martes, 24 de febrero de 2009

Xornada 24º. Valioso punto na casa do líder. Meson do Bento 0 - Lamela 0


Dia espectacular para a practica do fútbol. E día espectacular para visitar a un dos gallitos da categoria. En esta ocasión o lider aventaxado. Visitabamos o Mesón coa intención de facer un bo papel e sacar algo positivo.
Fumos en coches pola proximidade do campo, e debido a eso chegamos cono moita antelación.
Terreo de xogo en sensacionales condicións para a practica de este deporte. De boas dimensións e unha herba envidiable (a falta de constume e o que nos fai mais valorar un campo de estas condicións).

Asi saiu o CF Lamela: Ivan, Porto, Ruben, Rober, Amosa, Oscar, Pibe (Chicho min. 77), Gonzalo, Pampin (Tití min. 48), Orosa e Jacobo (Raúl min. 85)

Comezaba o partido cunha toma de contacto entre ambolos dous equipos, o parecer eles tiñanos un gran respeto despois do gran partido realizado en Mularedos, e eran conscientes de que non sería facil. Tamen cabe destacar, que o Val empatara o día anterior, e que lle sacan 4 puntos o segundo clasificado, o que implica que tamen puideron sair cunha relaxación excesiva.
Tras uns minutos co xogo trabado no medio do campo, unha xogada aislada deixaba o dianteiro ordense diante de Ivan, que resolveu con autoridade. Minutos antes, un clarisimo e tamen estúpido penalty cometido polo lateral dereito local, que non acerta a pitar o arbitro sería dos achegamentos mais perigosos, asi como un disparo dende lonxe de Rubén, un remate de Pampin, e 3 corners seguidos entre o minuto 44 e 46 da primeira metade, o ultimo cunha ocasión clarisima que Yeiko non acerta a meter.
Con todo isto, na primeira metade e co vento a favor, non notamos esa superioridade que "a priori" se lle presupon o actual lider da categoria.
Na segund parte, sendo concientes que os primeiros 10 minutos son claves, asi como os 10 ultimos, saimos a non encaixar e intentar sacar os tres puntos a contra. Pero seguiamonos atopando comodos atrás, sen que nos crearan moito perigo. Na primeira contra da segunda mentade, cando so trasncorrian 3 minutos, Pampin buscaba o disparo lonxano, e 1 minuto mais tarde pedia o cambio, xa que tiña moita fiebre e non se atopaba en condicións. Entraba no seu lugar Titi. Así e co Mesón metendonos no noso campo (sen crear perigo) unha boa xogada do ataque local, iba a rematar co dianteiro so de novo diante de Ivan. Este de novo "tapou" ocos para que se lle fixera de noite o dianteiro. Mais tarde unha falta lateral que se envenenaba tamen a sacaria o noso gardameta de puños. Ata ahi todas as ocasións mais ou menos importantes dun Mesón que non via como botar man dun correoso equipo amarelo. En total contabilizariamos 2 ocasións moi claras, e unha "media ocasión". Trascurrian os minutos, e as nosas opcións continuaba intactas, asi nos últimos vinte minutos, varias contras puideronnos dar o encontro. Unha delas, recibindo Pibe no perfil dereito do ataque visitante, centra un balón que bate na man dun dos defensores roxibrancos. O arbitro por segunda vez no partido fai oidos sordos as protestas amarelas, e non pita nada. Outra intarnada maxistral de Pibe por carril dereito, acaba en centro para que completamente so de marca, Yeico non consigo remachar o balón dentro da meta local. Seguian as ocasións a contra, sentindonos comodos sendo dominados e saínda da "cova" para levar un premio maior. Titi en sendas xogadas persoais de moito merito, tivo as duas mellores ocasións do encontro, que na resolución non supo remachar. E Orosa, tras un mal despexe dun dos centrais locais, e coa porta vacia, dende o borde da area non puido acadar o 0-1 tras un mal control.
Asi pitaba o arbitro o final, cun 0-0 que nos da un punto importante para nos, e coa sensación de poder acadado os tres puntos. Ainda que visto o visto o partido o puido levar calqueira. Eso si... o noso traballo esta vez veuse premiado con alomenos un punto que se nos negou en outros encontros do mesmo nivel. Puntuar fora e intentar gañar ou sumar na casa e o que debemos facer para intentar salvar a categoria, que ainda que esta mais perto, esta tan lonxe como a 15 puntos que a estas alturas son ainda moitos, moitos puntos.

Agora darvos a noraboa polo partido do domingo, un partido serio, un partido no que estivestes motivados. Supoño que pola entidade do rival. Pois agora si... ven un Atl Arteixo superreforzado que vira a acadar a victoria en Mularedos, agora mais que nunca debemos de facer do noso campo un autentico fortin, e devolverlle a "xogada" novamente en outra revancha deportiva, de ese 1-0 que encaixamos en Arteixo, vaiamos partido a partido, domingo a domingo. Acadando puntos, intentando sumar, debemos seguir traballando pola semana como ata agora, porque parece ser que ese traballo sucio feito o frio e pola noite nos esta dando os seus frutos. O dito a seguir traballando, e a seguir pelexando.
Xa en breve recuperaremos xogadores das suas lesións ou molestias, e o grupo será mais forte, por que todos somos necesarios e ningun imprescindible. Eso demostraremolo cada domingo, daqui ata o final.

Unha aperta a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario