lunes, 4 de febrero de 2008

Xornada 22ª. Apasionante San Mamed - Lamela


Volta a calma despois de un fin de semana duro no aspecto persoal, volta os partidos cos nenos (as inclemencias metereolóxicas non nos deixaron disputar o partido en Bandeira ) e os partidos de "infarto" do FC Lamela.

Once Inicial: Fli, Pintiño, Rubén, Amosa, Sanchez (C), Oscar, Adrian, Pibe, Jacobo, Cutrín e Pampo. Por parte do San Mamed, Touceda e Carbajales e 9 mais.
Comeza o partido cun claro dominio visitante, o balón era do Lamela, ainda que sen crear perigo sobre a porteria do San Mamed. E cando parecia estar cerca o 0-1, un penalty inventado polo colexiado - Amosa toca o balón claramente - os locais adiantabanse no marcador, a transformar o rechace de Fli, xa que en primeira instancia fixera unha boa intervención. A continuación e no seguinte minuto do partido, Pampin anotaba o empate de disparo cruzado despois de un gran pase interior de Adrian. O equipo dezano, non deixaba respirar o San Mamed, que via como lle igualaban o partido inmediatamente e sentiase presionado. Sen poder parar o rival, dedicaronse a facer entradas duras a quen se achegaba pola area local. A permisibilidade do colexiado, permitiu que o San Mamed se fora sen ningunha tarxeta o descanso, despois de ver media ducia de entradas merecedoras de carton. Ainda na primeira parte, Pampin en boca de gol, Jacobo porriba do longueiro, e o noso carniceiro favorito Oscar que lanzaba un balón o pao, desaproveitaban 3 claras ocasións que deixarian o partido visto para sentencia.
O comezo da segunda parte, era un calco da primeira, o Lamela creando e intentando chegar, e o San Mamed defendendose como podia.
O carrusel de trocos, doulle a Jose Antonio os frutos que buscaba. Claves foron a entrada de Lino e Diego. Cunha motivacion extra, o goleador da Ulla, saia con tempo de sobra para poder "matar" o partido. Diego foi decisivo polo empuxe a a contundencia na que entrou o campo, benvido outra vez Diego, necesitamos esa forza para poder loitar polo ansiado ascenso.
Nunha xogada deste ultimo, e cun precioso e medido pase sobre Lino, este remata incontestablemente o balón o fondo da porteria do San Mamed. 1-2, un resultado xusto, pero a falta de 10 minutos tocaba sufrir e rematar a faena.
O final o San Mamed non fai capaz de chegar a meta defendida por Fli, e a impotencia reflexouse nunha agresion clarisima de Carbajales a Diego que o arbitro, de novo, deixou sen sancion.
O mellor: O resultado, a boa parada de Fli no penalti, a veterania de dous laterais serios e concentrados, a intensidade defensiva de Amosa (calqueira dia con esas patadas voadoras vaste romper :) ), o saber estar de Sanchez, o desborde de Pibe, o traballo e potencia de Jacobo, o pundonor de Oscar (xogando con molestias), a chegada dende atras e a calidade de Adrian, a maxia de Cutrin e a pegada de Pampin ainda cun cabalo (xa se sabe, o estar nos antroido...)
Non me podo olvidar dos 5 que entraron nos momentos dificiles; Robert veterania, intelixencia e a balón parado un auténtico espectáculo. Chicho... todo xenio e caracter (mira que te avisamos...), Manolo todo o que fai faino ben oxala todos viramos o fútbol como o ve el de facil; Diego forza con chegada, estando motivado e unha peza importante para nos. E como se suele decir, sempre se deixa o mellor para o final (estas cronicas son totalmente subxetivas jejeje). Lino, xa cho dicia o mister... nas goleadas meter o quinto non e importante, o importante e meter o 1-2... o decisivo, con calidade, listo, goleador... e o mais importante grandisima persoa, o do Domingo non o olvidarei.

En definitiva, e no deportivo, importante victoria, que nos manten coas opcións intactas para poder acadar o ascenso. Ainda que o teremos compricado, porque parece ser que os equipos cando xogan contra o noso rival directo o Grixoa, non xogan coa intensidade que xogan contra nos. Igual prefiren que ascendan eles? Supoño que os exitos causan unha envidia extrema e estupida, pero cun alarde de chuleria (que non me caracteriza nin moito menos) unha semana mais miramolos porriba do hombreiro.

Domingo que ben...COIDADO!!!! o Tordoia non será facil, tocaranos sufrir outra vez, teremos que traballar como nunca, e como si foxe o ultimo partido. E sei que pelexaremos como o ata de agora.

Gracias a todos por ser como sodes chavales!!! Cada dia alegrome mais de formar parte deste grupo.

P.D: Si temos que esperar pola cronica conxunta de Cutrin e Gonzalo...dannos as uvas jejeje

No hay comentarios:

Publicar un comentario