lunes, 26 de enero de 2009

Xornada 20º. Rival directo KO. Progresión OK.


Partido importantisimo, xa no so pola nosa posición ou pola deles. Senon por que era o vindeiro, o do domingo a domingo, co que pasado o dia do partido o seguinte e o mais importante da tempada.

Para nós o mais importante da tempada as 16.00 horas do domingo era a visita que tiñamos que facer a Riveira, un equipo que nos pegara un "meneo" na primeira volta e co que encaixaramos a primeira derrota da tempada. Co animo dunha revancha deportiva e coa intención de sacar algo positivo - un empate seria un bo resultado - chegamos o campo da Fieiteira co mal tempo que caracterizou toda a fin de semana.

A pesar de todo elo, o tempo deunos cancha para comezar o partido. Co seguinte equipo.


CF Lamela: Alfonso, Pintiño, Jacobo, Mario (Robert min. 70), Amosa, Porto, Orosa (Chicho min. 82), Cutrín (Rubén min. 84), Pampin (Tití min. 60), Neira e Gonzalo.

Baixas: Raúl, Baleiron, Sanchez e Pibe (Lesión); Oscar (Sanción)

Empezamos como si se tratase dun partido na casa, buscando sen reparos a porteria rival, e así nada mais comezar, o zurdo lateral local non consigue controlar un balón que chega a Orosa para que este se escore demasiado a dereita e golpee fora, nunha clarisima ocasión. Esa xogada iba a ser a primeira de moitas erradas polo conxunto amarelo.

Uns minutos despois e tras un magnifico pase interior de Neira sobre Gonzalo, este e nun man a man co porteiro, non logra anotar o primeiro tanto visitante. Ainda nos estabamos a lamentar da ocasión marrada, cando Cutrín nunha boa xogada elaborada pola dianteira - Neira, Gonzalo, Pampin e Cutrin - remata de punteira a cepa do pao esquerdo da porteria do Riveira. Todas elas nos primeiros 20 minutos de partido. Tamen hai que dicir que eles tiveron chegadas, ainda que sin un perigo claro. Alfonso sacou un balón envenenado nunha falta lateral, e Amosa sacou un de cabeza que estaba na mesma situación.

Pero chegaria pasado o ecuador da primeira parte o gol que supoñia o 0-1, un balón que controla Cutrin en 3/4 de campo, despois dun mal control, refaise colocandoa para esa perniña que dios lle dou, e cun latigazo, mete o coiro por toda a escadra. Un autentico golazo que so xogadores como el poden anotar en esta categoria, benvidooooo "COTRI" a sua celebración o seu grito de rabia deixou sair toda a "presion" que se autoimpoñia dende que comezou a tempada. 0-1 Resultado xusto ainda que escaso para os meritos de uns e de outros. Con el chegariase o descanso.

Na reanudación, o guión cambiou, o Riveira veuse arriba, con moito toque, pero sen profundidade, e os amarelos xogarian a contra en busca de matar o partido. Así un bo roubo de balón de Gonzalo, que asiste a Cutrín para que este poña en bandexa un balón que empurra as mallas o noso "9", Pampo anotaba o seu sexto gol da tempada. Pouco despois deixaria o campo para a entrada de Titi. 0-2 e salvo hecatombe os tres puntos tiñan dono, so a falta de acerto nas contras, ou decisións erroneas, nos impediron aumentar a renta. Titi tras deixar atras o Brion, e fallar no man a man, ou un balón sobre Gonzalo que este controla co peito, e Orosa non consigue anotar. Asi como varias contras levadas por Neira e Chicho - que entrou por Orosa - .

Tres minutos de desconto para acadar a nosa 6 Victoria, 2 fora da casa. 3 Puntos importantisimos, 7 de diferencia ou 8 si contamos o "Gol Average". E unha victoria que como a de fai 7 días o unico que nos pon e en disposición de seguir traballando xa que non esta o obxetivo da permanencia cumprido, nin de lonxe.

Agora entendo que ese bo ambiente, ese bo traballo feito pola semana, cando non saian as cousas. Ese espiritu, fixo que pouco a pouco seiramos do pozo. Eso si coñecedores de esa situación entre todos fagamos por non volver as andadas. Humildade e traballo di un sabio adestrador que coñezo :=) E co que comparto os 7 días da semana.

Cabeza fria, o domingo... outra venganza deportiva. Debennos 1 punto o 3, pero algo nos deben, seguramente non no lo den. A si que... COLLAMOLO NOS!!

Ata hoxe a noite rapaces. Vinde abrigados que fai moito frio.
Saúdos

No hay comentarios:

Publicar un comentario