lunes, 15 de septiembre de 2008

O Lamela ponse lider na segunda xornada. 6 puntos de 6 dispusputados. E a seguir traballando.


Pois si...recen ascendidos e lideres. Para min unha anecdota. Unha anecdota bonita, por aquelo de que ainda que so sexa por unha xornadas estemos lideres. Como eu sempre digo, son 6 puntos menos que nos faltan para acadar a permanencia.

As 2 da tarde saia a espedicion amarela de Lamela, para coller a maioria dos xogadores en Santiago. Poñendo rumbo o Misael Prieto, campo do Meiras, ou deberia decir campazo.

Nada mais chegar notouse a organizacion meirense, xa que considero de que aparte de ter unhas instalacions envidiables, teñen un grupo de xente que traballa ali que sabe tratar os equipos que os visitan. Gracias a Mesas e Borja por facernos sentir como na casa.

Sen tempo para mais comenzaba o partido con un once que non tiña nada que ver sobre o do primer partido contra o Cee.

Once Inicial: Alfonso, Orosa, Jacobo, Sanchez, Amosa, Oscar, Bechi, Mario, Neira, Rober e Gonzalo.
Completan o equipo: Ruben, Fli, Cutrin, Raul e Adrian.

O obxetivo era non encaixar, e asi se fixo nunha primeira parte, marcada polos bos contragolpes amarelos. Nun deles e despois dunha clara falta da defensa ferrolana, Orosa poñialle un balón dentro da area a Neira, para que este revolvendose moi ben, anotara con perna esquerda, cun lanzamento o pao corto. 0-1 e o partido onde o queria José Antonio (as veces penso que eres algo meigo). O Meiras tocaba e tocaba, pero sen a profundidade suficiente, asi noutra saída da "cova" do lamela, no minuto 44 da primeira metade. Bechi recibe un balón entre os centrales e fusila o porteiro local. 0-2 antes do descanso, eu fregaba os ollos para crelo, pero resulta que cando se traballa como traballastes onte...o final ten que dar os seus frutos.
Final da primeira metade e para os vestiarios.
A segunda parte foi un calco dos ultimos 20 minutos da primeira, o Meiras tocaba e tocaba e metia os amarelos na area. Ou tamen, ibamos tapando a entrada da cova, para o sair poder matar o partido. Pero cando se toca tanto, sempre se pode ter un despiste, e asi o mais listo da clase, "Bechi", intueu un mal control dun central, para facerlle -con un toque sutil- un autopase, e na saida do porteiro, e dende 30 metros, anotar o 0-3... vaia golazo Bechi... o Iceman do equipo. Mentres Alfonso na porteria parecia tararear esa cancion que sempre lle cantas. Faltaba media hora, pero parecia que o propio resultado iba a mermar as ganas Meirenses, non foi asi, e agora si cun futbol mais directo, un futbol de mais corazon que cabeza, intentaban recortar distancias no marcador. A falta de 4 minutos anotaban o gol que pondria o 1-3 final. Ainda que anecdotico como o liderato, e ese gol, pero xa postos a pedir, non seria mellor rematar coa porteria a cero?

Despois a ledicia propia dunha victoria, que so son tres puntos, que non se olvide ninguen. Algunha carallada de Mario, ou o Chef! Baleiron... que como ben dixo Cutrin... "Quen dixo que Baleiron non viña a nada" (despois de traernos 3 pratos de churrasco) Vaia fenomeno... case mais fora do campo que dentro.

Pampo, Baleiron, Pinto... xa vedes que este ano esta o equipo engrasado. Recuperadevos pronto... e poñedevos a adestrar si queredes xogar algo jejejeje.

Para rematar... so dicirvos que cabeciña, seguide pelexando, lamedevos as fridas, que o domingo temos outro importante partido. Tan importante como os anteriores, e tamen como o vindeiros, xa que ver o periodico e bonito esta semana... pero o mais bonito será velo o final da tempada. Traballo, traballo e traballo! E como din alguns titulares... "QUE NOS QUITEN O BAILAO".

Gran grupo e gran equipo.!

Grazas!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario