lunes, 25 de febrero de 2008

25 Partidos despois. Lamela - Palmeira, partido sinxelo a pesar dos nervios do comezo.


Unha semana máis escribo esta crónica despois de que os "muchachitos" do Lamela acadaran os 3 puntos. O rival, un Palmeira colista da categoria, e que xa pensa na Terceira Autonómica, un equipo que por non xogarse nada podia ser un perigo. E como as confianzas son malas conselleiras (mirade a celebración do gol do R. Madrid.... vergonzoso), podianos pasar factura ese esceso de euforia e confianza que tiñamos antes do encontro. Eles po contra chegaban case 30 minutos tarde, co que o partido comezou as 16.45 horas.
Once Inicial: Mariño, Pintinho, Jacobo, Amosa, Rubén, Oscar, Manolo, Orosa, Cutrín, Lino e Pampo. Completa o equipo: Sanchez, Fli, Adrian, Robert e Diego.
Asi, o comezo do partido empezamos con nervios, e o Nº7 do Palmeira -un bo futbolista por certo- puxo en apretos a defensa do Deza. Mediada a primeir parte este xogador, desfaciase de tres contrarios e despois de rechazar nun defensa, caialle o balón a un dianteiro do Palmeira que libre de marca anotaba un mais que preocupante 0-1. Os nervios polo gol Palmeriense apareceron de supeto, e as discursions e a precipitación nos pases faciase notar. A pesar de todo iso, en 10 máxicos minutos, Pampo conseguia un sensacional Hattrick que poñia o marcador máis lóxico para as aspiracions de ambos contrincantes. (3-1). Pero o Palmeira que ainda tiña unhas poucas forzas e nun claro fora de xogo, conseguia achegarse no marcador, cun disparo cruzado. (3-2). Inmediatamente despois de sacar do centro do campo, os de Mularedos, anotaron o seu cuarto gol, que mantiña distancias.
Nunha segunda parte sen historia, anotabamos dous tantos mais para o resultado final de 6-2, pero a noticia do Domingo non iba a estar no resultado do noso encontro, senon no empate sen goles do Grixoa no sempre dificil campo de A Baña (0-0). E que nos daba a maior vantaxe da tempada /+8/. A alegria faciase notar, pero como nunha tempada tan longa como esta sempre hai risas e choras... esperemos non rir moito, para non chorar moito. A si que sexamos pacientes, e vaiamos Domingo a Domingo. Próximo obxetivo, LARO!! non miremos mais ala, fagamos o nosos deberes, que todo chegará.

Oito puntos, son un bo colchon, pero tamen tiña fai 3 xoradas o Madrid /+11/ e resulta que agora so ten /+2/. Sexamos cautos, traballemos como o ata o de agora. Vaiamos domingo a domingo, corramos, sexamos solidarios no esforzo colectivo, temos un obxetivo, un obxetivo claro, que vemos pouco a pouco mais perto, pero como se suele dicir..."esto non esta feito, ata que realmente o esta".

Animo Rapaces. 9 partidos. 27 puntos. 810 minutos. 14 horas. Vamos a por eles!!!!!!!


PROXIMAMENTE OS VIDEOS DO DOMINGO!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario