viernes, 7 de diciembre de 2007

Primeira derrota da tempada

Chega a Copa do Sar, unha competición moi bonita, que queda "estropeada" pola participación de equipos de Preferente, na que, a excepción de algunha gran sorpresa gañaran. Compostela, Santiago, Flavia e Dubra son os máximos candidatos polo seu potencial, ainda que todolos anos salta a sorpresa e chega algun da segunda rexional. Sobre o papel, unha competición totalmente inxusta, que busca premiar o traballo afecionado, pero que a hora da verdade sempre gañan case os mesmos.
Lamela contra San Mamed, todo un clásico nas últimas tepadas nesta competición, ambos equipos que se teñen moitas ganas. O resultado final 1-2 a favor do San Mamed, e primeira derrota do lider da 2ª Autonómica.
Razonandoa, mellor que sexa este xoves e non o vindeiro Domingo, xa que friamente o importante e polo que pelexamos este ano e o ansiado ascenso.
Ainda con todo, o equipo dou a cara, e pudo empatar e incluso gañar. Entre as ocasións mais claras, un gol anulado a Pampin por presunto fora de xogo, dende a miña modesta opinion enganouse pero non vou a ser eu o que critique o colectivo arbitral.
Sen máis e sen tempo de analizar a derrota en Copa, cheganos o Rodeiro, un duro rival, con un potencial ofensivo importante, e que nos compricará moito o partido do domingo, entre outras cousas pola condición de derbi do encontro.
Nin que dicir ten, que seria tres puntos vitais para seguir mantendo a distancia co máximo rival, o Grixoa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario