miércoles, 16 de enero de 2008

Pronosticos da Xornada 20º. Con moitos partidos interesantes.

A xornada vixesima da tempada, ben cargada de varios encontros interesantes:

PRAIÑA - SIONLLA: Partidazo na zona baixa da taboa, o que acade os tres puntos, podrá tomar un respiro de cara o os partidos que veñen. O que non puntue estará case camiño da 3ª Autonómica. Por outra parte o empate condenaria os dous equipos. Partido interesantisimo e sin un marcado claro a priori. (1X2)

RECESENDE - SP. ESTRADA: Outro partido con moita miga, o equipo de Teo camiña na metade na taboa, ainda que non se pode durmir nos laureles, por contra o equipo estradense, tomou aire despois da última victoria frente o Portomouro, pero non esta para tirar cohetes, e busca os tres puntos en xogo, para poder plantexar a seguinte semana dunha forma mais tranquila. Como local, o Recesende deberia impoñer a sua forza e as suas gañar de seguir facendo unha boa campaña. (1)

SAN MAMED - RODEIRO: Un partidazo entre dous equipos que a principio da tempada eran candidatos a todo. Dous equipos capaces do mellor e do peor. Resultado incerto debido a esa irregularidade. (X)

TORDOIA - A BAÑA: En principio deberia ser un claro 2, pero o Tordoia nos dous ultimos encontros acadou 4 dos 6 puntos en xogo, empatou contra o Grixoa -segundo clasificado, e gañoulle a partida o Cacheiras no Ignacio varela- ollo a este Tordoia que busca sair da parte baixa da taboa (X)

BERRES - CACHEIRAS: O Berres necesita os tres puntos como o comer, si non quere meterse nun pozo que despois será compricado sair. O Cacheiras a esta altura da competición non ten aspiracions, e esta comodamente instalad nun 5 posto debido o gran traballo feito polos pupilos de Caiño. O Berres deberá impoñer a sua necesidade. (1)

PALMEIRA - SAN MARCOS: Duelo de colistas, ultimo e penultimo, busca unha victoria que lles de esperanzas de salvarse. O San Marcos, un equipo, que dende o meu punto de vista non merece esa posición na taboa debido os xogadores que ten, visita o campo do Palmeira, que parece que quere reaccionar nesta segunda volta para non ser carne de cañon. Partido aberto e clave para as aspiracions de ambos equipos. (1X2)

LARO - GRIXOA: O Laro necesita puntuar, para escapar da zoa baixa, pero enfrentase o todopoderoso Grixoa, segundo clasificado. Xogar como local deberia darlle un plus de empuxe o equipo Transdezano, pero o Grixoa buscará os tres puntos para seguir a estela do lider. (2)

VILLESTRO - O PINO: Dende o meu punto de vista, o partido da xornada, duelo entre dous equipos que se coñecen moi ben, o Villestro e un equipo marcado pola irregularidade nos seus resultados, - acadou un empate frente o lider, o lamela; e perder con claridade frente o colista, o Palmeira-. En contra un Pino con problemas internos, que buscará os 3 puntos para pelexar o ultimo escalon do podio o Villestro. (1X2)

PORTOMOURO - LAMELA: Partido entre o lider e un candidato o descenso. Este e o tipico partido trampa, que poderia pasarlle factura o equipo dirixido por José Antonio. A parte dos tres puntos en xogo, o encontro ten un aliciete, e unha rivalidade creada o ano pasado, polos feitos acontecidos no derradeiro partido de liga. O Portomouro querrá amargarlle unha vez mais a festa o equipo do Deza, e por contra o Lamela, intentará "devolverlle" a xogada do ano pasado. (X-2)


Dende aqui invito a calqueira dos que estades no foro, a realizar as quinielas da vindeira xornada. Tendes de prazo para facela ata o Mercores que ben. E a que mellor redactada este, será incluida no blog, co nome do autor.

Aqui a deixo para que lle botedes un vistazo:


O PINO - PRAIÑA

SIONLLA - PORTOMOURO

LAMELA - RECESENDE

SP.ESTRADA - SAN MAMED

RODEIRO - TORDOIA

A BAÑA - BERRES

CACHEIRAS - PALMEIRA

SAN MARCOS - LARO

GRIXOA - VILLESTRO

No hay comentarios:

Publicar un comentario