lunes, 21 de enero de 2008

O fútbol según Matías. Crónica Xornada 20º. Portomouro - Lamela

Todo comeza un domingo de xaneiro dos maís calurosos dos ultimos anos. Un domingo moi moi quente no que os amarillos de Mularedos dan un paso definitivo e moi importante cara o seu obxetivo!

Presentamonos en Portomouro cada un como puido! uns coa comida aínda na boca e outros sin comer......! todo eran risas e bo ambiente, sobre todo cando chegou un famoso cantante americano co seu puro entre os seus labios!

alineción visitante posto que a local e irrelevante:
FLI, PINTO, AMOSA, SANCHO, RUBÉN, OROSA, ROBERT, OSCAR, JACO, DEIVID E PAMPO. no banco de suplentes: MANOLO, ADRIÁN, PIBE, MATIAS E LINO.

A priori un partido desigual; un equipo de vendidos contra un equipo de futbol e unha difencia notable!

O comezo do encontro era un dominio claro do equipo visitante, pero sin chegadas claras e con falta de pegada que é o que acostuma a ofrecer! a primeira media hora dominio territorial pero nulas ocasións hasta que Cutrín de forma maxistral manda o balón o travesaño que repele o balón lexos da área. O Portomouro temerosos dos especialistas do Lamela non volveu a facer unha falta o borde da área en todo o encontro.

Rematou a primeira parte con dominio do Lamela no terreo central.

Na reanudación J.Antonio da entrada no campo a Pibe e a Manolo, pero parece que o equipo sale durmido tendo os "vendidos" do Portomouro un par de boas ocasións para adieantarse no marcador.

Foi nun centro moi bombeado collendolle as espaldas a nosa defensa e enganchando unha volea precisa cando o dianteiro do Val do Dubra adianta o seu equipo sorprendendo a Iván.

Xa con Lino no campo e cun Lamela maís volcado e cún centro medido de " o marabilloso" Pibe, Pampín só tenque empurra-lo balón no segundo pao para empatar o partido 5 minutos máis tarde.

Quedaba o partido aberto con chegadas de ambos equipos as dúas áreas, pero foi o ABUELO LINO que tantos puntos nós ten dado, quen no 44´empurra o balón tras un barullo na área e donde os máis listos saben estar para marcar as diferencias.

Celebración moi alegre que o mesmo tempo nos comunicaban as noticias que chegaban desde Laro que nos facían creer na primeira rexional! Pibe euforico coma sempre contaxiandose da alegría e caracter da afición de Lamela camiñaba tranquilamente para o seu terreo de xogo cando nese mesmo momento acabou o conto e os 3 puntos voaban cara o conxunto de Trasdeza.

En definiva xa son 6 puntos e este ano parece que temos todo de cara, e pola miña parte creo que o Grixoa e todolos equipos da categoria xa saben quen somos, xa saben quen é o lamela.



Sempre somos os máis listos
Nervos, berras e tensión
o ascenso xa está a un paso
para cerrar esta sección!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario