jueves, 28 de febrero de 2008

Previa da Xornada 26ª. Das máis importantes da tempada.


Esta xornada vixesimo sexta, pode ser a xornada clave de toda a tempada, por importancia xa a é, en gran medida por que e a seguinte; e o importante e ir domingo a domingo. Temos o domingo, un compromiso importantisimo, e moi compricado no campo do Laro. Neste tipo de encontros ainda que soe topico, e onde se perden as ligas, e nos campos nas que non se gañan, xa que ainda falatará moito para o remate. Temos que ser conscientes do que nos xogamos o domingo, e ir a dalo todo polo ben do grupo.
Coma sempre aqui vos deixo unha quiniela que e totalmente persoal. Xa sabedes facede as vosas apostas no foro, e xogamonos unhas copas o dia da troitada.
Ese e outro tema, a xente do clube estase a portar moi ben con nos, creo que e de recibo devolverllo non?

Aqui deixo a quiniela. 26ª Xornada.

San Mamed - Recesende: Neste caso, son dous equipos que perden moito fora da dua casa, e son fortisimos en campo propio. Por esa circunstancia e so por esa o favorito e o equipo local. (1)

Tordoia - Portomouro: Son deses partidos nos que os dous se xogan librarse do temido descenso, tanto coa cabeza como co corazon, a priori o equipo do Tordoia e favorito. (1)

Berres - Praiña: Ainda que me gustaria que os de Reis acadaran os tres puntos, creo que será compricado que o Praiña poida sacar algo positivo da sua visita a Berres. Como moito un empate, ainda que si empataran seria suicida para ambos equipos que aspiran a sair de postos de descenso. Interesante partido pola permanencia. (1)

Palmeira - Sionlla: Dous equipos que serán de terceira rexional para o ano, sin ningun tipo de discursion. Ainda que os novos fichases do equipo do Barbanza serán claves para acadar os tres puntos. (1)

Laro - Lamela: O lider visita Laro, coa necesidade de sumar os tres puntos, e ainda que o equipo local non se xoga nada, a rivalidade que teñen os dous equipos será clave para que o partido sexa intenso. Resultado incerto, ainda que se deberia impoñer a lóxica da clasificacion non sempre e así. Marcador aberto e incerto. (1X2)

Villestro - Sp.Estrada: O Villestro na casa e un equipo forte, de todas formas, a derrota do outro dia contra o Rodeiro fisolles moito dano. O equipo de Pena por contra, e unha das revelacions da temporada e non lle pondra as cousas faciles o equipo santiagues. (X-2)

Grixoa - Rodeiro: Co subcampeonato asegurado, o Grixoa buscará apretar os dentes, para achegarse o lider Lamela. E para acadalo non se lle poden escapar os tres puntos neste bo encontro. O Rodeiro que e mellor a domicilio que na casa, intentará facerlle un favor os seus veciños do Lamela. Nesta quiniela temos dous resultados:
O primeiro coa cabeza: (1)
E o segundo co corazon (X-2)

San Marcos - A Baña: O equipo local, practicamente e un equipo de terceira, e pelexará por salvarse, por contra A Baña quere unha posición no podio da categoria. O equipo de Nando e moi superior e asi se deberia reflexar no terreo de xogo, ademais de vengar o 1-4 da primeira volta. (2)

Cacheiras - O Pino: Uns dos partidazos da xornada, o Cacheiras que esta sendo moi irregular na segunda volta, visita O Pino que se quere afianzar no podio da clasificación. Ademais os xogadores de O Pino, estan acostumados a superficie do Ignacio Varela. (2)

Un saúdo

No hay comentarios:

Publicar un comentario