miércoles, 31 de octubre de 2007

Un fin de semana apasionante, XORNADA 10


SAN MAMED - O PINO: O equipo local ven de gañar 1-4 o Recesende e parece que mellorou o seu xogo, tamen recuperou a un ex xogador do propio clube que estaba a xogar no Estradesnse, sen embargo O Pino, a pesar de ser un equipo irregular, conta nas suas filas con bos e brillantes xogadores, como Oscarin, Ruben... o conxunto de Casal podrá puntuar no campo do equipo da Ulla. Un empate seria o lóxico. (X)

TORDOIA - RECESENDE: O tordoia non e o equipo da tempada pasada, e as gañas do recen ascendido Recesende podría darlle os tres puntos. O equipo de Teo e un equipo que fora da casa ten moitos problemas, xa que na casa sinteese moito mais arropado. Un reparto de puntos. Aida que o Recesende e favorito. (X-2)

BERRES - PORTOMOURO: O equipo pontevedres deberia impoñerse pola vantaxe que lle da xogar na casa, o Portomouro e un serio candidato o descenso, e o Berres deberia sacar os tres puntos en xogo. O equipo estradense necesita a victoria despois de duas xornadas sen puntuar. (1-X)

PALMEIRA - PRAIÑA: Dous dos candidatos a baixar de categoria, a priori, o equipo de Reis non deberia ter problemas para sacar os tres puntos na sua visita a Palmeira, xa que o conxunto ribeiran, ten mais de 7 sancionados debido os incidentes producidos nos partidos contra o Lamela e o Sionlla. (X-2)

LARO - SIONLLA: O factor campo deberia ser a clave neste encontro, o equipo do deza, deberia impoñerse sen problemas, ademais conta nas suas filas, cun ex xogador do estradense. Bryan pon o toque de velocidad e pegada que necesitaba, o Sionlla na parte baixa da taboa non ten esta semana un desprazamento nada comodo. (1)

GRIXOA - SPORTING ESTRADA: A irregularidade do Sporting, encandeando empates contra os ultimos, e unha victoria sorprendende frente o Villestro na ultima xornada, deixa este partido nunha incognita, en caso de sairlle un partido redondo podría sacar algun punto en Grixoa. Por outro lado, xogar na casa, e co magnifico plantel que ten o Grixoa, non deberia ter problemas para resolver o partido con solvencia. O equipo dirixido por Luisito, e claro favorito. (1)

SAN MARCOS - RODEIRO:
Un partido compricado, o campo do San Marcos, debido as suas especiais caracteristicas, e sempre dificil. De todos modos, o Rodeiro para non descolgarse dos postos altos da clasificacion parte como favorito, ante o que ata a xornada pasada era o pechacancelas. (2)

CACHEIRAS - A BAÑA:
O Cacheiras con un equipo totalmente renovado, intentará seguir mantendo a sua sensacional racha de partidos (9 xornadas sen perder), o equipo dirixido por Manuel Caiño, e un equipo moi dificil de bater, con xogadores moi novos, que fan un desgaste fisico impresionante. Por outro lado, a sua falta de gol podria perxudicalos. A Baña si quere seguir arriba, tera que sacar algo positivo do Ignacio Varela. (X)



VILLESTRO - LAMELA: Sen ningún tipo de dúbida, o partido da xornada. O invicto e intratable Lamela con 9 partidos consecutivos gañados, visita a un sempre peleón Villestro, cuarto clasificado. O equipo de roxos saira a polo partido para manterse con opcións, e o equipo dirixido por Jose A. Fernandez, intentara unha xornada mais sumar os tres puntos en liza. Un partido totalmente aberto a calqueira resultado. (1-X-2)

lunes, 29 de octubre de 2007

Agora empeza o bo...

Agora empeza o bo, eso gustame pensar. Pero o bo, tamen foron estas 9 xornadas sen coñecer a derrota. O bo e cada domingo, ainda que o próximo sempre e mais bo que o anterior. E o desta semana e mais bo que o da semana que ben... polo menos ata que chegue a semana que ben.

Villestro - Lamela, un partido para ver, para disfrutalo, que merece os 3 ou 4 euros que se paga de entrada. Ainda incluso quedando 0-0 e un partido que hai que vivir con intensidade.

E ainda que a xente cercana poida dicir, ides gañar en Villestro, eu prefiro dicir que podemos gañar en Villestro, como tamen empatar ou perder... Polo xeral cando falamos de fútbol, cometemos o error como eu na frase anterior, de dicir as mais estupidas obiedades... pero supoño que tamen entra dentro do xogo.

O espiritu, as intencions e toda a forza que poidamos facer, remando todos na mesma dirección será moi importante. Por que como moi ben di o mister... todos somos importantes, e penso que ten toda a razon; xa que, dende o dianteiro que as enchufa, ata o rapaz que se coloca detras da porteria para que non perda tempo o equipo contrario.

En definitiva e como xa dixen, un bo partido, un partido que seguro será do que se fale a partires das 19.00 en todolos bares nos cales haxa representación da 2ª Autonomica. Por que como se soe dicir... o importante e que falen de un, ainda que sexa mal.

Deixovos aqui unhas cuantas frases miticas:

"Y sobre el árbitro, división de opiniones: unos se acordaron de su madre y otros de su padre" José María García, periodista español.

"Meter un gol es como hacer el amor, todo el mundo lo hace, pero nadie lo hace como yo" (por cortesia do grandisimo D. Alfredo Di Estefano)

"Tengo dos problemas para jugar al fútbol. Uno es la pierna izquierda. El otro es la pierna derecha" de Roberto Fontanarrosa. 1944-2007

Historias Antigas do Blog - 1ª Publicación do FC Lamela... ala por Outubro do 2007. Xa choveu! E parece que foi onte.


Cada domingo miles de persoas teñen un ritual, xogadores, adestradores, directivos e afecionados; ir o campo de fútbol a practicar ou ver o deporte chamado rei.
A min chegoume o fútbol este domingo 28 de outubro, bastante cedo, tal vez mais cedo do que me gustaria. Saín da casa sobre as 9 da maña, rumbo a Bandeira, para dirixir o equipo da zona de categoria Alevin. E unha das maiores satisfaccións que pode ter unha persoa que lle guste este deporte, poder chegar a levar un grupo de rapazes de entre 7 e 11 anos, e poder marcar unha pauta ese ano ou varios anos, unha pauta que eles non olvidaran en todolos anos que continuen xogando o fútbol. Durante a sua vida futbolistica o adestrador desas idades, saira a relucir, polo xeral de maneira brillante, ainda que realmente non o fora tanto, pero para os rapaces e como un modelo a seguir, polo cal recomendo a quen lea esto, servir sempre de moi bo exemplo diante dos nenos, xa que os cativos aprenden moi axiña. O resultado e o de menos, (perdemos 7-3) o mellor foi o comportamento dos cativos, que estiveron sensacionais, competindo con nenos maiores que eles. Unha das cousas mais bonitas deste deporte ver e celebrar un gol a un neno destas idades.

Unha vez rematado o partido, e tomandome un respiro, chamei a un xogador do Lamela, para ir a comer algo antes do importante partido que nos esperaba as 16.30. Tivemos unha conversa moi entretida, e cando nos demos conta, era hora de ir para o campo de fútbol.

O campo de fútbol de Lamela, Mularedos(creo recordar) o numero 13, algo que o mister non o leva moi ben.
E entrar pola porta, e xa te transformas, xa e un ambiente de puro fútbol, cada un facendo a sua función, cada un defendendo as suas cores, ata o mais minimo detalle, e todo o mundo dando mostra de que moitas veces a xente pensa que sabe mais do que realmente sabe.

Sobre este tema sintome privilexiado, xa que a persoa que dirixe o equipo e un persoaxe sensato, que sabe por onde pisa, que sabe cales son as suas limitacións, pero tamen que aprende de unha maneira incrible, ordeado, meticuloso e realmente involucrado; si o propón chegará moi lonxe no mundo dos adestradores.

A miña función dentro do equipo non esta moi definida, ainda que me gusta pensar que e importante. Supoño que se trata de facer grupo, un vestiario unido, e ser a persoa de confianza do adestrador. E sobre todo, ainda que e unha postura egoista, aprender todo o posible duns xogadores e dun adestrador sensacionales.

CRONICA: (Partido según Lois) Xa que como sempre digohai tantas versions como persoas presenciaron o partido.

O Laro parece un equipo unido, e supoño que moito mais para un derbi, no que incluso se pode dicir que gañando o partido seria un gran logro na tempada, e tamen con animo de revancha polo sucedido anos anteriores. Un equipo duro, ainda que se desconcentra por momentos, e no que o corazon as veces xoga malas pasadas.

Nunha primeira parte de tanteo, de observación, de medir forzas, esas malas pasadas esas accions que te arrepintes de facer pero fas, o Laro quedabase ccon 10 homes, e dende o meu punto de vista, comezou "o principio do fin". E mais cando a falta de 2 minutos para repatar esa primeira parte, Cutrín executando unha magnifica falta lateral, puxo por diante o equipo local.

Para min o partido acabouse ahi, ainda que sempre se pode dicir que en fútbol pode pasar calqueira cousa, e os nervios comianme por dentro. Supoño que sendo o mais "obxetivos" posible, o lóxico e supoñer o que pasou despois, un resultado final con marxen ainda que tampouco moi abultado. 3-0


Co cal xa temos andado un paso mais, e xa falta un rival menos, para ver o final da tempada, si fixemos ou non as cousas ben, e onde nos merecemos acabar.

Non puidemos empezar mellor, pero nas vindeiras xornadas e onde se pode demostrar onde podemos chegar.

Animo que agora ven o bo!!!!

Un saúdo

¿Por qué nos gusta tanto o fútbol?

Porque e fútbol; porque e unha competición; porque e un deporte de cabaleiros; porque o importante realmente esta fora do propio campo; porque todo o mundo entende de fútbol; porque todos sempre fumos grandes xogadores; porque non lle damos importancia cando se perde, pero si o gañar; porque un gran amigo no campo non e tal; porque incluso un irman no campo tampouco e tal; porque o resultado non e unha das prioridades da vida; porque incluso acabado o partido, todo o mundo veu mais de un partido; porque podemos pensar ser obxetivos, sendo totalmente subxetivos; porque non sabes dicir por que son azul e non vermello e sobre todo e en definitiva porque centos de millons de persoas non podemos estar enganadas.


Aqui vos deixo un blog, para que vos animedes a comentar todo tipo de situacións que vos pasaran domingo a domingo.