viernes, 16 de mayo de 2008

As claves do éxito. Parte XIX. Pampo-Gol


Para rematar cos xogadores, fareio contigo Pampo, pola importancia que ten o Gol neste deporte, digamos que ti eres o "Matador" que calqueira equipo campión necesita. Ti eres o que culmina un excelente traballo colectivo. Eres a punta dunha flecha moi ben formada, e como en tantos anos, parece ser que eres a punta da flecha, pero unha punta moi afiada.

Outro ano mais acabas como máximo goleador, e como moi ben dixo algunha vez o Mister, eres o tipico xogador que si o tes no teu equipo non valores, pero si o tes enfronte, estas pendiente del, por que sabes que na primeira que teña, vaina meter na "cuevi"
Tamén estaras canso de que che pregunten, "e logo cantos metesches este domingo" xa que parece ser que si non hai gol, o teu traballo non valeu de nada. E en certa medida ti mesmo o tes dito, " de que vale correr 90 minutos? si cando teño a de matar o partido non a aproveito?" pois si, non vele de nada, si cando tes a ocasión non a metes e non sumamos de 3 en 3.
Acordome o primeiro dia que te coñecin, foi nun adestramento do Cacheiras, e eu por aquel enton xogador do Cacheiras "B". Puxemonos cun exercicio de centro e remate a porteria, e a verdade e que quedei gratamente sorprendido con ese novo fichaxe, asi llo fixen saber o un dos adestradores por aquel enton, " este Pampín, remataas todas por dentro, iran mais despacio, mais ou menos colocaas, pero sempre fai intervir o porteiro". Asi foi, nese corto periodo no Cacheiras foi un dos máximos anotadores do equipo.

Xogadores asi, son os que marcan a diferencia, os que fan de un equipo competitivo, un equipo campion, dos que convirten en excelencia un mal partido colectivo.
Rossi fixo a unha Italia simplona campiona do mundo. Centos de exemplos de xogadores coa porteria entre cella e cella, Pampo e un de estos xogadores.
De esos xogadores que se poden escribir centos e centos de páxinas, de como pode estar sempre no momento xusto e adecuado, de como cando hai un rechazo ahi esta para empurrala, de cando ven un balón polo aire, e antes de que lle toque a cabeza xa cantas o gol, ou a sensación de que darlle un simple metro dentro da area pode resultar tráxico para o equipo rival.
Ahi estan os numeros "Pam" que che quiten o "bailao".
Persoalmente, penso que manteño unha relación cordial, tampouco de intimos, pero si de amigos, e sei que podrei contar contigo para moitas cousas, como o reves sabes que tes aqui un bo amigo, que che botaria unha man (ainda que sexa o pescozo jejejeje) no momento que o precises.

E por todo iso fuches o último dos integrantes da plantilla, porque eres necesario, importante, eres o que fai as "muescas" no cinto, o que "apunta e dispara".
Porque un equipo Campión e máximo goleador, sempre ten un xogador Campión e máximo goleador.
Noraboa "Pam" e grazas por este ano.


Na vindeira entrada, espero contar que pasamos a eliminatoria. Senon rematarei coa peza mais importante de este grupo. As claves do éxito. Parte XX. José Antonio "Sempre será para todos nos O MISTER"

No hay comentarios:

Publicar un comentario