martes, 3 de marzo de 2009

Xornada 25ª. Remontada e 3 puntos máis. FC Lamela 2 - ATl Arteixo 1


Visitaba Mularedos un dos mellores equipos da categori, un equipo que non da fe na clasificación. Un equipo que se superreforzou dende xaneiro para salvar a categoria, e de categoria son os seus xogadores.

Pero resulta que visitaba a o tercer mellor equipo da segunda volta, o Lamela. E o seu fortin inexpugnable dende fai 1 volta enteira, a terra de Mularedos esta a ser talisman para o noso equipo. Que esta sabendo ir a "guerra" cando ten que ir para acadar brillantes resultados como o do pasado Domingo.

O equipo amarelo dispuxo de estos membros: Ivan, Pinto, Jacobo, Robert, Amosa, Oscar, Orosa, Porto, Pampo, Mario e Titi. Entraron na segunda metade: Pibe, Rubén e Raúl.

Dispoñiamos de un par de achegamentos o pouco de empezar, intentando meter o medo no corpo o equipo de Moreira, pero nun centro maxistral en banda esquerda do ataque visitante, Oscar remataba impecable de cabeza para anotar o 0-1, trascorria o minuto 15 e o Arteixo viase premiado por unha gran acción da sua dianteira. O gol caeu como unha losa pesada, sobre o conxunto de Jose Antonio, que se via incapaz de dominar a un equipo o Arteixo sobrado de calidade. E asi viamonos superados, cun xogo vistoso e combinativo do conxunto coruñes. Pero como e o fútbol, nunha xogada por banda dereita, un centro que intentaba rematar Pampín convertese nun penalty sobre o dianteiro, que a continuación anotaria Robert, de repente todo o dominio visitante viase truncado por unha acción puntual e protestada. 1-1 o descanso que nos dou folgos para seguir pelexando. E parece que asi foi, xa que o Arteixo parece que lle pasou factura a sua primeira media hora, ese despliegue fisico, mermou o pontencial visitante, ata o punto de que Pampín nun balón profundisimo encara a Marcos para anotar o 1-2 que a postre seria definitivo.

O Arteixo intentouno, pero con mais corazon que cabeza e non puido sacar nada positivo. O seu favor, un dos mellores equipos que pasaron por terras dezanas con moita diferencia.
Tres puntos mais ata un total de 33, xa estamos mais perto do obxetivo, pero tan lonxe como a 10 xornadas do final, agora non se nos pode escapar. Vamos a dar o "do de peito" rapaces, que o temos merecido por todo o traballo do ano.

Saudos

No hay comentarios:

Publicar un comentario