lunes, 12 de mayo de 2008

Crónica 1/8 de final Copa do Sar. Partido de Ida. Union 1 - Lamela 1


Hoxe na crónica poñer, para os que non estiveron ali, o resultado, un valioso 1-1 (visto o visto). Un gran resultado a pesar de xogar con 10 os ultimos minutos. E despois dun arbitraxe bastante casero. Fumos superiores, ainda que o final tamen e certo que eles teñen o seu oficion de 1ª Autonómica. O sair de Rianxo, parece ser que van a vir a Lamela co equipo "titular" ainda que non sei que mais poden ter. A miña crónica remata aqui. Un resultado 1-1 que manten a eliminatoria totalmente aberta para o partido de Mularedos.

E agora empeza o realmente importante. Partido de Volta Lamela-Union.
Temos que conseguir que Mularedos sexa un inferno, tal e como o foi Rianxo. Temos que apretar, e sumar todos, remar na mesma dirección, e para iso necesitamos o apoio da grada e da afección. Hai que apretar dende o primer minuto, todos, a grada ten que berrar, tense que facer notar, para que os xogadores teñan ese "plus" que nos fai falla para pasar a eliminatoria.

E vos os xogadores, sair a morrer no campo, vamos a deixar que nos elimine o Union? Son superiores a nós? Hai unha eliminatoria bonita despois, vamos a perdela? Eu creo que nestes partidos e onde realmente se nota de que pasta esta feita un verdadeiro equipo, e xa nos podran eliminar por que sexan mellores, pero non por que non o houberamos intentado. Vamos a sair a por eles, pero con cabeza (o 0-0 favorecenos), pero vamos a darlle 2 partidos máis o noso querido Sanchez verdade?

NON ME CABE NINGUNHA DUBIDA.

P.D: Noraboa polo partido de onte, demostrastes ser homes da cabeza os pes. E demostrastes que canto mais dificil esta a situación máis damos de nos. Ese e o Pampo que necesitamos nos momentos importantes, ese Oscar e Robert poñendo o motor amarelo a punto, Pinto, Ruben, Sanchez Amosa, ese pundonor, ese saber estar e defender e pelexar ata quedar sen folgos. Ese Fli que esta ahi para manternos no partido. Orosa e Adrian traballando ata o fin defendendo pero chegando arriba con perigo. Cutrín o máis listo da clase, 3 de esas en Mularedos e cantamos Gol seguro!. Pibe, sair o campo e meterlle o medo no corpo os rivais, todo e un. Lastima que non estes para 45 minutos e so para 20, CRACK!!! Manolo que no momento mais compricado do partido e con 10 saimos a dalo todo na medular, defendendo e contendo as acometidas rivais. Matias, Matias si ti quixeras!!! Eres a nosa arma secreta e ti darasnos a clasificación. Mariño!!! Como se sufre verdade? Esa impotencia, pero ti, ti eres o que marca a diferencia cos teus compañeiros ali sentados. E a ti!! Si a ti, voute a deixar para o final, pero non por menos importante, senon por que onte estiveches inconmensurable, saindo, mandando, defendendo, creando perigo, pelexando, correndo. Eseee, ese e o que nos fai falta, o que mete o "caracolillo" dos tres puntos, o que pode marcar a diferencia por que e o que mellor ve o fútbol dende fora. Mentres outros mirar para a grada ti miras onde facerlles dano. UN 10.
Mister a ti nada que non che dixera antes, coma sempre, un fenomeno no plantexamento, na execución e na improvisación despois de quedar en inferioridade. Un autentico extratega.
Queda moito que pelexar, e o que esta claro e que Mularedos ten que ser un fortín, unha autentica caldeira a presión. NON SE NOS PODEN ESCAPAR VIVOS!!!

VAMOS LAMELA!!!!!!!!!!

Outros Resultados:

Vea 3 - Sp. Lampon 0

Ciudad 5 - O Pino 1

Calo 3 - Praiña 1

Dep. Sar 0 - Silleda 2

At. Furia 1 - San Marcos 0

Rodeiro 2 - Villestro 2

Flavia 5 - Portomouro 0


Mañan (Martes 13 de Maio) : As claves do éxito. Parte XVI. Martin "10" Javier Aguirre

No hay comentarios:

Publicar un comentario