viernes, 13 de febrero de 2009

Previa: Xornada 23º F.C. LAMELA - San Tirso. Mularedos debe ser un fortín.


Ainda foi onte cando inmerecidamente caiamos no campo do Mugardos, e xa estamos a 2 días de disputar un partido vital para nos, o Lamela-SanTirso. Un partido no que temos moitas contas pendientes, o resultado en Coruña foi 3 a 3 e marchamos coa sensación de que nos "quitaron" 2 puntos, e o noso deber intentar que "nolo devolvan" o domingo. Facerlles ver que a Lamela hay que vir a sudar para sacar algo positivo. Sairemos coa idea de facer un gran encontro e conseguir algo positivo, despois o remate do partido verase que foi o mellor ou o peor que nos puido pasar.

Seguimos con baixas importantisimas, as de Baleiron e Sanhez, unense esta semana as de Cutrín e Neira. Agora e onde debemos e presumir da gran plantilla da que dispoñemos, e agora e o momento de demostrar que todos somos importantes.

O San Tirso pola sua banda, vira a intentar puntuar a Lamela, ainda que dende unha posicion mais comoda, toda a comodidade que lle dan os seus 32 puntos. O ascenso para eles esta imposible, e a salvación esta casi feita. Polo que viran a disfrutar, co cal serán ainda un rival mais perigoso, por que non estarán obrigados a nada, e esa soltura coa que dispoñen pode facer que lles saian as cousas ben.

Por contra nos, debemos impoñernos como locais, e despregar todo o noso fútbol si queremos alonxarnos dos postos de descenso.

Todos son importantes, pero este partido en concreto podo marcar moito a clasificación e realmente dicirnos a que nivel estamos.

Iba a seguir a suxerencia de Robert, e poñer un posible once, pero como non teño nin idea e ese traballo so lle corresponde a unha persoa voume abster. Ademais eu pondriavos a todos titulares (jejejejje) a todos menos a ti Persi! Que xa non somos amigos.

Saúdos e ata a noite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario