lunes, 8 de junio de 2009

VOLTA dos 1/4 de Final da Copa do Sar. San Mamed 1 - FC Lamela 1. Doe moito rematar asi!


Un dia chuvioso, nin que o dia triste que estaba, nos deparará a eliminación da Copa do Sar. A toro pasado sería facil analizar, o cambio de encontro pola comida do clube, o intensidade do equipo de Pedreira, a derrota no primer partido. Sería facil achacarlle a derrota un cento de pais. Ainda que se soe dicir que a derrota e orfa e a victoria ten moitos pais, neste caso seria o revés. Este será a penultima "entrada" do blog no que levo escribindo dende fai dous anos, e será a ultima crónica. A mediados de semana despedireime de vos con unha sorpresa que teño preparada dende fai 15 días, pero non tiña previsto poñela tan cedo.

Coa intención de sacar o partido adiante, chegabamos a San Mamed, sen prisa pero sen pausa, e sabendo de sobra as armas rivais. Tras uns compases iniciais, os amarelos pegarian primeiro tras un balón interior sobre Pibe que remata a rede coa perna dereita. 0-1, acadabamos o máis dificil, abrir a lata. Coa eliminatoria empatada, o perigo do equipo local viria a balón parado. Antes na primeira metade, un balón franco para Gonzalo, que non logra anotar sería unha radiografia de todo o partido, un querer e non poder. Fisicamente non pasamos o noso mellor momento, e unha temporada tan dura como a pasada, tanto fisica como mentalmente, o equipo veuse fundido. Pero as gañas e o caracter de este equipo fixo sacar forzas de onde non as habia. Ibamos o descanso co premio do traballo ben feito, e sen pasar escesivos apuros.

Na reanudación, e tras unha falta no medio do campo, un balón chovido que se convirte en corner, e este tras un remate certeiro dun dos dianteiros do San Mamed, convertiriase na tumba amarela, 1-1, o San Mamed poñiase por diante na eliminatoria, e ese foi o principio do fin, continuas interrupcións, cun xogo pausado, e interrumpindoo cada 3 ou 4 minutos, o Lamela foi incapaz de coller ritmo, a pesar de todo Pampin tivoo nas suas botas antes de lesionarse. Un par mais de balóns " a olla " que non puidemos aproveitar, seria todo o vagaxe de ocasións das que disporiamos. Sen faltar a verdade, e co equipo amarelo bolcado en busca da epica, o San Mamed nun par de ocasións a contra, tivo a posibilidade clara, de incluso levarse o partido, pero nun par de veces Fli, e outras o desacerto dos dianteiros locais, non moveria o resultado.
Quedamonos nos cuartos de final, apeados por un equipo que tivo fortuna no partido de Ida, e que supo xogar coas suas armas no de volta, nada que obxetar, o San Mamed, suxtifica o seu nome como "Rey de Copas" e enfrontarase por un posto na final o Dubra, dende aqui desexarlle a mellores da sortes. Un equipo duro e competitivo que consiguei superarnos, sen mais excusas.
So lle poño dous lunares (en critica totalmente constructiva), a actitude do seu Capitan tras a victoria, e do porteiro tras o empate a 1. Esas actitudes, o igual que pode ser compricado encaixar unha derrota, igualmente compricado e encaixar unha victoria, e ese saber gañar, ser cabaleiro en momentos nos que ves como o outro equipo o pasa mal, e de recibo xa que non debes de desexarlle a nadie, nada que non queiras que che suceda a ti.

Quedeime 2 ou 3 minutos sentado no banquillo, o meu ultimo partido co Lamela, o meu ultimo dia no banquillo amarelo, xurovos que me viñan as bagoas os ollos, ainda hoxe escribindo esto me veñen. Foron dous anos magnificos, nos que fixen grandes amigos, nos que vivien grandes momentos, e que nunca podrei olvidar. Gracias a todos, gracias por facerme mellor persoa, por mellorarme como individuo. Esta e a penultima entrada, na ultima si chorarei. Son un choron, SI. Pero seran lagrimas de ledicia, por deixarme compartir estes 700 días con vós. Gracias.

2 comentarios: