lunes, 3 de marzo de 2008

26 Xornadas... ¿Quen dixo que iba a ser sinxelo?


¿Quen dixo que iba a ser sinxelo? ¿Quen foi o que dicia esto esta feito?... Pois moita xente rapaces, moita xente, que por suposto o dirá coa boca pequena (sempre hai de todo na viña do señor) E rapaces, como ben dixo o mister fai uns dias... estamos sos nesto, e con esa premisa, tiraremos para diante ata que nos den as forzas. Ata que non se poida mais, ata que caiamos rendidos polo esforzo, e ten que merecer a pena, si falabamos da importancia do grupo, e do pouco tempo que quedaba para o remate... rapaces, cada dia queda menos, e cada dia somos un grupo mais unido.
Despois de esta pastelada (cada dia costame mais escribir unha introduccion) paso o realmente importante.

A BATALLA DE LARO

Soa a film bélico, pero e que se pareceu moito, con batallas en todolos frentes, e un remate épico.
Once Inicial: Fli, Pintiño, Ruben, Sanchez, Amosa, Oscar, Chicho, Cutrin, Pampo, Robert e Orosa. Claves foron os cambios, completan a convocatoria: Diego, Jacobo, Pibe, Lino e Adrian.

Comezaba o partido polo horario novo 16:30, e ainda que con moi bo tempo, Laro e un lugar frio, polo que tiñamos que tornalo como puideramos. A primeira parte, so foi un anticipo do que sería a segunda, batallas individuais, Orosa co seu lateral (ORO mira que eres duriño, outro calqueira acabaria mazao), o Laro facia o seu xogo, mandando balons longos, para que os seus dous media puntas, e o seu punta, llos disputaran a defensa amarela. Ainda que estabamos ben plantados no campo, o Laro que coa fichase de Enrique antoxabase un rival moito mais duro do que en realidade é, non chegabamos con perigo sobre a porteria local. A pesar de todo, e nunha vision que polo que parece non compartian nin o arbitro nin os siareiros do conxunto da casa, deixouse sen sinalar dous pelantis claros, e varias entradas duras, que puideron deixar o equipo locarl en inferioridade.
Notabase a tensión no camiño os vestiarios, e o veciños e "amigos" non querian dar o brazo a torcer.
Como no fútbol, a obxetividade e unha cousa que e relativa, digamos que tiñamos puntos de vista enfrontados, por aquelo de darlles algo de chance.

Unhas das cousas que non se lle pode negar o equipo de Francis, e que como di o mister, so fan 2 cousiñas, pero as 2 que fan... fanas de cine.
E con esas armas, que poden gustar mais ou menos, o equipo local, adiantariase no marcador o comezo da segunda metade.
Co marcador en contra, e como en outros tantos partidos (estase a converter nunha mala costume empezar perdendo) parece que ese gol, que tantas outras veces encaixamos antes de anotar nos o primeiro, espoleounos, e como tantas outras veces, demonos conta do que nos estabamos a xogar.
Chicho deixoulle paso a Pibe na banda dereita, e Pampo cun pinchazo na parte posterior da sua perna dereita, deixaballe paso a Lino. E ainda que todo o mundo lles gusta xogar de titular (incluido o que escribe lle gustaba xogar de cara), en concreto estes dous xogadores, dan moito mais, saindo dende o banco.
Pouco a pouco o Lamela iba arrinconando o Laro, que se sacudia a presion, da unica maneira posible, balóns longos para intentar collernos a contra.
Pero nese momento apareceu a figura de Robert, que en dous "fogonazos" poñia o 1-2 ante a incredulidade da afeccion local. Como bromeei eu o final do encontro, "Robert dixeranme que lle pegabas moi ben o balón, pero ata esta xornada non o puiden comprobar por min mesmo", evidentemente nun tono distendido, xa que Mister Otero, e un antentico fenomeno a balón parado. Robert tio! coa tua diestra, e a miña siniestra.... eso seria un espectaculo.
En todo caso o Laro, lonxe de virse abaixo, buscou a porteria de Fli, con mais forza, e despois de varias xogadas de saque de banda, concediamoslle un corner. Un balón que foi peinado o segundo pao, e que de ali, viña o punto de penalty para que o Laro anotara o empate a dous.
Volta a empezar, ainda con tempo por diante. Varias xogadas de Pibe por banda dereita, nas que non logra dar o "pase da morte" e varios centros dende a esquerda de Cutrin, Adrian e Jacobo, pecharian o Laro en area propia.
Cando todo parecia que remataria en taboas, Adrian coa cana, e en boca de gol, anotaba o 2-3 cando pasaban 4 minutos do tempo regulamentado. A continuación o extasis da celebración. Que contarvos que non viviramos nese intenso final? Ese tipo de cousas (como diria o mister) non se compran nas Farmacias.

En definitiva 3 puntos mais perto do obxetivo, ante un rival que utilizou sensacionalmente as suas armas. Un equipo este Laro, que non penso que perda mais encontros no seu terreo, xa que son moi rocosos e moi dificiles de gañar. Noraboa a eles tamen polo encontro realizado.

Ainda que o teño feito en varias crónicas, non e habitual que señale a alguen como clave, ou algun tipo de accion en concreto, pero creo que e de mencion un par de cousiñas.

A dedicación do primeiro dos goles: A parte de gran fútbolista Persi, eres unha boa persoa, e ahi queda a demostración dedicandolle o primeiro dos goles, a un compañeiro que quedara sen vestir (Manolo) Este e outro fenomeno, pero quedará para outra cronica.
A "Resurrección" de Adrian, rubio eu non digo con isto que non estiveras ata o de agora, pero... e o ben que che prestou meter o gol da victoria?? Estaremos dacordo en que iso non ten prezo non?
Mister...a ti non che digo nada, o día que te equivoques, a parte de unha gran sorpresa, estará ahi a xente para recordarcho, como ti mesmo dirias... ISO VAI CO CARGO! - Crack! -

Despois de toda esta "coba", como fago en todalas crónicas, farei un pouquiño de Pepito Grillo, para dicirvos que quedan moitos puntos, un total de 24, e agora ben o compricado, agora vamos a demostrar de que pasta estamos feitos verdade?
8 Finales, 8 Guerras, 8 Domingos para o remate, para a meta. Seguinte no punto de mira... Villestro, ¿temos algunha conta pendiente? ¿Creo que teñen dous puntos que nos corresponden verdade? ¿Imos a poñer a carne no asador? NON ME CABE NINGUNHA DUBIDA DE QUE SI.

Un abrazo, e noraboa polo partido de hoxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario