lunes, 24 de diciembre de 2007

Golpe de efecto para rematar a primeira volta.

Eran as 9.30 da mañá, de camiño o campo de San Mamed, para xogar cos nenos do Bandeira, pero non me saia da cabeza o partido das catro da tarde. Contra un equipo que foi capaz do mellor e do peor en toda a primeira volta. Un equipo que fora o unico que puido vencer o Grixoa, o noso máximo rival.
Despois de comer, e quedar con J. Antonio para vir para o campo, non notei os nervios no estomago que sempre teño os domingos, como se o partido de hoxe non tivese a importancia que realmente ten.
Xente coñecida e amiga no outro equipo, estivemos falando con Oscarin e Alfredo antes do partido, sobre todo do accidente que sufriu un ex xogador do Sporting Estrada, dende aqui o noso mais sentido pesame os compañeiros do Sporting.

Saindo cun equipo fisicamente fortisimo por bandas, e con dous puntas por 4 vez na temporada, buscabamos asentarnos no campo, e non cometer os erros de outras xornadas. E asi, Robert abriu o campo para Ruben, que este prolongou hacia Pampo, que como un verdadeiro extremo, lle puxo o balón a Lino, para que con esa sangue fria de dianteiro goleador, controlara o balón e anotara o 1-0. O Pino por medio de Rubén e Oscarin, intentabao, pero onte Pinto, Sanchez, Amosa e Ruben estiveron espectaculares, de principio a fin. Imos o descanso, pensando que non nos pode volver a suceder o mesmo que nos pasou contra o Grixoa e o Rodeiro.
Psicoloxicamente, penso que foi clave, a charla do mister antes do partido, e que de feito somos tan importantes todos, e un grupo tan bo, que non fai falta dicilo.

Comeza a segunda parte, e todo ese "medo" que tivemos en encontros anteriores, desapareceu, pareciamos un equipo, un equipo solidisimo, o mais solido da tempada. No ultimo partido da primeira volta, atopeime nunha situación que non me atopara en todo o ano. Debe ser o nadal, ou seria a cea do venres. Pero vin un grupo mais unido que nunca.

Pero non nos engañemos, queda moito, outro tanto, queda rematar a faena, e será compricado, todos veñen a por nos, pero agora e onde temos que demostrar do que estamos feitos, do porqué estamos onde estamos, e porqué somos o rival a batir.

Rematemos a "faena", non podemos fallar agora.
Xogadores 1x1:
Fli: Un seguro de vida, moita concentración. E moi compricado non recibir ningun tiro a porteria, e estar preparado para momentos puntuais do partido.
Ruben: Todo pundonor, corre, pelexa non da un balón por perdido, exemplo de garra.
Amosa: Central espeditivo, sempre concentrado, anticipación, velocidade e defensivamente perfecto.
Sanchez: O mariscal, vai o cruce con solvencia, e saca o balón con moito criterio, desplazamento en longo sensacional.
Pinto: Exemplo de veterania, lateral dereito solventisimo, acostumado a defender a lateral e interior. Sempre ben colocado, moi ben por arriba, e con internadas en ataque de merito.
Orosa: Fixo un traballo defensivo espectacular. Correu, pelexou, e anotou un gol olimpico de moi bela factura.
Jacobo: Un autentica bala pola banda esquerda, axudando en defensa a Ruben, e saindo con moita velocidade en ataque, ben por arriba. Ten na sua perna esquerda un guante.
Oscar: O autentico pulmón do equipo, un motor diesel, con rendimiento gasolina. Sensacional por arriba, no desprazamento en longo, e defensivamente sobresainte.
Robert: Exemplo de colocación, veterania e saber estar nun campo de fútbol, cando vai sempre chega, xogador imprescindible, polo importante que e falar dentro dun campo de fútbol.
Lino: Sempre preocupado por aclimatarse a categoria, podese dicir que se doctorou o domingo, sensacional na media punta, ou como segundo punta con Pampo. Anotou o primer gol, como un autentico dianteiro centro. E actuou como un centrocampista mais, cando habia que defender, sensacional por arriba, pundonor e caracter do numero 11 do Lamela.
Pampo: Impresionante, doulle o primeiro a Lino, despois de un gran centro. Xa na segunda parte puxo terra de por medio, cun sensacional tanto, rematando un balón que peinara Orosa, sen moito angulo e o balón botando moi alto, empalou coa perna dereita para axustalo ao pao esquerdo da porteria de O Pino.
Adrian: Dende a media punta, creou moito perigo na zaga de O Pino, xogando con criterio, o equipo notou o aire fresco do Rifle.
Matias: Desmarque, velocidade, ten un pouco punto debil. A punteria de cara a porteria rival. O resto... expectacular, regatea, da, conduce, despraza. Notable. O sobresainte cando atine de cara a porteria.
Diego: Portento fisico, compricadisimo sacarlle o balón dos pes, ten que ir entrando na dinamica do equipo, un medio centro con moita chegada, un autentico toro. O Batista do Lamela.
Chicho: Velocidade, entrega e caracter, Chicho e un xogador de grupo, con moitisimo caracter e sempre incorformista. Como sempre digo eu... si ten o corpo de Oscar, Chicho estaria encarcelado. Todo xenio. Un fenomeno.
Pibe: Mencion especial para o arxentino, regatea como ninguen, con balón ou sen balón sempre perigoso. E como di el... "GOLASO", para rubricar o resultado. Defensivamente un "0" que compensao cun "20" atacando.

E sempre para o final os mais importantes: Mariño, Miguel, Manolo e Cutrin. En corpo e alma con nos, como cada vez que quedan outros 4 compañeiros distintos. Importantes, por que sen os que quedan fora, seriamos unha mesa de 3 patas.

Cada día mais contento con vos, e coa situacion do equipo. Desexarvos un BO NADAL! e que sexades moi felices nestas festas. Tan felices como me facedes a min.

Unha aperta!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario