jueves, 29 de noviembre de 2007

Empezamos o mes de Decembro cun partido moi compricado. Xornada 14º

O último mes do ano presentasenos compricado, con duas saídas moi compricadas A Baña e Sp. Estrada. E dous rivais da zona alta na casa, Rodeiro e O Pino, si o mes pasado era un mes compricado, non menos o é este.



BERRES - O PINO: O Berres esta sendo un equipo moi irregular, e ainda que O Pino tampouco gaña con soltura, neste partido o equipo de Casal deberia acadar os 3 puntos. (X-2)

PALMEIRA - TORDOIA: O Palmeira e un equipo totalmente desauciado, o Tordoia ainda que non acada resultados favorables, este partido deberia gañalo,senon quere meterse no pozo da clasificación (2)

LARO - SAN MAMED:
Partido de rivalidade, o San Mamed leva unha tempada de menos a mais, e parece que esta acertado de cara a porteria nos ultimos encontros. Mentres, o Laro e un equipo irregular que pelexará por non descender. (2)

VILLESTRO - RECESENDE: O Villestro como local e un equipo que da unha de cal e outra de area, gañou 3 partidos, empatou 2 e perdeu outros 2. Pero despois da derrota como local frente o Praiña, querenlle dar unha alegria os seus afecionados. Non será un partido comodo para os de Roxos. (1)

GRIXOA - PORTOUMOURO: O Grixoa e segundo na taboa a tan so 5 puntos do líder, mentres o Portomouro e un serio candidato o descenso. Unha clara victoria local. (1)

SAN MARCOS - PRAIÑA: Si hai un equipo que non lle fai xustiza a clasificación ese e o San Marcos, penultimo clasificado. O Praiña acadou puntos que non contaba con eles (Villestro) e o campo de San Marcos será un problema para os de Reis, acostumados a "alfombra verde" do campo do Ignacio Varela. (1)

CACHEIRAS - SIONLLA:
A pesar de perder a condición de invicto a semana pasada, o Cacheiras e claro favorito, entre outras cousas, por xogar como local, e as ganas de volver a puntuar. Recuperan o central Toño para este encontro. O Sionlla por contra, disputará un partido que non e da "súa liga" xa que anda polo fondo da clasificación.

RODEIRO - SP. ESTRADA: O Rodeiro e dos equipos mais irregulares da categoria, capaz do mellor (debido os seus grandes xogadores) e tamen do peor (a falta de concentración e acerto pasoulles factura en varias ocasións). O Sporting, esta en alza, debido a que pouco a pouco aclimatase a categoria. (1-X)

A BAÑA - LAMELA: Nos últimos cinco partidos, o Lamela estivo en 4 encontros da xornada, este e un deles, un dos desprazamentos mais compricados de toda a temporada, un partido que será fisicamente moi esixente, e que demostrará de que pasta esta feita o lider. A Baña por contra intentará aferrarse os primeiros postos, e conseguir destronar, o que ata o de agora e o equipo mais en forma da categoria. (1-X-2)

No hay comentarios:

Publicar un comentario