lunes, 6 de abril de 2009

Xornada 30º. FC Lamela 1 - O Val 2. Demasiado castigo.... dos de negro!


Visitaba Mularedos un dos equipos mais en forma da categoria, e asi o reflexa a clasificación, cun partido menos e a catro puntos do ansiado ascenso. O Val, e o unico da clasifición que o ano pasado xogaba en Preferente, a priori o equipo que partia con mais posibilidades de ascender e recuperar a categoria perdida.

Tras uns comezos algo dubitativos, encadeou unha xeira de resultados e xogo que o lanzaron ata os primeiros postos, e mais concretamente ata o terceiro posto que ocupa actualmente, tamen e certo que dende fai unhas xornadas non e ese equipo que gaña xogando ben o fútbol, e por moito equipo ou nivel que teñas, ese vertigo, ese medo o fracaso penso que pode pasar factura, pero non so a eles, o Mugardos ou o Mesón (xa lle pasaou esta semana co Zas). Tamen nos esta pasando a nos, cando case podiamos cantar victoria, e a falta de so tres puntos para a salvación, resulta que encadeamos a peor racha de derrotas da tempada (igualando a da primeira volta). Tamen e certo que dos tres partidos perdidos (4 goles en contra, e tan so un a favor) ningun equipo foi superior, pero eso mesmo diciamos na primeira volta e chegamos a estar no farolillo vermello.

Son tres puntos, pero esa ansiedade por acadalos canto antes, estanos a pasar factura, xunto con determinadas baixas de xogadores importantes, e por que non dicilo, os erros arbitrales, e digoo so neste ultimo partido. Dos anteriores mellor non falar.

Entendo a actitude do Val, solicitando arbitro neutral, eu estou no seu pelexo e fago o mesmo, pero unha cousa e que non arbitren os de santiago (que son moi malos), que non arbitren os de lalin (que tamen son moi malos), os de ferrol (idem idem...) ou os da coruña (como os seus compañeiros de outras delegacións.)

Pero chegou un do colexio de Vigo, o Sr, Jorge Fojo, un autentico personaxe, que ainda que como arbitro e asistentes, te podes equivocar por que somos humanos. A arrogancia, prepotencia e chuleria mostradas onte no campo de Lamela son dignas de mencion.

Ameazando a xogadores, a afecionados e a min mesmo, cando escribe algo nunha acta coa que falta a verdade, como pode ser que todo o que se escriba ahi vaia a misa? Si escribe que fun eu o que matei a JFK, seguro que me meten no carcere.

Tampouco digo que foramos merecedores dunha victoria que tal vez non seria xusta (ainda que visto os meritos de un e de outros...) si os partidos foran por meritos e non por goles, e se disputaran os 3 puntos, digamos que onte nos levariamos 2 por 1 dos visitantes.
Duas decisión puntuais dunha persoa que ben literamente a roubar os cartos, e a xogar co traballo de 23 persoas durante toda a semana, ese colexiado chulesco, e prepotente, que decide en 5 minutos un partido que non era dificil de arbitrar.

Primer Acto:

Mermados polas baixas, José Antonio, logrou facer un once competivo, que importantes somos todos dentro do equipo.
Ivan, Pintiño, Ruben (Titi min. 60), Porto, Amosa, Oscar, Pibe (Cutrin min. 79), Gonzalo, Pampo (Chicho min. 87), Neira e Yeiko. Compretan a convocatoria Sanchez e Fran.
Iniciabamos o encontro cun dominio abrumador sober o equipo ferrolan. Vinte minutos nos que tras 3 oportunidades de gol, viamos como O Val, se adiantaba tras unha falta na frontal.
Bruno anotaba o 0-1 no que ata enton era totalmente inxusto, xa influira o arbitro nese partido, cunha tarxeta amarela a Oscar que condicionou o traballo deste durante todo o encontro.

Segundo Acto:

Volviamos a sair o campo como na primeira metade, esta vez co premio merecido do gol a balón parado, Neira de novo, anotaba o gol do empate. Enton e gardando a roupa, procuramos manter o punto que tiñamos, xa que non tiñamos presa, eran eles os que necesitaban os tres puntos. Resulta que a contra somos un equipo perigoso, e sentiamonos na nosa "salsa".
Enton era cando de novo (e tras un partido para olvidar pola sua parte) o colexiado, non marcaba falta, primeiro cometida sobre o noso central Amosa, e a continuación sobre Jacobo, e asi un balón colgado, non atopaba a nadie para despexalo, e Bruno de novo anotaba o 1-2, minuto 85, outra decisión arbitral non nos permitia puntuar. Pero ese caracter do que podemos estar orgullosos, permitianos dar o arreon final, e asi no 92, Gonzalo tras controlar un balón dentro da area, saca un disparo, que o porteiro visitante non pode reter, e asi, Cutrín anticipando sobre os centrales, anotaba o 2-2, que nunca chegou a subir o marcador, xa que incomprensiblemente o linea, anulaba un gol totalmente legar o 14 do Lamela.
Duas decisións nos ultimos 5 minutos, que cambia un marcador por completo, eu non digo os tres puntos, pero merecidamente tiñamos gañado 1.
D. Jorge Fojo, arbitro do FC Lamela - O Val, do colexio de Vigo, vai vostede a devolvernos ese punto? Vai vostede a devolvernos o que tan descaradamente nos roubou? Ou vai vostede a devolvernos o traballo realizado durante toda a semana, un traballo feito de cara a puntuar o pasado Domingo?
Un amigo meu co seu traballo da semana...(o igual que nos), puxolle a pedra a fachada da sua casa, levoulle moito traballo (o igual que nos preparar o partido do domingo). Pois o Domingo mentres os seus irmans o felicitaban polo traballo feito e o bonita que lle quedara a casa, un ENERGUMENO, chegaba e estanpaba o coche contra a fachada, deixandoa feita polvo. Ese ENERGUMENO tivo que pagar o traballo, e tivo que facerse cargo do que fixo. Sr Fojo... esto non queda asi, xa que non podedes vir sempre pensando en que sodes os SEÑORES FEUDAIS, e nos uns simples paletos que tragamos por que asi esta concevido este desporte. Pois non, si nos pagamos cunha derrota, vostede deberá pagar sen poder arbitrar (e LUCRARSE POR ELO) durante un mes, ou o tempo que se estipule. Pois non, o vindeiro domingo vostede estará GAÑANDO DE NOVO OS SEUS CARTIÑOS en outro campo, e cobrando por un traballo que non sabe facer.

Unha vez desafogado, dicirvos rapaces, que como nos ultimos dous partidos, a verdade e que non fixeramos meritos (inda que o equipo contrario tampouco), en esta ocasión fixestes un gran traballo, un traballo do que temos que estar orgullosos, un traballo que seguindo asi terá o premio da salvación.
Esta semana será de vacacións, so mañan Martes, tocará adestrar, a ver si me dades unha alegria e somos os 21. Despois toca descansar a semana santa, disfrutade das vosas familias (que o teñen ben gañado), desconectade do fútbol, tanto mental como fisicamente. E cargade as pilas, con ganas, para volver o vindeiro Luns, Mercores e Venres, xa que o Domingo pode ser un gran dia para nos pode ser o dia no que confirmemos unha boa tempada, non será facil, todos sabemos como apretan en Rianxo, pero debemos manter esta categoria, xa que despois de todo, sen nos quedaria coxa.

Un saúdo rapaces, gran taballo o de onte, e arriba que falta 1 mes :)

Galeria de fotos do partido a finales de semana. (Pasaramos Ruben Garcia en breve)

No hay comentarios:

Publicar un comentario