martes, 12 de febrero de 2008

Xornada 23º. Un bo campo, unha boa victoria.


Antes de redactar a crónica de rigor, pedirvos disculpas pola tardanza, pero ainda que pareza mentira, estiven moi liado; e tamén permitideme a licencia de poñer esta foto dos sufridos rapaces do Bandeira, que me teñen que aguantar pola semana e o Domingo.

Despois de unha mañan pasando frio en Vila de Cruces, e levando unha goleada de escandalo (14-0) cos alevins do Bandeira. Presentabase unha tarde cun tempo espectacular, nun campo espectacular e contra un equipo que ata enton estaba en boa forma.

Co tempo xusto para tomar un café, puxemonos camiño de Tordoia, daban as 3 e ali estabamos todos dispostos para acadalos os puntos en xogo. Bueno todos menos o capi e Mariño (hai que colaborar para a cea...)

Once Inicial: Fli, Pinto, Jacobo, Sanchez, Amosa, Oscar, Robert, Pibe, Cutrin, Diego e Pampo. O noso caron no banco: Chicho, Mariño, Adrian, Lino e Manolo.

Presentabase ben o encontro, cando no minuto 2 de encontro, o arbitro sinalaba un penalty claro, e merecedor da tarxeta vermella (o final quedouse en amarela). Pampin dispoñiase a tiralo e sacudir a mala racha nos penalties (os dous ultimos non os anotou). Como se suele dicir a terceira vai a vencida... Pois non!! E incomprensiblemente seguiamos co marcador 0-0, despois de que o porteiro do Tordoia aguantase a "presion" e o detivera.
Con todo, eles non asomaban a campo contrario, e o noso era un querer, chegar e non anotar. Ainda asi, e despois dun corner sacado por Cutrin, Pampo moi atento adiantase o seu marcador, para poñer o 0-1 no marcador, e redimirse do seu erro anterior. Unha primeira parte sen mais historia daba paso o descanso.
Xa na segunda, a entrada de Adrian e Lino, doulle un pouco mais de "empaque" o equipo, e seguianse sucedendo as ocasions. Pibe o mais puro estilo "Maradona" - regateando a todos os que lle salian o paso-, lanzaba un balón que sacaba un defensa en linea de gol. Ainda que o Tordoia non inquietaba a porteria de Fli, o marcador antoxabase corto. E o mister dou entrada a Orosa en banda esquerda, e Chicho na dereita. Coa velocidade e presion que os caracteriza, foron arrinconando o Tordoia, e nunha desas Chicho encaraba a porteria do equipo local, o balón saiu repelido do corpo do porteiro, Pampo "que andaba por ali" axustou o longueiro para anotar o 0-2. O da tranquilidade. Ahi rematou o partido, ainda que tivemos ocasions para que a vantaxe foxe maior. Tres puntos mais, e unha xornada menos. O domingo cumplimos o obxetivo. Agora temolo que cumprir este domingo, outro partido duro, de rivalidade.
Visitamos Berres pensando no dificil que os puxeron no partido de ida (1-2), e coa mente posta nos valiosos tres puntos que podriamos acadar. A estas altura nin dicir ten que nos fan falta como o comer.
Animo, e felicidades polo encontro do Domingo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario