lunes, 19 de noviembre de 2007

Os favoritos gañan, e salta a sorpresa no Villestro - Praiña


Con moito frio, e en alguns casos unha choiva fina, comezaba a xornada 12 da Segunda Autonómica.
Empezando polo líder, que chegaba a San Marcos, consciente de que non sería un partido facil,un partido "trampa". Os primeiros compases do partido foron freneticos, cun San Marcos cheo de rapaces, que impoñian un forte ritmo de partido. O Lamela por outra parte, parecia sufrir o sindrome da segunda parte contra o Grixoa, e parecia sentirse dominado. O equipo santiagues, adiantouse no marcador, pero dous minutos despois o lider reaccionaba, cun gol de Matías a saída dun corner. Antes do descanso, e nunha falta o borde da area, Robert, adiantaba o conxunto trasdezano, e poñia o 1-2.

Na reanudación o Lamela xogando a contra, anotaria o terceiro por medio de Pampín, ou iso foi o que anotou o colexiado, xa que realmente creo que o gol foi de Cutrín, despois de un espetacular dereitazo, que pegou na cruceta e botou dentro, para que non houbera polemicas, Pampo remachou o balón as mallas da porteria do San Marcos.
Co partido xa resolto, empezaron os cambios, nun deles saiu Pibe, que nunha magnifica xogada, poñia un bo centro, que o central do San Marcos, intentando desesperadamente sacar o balón, introduciao na sua propia porteria.

Con todo esto, o líder, Lamela, continua unha semana mais o fronte do grupo 5 da Segunda Autonómica.

O resto da xornada foi a seguinte:

Tordoia - O Pino (1-2): O equipo dirixido por Casal, tivo incontables ocasións de gol, Oscarin mandou 3 balóns o pao, e Alfredo anotou o gol da victoria a saída dun corner. Tres puntos mais para O Pino que o manteñen na zona noble da taboa.

Berres - San Mamed (2-1): Unha das sorpresas da xornada, xa que o Berres viña de perder varios partidos consecutivos, e o San Mamed parecia que despertaba e se encaramaba a parte alta. O Berres consigue 3 puntos importantisimos para intantar acadar a permanecia.

Palmeira - Recesende (Susp): Non temos datos deste partido, pero o parecer o Palmeira leva unhas xornadas nas que non conta con xogadores suficientes.

Laro - Portomouro (0-2): O Portomouro sumou 3 puntos importantisimos para sair do pozo, no que parece que se pode volver a meter o Laro.

Villestro - Praiña (1-2): A gran sorpresa da xornada, o Praiña e un dos que pelexará polo descenso, e o Villestro quedará entre os primeiros este ano, tres puntos máis para o equipo de Reis, que non contaban con sumar, pero que lles axuda para estar con unha minima diferencia sobre os seus perseguidores.

Grixoa - Sionlla (8-1): Expectacular a goleada do Grixoa, no seu feudo e ante un Sionlla que e un dos recien ascendidos. Parece que o equipo de Luisito esta empezando a carburar, e con animo despois do empate acadado no campo do Lamela. Martin Marquez acadou o seu primeiro hattrick, e acabou o encontro tocado da sua perna dereita, co que será duda para o seguinte partido.

Cacheiras - Sp. Estrada (0-0): Un resultado que era de esperar, o Cacheiras e o rei do empate,- 12 partidos; 7 empates- e e o equipo menos goleado, pero tamen o menos goleador da categoria, empate sen goles, antes de visitar o campo do lider. Xa que a vindeira semana hai un apasionante Lamela - Cacheiras.

A Baña - Rodeiro (2-0): O partidazo da xornada, o Rodeiro cun puñado de bos xogadores, visitaba A Baña, que e o conxunto revelación desta temporada, era un partido totalmente aberto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario