domingo, 17 de febrero de 2008

Xornada 24ª - Derbi compricado, e resultado cómodo para encadear a 9 victoria consecutiva.


Por segunda vez, farei a cronica de este partido. Xa que unha vez feita, resulta que a este blog se lle dou por borrarma toda... Teño a informatica pelexada conmigo!!!

Vaia dia facia o Domingo para xogar o fútbol, tal vez un pouco de aire, pero as condicions para a practicca deste deporte eran excelentes, e vaia campo verdade?
Si xogaramos nun campiño asi todolos domingos...

Once Inicial: Fli, Pinto, Ruben, Amosa, Sanchez, Robert, Adrian, Pibe, Orosa, Diego e Pampo. Completan o equipo: Chicho, Mariño, Cutrin, Lino e Manolo.

Dende o primer minuto, viaselle a intencion o Berres, agazapado en campo propio. E cun so punta que se desfacia intentando presionar a nosa defensa. O Berres non chegaba e o tivemos varias ocasions a balón parado que non aproveitamos.
E como as veces o fútbol premia o equipo racano, un balón colgado, e nun fallo de entendemento da defensa amarela, o Berres adiantabase no marcador.
Como en outros encontros, parece que ese gol, animounos, e fixonos pensar que se nos podia estar a escapar o noso obxetivo.
A falta de 15 minutos para rematar a primeira parte, unha boa xogada entre Orosa, Diego, Pampo, Pibe e Pinto, remata en gol deste ultimo, e poñia as tan marecidas taboas no marcador.
Ainda con tempo para o tempo de lecer, o lider tivo un par de ocasions que non supoo convertir.

A charla e as modificacions de José Antonio no descanso deron os seus frutos, e o Lamela saiu como un ciclón a polo partido. Pibe despois de unha xogada de Orosa, poñia o 1-2, Pampo despois dun centro medido de Cutrin, poñia o 1-3. O 1-4 chegaria despois de que Cutrín prolongara un balón por banda, que recolle Pampo, este pon un centro o segundo pao que aproveita Lino para pechar o partido.
Pero como o mellor sempre se fai esperar, unha parede de moita calidade o borde da area entre Cutrin e Manolo, rematou con gol do primeiro e cabeza, que poñia ben as claras quen mereceu o partido.

Despois deste partido, vou a facer mencion primeiro o grupo de Veteranos que temos, que son uns fenomenos, e que gracias a eles, os novos (nos que me incluo) estamos a aprender moito. Noraboa Lino, Pampo, Robert, Pibe, Pinto, Cutrin.... sodes o melloriño.
E a outra mencion especial e para o mister, que non sei como fai, pero resulta que se esta a convertir en cosstume acertar co plantexamento e cos cambios. Cando un o fai un par de veces pode ser casualidade ou sorte, pero cando leva facendo as cousas ben 24 xornadas (e a tempada pasada) eso quere dicir que e un gran adestrador, persoa e amigo. Por todo iso, penso que dos 21 que estamos pola semana, ti eres a clave deste exito.

10 partidos, 30 puntos, 900 minutos, Realmente queda tanto tempo?

Carnet de socio 35 Euros
Entrada para ver o Lamela - Palmeira 4 Euros.
Paquete de Camel para os 90 minutos 2,85 Euros
Ver outra victoria mais, e darvos a man o rematar o partido. NON TEN PREZO!!!

jejejejejeje

Saúdos

2 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar