lunes, 16 de febrero de 2009

Xornada 23ª. Revancha Deportiva Cumprida. Lamela 2 - San Tirso 0


Gran dia para disputar un partido de fútbol. Vindo para o campo enterabame que o noso Gonzalito perderá o avión e o Mister non podría contar con el para xogar frente o San Tirso.
Chegabamos as 15.00 horas para que Rubén probara si estaba en condicións de xogar, e as 15.15 (hora da convocatoria) empezaban a chegar os rapaces, entremezclando o noso azul co verde do San Tirso.
Con 26 puntos, tiñamos a posibilidade de achegarnos a tan so 3 puntos do 5 clasificado, que con 32 puntos, visitaba Mularedos.

Ivan, Pinto, Ruben (Raúl min. 80), Mario ( Rober min. 65), Amosa, Oscar, Chicho (Titi min. 60), Porto, Pampin (Pibe min. 75), Orosa e Yeiko.
A pesar das baixas importantes do Lamela, Jose puido realizar un once competitivo, con Ivan na portería, Amosa e Porto de centrales, con Pinto e Ruben nos laterais. Dou pivotes por diante -Oscar e Mario- con Chicho en banda dereita e Yeiko en banda esquerda. Pampo xogaria en punto con Orosa de enganche.
O San Tirso un equipo de moito toque, con vos xogadores, o “10” e o “11” eran dous moi bos futbolistas. Pero o campo non estaba para ese toque, e cando se deron conta e tras un saque de corner caelle un balón rechazado a Oscar para que defina a perfección. 1-0 e o partido poñiase de cara para os amárelos. E máis por que o San Tirso non daba sensación de perigo. So nunha ocasión e tras un disparo dun xogador coruñes, un compañeiro repele o balón que se convertía en gol.
Chegabamos o descanso, o marcador a favor e con recambios de garantía no banquillo. Cando un equipo se che da ben daseche ben, xa que no de ida, si non e polos 9 minutos de desconto, o San Tirso non nos empataría. E digo que se nos da ben, por que na reanudación, e cando so iban disputados 4 minutos, Pampín deixaria un balón de cara na frontal da area para que Yeiko cun espectacular disparo anotara o 2 na conta do Lamela e o seu primer gol en partido oficial. O outro dia criticaban o lateral esquerdo do Lamela, onte non puideron volvelo a facer, non, non por que meteu un bo gol, por que xogou de interior….jejejeje.
Minuto 50, e daba a sensación que os 3 puntos se quedarían en Mularedos.
Chicho tras un gran partido, deixaria o sitio a Titi, con máis de 40 minutos por diante, Titi deixaria detalles da sua grandísima calidade, en varias xogadas individuais. Rober entraría no sitio de Mario, coa entrada de “Persi” o equipo gañou en empaque, en tamen no desplazamento en longo onde os amárelos buscarían o terceiro “ a contra “. Reservando a Pampin, e dandolle minutos a Pibe para que colla ritmo, e tamen coa entrada de Raúl para darlle minutos, acabarianse os cambios.
O San Tirso buscaría recortar distancias con balóns profundos sobre ambolos extremos, pero tanto Porto como Amosa, estiveron inconmensurables. Sensacional Porto, dende que viñeches esto parece que vai sobre rodas, sigue traballando.
Minuto 95, final, 29 puntos, que nos poñen en disposición de seguir loitando, xa que sigue todo tan igualado que da medo mirar para abaixo, e vértigo para arriba, xa que temos o 5 clasificado a 3 puntos. O vindeiro partido… visitamos o líder, tamen temos outra revancha, marcharonnos con 3 puntod e Mularedos, e eso temos que amáñalo, teñenos que devolver cando menos 1 punto. Lideres? Aquí non foron superiores, a si que vaiamos coa ilusión que nos pode dar algo positivo, sen renunciar a nada, e pensando que son eles os que deben vir a polo partido, son eles os que deben vir a polos tres puntos. Nos? Seguir traballando, seguir coa ilusión da salvación, e a seguir con este magnifico grupo. Onde se demostra esto? Pois no campo o domingo, os luns, mercores e vernes adestrando, e tamen nas ceas…
Rapaces descansade e vemonos o Mercores.
Saúdos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario