lunes, 20 de abril de 2009

Xornada 31º. Nova derrota para un total de 4 consecutivas...a relaxación esta ben, pero tanta e excesivo! Union 2 - Lamela 1


Pois si que se nos da mal o Union de Asados eh?, outro que se nos da mal tamen e o Sr Piñeiro Prol, do colexio de Boiro. Creo que deben aforrar cartos no seu seguro, eu que traballo deso, penso que ten que ser mais barato, as razons? Tampouco as vou a poñer aqui, que non vai a ser que me "denuncie" por insultos.

Partido trabado, e como no anterior, sen o premio merecido, que pouco teñen que facer os equipos para gañarnos tres puntos. Seguimos sen chispa, esperemos que a vaiamos recuperando o baixar as exigencias no traballo.

Ivan, Pintiño, Yeiko, Amosa, Oscar, Mario, Persi, Neira, Orosa, Gonzalo e Pampo. Completan a convocatoria: Sanchez, Fran, Cutrin, Titi e Baleiron.

Faltaria a verdade si lle boto toda a culpa o arbitro, que ten un 80%. Pero ese 20%.... co partido gañando dende o minuto 25 da primeira metade, sendas ocasións por parte de Neira e Gonzalo, que por outra parte foron clarisimas, dariannos unha ventaxe mais que comoda, para puntuar en Rianxo, non puido ser, e viamos como o Union nos empataba a falta de 5 minutos para o descanso.

1-1 un resultado que nos valia, saiamos na segunda parte na mesma tónica, o Union volcado e nos a contra, ahi foi onde todo rematou, 40 faltas colgadas, e por tanto pitadas polo sr colexiado por chamarlle dalgunha maneira. E o igual que o bo, o malo parece que tamen se fai de rogar, e asi , no 94 unha falta inexistente, convirtese nun balón colgado a area, que tras varios rebotes, acaba entrando e negandonos cando menos 1 puntiño. Vamos en definitiva, non estamos tendo esa sorte, ou estamos ansiosos por rematar a tempada, ou simplemente escapaseme de que pode ser. Un mal arbitraxe, un partido de X ou 2... que remata con 1... Sp. Zas, esperemos que pagues os pratos rotos (deportivamente falando) e que o poidamos celebrar dunha vez por todas.

Por certo aqui vos deixo, as duas reportaxes do Dxt... que tan mal resultado deron, dende que sain no periodico 4 derrotas consecutivas.. puiden estar quieto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario