lunes, 9 de febrero de 2009

Xornada 22ª. Dura derrota no campo do segundo clasificado. Mugardos 2 - Lamela 1


Como dixo Lotina cando perdeu no Bernabeu: "a pesar de sair derrotados, o traballo realizado danos confianza de seguir nesa linea". Vale que tampouco son moi aficinado do adestrador do Depor, pero creo que resume a derrota pola minima no campo do actual segundo clasificado.

Alineación: Alfonso, Pintiño, Ruben (Titi min 46), Porto, Amosa, Oscar (Persi min. 65), Orosa, Cutrin (Mario min. 75), Gonzalo, Neira (Chicho min. 30) e Jacobo.

Como chovia de camiño a Mugardos, e pensar que se suspendeu o Domingo pasado o fútbol... o chegar o campo reviviamos situacions anteriores, como o campo do Val. Xa sabiamos a onde viñamos, e a ferramenta a empregar. Eso si, non se puido tomar contacto co terreo de xogo ata o comezo do partido, xa que estivemos a quentar nun campo de terra anexo as instalacións principais. Correcto foi o recibimento do "stage" deportivo e humano do Mugardos que estiveron moi atentos como anfitrions.
No campo foi outra historia, visitabamos unha das escadras favoritas para o ascenso, que xogaria con 3 baixas por sancións, non menos importantes serian as nosas, Baleiron e Pibe por lesión, e Pampo por sanción. Sanchez e Raúl por outra banda estan collendo o tono físico, despois dun longo paron.

Con todo saiamos cun esquema un tanto diferente, en busca de contrarrestar o, en teoria, poder ofensivo do equipo local.
Nos primeiros minutos e xogando a contra, dispuxemos de un par de achegamentos sen moito perigo, asi como eles tamen tiveron un par de faltas laterales que non supuxeron maior problema para a zaga amarela. Pero foi nunha xogada embarullada, cando no minuto 10 da primeira parte o Mugardos se iba a adiantar no marcador. Unha xogada de mala fortuna que desta volta non nos acompañou. A pesar do gol encontra, nos seguimos o noso, e nun deses ataques, Neira remataria lesionado, dando entrada a Chicho na punta de ataque. Momentos despois e tras unha tangana, o Mugardos quedariase cun home menos, por dobre amonestación. Repetiase o guión ofrecido no partido da primeira volta, a pena foi e que se repetia de principio a fin. Chegabamos o descanso con esa derrota pola minima. José moveu o banquillo para dotar o equipo de un chisco mais de calidade na punta, e asi entraria Titi por un dos centrais (Rubén). Todo ese cambio de cromos e de debuxo, daria os seus frutos cando Pintiño (bo partido, sen tempo non era) Encara o seu marcador e tras un "caneo" logra poñer o balón o carazón da area rival, un dos centrais locais non logra despexar o balón e Titi con remate de cabeza impecable a veria do pao dereito da porteria local, logra anotar o merecido empate a 1. Digo o de merecido por que ata enton non estabamos merecendo perder o partido. O Mugardos coa ambición que se presupon debe de ter un equipo que esta pelexando polo ascenso, e mais na sua casa. Foise descaradamente a polo partido. Deixando uns ocos cos que buscariamos o segundo tanto, a pesar de que nos valia o empate. E esas oportunidades chegarian, tras unha falta botada por Titi, que se vai alta. E a mais clara a falta de 10 minutos para o remate, cunha gran xogada de Orosa, que lle da o pase "da morte" a Chicho para que este de primeiras non acerte a metela. E como as "desgracias" non veñen solas, na seguinte xogada e tras blocar Alfonso un balón facil, este pretende sacar rapido sobre Titi... despois todo foi tan rapido e eu mesmo me atopei sen folgos para mirar o campo. Sen creer o que acababa de pasar. Alfonso na sua ansia de sacar o balón rapido, pegoulle a un dos centrais na espalda, deixandoo so o dianteiro local para que anotará o 2-1 que a postre seria definitivo. Un golpe de mala sorte que sempre e dificil de dixerir. A pesar de todas as desgracias ocorridas, fumonos arriba en busca do empate, con mais corazon que cabeza, pero eso si o que ninguen nos pode negar e ese espiritu combativo que desexo e espero nos de a salvación.
As desgracias as que me refiron a pesar do gol, son as lesións de dous xogadores que estaban nun gran momento de forma, Neira (un dos principais referentes dentro do vestiario) e Cutrin (xa un clásico que estaba a pasar unha segunda xuventude)
E sinxelo sacar o malo, sacar todo o pesimo do Domingo, vir para a casa, nun autobus todos xuntos, hora e media de camiño, tras unha dolorosa derrota, nas circunstancias nas que se produciu, as lesións de ditos xogadores, e a cara de parvo que che queda despois dun magnifico traballo realizado pola semana. Eso e moi facil, sacar o malo e faciliiiisimo.
E o bo? Son dos que cree que ainda e mais sinxelo, o bo e que supemos competir, o bo e que todos fumos importantes, o bo que somos un gran grupo e eso demostrase cando veñen mal dadas, o bo é que hoxe adestraremos para puntuar o domingo, o bo é que non escoitei unha mala palabra no vestiario, o bo e que non baixamos unha sola posición, o bo é que o que non nos mata fainos mais fortes. E por todo iso, o Domingo intentaremolo outra vez, interaremos conseguir o que tan ingratamente se nos negou este domingo.

Por que somos un gran grupo, por que somos un gran vestiario, por que cando se gaña, gañamos todos, por que cando perdemos perdemos todos. Por que aqui somos todos importantes (ata eu...), por que sin Alfonso e Mario non teriamos esas pseudo-pelexas que tanto nos fan rir, ou sen Robert, Pintiño e Ruben, os meus dedos estarian desnudos. Sen Jacobo e Fli dandose "caña" no tuenti... non seria o mesmo. Sen Titi e Pibe e os seus "trucos". Sen Cutrín, Chicho e Neira esto non seria un equipo de "altura". Ou eses outros dous rapaces que calquera dia se matan por cortar un balón, mmmm como eran, Porto e Amosa vaia espiritu gañador tendes!!!. E que seria de nos sin o "6" da categoria, ese que ten os tobillos inchados de levar, e os codos tamen inchados de dar. E que me dicides do "9" que e como o Raúl : "el que nunca hace nada" pero que cando non esta, ufff como se te bota de menos. E os correcaminos Orosa e Gonzalo que deben de ser dun "pesao" no campo, daqui para ala, de lama ata as orellas (si chego a facer eu eso, botaria un mes na cama recuperandome). E logo Raúl e o seu "humor" tan especial, que seria de nos, ou mais ben de min (vente xogar a partidaaaaa). Non me olvido non... Sanchez o "eterno capitan" a entrenar e coller o tono, que aqui facemos falta todos, deixa de queixarte. O xogador 21 e Baleiron... gran cómico, polo menos rimonos, jejejeje, volve pronto Furelossss!! .Que seria de nos sen cada un de nos? Ou que seria de vos, sen un Capitan Xeral, que dirixa a nave a porto seguro? Pois non seria nada de nos. Todos, absolutamente todos conseguiremos o que nos propuxemos a principio de tempada, un partido mais, a meta mais cerca e o mesmo tempo tan lonxe...
Vamos a adestrar rapaces, que estas cousas e moitas outras, son as que marcan A DIFERENCIA!

Apertas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario