lunes, 17 de diciembre de 2007

Volta a senda da victoria, e por arriba todo segue igual.

Tarde fria na Estrada, tarde friiiisima na Estrada. Chegamos feridos no orgullo, polo acontecido facia 7 dias en Mularedos. Estaba claro que sairiamos o campo motivados, con ganas de demostrar por que estamos na posición na que estamos. Saimos con todo o armamento, e cun banco de luxo, que en caso de revirarse o partido, tiñamos argumentos para que eles foran importantes no encontro. Nunha primeira parte de rabia, adiantamonos no marcador con dous magnificos goles dos "abuelos" do equipo. O primeiro nunha saque de esquina, que o mister mandou sacar en corto, e no que un centro medido de Cutrín (este home ten un autentico guante), remataba Pintinho como si se tratase dun autentico dianteiro centro. Pasaba o tempo, e insistiamos na porteria do Sporting, que pouco a pouco se sentia dominado. Asi, unha moi boa presion de Orosa, acababa nos pes de Pibe, que coa calidade que o caracteriza, definia a esquerda do porteiro, poñendo terra de por medio.
Comeza a segunda parte, e como si de unha repetición se tratará, ibamos recuando, ainda que sainda a contra con moito perigo. O arbitro non pitou un claro penalty por man na area do Sporting. Controlando o partido, e tendo ocasións de ampliar a diferencia, Matias e un par de ocasións, Pampin cruzando un bo balón, Cutrin e Oscar en sendos disparos dende fora da area. Pero chega o minuto 87, e tras un claro plantillazo por parte de un dos xogadores estradenses, chega un penalty que trasnformaba o equipo de Pena. Tres minutos e desconto para sufrir, nun partido que realmente non tivo mais historia da que nos lle quixemos dar.
En definitiva, temos que aprender a xogar co resultado, non meter o cuarto gol, antes que o terceiro. E pensar que un 2-0 e unha victoria comoda, que as veces, as intensas ganas de facelo mellor, perxudicannos.
Non queria acabar esta crónica, sen mencionar o explendido grupo que temos, e este domingo destacar a Mariño, Lino, Adrian, Diego e Matias, que tanto antes do encontro como no descanso, deron mostras do grandes que son, e da importancia que teñen neste equipo. Gracias chavales, por ser como sodes.

ANIMO E QUE PASE O SEGUINTE!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario