lunes, 3 de diciembre de 2007

Tres puntos nun campo dificil e conservamos a ventaxa.

O campo de A Baña caracterizase por ser un dos campos mais dificiles da categoria, polas suas condicions(corto, moi estreito e pesado)
Tendo claro que sufririamos, presentamonos na Baña, con un equipo moi fisico, para que o seu xogo non nos fixera dano. Fly, Pinto, Ruben, Sanchez, Amosa, Oscar, Robert, Orosa, Jacobo, Lino e Pampo.
Os primeiros 45 minutos foron trabados, sen claras ocasións e na que o balón chegaba dun campo a outro coa facilidade que da un campo tan pequeno. A Baña fixo un gran desgaste intentando parar o lider da categoria.
A mediados da segunda parte José Antonio decide que e o momento de ir a polo partido, e realiza 4 cambios. Entran Adrian por Robert, Pibe por Jacobo, Matias por Orosa e Cutrín por Lino. Bo partido dos sustituidos que pelexarón durante case 1 hora, nun campo no que se facia imposible case ata manterse de pe.
Un punto de inflexión que tivo lugar cos cambios, o mister marcando moi ben o tempo do partido, fixo as sustitucións que a postre darianos a victoria.
As ocasións empezaron a sucederse, Pampo man a man co gardameta rival, Pibe nun disparo que atallou o bo porteiro de A Baña, e unha xogada entre Oscar, Matias e Cutrin, que acabou co balón dentro, e que incomprensiblemente foi anulado polo arbitro. O tempo botabasenos enriba, e a falta de 3 minutos para o remate, Matias deixa sentado a un xogador na banda dereita e pon un centro medido, para que o Pibe, a controle co peito e con un escorzo espectacular anote o tanto que nos dan 3 puntos vitais, que nos deixan con 5 puntos de ventaxa, e que en certa maneira tamen desestabiliza os rivais, xa que semana tras semana ven que non pinchamos.
E agora a polo Rodeiro (Con cabeciña...)


Berres - O Pino:(0-2) Resultado comodo do equipo de Casal, que se manteñen na zona noble da clasificación. Problemas para o equipo do Berres, que se mete no pozo.

Palmeira - Tordoia:(2-0) Sorpresa a do Palmeira, xa que aventurabamos que en breve desapareceria da clasificación, pode ser que antes de facelo, lle "roubara" tres puntos importantes para o Tordoia. Un Tordoia que pelexa por non descender.

Laro - San Mamed: (0-0) Reparto de puntos, que non deixa contentos a ningun dos dous, o Laro deberá sumar de 3 en 3 si quere sair das ultimas posicions, e o San Mamed o mesmo si quere achegarse os postos altos.

Villestro - Recesende: (6-2) A goleada da xornada, o Villestro sigue arriba, o Recesende ainda que no medio da taboa, non deberia despistarse se non quere sufrir o final. O Recesende acabou con 8 xogadores.

Grixoa - Portomouro: (2-0) Partido sen historia, o Grixoa mantense na segunda praza, e o Portomouro pelexará ata o final por non descender.

San Marcos - Praiña: (4-2) O San Marcos podría chegar a salvarse si gaña os partidos da "sua liga" de feito dame a sensación que de esos equipos e o que mellor futbol practica, a pesar de so levar 9 puntos. Por outra parte o Praiña, tera que andar con ollo e sumar o antes posible si quere salvarse este ano.

Cacheiras - Sionlla: (3-1) O Cacheiras volve a senda da victoria, anotando por primeira vez 3 goles na tempada. Por contra o Sionlla e o segundo equipo mais goleado da categoria, e non da a sensación de que lle colla a medida a categoria.

Rodeiro - Sp. Estrada: O Rodeiro suma para intentar acadar os Top 5 da categoria, por outra parte o Sp. Estrada sigue perdende tan so pola minima, e eso quere dicir que e un equipo que pelexa todos los partidos. Deberia chegar a salvarse si sigue asi de concentrado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario