERT, OSCAR, JACO, DEIVID E PAMPO. no banco de suplentes: MANOLO, ADRIÁN, PIBE, MATIAS E LINO.

A priori un partido desigual; un equipo de vendidos contra un equipo de futbol e unha difencia notable!

O comezo do encontro era un dominio claro do equipo visitante, pero sin chegadas claras e con falta de pegada que é o que acostuma a ofrecer! a primeira media hora dominio territorial pero nulas ocasións hasta que Cutrín de forma maxistral manda o balón o travesaño que repele o balón lexos da área. O Portomouro temerosos dos especialistas do Lamela non volveu a facer unha falta o borde da área en todo o encontro.

Rematou a primeira parte con dominio do Lamela no terreo central.

Na reanudación J.Antonio da entrada no campo a Pibe e a Manolo, pero parece que o equipo sale durmido tendo os "vendidos" do Portomouro un par de boas ocasións para adieantarse no marcador.

Foi nun centro moi bombeado collendolle as espaldas a nosa defensa e enganchando unha volea precisa cando o dianteiro do Val do Dubra adianta o seu equipo sorprendendo a Iván.

Xa con Lino no campo e cun Lamela maís volcado e cún centro medido de " o marabilloso" Pibe, Pampín só tenque empurra-lo balón no segundo pao para empatar o partido 5 minutos máis tarde.

Quedaba o partido aberto con chegadas de ambos equipos as dúas áreas, pero foi o ABUELO LINO que tantos puntos nós ten dado, quen no 44´empurra o balón tras un barullo na área e donde os máis listos saben estar para marcar as diferencias.

Celebración moi alegre que o mesmo tempo nos comunicaban as noticias que chegaban desde Laro que nos facían creer na primeira rexional! Pibe euforico coma sempre contaxiandose da alegría e caracter da afición de Lamela camiñaba tranquilamente para o seu terreo de xogo cando nese mesmo momento acabou o conto e os 3 puntos voaban cara o conxunto de Trasdeza.

En definiva xa son 6 puntos e este ano parece que temos todo de cara, e pola miña parte creo que o Grixoa e todolos equipos da categoria xa saben quen somos, xa saben quen é o lamela.



Sempre somos os máis listos
Nervos, berras e tensión
o ascenso xa está a un paso
para cerrar esta sección!!!

Vaia xornada nº 20!!! Un espectaculo con final feliz!!

Esta semana so vou comentar porriba o partido e a xornada nº 20, xa que o Luns estrenamos unha seccion a que vou titular. O fútbols según Matías.
Esta xornada pasou dos choros as risas en menos de media hora. O Gríxoa perdia 3-1 contra o Laro, e nos perdiamos 1-0 en Portoumouro. O final o Grixoa lograba empatar a 3 tantos, e nos lograbamos a victoria con un gol de Lino. Despois na celebración do tanto, armouse unha tangana que parece ser os xogadores do Portomouro tiñan planificada. Para nos, son so tres puntos importantisimos, pero teño que dicir que cada un ten o que merece, e si baixan a 3ª será por que no fútbol non caben persoaxes e bandas de ese calibre. Pero coma sempre este e o penultimo capitulo, xa que no partido que os enfrontará o Grixoa, seguro que encaixarán media ducia de goles. Na vida podeser ser un perdedor, pero intentar cambiar esa dinamica, pero cando eres un perdedor, e ademais un miserable... pasas a non ter nin o respeto da propia xente do clube.

Un saúdo e esperaos ansionasmente esa cronica by Matias. Coa que pecharemos a xornada 20.

Faltan 14 finais, 14 guerras, 14 partidos a vida ou morte. Xa estamos mais cerca, pero o mesmo tempo moi lonxe. Vamos chavales, temos que aprender a sufrir!!!

miércoles, 16 de enero de 2008

Pronosticos da Xornada 20º. Con moitos partidos interesantes.

A xornada vixesima da tempada, ben cargada de varios encontros interesantes:

PRAIÑA - SIONLLA: Partidazo na zona baixa da taboa, o que acade os tres puntos, podrá tomar un respiro de cara o os partidos que veñen. O que non puntue estará case camiño da 3ª Autonómica. Por outra parte o empate condenaria os dous equipos. Partido interesantisimo e sin un marcado claro a priori. (1X2)

RECESENDE - SP. ESTRADA: Outro partido con moita miga, o equipo de Teo camiña na metade na taboa, ainda que non se pode durmir nos laureles, por contra o equipo estradense, tomou aire despois da última victoria frente o Portomouro, pero non esta para tirar cohetes, e busca os tres puntos en xogo, para poder plantexar a seguinte semana dunha forma mais tranquila. Como local, o Recesende deberia impoñer a sua forza e as suas gañar de seguir facendo unha boa campaña. (1)

SAN MAMED - RODEIRO: Un partidazo entre dous equipos que a principio da tempada eran candidatos a todo. Dous equipos capaces do mellor e do peor. Resultado incerto debido a esa irregularidade. (X)

TORDOIA - A BAÑA: En principio deberia ser un claro 2, pero o Tordoia nos dous ultimos encontros acadou 4 dos 6 puntos en xogo, empatou contra o Grixoa -segundo clasificado, e gañoulle a partida o Cacheiras no Ignacio varela- ollo a este Tordoia que busca sair da parte baixa da taboa (X)

BERRES - CACHEIRAS: O Berres necesita os tres puntos como o comer, si non quere meterse nun pozo que despois será compricado sair. O Cacheiras a esta altura da competición non ten aspiracions, e esta comodamente instalad nun 5 posto debido o gran traballo feito polos pupilos de Caiño. O Berres deberá impoñer a sua necesidade. (1)

PALMEIRA - SAN MARCOS: Duelo de colistas, ultimo e penultimo, busca unha victoria que lles de esperanzas de salvarse. O San Marcos, un equipo, que dende o meu punto de vista non merece esa posición na taboa debido os xogadores que ten, visita o campo do Palmeira, que parece que quere reaccionar nesta segunda volta para non ser carne de cañon. Partido aberto e clave para as aspiracions de ambos equipos. (1X2)

LARO - GRIXOA: O Laro necesita puntuar, para escapar da zoa baixa, pero enfrentase o todopoderoso Grixoa, segundo clasificado. Xogar como local deberia darlle un plus de empuxe o equipo Transdezano, pero o Grixoa buscará os tres puntos para seguir a estela do lider. (2)

VILLESTRO - O PINO: Dende o meu punto de vista, o partido da xornada, duelo entre dous equipos que se coñecen moi ben, o Villestro e un equipo marcado pola irregularidade nos seus resultados, - acadou un empate frente o lider, o lamela; e perder con claridade frente o colista, o Palmeira-. En contra un Pino con problemas internos, que buscará os 3 puntos para pelexar o ultimo escalon do podio o Villestro. (1X2)

PORTOMOURO - LAMELA: Partido entre o lider e un candidato o descenso. Este e o tipico partido trampa, que poderia pasarlle factura o equipo dirixido por José Antonio. A parte dos tres puntos en xogo, o encontro ten un aliciete, e unha rivalidade creada o ano pasado, polos feitos acontecidos no derradeiro partido de liga. O Portomouro querrá amargarlle unha vez mais a festa o equipo do Deza, e por contra o Lamela, intentará "devolverlle" a xogada do ano pasado. (X-2)


Dende aqui invito a calqueira dos que estades no foro, a realizar as quinielas da vindeira xornada. Tendes de prazo para facela ata o Mercores que ben. E a que mellor redactada este, será incluida no blog, co nome do autor.

Aqui a deixo para que lle botedes un vistazo:


O PINO - PRAIÑA

SIONLLA - PORTOMOURO

LAMELA - RECESENDE

SP.ESTRADA - SAN MAMED

RODEIRO - TORDOIA

A BAÑA - BERRES

CACHEIRAS - PALMEIRA

SAN MARCOS - LARO

GRIXOA - VILLESTRO

lunes, 14 de enero de 2008

Faltan 15 encontros, 45 puntos en xogo!! Xornada de transición e sorpresa en Cacheiras.

Antes de nada disculparme pola tardanza, xa que sempre teño a crónica do partido o domingo pola noite. Pero debido a que un redactor se "rajou" teraa que facer o de sempre. Matias vai tomando nota, para a semana que ben.

Lamela - Praiña, en principio un partido sinxelo, que o final cumpriu as espectativas. Tres puntos os locais, e os de Reis que siguen na zoa baixa doa clasificación, como dician os propios xogadores, esta non era a sua guerra. Xa que os rivais directos veñen agora - Sionlla, Palmeira, Tordoia.... -. O equipo de Teo, plantexou o partido en busca dun valioso punto, defendende e sen sair moito da coba. Tarde o tremprano, o gol caeria, e de que maneira... Robert controla un balón o borde da area, fai un caneo dun palmo de terreo, golpeando o balón co exterior do pe, este entra como un autentico obús na porteria defendida por Diego.
A continuación e ainda na primeira parte, a fortuna aliouse con nos, xa que nun centro-chut de Jacobo, o balón entra na porteria do Praiña sen que o porteiro poida evitalo. No descanso e co resultado moi favorable, empezamos a facer un xogo vistoso e combinativo que a postre remataria co resultado final de 4-0. Cutrin dende o borde da area e con calidade, e Matias despois de xogada persoal, axustando o segundo pao o balón, foron os autores dos tantos nos segundos 45 minutos.

Un partido máis, e a distancia segue estando ahi. Próxima parada PORTOMOURO!!!

domingo, 6 de enero de 2008

1ª Xornada da 2ª Volta. Cunha sorpresa, e resultados para todolos gustos.


Empezarei a crónica deste Domingo de Reis, mencionando o xogador numero 21 do C.F. Lamela, para que despois diga que non nos acordamos de el. E non berre co que escribe. Gonzalo, un xogador mais do noso equipo, que a pesar da distancia sempre esta ahi animando e dandoo todo polos seus compañeiros.
A continuación e facendolle caso o noso "Baptista" particular, empezarei este crónica cunha frase coa que me dixo que empezará esta narración...

Nunha fria tarde de Domingo...

A "expedición" do Lamela, chegou o campo do Sionlla, un campo feo, enlamado..., campos nos que como moi ben di o mister, non se gañan ligas, pero si se poden perder. Empezabamos mal o domingo, co retraso do equipaxe, que nos supuso poder quentar moi pouco e entrar frios no partido.
A pesar de todo, andiantamonos no marcador, tras un bo tanto de Pampin, a pase de Robert, pero inmediatamente despois, e tras unha boa contra do Sionlla, empataban o partido. Sen coller ainda o segundo alento, ese gol non nos acobardou, senon que nos espoleou. E por fin desperta do seu sono Orosa, para pelexar un balon como e costume nel, e poñialle un balón a Pampo, que so tivo que empurrala. A continuación e antes de chegar o descanso, Orosa outra vez, anota tras un tiro cruzado en xogada pola banda esquerda. Despois dos nervios iniciais, acababan os primeiros 45 minutos, cun claro resultado o noso favor.
Con resultado claro, e en superioridade, trala expulsión dun xogador do Sionalla por dobre amonestación, o mister, tratou de reservar, a xogadores que tiñan tarxetas. E dou entrada a Pibe por Pinto, e a Cutrín por Oscar. Pasando Orosa o lateral dereito, e Adrian o centro do campo. Os cambios ainda impulsaron mais o equipo, dandolle un tono mais combinativo. Robert tras ver a sua tarxeta tamen foi sustituido por Diego, e a continuación, entrou Lino por Chicho. Pibe dandolle moita movilidade por banda dereita, Cutrin pola esquerda, e con dous puntas no campo. O partido fixoselle longo o Sionlla, xa que Pampo en tres ocasions mais, e Lino anotaron o resultado final de 1-7. Contundente, incontestable e un resultado que nos facia falta para darnos un empuxon na nosa moral, ainda que sen confiarse. Xa que queda moito e o máximo rival o Grixoa, vencia con claridade o Berres por 0-3. Alguns dos outros resultados da xornada son un sorprendente 4-0 que lle endosou o Palmeira - colista - a un Villestro - que ata esta xornada ocupaba o ultimo escalon do podio -. Un apasionante San Mamed - Cacheiras, que rematou en taboas (1-1). Importantisimos tres puntos que acadaba o Praiña no campo Ignacion Varela, ante un rival directo pola permanencia o Sporting Estrada (2-1).
Unha xornada mais, ou unha xornada menos, como se queira mirar. E nos seguimos sendo a referencia. Esperemos seguir nesta boa senda. Para o remate 16 encontros, un total de 24 horas de xogo... eso e o que falta para chegar a meta que todos ansiamos. Toca apretar os dentes rapaces. Vamos a por elo!

Un saúdo e feliz dia de reis

viernes, 4 de enero de 2008

Comeza a segunda volta. Con todo por decidir

Unha semana de vacacions despois, comeza a segunda volta. Como lideres deberesmos apretar os dentes, e ser conscientes de que so faltan 4 meses de competición.
Pelexar todolos domingos e nunca dar por feito de que temos os tres puntos no peto.
A xornadas marcaranse polos encontros do Lamela, do Grixoa e dos que pelexarán por non descender xa que agora tamen apretaran para salvar a categoria.

SIONLLA C.F. - LAMELA, C.F.: Partido trampa para o líder, o Sionlla e un equipo que gañou en campos compricados como o do Rodeiro e o do San Mamed, e pondrá a cousas dificiles. A pesar de todo a calidade do Lamela deberá impoñer a lóxica. (2)

PRAIÑA SPORTING CLUB - SPORTING ESTRADA: Pardito importantisimo para os dous equipos, xa que os tres puntos en xogo achegaran o Sporting un pouco mais a salvación, e o Praiña darialle un respiro. Sexa o resultado que sexa, habrá que ter en conta que o Sporting gañou na ida 3-0 e o golaverage o final da tempada pode ser importante (1-X-2)

PORTOMOURO, C.F. - RODEIRO, C.F.: O Portomouro e un equipo pouco regular, capaz do mellor e do peor, enfrentase a outro equipo das mesmas categorias, capaz de gañarlle o lider, e na semana seguinte perder co cuarto pola cola. A calidade e a plantilla do Rodeiro deberia acadar os tres puntos. (2)

S.D.C. RECESENDE - A BAÑA, S.D.: O Recesende como local e un equipo totalmente diferente o que xoga como visitante. A Baña pasalle exactamente igual. Un partido moi fisico, que non ten unha facil previsión. (X)

C.D. SAN MAMED - S.D. CACHEIRAS: O San Mamed vai de menos a mais, o Cacheiras por contra xa fixo todolos puntos que debia, e agora intentará disfrutar do conseguido. Repetirase o resultado da primeira volta. (X)

TORDOIA, C.F. - C.D. SAN MARCOS: Partido importante pola zona baixa, o Tordoia ven de empatarlle a todo un Grixoa, pero o San Marcos a pesar da sua posición na taboa, pareceume un equipo novo, con ganas, que xoga o fútbol e con varis xogadores que teñen futuro. (2)

C.D. BERRES - GRIXOA, S.D.: O Berres e un equipo moi peleon, no seu campo farase forte, e o Grixoa parece ser que non se lle da moi ben, xa que empataron na primeira volta. Co corazon espero unha X, pero penso que o resultado será outro. (2)

S.H. PALMEIRA - S.D. VILLESTRO: Partido sen color, pode pasar calqueira cousa no fútbol, pero o Villestro non terá problema para doblegar o colista, e cada vez mais cerca de terceira. (2)

LARO, C.F. - S.D. O PINO: O campo do laro sempre e compricado, ainda a si, o equipo do Pino ten unha plantilla mais compreta. (2)