lunes, 19 de enero de 2009

Xornada 19º - Victoria importante ante un rival directo. CF Lamela - Meiras CF 3-0



Espero poder continuar cada Luns, contando as crónicas do Lamela, espero poder escribirvos toda a segunda volta, xa que perdín esta boa costume que sei que me agradecedes.

Tamen procurarei facer o venres unha "previa" das finales que disputaremos de aquí a final da tempada.

Chegaba o Meirás un equipo o que vencemos 1-3 na primeira volta. E debe de ser que se nos da ben, por que onte volvemolos a vencer, esta vez por 3-0. Un equipo moi xoven, que esta canda nos, a pelexar por non descender.

CF LAMELA: Ivan, Pintiño, Jacobo, Mario (Rober min.66), Amosa, Porto, Chicho (Pibe min.45), Gonzalo, Pampin (Tití min.76), Neira e Orosa (Cutrín min.79).

MEIRAS CF: Oscar, Pita, Filgueira (Adrian min. 49), Pablo Mesa (Sergio min.60), Marcos Vidal, Lorenzo, Leira, Eric (Pablo Cesar min.38), Conde (Alfonso min.60), Pablo Rivera, Carlos.

Coas baixas de Oscar e Rúben por sanción, e Raúl, Baleiron e Sanchez por lesión, o mister facia un once competitivo para disputar un partido importante para nos. Unha derrota podianos meter mais no pozo, e unha victoria simplemente nos pon en condicion de seguir loitando, a un paso dos postos de descenso. Ainda que por fin e despois de 12 xornadas en postos de descenso saimos ainda que sen durmirse nos laureles.

O tempo respetou Mularedos e asi comezabamso un partido vital. Dende o primer momento e xa no que se esta a convertir nunha costume cando xogamos como locais, saimos moi enchufados o partido, dende o primer minuto fumos a polo partido. E así nun balón interior tras un roubo na saída do Meiras, Neira - que bueno que viniste - anticipandose o porteiro visitante anotaba o 1-0, o gol da tranquilidade, o gol que nos poñia por diante e co cal nos sentiamos mais seguros no terreo de xogo. Ainda non trascurrira a media hora de partido, cando un magnifico pase de Orosa porriba dos centrais, aproveitao moi ben Pampín que define con calidade porriba do porteiro - que bueno que "volviste" - 2-0 , ecuador da primeira parte e o resultado estaba decantado o noso favor con moita solvencia. Incluso contamos con 2 ou 3 ocasións para incrementar a conta antes do descanso.

No tempo de lecer, Chicho con un golpe no seu xemelgo, deixaba o sitio para que entraba Pibe.

O segundo tempo comezaba como o primeiro, cun claro cor amarelo, asi en dous foras de xogo dudosos, e un penalty clamoroso a Pampín, o equipo de José Antonio, non daba "matado" o partido e tocaria "sufrir". En un par de aproximacións do Meiras, cun remate dentro da area dun xogador visitante, que saca moi ben Ivan, e un remate de cabeza que se marchou por pouco, foron as mellores ocasions do Meirás, que via como se lle esfumaba a oportunidade de poñer nerviosos os de Mularedos.

Neira e Rober dende fora da area puideron incrementar a conta. Tras unha agresión a Pampín o borde da area, Neira teria outra oportunidade a balón parado que se foi por moi pouco. O central Marcos Vidal deixaria con 10 os visitantes tras outra dura entrada 5 minutos despois. Xa no min. 76 cun home menos, o equipo do Meiras descolgaba xogadores nunha busca suicida de ir a polo empate. E así Cutrín tras unha carreira dende o centro do campo, cruzaba cono moita calidade ante a saída de Oscar Gonzalez.
3-0, minuto 84, 3 puntos, golaverage a favor cun rival directo. 10 na taboa (ainda que a 1 punto do descenso) e +1 no golaverage particular. Sin dúbida un bo domingo, como todos os domingos nos que se saca algo positivo.

Agora so queda seguir traballando, xa que todo o que fixemos ata agora non valdrá de nada se non lle damos continuidade. Vindeiro Domingo, Atl. Riveira, outro rival directo que nos sacou as cores en Mularedos. Xa que foi un equipo que nos dou un "repasiño" na primeira volta. Agora espero que teñades ou teñamos gañas de unha vinganza no aspecto deportivo, que nos faga sacar algo positivo na nosa visita a terras riveirenses.

Rapaces saúdos, e hoxe a adestrar.
(Sobre todo ti "Persi")

No hay comentarios:

Publicar un comentario