miércoles, 31 de octubre de 2007

Un fin de semana apasionante, XORNADA 10


SAN MAMED - O PINO: O equipo local ven de gañar 1-4 o Recesende e parece que mellorou o seu xogo, tamen recuperou a un ex xogador do propio clube que estaba a xogar no Estradesnse, sen embargo O Pino, a pesar de ser un equipo irregular, conta nas suas filas con bos e brillantes xogadores, como Oscarin, Ruben... o conxunto de Casal podrá puntuar no campo do equipo da Ulla. Un empate seria o lóxico. (X)

TORDOIA - RECESENDE: O tordoia non e o equipo da tempada pasada, e as gañas do recen ascendido Recesende podría darlle os tres puntos. O equipo de Teo e un equipo que fora da casa ten moitos problemas, xa que na casa sinteese moito mais arropado. Un reparto de puntos. Aida que o Recesende e favorito. (X-2)

BERRES - PORTOMOURO: O equipo pontevedres deberia impoñerse pola vantaxe que lle da xogar na casa, o Portomouro e un serio candidato o descenso, e o Berres deberia sacar os tres puntos en xogo. O equipo estradense necesita a victoria despois de duas xornadas sen puntuar. (1-X)

PALMEIRA - PRAIÑA: Dous dos candidatos a baixar de categoria, a priori, o equipo de Reis non deberia ter problemas para sacar os tres puntos na sua visita a Palmeira, xa que o conxunto ribeiran, ten mais de 7 sancionados debido os incidentes producidos nos partidos contra o Lamela e o Sionlla. (X-2)

LARO - SIONLLA: O factor campo deberia ser a clave neste encontro, o equipo do deza, deberia impoñerse sen problemas, ademais conta nas suas filas, cun ex xogador do estradense. Bryan pon o toque de velocidad e pegada que necesitaba, o Sionlla na parte baixa da taboa non ten esta semana un desprazamento nada comodo. (1)

GRIXOA - SPORTING ESTRADA: A irregularidade do Sporting, encandeando empates contra os ultimos, e unha victoria sorprendende frente o Villestro na ultima xornada, deixa este partido nunha incognita, en caso de sairlle un partido redondo podría sacar algun punto en Grixoa. Por outro lado, xogar na casa, e co magnifico plantel que ten o Grixoa, non deberia ter problemas para resolver o partido con solvencia. O equipo dirixido por Luisito, e claro favorito. (1)

SAN MARCOS - RODEIRO:
Un partido compricado, o campo do San Marcos, debido as suas especiais caracteristicas, e sempre dificil. De todos modos, o Rodeiro para non descolgarse dos postos altos da clasificacion parte como favorito, ante o que ata a xornada pasada era o pechacancelas. (2)

CACHEIRAS - A BAÑA:
O Cacheiras con un equipo totalmente renovado, intentará seguir mantendo a sua sensacional racha de partidos (9 xornadas sen perder), o equipo dirixido por Manuel Caiño, e un equipo moi dificil de bater, con xogadores moi novos, que fan un desgaste fisico impresionante. Por outro lado, a sua falta de gol podria perxudicalos. A Baña si quere seguir arriba, tera que sacar algo positivo do Ignacio Varela. (X)



VILLESTRO - LAMELA: Sen ningún tipo de dúbida, o partido da xornada. O invicto e intratable Lamela con 9 partidos consecutivos gañados, visita a un sempre peleón Villestro, cuarto clasificado. O equipo de roxos saira a polo partido para manterse con opcións, e o equipo dirixido por Jose A. Fernandez, intentara unha xornada mais sumar os tres puntos en liza. Un partido totalmente aberto a calqueira resultado. (1-X-2)

No hay comentarios:

Publicar un comentario