lunes, 22 de septiembre de 2008

Crónica 3ª Jornada. Lamela - Atl Riveira. Primeira derrota da tempada.


Boa tarde para xogar o fútbol, algo de bochorno pero a auga respetounos. O campo ainda que de terra... pois parece que pouco a pouco mellora. Comezamos o encontro cun once que varia nunha soa peza con respecto a do partido de Meiras, faltaba un xogador neste caso por unha causa obrigada, unha microrotura. Enton sacando a Rober do once inicial, os que comenzaron foron os seguintes:

Alfonso, Orosa, Jacobo, Sanchez, Amosa, Mario, Oscar, Gonzalo, Cutrin, Bechi e Neira.
Compretan a convocatoria: Pampo, Adrian, Fli, Ruben e Raúl

O Riveira comezaba forte asediando a porteria amarela, e o balón non parecia querer sair da area do equipo local. Nun balón que non conseguimos despexar, Mario fai un penalti claro sobre o dianteiro Riveirense, nada que obxetar, sobre todo por que Alfonso de magnifica estirada detivo para evitar o 0-1 no marcador.
Non dabamos sensación e perigo, ainda que coa calidade individual de cada xogador puidemos aproveitar varias xogadas a contra. Pero cando estabamos intentando safarnos do dominio do Riveira, encaixamos o 0-1 dun lanzamento dende fora da area do equipo visitante. Un bo gol que nos poñia en disposición de ir a polo partido. En canto nos demos conta o colexiado pitaba o camiño os vestiarios, sen poder creer o que nos estaba a pasar.
Pareciamos unha caricatura do encontro do domingo anterior, pero tampouco vamos a estar tan atinados domingo a domingo.

Saimos na segunda metade, dispostos a ir a polo partido, e arriscando a que o Riveira nos matara nunha contra. Tivemos algunha ocasión para empatar, unha de Pampo que chega moi forzado e outra de Neira que remata fora despois de un bo centro de Sanchez. A pelotiña non quixo entrar, e non acadabamos o premio que estivemos buscando durante toda a segunda metade.

Ata ahi pode ser unha crónica un tanto sosa... pero como sempre dixen o blog e algo un tanto persoal. E cando se perde xa se sabe que non se fan coas mesmas gañas.
Despois sucederon un par de cousas das que se falaran hoxe no adestramento.

Pero sabedes o que vos digo? Ayer perderonse tres puntos! E cando sain do vestiario de darvos a todos a man como acostumo a facer, e felicitarvos polo traballo (que as veces non ten a sua recompensa) sain para fora e disenlle o mister: "José encantame ver asi os rapaces"

E non e que me guste vervos mal, ou cabizbaixos. Simplemente que ainda que sei que despois de unha derrota as caras son longas por que teñen que selo, notei que non so era por eso, senon por que sabemos que todos podemos dar mais, que non competimos en primeira rexional como unha mera comparsa, porque queremos facer grandes cousas (ainda que descendamos) por que como moi ben apunta Oscar no foro... presumimos de ser o mellor vestiario da Segunda do ano pasado. E sabedes que vos digo? ESTE ANO VAMOS A PRESUMIR, NON DE SER O MELLOR EQUIPO, NON DE TER OS MELLORES XOGADORES, SENON DE SER O MELLOR VESTIARIO DA PRIMEIRA, O MELLOR GRUPO DE AMIGOS E A MELLOR FAMILIA!

Din que nos queren janar... seika me jodes? Non vin eu que ninguen individualmente lle gañara a FAMILIA que comparte Luns, Mercores, Venres e Domingo. Eu con meu pai e miña nai discuto moi a menudo... pero que ninguen mos toque... pois o mesmo vos digo, tamen podo discutir con vos a diario... pero que ninguen me os meus xogadores queridos. Os meus porteiros que son como o dia e a noite (na variedade esta o gusto), que ninguen me toque os meus dous "tucos", Rober e Mario. Ou os meus defensas preferidos Amosa e Sancho, o o meu querido señor dos anillos Pintiño, ou o dos codazos e pipas... Ruben jejejeje, os meus gnomos...que van na puta llama, Cotri e Chichiño!!! o do maquillaxe...e os brazos, Yeiko! a parella titular do truco (Pampo) e o suplente (raúl.... jejejejejeje non te celes!!!!). Tamen o que non me da vendido un movil movistar... ten delito! Scholes como o boutizou "FON", o de Queiruga que cando se poña ben vai a dar moita guerra, David. Os globertrotter, os magos do balon Neira e Bechi! O "tripode" do equipo Adrian! como o jocker no poker un comodin. "O Pelat" Gonzalo!!! como te añorabamos gonsalooooo :). O meu "pekeno" preferido... que ainda lle debo un par de rascadas RIBEIRA!!! E creo que me falta un... mmmmm, o que pasa e como non xogou nada ainda... o fichaxe galactico que xa parece Ronaldo, festa en tenerife en londres.... pero como ben dixo Cutrin: "Quen dixo que Baleiron non viña a nada" rebautizado como o home do churrasco ou GAucho-man, Baleiron.

Pois a todos a todos, por que ten razon José, todos necesario ninguen imprescindible. TODOS NECESARIOS! Vaia vestiario... si somos a envexa da primeira, por favor rapaces... sigamos sendo a envexa!

Un abrazo a todas e hoxe a adestrar panda de vagos (non todo iban a ser piropos jejeje)

lunes, 15 de septiembre de 2008

O Lamela ponse lider na segunda xornada. 6 puntos de 6 dispusputados. E a seguir traballando.


Pois si...recen ascendidos e lideres. Para min unha anecdota. Unha anecdota bonita, por aquelo de que ainda que so sexa por unha xornadas estemos lideres. Como eu sempre digo, son 6 puntos menos que nos faltan para acadar a permanencia.

As 2 da tarde saia a espedicion amarela de Lamela, para coller a maioria dos xogadores en Santiago. Poñendo rumbo o Misael Prieto, campo do Meiras, ou deberia decir campazo.

Nada mais chegar notouse a organizacion meirense, xa que considero de que aparte de ter unhas instalacions envidiables, teñen un grupo de xente que traballa ali que sabe tratar os equipos que os visitan. Gracias a Mesas e Borja por facernos sentir como na casa.

Sen tempo para mais comenzaba o partido con un once que non tiña nada que ver sobre o do primer partido contra o Cee.

Once Inicial: Alfonso, Orosa, Jacobo, Sanchez, Amosa, Oscar, Bechi, Mario, Neira, Rober e Gonzalo.
Completan o equipo: Ruben, Fli, Cutrin, Raul e Adrian.

O obxetivo era non encaixar, e asi se fixo nunha primeira parte, marcada polos bos contragolpes amarelos. Nun deles e despois dunha clara falta da defensa ferrolana, Orosa poñialle un balón dentro da area a Neira, para que este revolvendose moi ben, anotara con perna esquerda, cun lanzamento o pao corto. 0-1 e o partido onde o queria José Antonio (as veces penso que eres algo meigo). O Meiras tocaba e tocaba, pero sen a profundidade suficiente, asi noutra saída da "cova" do lamela, no minuto 44 da primeira metade. Bechi recibe un balón entre os centrales e fusila o porteiro local. 0-2 antes do descanso, eu fregaba os ollos para crelo, pero resulta que cando se traballa como traballastes onte...o final ten que dar os seus frutos.
Final da primeira metade e para os vestiarios.
A segunda parte foi un calco dos ultimos 20 minutos da primeira, o Meiras tocaba e tocaba e metia os amarelos na area. Ou tamen, ibamos tapando a entrada da cova, para o sair poder matar o partido. Pero cando se toca tanto, sempre se pode ter un despiste, e asi o mais listo da clase, "Bechi", intueu un mal control dun central, para facerlle -con un toque sutil- un autopase, e na saida do porteiro, e dende 30 metros, anotar o 0-3... vaia golazo Bechi... o Iceman do equipo. Mentres Alfonso na porteria parecia tararear esa cancion que sempre lle cantas. Faltaba media hora, pero parecia que o propio resultado iba a mermar as ganas Meirenses, non foi asi, e agora si cun futbol mais directo, un futbol de mais corazon que cabeza, intentaban recortar distancias no marcador. A falta de 4 minutos anotaban o gol que pondria o 1-3 final. Ainda que anecdotico como o liderato, e ese gol, pero xa postos a pedir, non seria mellor rematar coa porteria a cero?

Despois a ledicia propia dunha victoria, que so son tres puntos, que non se olvide ninguen. Algunha carallada de Mario, ou o Chef! Baleiron... que como ben dixo Cutrin... "Quen dixo que Baleiron non viña a nada" (despois de traernos 3 pratos de churrasco) Vaia fenomeno... case mais fora do campo que dentro.

Pampo, Baleiron, Pinto... xa vedes que este ano esta o equipo engrasado. Recuperadevos pronto... e poñedevos a adestrar si queredes xogar algo jejejeje.

Para rematar... so dicirvos que cabeciña, seguide pelexando, lamedevos as fridas, que o domingo temos outro importante partido. Tan importante como os anteriores, e tamen como o vindeiros, xa que ver o periodico e bonito esta semana... pero o mais bonito será velo o final da tempada. Traballo, traballo e traballo! E como din alguns titulares... "QUE NOS QUITEN O BAILAO".

Gran grupo e gran equipo.!

Grazas!!!!

domingo, 7 de septiembre de 2008

Debut do Lamela en primeira rexional con unha victoria traballada.

Antes de comezar coa crónica, e para que vexades que cumpro coa miña palabra de cando empezara a liga, actualizar por fin. Dicirvos que en canto teñas as fotos irei pouco a pouco metendoas no blog... non sexades impacientes.
Primeiro dicirvos o resultado que xa todos sabedes Lamela 1 - Cee 0. Nun partido que se traballou a victoria dende o principio.
Once Inicial: Alfonso, Pinto, Jacobo, Sanchez, Amosa, Robert, Oscar, Gonzalo, Cutrin, Orosa e Pampo.
Estaban no banco: Balerion, Fli, Adrian, Ruben e Bechi.

Antes de comezar a xa mencionada cronica, darlle as grazas a Manolín pola noraboa que me dou por este blog, si nalgun momento lees estas letras, que sepas que quedei moi contento de coñecerte xa que me pareces unha persoa moi sensata, de fútbol e sempre e de agredecer que alguen do teu nivel lle de a noraboa a alguen que empeza nesto do fútbol.

Sen máis, comeza o partido. E o Cee, un novato o igual que nos na categoria, achuchaba en busca do 0-1, estabamos atras, intentando sacurdirnos o dominio Ceense, os azuis apretaban e apretaban sen que o Lamela poidera liberarse desa forza imposta nos primeiros minutos de partido. Pouco a pouco os amarelos foron collendo o ritmo de partido, con varios centros o interior da area, que por un lado Orosa, e por outro Pampo non souberon materializar. A continuacion e nun centro medido de Pinto, Pampo remataba de cabeza para enviar o longueiro un balón que podese considerar a ocasión mais clara da primeira parte. Na segunda metade o Lamela saiu consciente de que esta categoria non e a pasada, e intentou imprimir un ritmo de xogo mais forte. Manolín intentou ir a polos tres puntos, cuns sensacionais cambios, os que respondeu José Antonio de maneira sensacional. E así nunha pelexa de Pampo, un rechace caialle a Orosa, para convertirse vinte anos depois no goleador amarelo que a postre darialle os tres puntos o equipo de Silleda.
En definitiva, un bo debut, contra un equipo este do Cee, que me parece un equipo cunha ilusion máxima, que non debe de perdela, xa que esa ilusión do equipo de Manolin daralle moitos puntos e moitas alegrias o equipo Ceense.

Noraboa rapaces pola victoria traballada, sodes un gran grupo, sodes uns grandes xogadores, quero que me fagades disfrutar polo menos tanto como o ano pasado. Grazas.

O Cee desexarlle sorte ata que os visitemos, e animalos a seguir con esa ilusión, xa que esa ilusión será a que vos leve o exito. Noraboa a vos tamen polo debut.

A estas horas, so podo darvos tres resultados.

Bertamirans 2 - Silleda 1
Lamela 1 - Cee 0
Soneira 1 - Zas 1

P.D: Mister coma sempre un 10 na posta en escena e un 11 no plantexamento! Crack!