domingo, 7 de septiembre de 2008

Debut do Lamela en primeira rexional con unha victoria traballada.

Antes de comezar coa crónica, e para que vexades que cumpro coa miña palabra de cando empezara a liga, actualizar por fin. Dicirvos que en canto teñas as fotos irei pouco a pouco metendoas no blog... non sexades impacientes.
Primeiro dicirvos o resultado que xa todos sabedes Lamela 1 - Cee 0. Nun partido que se traballou a victoria dende o principio.
Once Inicial: Alfonso, Pinto, Jacobo, Sanchez, Amosa, Robert, Oscar, Gonzalo, Cutrin, Orosa e Pampo.
Estaban no banco: Balerion, Fli, Adrian, Ruben e Bechi.

Antes de comezar a xa mencionada cronica, darlle as grazas a Manolín pola noraboa que me dou por este blog, si nalgun momento lees estas letras, que sepas que quedei moi contento de coñecerte xa que me pareces unha persoa moi sensata, de fútbol e sempre e de agredecer que alguen do teu nivel lle de a noraboa a alguen que empeza nesto do fútbol.

Sen máis, comeza o partido. E o Cee, un novato o igual que nos na categoria, achuchaba en busca do 0-1, estabamos atras, intentando sacurdirnos o dominio Ceense, os azuis apretaban e apretaban sen que o Lamela poidera liberarse desa forza imposta nos primeiros minutos de partido. Pouco a pouco os amarelos foron collendo o ritmo de partido, con varios centros o interior da area, que por un lado Orosa, e por outro Pampo non souberon materializar. A continuacion e nun centro medido de Pinto, Pampo remataba de cabeza para enviar o longueiro un balón que podese considerar a ocasión mais clara da primeira parte. Na segunda metade o Lamela saiu consciente de que esta categoria non e a pasada, e intentou imprimir un ritmo de xogo mais forte. Manolín intentou ir a polos tres puntos, cuns sensacionais cambios, os que respondeu José Antonio de maneira sensacional. E así nunha pelexa de Pampo, un rechace caialle a Orosa, para convertirse vinte anos depois no goleador amarelo que a postre darialle os tres puntos o equipo de Silleda.
En definitiva, un bo debut, contra un equipo este do Cee, que me parece un equipo cunha ilusion máxima, que non debe de perdela, xa que esa ilusión do equipo de Manolin daralle moitos puntos e moitas alegrias o equipo Ceense.

Noraboa rapaces pola victoria traballada, sodes un gran grupo, sodes uns grandes xogadores, quero que me fagades disfrutar polo menos tanto como o ano pasado. Grazas.

O Cee desexarlle sorte ata que os visitemos, e animalos a seguir con esa ilusión, xa que esa ilusión será a que vos leve o exito. Noraboa a vos tamen polo debut.

A estas horas, so podo darvos tres resultados.

Bertamirans 2 - Silleda 1
Lamela 1 - Cee 0
Soneira 1 - Zas 1

P.D: Mister coma sempre un 10 na posta en escena e un 11 no plantexamento! Crack!

1 comentario:

  1. noraboa pola victoria.
    o terreo de xogo non axuda a nada pero e o que..., tedes que trarar de ter mais pausa no xogo e iniciar sen tanta ansia.

    ResponderEliminar