sábado, 3 de noviembre de 2007

Un mes importante. ( I Parte )



Partido a partido. Domingo a domingo. Este e un dos secretos de levar 9 victorias en outros tantos partidos. Pero o certo é, que nos ven enriba un mes importantisimo de cara o futuro inmediato do equipo. Catro partidos fundamentais.

Empezando por mañan, Villestro - Lamela, uns 3 puntos vitais para poder seguir mantendo distancias, un partido compricado fora da casa no que teremos que demostrar por que estamos onde estamos.

Continuamos co partido no que estarán todalas miradas, Lamela - Grixoa, se o da semana anterior era compricado, este ainda o é máis. Recibimos a un claro candidato o ascenso. O Grixoa plagado de grandes xogadores, podría achegarse o liderato se vence no noso campo. Pero novamente teremos que demostrar por que somos lideres.

Despois de dous osos duros, non menos duro, pode ser o San Marcos, un equipo que esta moi abaixo a taboa, pero que e moi dificil de bater, xa que os partidos que perdeu foron pola minima, e recentemente impuxose A Baña por un condundente 1-4. Un partido trampa, que teremos que xogar con moito tino.

E si todo esto xa sería un mes compricado, recibimos no ultimo partido de novembro, o Cacheiras. Un equipo renobado, con unha media de idade de 22 anos. Con moitas gañas. O equipo de Manuel Caiño esta na zoa noble da clasificacion por meritos propios e a dia de hoxe ainda non perdeu ningun partido. Outro enfrentamento compricadisimo que a esas alturas de mes, aclarará moitos postos na clasificación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario