viernes, 4 de enero de 2008

Comeza a segunda volta. Con todo por decidir

Unha semana de vacacions despois, comeza a segunda volta. Como lideres deberesmos apretar os dentes, e ser conscientes de que so faltan 4 meses de competición.
Pelexar todolos domingos e nunca dar por feito de que temos os tres puntos no peto.
A xornadas marcaranse polos encontros do Lamela, do Grixoa e dos que pelexarán por non descender xa que agora tamen apretaran para salvar a categoria.

SIONLLA C.F. - LAMELA, C.F.: Partido trampa para o líder, o Sionlla e un equipo que gañou en campos compricados como o do Rodeiro e o do San Mamed, e pondrá a cousas dificiles. A pesar de todo a calidade do Lamela deberá impoñer a lóxica. (2)

PRAIÑA SPORTING CLUB - SPORTING ESTRADA: Pardito importantisimo para os dous equipos, xa que os tres puntos en xogo achegaran o Sporting un pouco mais a salvación, e o Praiña darialle un respiro. Sexa o resultado que sexa, habrá que ter en conta que o Sporting gañou na ida 3-0 e o golaverage o final da tempada pode ser importante (1-X-2)

PORTOMOURO, C.F. - RODEIRO, C.F.: O Portomouro e un equipo pouco regular, capaz do mellor e do peor, enfrentase a outro equipo das mesmas categorias, capaz de gañarlle o lider, e na semana seguinte perder co cuarto pola cola. A calidade e a plantilla do Rodeiro deberia acadar os tres puntos. (2)

S.D.C. RECESENDE - A BAÑA, S.D.: O Recesende como local e un equipo totalmente diferente o que xoga como visitante. A Baña pasalle exactamente igual. Un partido moi fisico, que non ten unha facil previsión. (X)

C.D. SAN MAMED - S.D. CACHEIRAS: O San Mamed vai de menos a mais, o Cacheiras por contra xa fixo todolos puntos que debia, e agora intentará disfrutar do conseguido. Repetirase o resultado da primeira volta. (X)

TORDOIA, C.F. - C.D. SAN MARCOS: Partido importante pola zona baixa, o Tordoia ven de empatarlle a todo un Grixoa, pero o San Marcos a pesar da sua posición na taboa, pareceume un equipo novo, con ganas, que xoga o fútbol e con varis xogadores que teñen futuro. (2)

C.D. BERRES - GRIXOA, S.D.: O Berres e un equipo moi peleon, no seu campo farase forte, e o Grixoa parece ser que non se lle da moi ben, xa que empataron na primeira volta. Co corazon espero unha X, pero penso que o resultado será outro. (2)

S.H. PALMEIRA - S.D. VILLESTRO: Partido sen color, pode pasar calqueira cousa no fútbol, pero o Villestro non terá problema para doblegar o colista, e cada vez mais cerca de terceira. (2)

LARO, C.F. - S.D. O PINO: O campo do laro sempre e compricado, ainda a si, o equipo do Pino ten unha plantilla mais compreta. (2)

No hay comentarios:

Publicar un comentario