domingo, 6 de enero de 2008

1ª Xornada da 2ª Volta. Cunha sorpresa, e resultados para todolos gustos.


Empezarei a crónica deste Domingo de Reis, mencionando o xogador numero 21 do C.F. Lamela, para que despois diga que non nos acordamos de el. E non berre co que escribe. Gonzalo, un xogador mais do noso equipo, que a pesar da distancia sempre esta ahi animando e dandoo todo polos seus compañeiros.
A continuación e facendolle caso o noso "Baptista" particular, empezarei este crónica cunha frase coa que me dixo que empezará esta narración...

Nunha fria tarde de Domingo...

A "expedición" do Lamela, chegou o campo do Sionlla, un campo feo, enlamado..., campos nos que como moi ben di o mister, non se gañan ligas, pero si se poden perder. Empezabamos mal o domingo, co retraso do equipaxe, que nos supuso poder quentar moi pouco e entrar frios no partido.
A pesar de todo, andiantamonos no marcador, tras un bo tanto de Pampin, a pase de Robert, pero inmediatamente despois, e tras unha boa contra do Sionlla, empataban o partido. Sen coller ainda o segundo alento, ese gol non nos acobardou, senon que nos espoleou. E por fin desperta do seu sono Orosa, para pelexar un balon como e costume nel, e poñialle un balón a Pampo, que so tivo que empurrala. A continuación e antes de chegar o descanso, Orosa outra vez, anota tras un tiro cruzado en xogada pola banda esquerda. Despois dos nervios iniciais, acababan os primeiros 45 minutos, cun claro resultado o noso favor.
Con resultado claro, e en superioridade, trala expulsión dun xogador do Sionalla por dobre amonestación, o mister, tratou de reservar, a xogadores que tiñan tarxetas. E dou entrada a Pibe por Pinto, e a Cutrín por Oscar. Pasando Orosa o lateral dereito, e Adrian o centro do campo. Os cambios ainda impulsaron mais o equipo, dandolle un tono mais combinativo. Robert tras ver a sua tarxeta tamen foi sustituido por Diego, e a continuación, entrou Lino por Chicho. Pibe dandolle moita movilidade por banda dereita, Cutrin pola esquerda, e con dous puntas no campo. O partido fixoselle longo o Sionlla, xa que Pampo en tres ocasions mais, e Lino anotaron o resultado final de 1-7. Contundente, incontestable e un resultado que nos facia falta para darnos un empuxon na nosa moral, ainda que sen confiarse. Xa que queda moito e o máximo rival o Grixoa, vencia con claridade o Berres por 0-3. Alguns dos outros resultados da xornada son un sorprendente 4-0 que lle endosou o Palmeira - colista - a un Villestro - que ata esta xornada ocupaba o ultimo escalon do podio -. Un apasionante San Mamed - Cacheiras, que rematou en taboas (1-1). Importantisimos tres puntos que acadaba o Praiña no campo Ignacion Varela, ante un rival directo pola permanencia o Sporting Estrada (2-1).
Unha xornada mais, ou unha xornada menos, como se queira mirar. E nos seguimos sendo a referencia. Esperemos seguir nesta boa senda. Para o remate 16 encontros, un total de 24 horas de xogo... eso e o que falta para chegar a meta que todos ansiamos. Toca apretar os dentes rapaces. Vamos a por elo!

Un saúdo e feliz dia de reis

2 comentarios:

  1. Anónimo14:16:00

    Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar