lunes, 1 de junio de 2009

IDA dos 1/4 de Final da Copa do Sar. Lamela 0 - San Mamed 1. Toca remontar!


A previa do encontro e longa, tan longa como antoxan as 3 horas que estivemos na comida de socios. Cabe destacar a elección do novo presidente, en este caso presidenta. D. Teresa Fdez Pampin, xefa do Bar "O Pozo" de Lamela, e a cal acadaria a presidencia tras acadar un 40% dos votos.

Gran parte da plantilla estivo presente na comida de final de tempada, con unha calor de xustiza. Con todo, chegamos o campo con hora e media de antelación, dando un paseo e repousando a comida. Nun dia moi caluroso, o Lamela sairia a pola eliminatoria, sendo conciente de que o partido de volta será a vida ou morte.

Nunha primeira metade sen moita historia, cabe destacar sendas oportunidades de Pampo, Orosa e Neira, que non se lograron anotar, en algunhas polo desacerto da dianteira amarela, e outras polas grandes intervencións do porteiro do San Mamed, que onte realizou un gran partido. A tónica a seguir na segunda parte seria a mesma, cun 5-4-1 que evidenciaba que o San Mamed viña o 0-0 a Lamela, e ese resultado interesaballe para a volta. Así, Titi, Pampo, Orosa, Neira e Robert tiveron as ocasións amarelas, case todas resoltas con gran acerto polo gardameta visitante que estivo sobervio. E cando iba media hora do segundo tempo, unha xogada desafortunada, tras un despexe sin intención de xogar o balón do central e capitán Carbajales, atopariase cun campo duro, un sol en contra, e despistando a Ivan colariase na porteria local, gol dende 70 metros, que deixaria, -a pesar da calor- fria a afección local. Despois ataques con mais corazon que cabeza, e algun que outro susto a contra. Seria a tónica do encontro, e ainda que o xogar como locais, como dende faia anos atrás, o campo non axudaba a crear o equipo Dezano.

Así tocará sair a heroica, os antecedentes son para ser optimista, o ano pasado cun resultado adverso (1-2) logrouse dar a volta a eliminatoria cun 2-0 en San Mamed, ainda que desta volta antosaxe compricado, non morreu que non pelexará, e creo que a derrota nos pode facer fortes. Sen traballo e esforzo pasaremolo mal, pero sei que todos daran o 150% para poder acadar a remontada que nos daria unha praza nas semifinais, todo un premio a temporada realizada na competición ligueira.

Imos a dar o do de peito, seino, sei que nas adversidades nos crecemos, como levamos facendo todo o ano, e sei que o intentaremos. Non aseguro que o consigamos, pero que si o intentamos como todos queremos, teremos moito gañado, o resto? O resto sabremolo o rematar o partido.

Saudos e animo! Que somo un grupo forte, e cando veñen mal dadas sei que nos crecemos.

3 comentarios:

  1. Anónimo20:22:00

    vamos a por eles!!!! Imos a gañar en san mamed coste o que coste!

    ResponderEliminar
  2. Anónimo21:59:00

    Ostia...vaia parcialidad neste blog...quen xe dixo que o central non quixo tirar a porteria e meter gol como asi pasou...e despois sempre sodes mellores e merecedes mais co resto en canto o marcador...pero eso hai que reflexalo...aparte de que o porteiro pudo facer un partidazo con tanta ocasion e goles fallados...digo eu que con esto da crisis podiadeslle baixar o soldo a eses puntas que tanto fallan...o domingo verase se tes tanta razón e merecestes o 10-0 que pos aqui...

    ResponderEliminar
  3. O blog evidentemente non e parcial, nin o pretende, e o blog do equipo, e buscase a implicación de todo o equipo. Creo que tamen digo que fixestes un gran partido, e tamen creo que estaras dacordo de que 0-1 foi moito premio. Eu non dixen en ningun momento 10-0, xa que nin xogando dous dias enteiros acadariamos ese resultado. Eu conformome con 1-2, e seguro que nos costará moito. E si non o conseguimos darvos a noraboa e ata o ano. Pero o igual que as criticas son unha maneira de mellorar, creo que dende aqui as sabemos levar. Ademais alegrame ver que hay xente de todos os equipos que lee o blog, para ben ou para mal, sempre da gusto que se molesten en leer o que un escribe. Saúdos

    ResponderEliminar