lunes, 27 de abril de 2009

Xornada 32º. Chegou a hora. Salvación matemática. FC Lamela 5 - Sp. Zas 0


E chegou o gran día, a salvación matemática dun grupo que o merece. E como se produxo, con goleada sobre un mermado Zas, que veu a Lamela sen posibilidade algunha de acadar algo positivo. Con tan so 12 xogadores e con un cadete e un xuvenil neses 12, o Zas non contaba sacar algo positivo de terras dezanas.
Para este encontro contabamos coa baixa importante do capitan, Amosa, e con Cutrin.
A convocatoria formarona: Ivan, Pintiño, Yeiko, Mario, Porto, Oscar, Pibe, Gonzalo, Pampin, Neira, Orosa, Chicho, Fran, Baleiron, Rober e Sanchez.

A pesar de ver nas condicións nas que se presentaba o rival, o certo é que nunca as tes todas contigo, o mellor e que esos nervios iniciais, tan so duraron 35 segundos, os que tardou Gonzalo - tras unha brillante xogada persoal de Neira - enganchar un balón na frontal da area, que se envenenaba, e batendo no pao dereito da porteria visitante, encargabase de anotar o 1-0, o de abrir a lata, o da relativa tranquilidade.
Así, co marcador favorable, e tras ver que o Zas non daba sintomas de mellora, unha apertura en banda dereita, que controla Pibe, saindo hacia linea de fondo, e poñendo un gran centro, para que Pampin con algo de fortuna - o balon colase entre as pernas do porteiro- anotara o 2-0, a mala noticia, pois que tras o gol Pampo tivose que retirar por unhas molestias nun dos xeonllos. Partido encarrilado, e mais cando tras unha xogada por banda esquerda, que remata co porteiro no chan, Pibe colle o rechace e tras amagar por duas veces, senta de novo o porteiro, anotando o 3-0 co que se chegaria o descanso. Brillante primeira metade do equipo amarelo, que via como resolvia nos primeiros 45 minutos, ante un rival mermado polas baixas.
Na reanudación e tralos cambios, o equipo xogou co resultado, creando varias ocasións de merito. Os dous ultimos goles son para analizar especialmente, xa que anotanos os dous laterales do equipo. Primeiro tras un pase sobre Yeiko que gaña a espalda a defensa visitante, e de disparo cruzado anota o 4-0, e o quinto, tras un bo saque de corner de Chicho, que Pintoño "con todo" remata impecablemente coa testa para o definitivo 5-0, tarde placida en Mularedos, tarde da salvación matemática, tarde de goleada, tarde de felicitacións, tarde de pensar na copa do sar, e sobre todo tarde para disfrutar do traballo feito durante un longo longo ano.
Agora podemos ter premio, o premio de facer unha bonita copa do sar, premio que temos merecido durante estos meses. Agora si esta claro, a importancia do grupo, asi lle vou a chamar a todalas crónicas que faga da copa do sar. A espensas de cambiar o partido para o Venres día 1 - o Silleda reunese hoxe para decidilo, ainda que penso que a cordialidade entre directivas será un punto a favor - xogaremos o Domingo día 3 o primer partido de Copa fronte o Chayan, a partido unico, no campo do Chayan e con animo de facelo ben. Pois si rapaces, vamos a rematar esta boa tempada, mellorando a anterior, e esperemos que peor que a que ben.
E por todo isto vos dous as gracias unha vez mais. Bos xogadores, mellores persoas.Con esto remato e anunciovos a vindeira crónica.

A importancia do vestiario porriba de todo. Regalemonos un bonito final. 1/32 de Final "Copa do Sar" Chayan - FC LAMELA. !! A Copa empeza aqui !! Domingo día 3/Maio

No hay comentarios:

Publicar un comentario