sábado, 17 de noviembre de 2007

Xornada 12 - Partidos trampa, e a necesidade de volver o camiño da victoria

TORDOIA - O PINO: Visita sen problemas para O Pino, que ainda que leva unhas xornadas sen acadar uns bos resultados, debería sacar os tres puntos. (2)

BERRES - SAN MAMED: Partido de rivalidade no que pode pasar calqueira cousa, ainda que en vista dos ultimos resultados acadados por ambos equipos o San Mamed deberia conseguir os 3 puntos para manterse na cabeza, o Berres se non saca algo positivo podria meterse nun apreto nas posicions de cola. (2)

PALMEIRA - RECESENDE:
O Recesende pegarase unha viaxe de hora e media, e deberá gañarlle o colista, nos partidos clasificados "da sua liga" ainda que o desauciado Palmeira non se lle ve reacción de ningun tipo, e cada dia da mais a sensación de que non comezara a segunda volta. (2)

LARO - PORTOMOURO: O factor campo deberá marcar o enfrontamento, ainda que o Laro non anda fino, nestas ultimas semanas parece que reaccióna, enfrente, un equipo de similares caracteristicas pero que lle deberia pasar factura a visita o campo do Laro. (1-X)

VILLESTRO - PRAIÑA:
A priori, partido facil para o equipo de Roxos, o Praiña esta nunha liga "diferente", e non son puntos que pensen conseguir, o Villestro recupera efectivos para este encontro, e na casa deberia impoñer a sua ley. (1)

GRIXOA - SIONLLA: O segundo clasificado o Grixoa, debería conseguir sen problemas os tres puntos en xogo, ante un debil Sionlla que estará pelexando polo descenso ata o final da tempada.(1)

CACHEIRAS - SP ESTRADA: Un partido compricado para o Cacheiras, no que a sua falta de gol podrialle pasar factura, o que parece claro e que seguiran sen perder ningun partido, o Sporting, podria conformarse con un empate, ainda que o Cacheiras xogando na casa deberia sacar os tres en xogo. (1-X)

A BAÑA - RODEIRO: O partidazo da xornada, a Baña e ata o de agora a sorpresa da competición, ainda que leva dous partidos seguidos sen puntuar, sigue nos postos de arriba, o Rodeiro estaba entre os favoritos o ascenso pero por distintas circustancias foi deixando puntos que a postre distanciaos da pelexa polo ascenso. Un partido totalmente aberto, ainda que o local a priori ten algo de vantaxe. (1-X-2)

SAN MARCOS - LAMELA: Un partido trampa para o lider, nun campo na que non se pode practicar un bo fútbol. O lider deberia impoñer a sua calidade sobre un dos candidatos a descender, todo o que non sexa gañar seria un desastre para o Lamela. (2)

No hay comentarios:

Publicar un comentario